Palmeiras, piueiros Anxo Angueira

O prelo
Un xeito de falar do encontro

Chan da Pólvora publica 'Palmeiras, piueiros', a esperada obra de Anxo Angueira
13 nov 2022 12:21

No irlandés dorn
no galés dwrn
no bretón dourn
unha cunca unha man un puño
Ortelinda e Roxiña

Sálvora, Ons, Arousa, Rúa, Noro
a roxa luz dos fachos encendían
a Cortegada e Córsega nas Sías
Ortelinda e Roxiña

Verbo da obra de Tucídides, convén lembrar tanto a posible veracidade das súas palabras como o sentido narrativo da súa escrita. Pode haber, na narración do historiador, a vontade de facer do relato histórico unha experiencia de lectura. Xa non se trataría só do rexistro, senón da sensibilidade que supón compartir un enguedello de eventos, espazos e personaxes distantes. En ocasións, Tucídides pasa dun evento a outro como se fose un xogo de memoria que organiza mentres narra. Trátase daquilo que sen anticipación aparece descrito dentro dun enunciado que xa estaba iniciado. Pero, atención, non hai a vontade de pór en orde aquilo que esta separado, que é diferente e que corresponde a mundos dispares. A intención é facer do heteroxéneo e do distante un evento compartido.

Xa que logo, en moitas ocasións, Tucídides elabora unha narración do encontro, onde fan aparición personaxes ou eventos que, por si mesmos, non terían unha relación aparente. É, alí na poética do encontro, onde Palmeiras, piueiros tamén encontra un lugar. O título anticipa ese mundo do desemellante, un encontro de unidades que non manteñen, en todos os casos, parentesco inmediato, pero que se reúnen nos versos, nos espazos da palabra.

Ao igual que en Tucídides, non hai, en todos os casos, un imperativo de orde. Senón un xeito de achegarse ao plural, de asumir as diferenzas e expoñelas. En Anxo Angueira, desde o ámbito da historia, das linguas, dos universos semánticos separados. Alí é onde se instala a creación poética.

Con todo, cómpre comentar que o suxeito plural ten xa un protagonismo especial na nosa literatura. O mundo do “nós” é unha das entidades más comentadas nas letras galegas. Na literatura propia, o suxeito do século XX foron os verbos conxugados na primeira e na segunda do plural. Quedaba claro a súa forza política e o espazo en que se inscribía. Nun poema á memoria de Alexandre Boveda, a voz poética herda esa tradición política, que tamén é unha forma de enunciación:

Ceibe
cómpre camiñar camaradas camiñantes
e decerlle merda á terceira vía
e escribirlle que queremos seguir camiñando
que queremos seguir navegando
que queremos seguir escribindo e respirando

Pero, tanto na literatura galega como en Palmeiras, piueiros  non todos os “nós” son iguais. Hai algúns que non están delimitados, nin son tan pulcros. Así como ese “SOS” de Manuel Antonio que se move nun espazo de indeterminación máis amplo e non ten a vontade de relacionarse cunha colectividade autodefinida. Igual, o “nós” de Palmeiras, piueiros xoga coa a creación de encontros inesperados. Ás veces, reúne formas pouco definidas e, noutras ocasións, universos compostos non só de personaxes, senón tamén de espazos, de experiencias: “NÓSSOMOS / laranxeiras de maboques / na ribeira do Miño / devala lene o Kwanza”. Neste caso, aínda que suxire unha asociación co mundo da chamada lusofonía, non deixa de chegar ao extremo, ao linde das familias léxicas que serían esperables ou ás formas compartidas nese universo lingüístico. Angueira non deixa de levar ao limite as asociacións colectivas máis previsibles. Remata por descompor o sentido de homoxeneización que o “nós”, en moitos casos, mantén entre as súas propias unidades constitutivas.

Se nesta poética hai unha vontade de reafirmar a diferenza, reunir o inesperado, tamén hai certa atención pola indeterminación. En “O AMO”, un dos poemas que compoñen a segunda parte, descríbese un outro opresor e normativo. Con todo, parece non estar asociado cunha forma específica de réxime, senón cun proxecto de subordinación sistemático que mantén a súa presenza en xeografías disímiles e historias separadas. Trátase, en todo caso, dun imperativo permanente e cruel. De alí, que a súa definición só sexa a do amo, unha palabra cunha historia moi dispar no mundo da filosofía e da psicanálise.

Porén, non só a indeterminación está no mundo das relacións de poder, tamén está nun dos poemas máis fermosos que compoñen Palmeiras, piueiros:

A nosa casa non ten casa
e mora nas curtiñas, anda por portas e na rúa,
a nosa casa rúa! (...)
A nosa casa anda no arrabalde, nas rúas e prazas de Areosa,
na organización, Fernando Pérez,
no Vigo incendiado polo lume novo do metal

A casa de Rosalía, segundo se pode ler no poema, está nun conxunto de experiencias comúns. Está nos espazos da vida ordinaria que compartimos con outras persoas, como a rúa, as organizacións colectivas ou as cidades que teñen unha historia da que participamos todas e todos. Só nese mundo, esa casa convértese nun ben que non pode ser expropiable, porque a súa indefinición nos pertence a todxs.

Como se pode entender, a escrita de Angueira en Palmeiras, piueiros é parecida a un tecido que reúne mundos indeterminados, pero tamén relacións referenciais, linguas diferentes e personaxes/lugares inesperados. Diso, o seu sutil parecido co mundo de Tucídides. A lectora e o lector asumen o compromiso de se integrar a un tecido que pode tomalos por sorpresa porque supón achegarse a un mundo exixente, pero amable. Porque aínda asumindo o desafío do heteroxéneo, a palabra de Angueira sempre atopa un espazo para o ánimo e a tenrura. Aquel que se achega atopa na lectura un espazo de perda, pero tamén de recuperación constante, unha especie de renacenza intermitente. Como aquel barco que volveu á vida:

quitámoslle o gindastre e maila ponte
devolvémoslle a camareta vella
puxémoslle cuberta de trinque
pitámolo entre todos ós poucos (...)
e o Rei do mar volveu vivir
no colo quente destas mans de todos

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Poesía
Literatura Versos desde el andamio: la posibilidad de una poesía de clase obrera, a debate
¿Existe una ‘poesía obrera’ o unas ‘poéticas trabajadoras’ contemporáneas? ¿Cómo se expresan? Tras los pasos del fallecido poeta francés Thierry Metz, el “poeta del andamio”, consultamos a autoras, expertos y editoras.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Euskera
Aresti 50 urte Mailukadaren oihartzuna Arestiren ahotsan
Ekidak bederatzi artisten abestiak bildu ditu disko batean, 'Bigarrenez Aresti' egitasmoaren baitan.Poetaren heriotzaren urteurrenean aurkeztu zuten lana Bilboko Bira espazioan.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.