Ocupación israelí
A Policía desaloxa o alumnado acampado no Reitorado e na Facultade de Historia da USC

A primeira hora desta mañá, máis dunha decena de furgóns policiais chegaron ás instalacións universitarias para expulsar o alumnado que se manifestaba desde hai máis dun mes en protesta polo masacre israelí de Gaza
Desaloxo acampada USC
Alumnado da USC protesta contra o desaloxo policial da acampaña propalestina. Cedida
12 jun 2024 12:51

O alumnado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que se está mobilizando para denunciar o masacre israelí en Gaza e visibilizar o seu apoio á causa palestina foi reprimido a primeira hora deste mércores, cando máis dunha decena de furgóns policiais chegaron á Facultade de Historia e o Reitorado para desaloxar as persoas que estaban acampadas ou pechadas nestas instalacións públicas.

Ocupación israelí
Ocupación israelí Pechamento estudantil no Reitorado da USC para esixir que se aproben as reivindicacións propalestinas
O alumnado desafía a represión policial cunha acción de protesta espontánea despois de que o reitor e os demais membros do Consello de Goberno rexeitasen as súas esixencias para romper relacións con universidades israelíes

Segundo un portavoz da asemblea de estudantes propalestina, “cando os axentes de policía entraron da Facultade de Historia había cinco persoas durmindo” e o desaloxo foi tan violento que “unha rapaza tivo que ir ao hospital tras recibir unha patada”.

Ocupación israelí
Xenocidio Estudantes de Santiago de Compostela arrincan a primeira acampada galega en solidariedade con Palestina
Varias ducias de alumnos e alumnas universitarias concéntranse desde o martes na Facultade de Historia da USC na capital galega para protestar contra o xenocidio cometido polo Estado israelí.

O alumnado non recibiu ningún tipo de aviso de desaloxo. No Reitorado, ocupado desde o luns en protesta pola inacción do Consello de Goberno da USC respecto da causa palestina, tiñan previsto permitir a entrada das traballadoras despois dun martes no que si se impediu o funcionamento normal do Colexio de San Xerome á espera de negociar coas autoridades universitarias o cumprimento das súas esixencias, anunciadas a semana pasada nun documento que incluía 17 medidas concretas. Entre estas reivindicacións, as máis significativas son que a USC rompa relacións con institucións educativas israelíes e con empresas que, malia non teren sede no denominado Estado hebreo, si participan en negocios armamentísticos que benefician os intereses israelíes. Alén disto, a asemblea de estudantes propalestina tamén esixe máis transparencia e representación no proceso de toma de decisións que se está desenvolvendo na universidade. “Soamente contan con persoas da estrutura interna da universidade que nin sequera son técnicas nesta materia; deberían contar con persoas palestinas expertas e actuar con máis transparencia”, sinala un dos portavoces da acampaña desaloxada.

Acampada USC protesta
As protestas do alumnado propalestina da USC continúan na Praza do Obradoiro. Cedida

Durante a mañá deste mércores, o alumnado mobilizouse por espazos emblemáticos da capital galega para solidarizarse coa acampada.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Derechos Humanos
Flotilla de la Libertad Yanis Mhamdi: “Israel es el Estado que mata más periodistas en todo el mundo”
Este periodista de Blast fue uno de los integrantes de la Flotilla de la Libertad. En esta entrevista cuenta cómo transcurrieron las horas en las que este grupo de defensores de derechos humanos estuvieron bajo detención ilegal en Israel.
Genocidio
Genocidio Israel asesina a diez niños que esperaban suplementos nutricionales en un hospital
La Unión Europea sigue evitando la imposición de sanciones al régimen de Tel Aviv. Estados Unidos anuncia sanciones contra la relatora de la ONU que ha denunciado el lucro de las empresas colaboradoras de Israel.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.