Ocupación israelí
Estudantes de Santiago de Compostela arrincan a primeira acampada galega en solidariedade con Palestina

Un grupo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) fixo este martes a súa primeira noite na que será unha longa lista de acampadas en todos os campus das tres universidades galegas en solidariedade co pobo palestino que, con máis intensidade desde o pasado sete de outubro, sofre unha limpeza étnica sen precedentes na Franxa de Gaza. Este primeiro grupo asentouse no interior de Facultade de Historia de Santiago tras as primeiras asembleas que tiveron lugar a comezos de semana.
Estes e estas mozas foron as primeiras en tomar a decisión de facer súas as estratexias de presión ás universidades e aos propios poderes das administracións galega e española que outras compañeiras arrincaron en Estados Unidos e un bo número de países de Europa e o resto do mundo. Foron as primeiras, tras unha primeira acción simbólica na Universidade da Coruña, pero non as últimas.
Aínda que están a ultimarse todos os detalles, a comezos da próxima semana sucederanse asembleas de organización para arrincar as acampadas no tres universidades galegas, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, ademais de tentar chegar a todos os campus, como os de Ourense, Lugo e Ferrol.
Israel
Sudáfrica pide a la Corte Internacional de Justicia “medidas adicionales urgentes” contra Israel
Palestina
O berro contra o masacre israelí en Gaza florece na primeira acampada das universidades galegas
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!