Operación Jaro
Esta semana doce independentistas galegos enfróntanse a 102 anos de cárcere

Representantes de diversas formacións políticas rexeitan a “montaxe policial” da operación Jaro a poucos días de comezar o xuízo. O pasado domingo, día 18, unha manifestación percorreu Santiago de Compostela en solidariedade cos investigados.

Rolda Jaro
Rolda de prensa en solidariedade cos procesados na operación Jaro. Raúl Novoa González

Os próximos 19, 20 e 21 de outubro está previsto que 12 independentistas galegos se enfronten a 102 anos de cárcere no xuízo oral que se celebrará na Audiencia Nacional. Este xoves un dos investigados, Joám Peres, denunciou perante o Congreso dos Deputados que tras isto o que se atopa son as pretensións de “ilegalizar un partido político independentista”, así como o colectivo Ceivar, “organizacións que desenvolven o seu traballo político á luz do día, en absoluta legalidade”.

A rolda de prensa en solidariedade coas persoas procesadas contou co apoio de representantes da CUP, o BNG, EH Bildu, Izquierda Castellana, Yesca e a Coordinadora 25S. Na liña do anterior, para Néstor Rego (BNG) o caso responde a unha “montaxe policial que pretende acabar coa opción política do soberanismo e independentismo galego”. Bel Pozueta, nai dun dos condenados no caso Altsasu e deputada por EH Bildu, relacionouno con outras ofensivas xudiciais en Euskal Herria, Cataluña e Galiza, e Elena Martínez (Izquierda Castellana) lembrou tamén como casos sintomáticos os de Alfon, Nahuel e os monicrequeiros.

Represión
Operación Jaro, 102 anos por solidarizarse
A Audiencia Nacional solicita a ilegalización de Causa Galiza e Ceivar por consideralas organizacións criminais, e 102 anos de cárcere para 12 dos seus membros.

A operación Jaro arranca o 30 de outubro de 2015 coa detención de 9 independentistas relacionados con Causa Galiza acusados de conformaren o brazo político sucesor de Resistência Galega e baixo os cargos de integración en banda armada e enaltecemento do terrorismo. O 21 de xuño de 2017, nunha segunda fase da operación, detéñense 3 militantes do colectivo contra a represión Ceivar – OPAR.

A instrución recae inicialmente en Eloy Velasco, á fronte do Xulgado Central de Instrución número 6, e conclúea Manuel García-Castellón, mesmo maxistrado que ordenou á Garda Civil seguirlle as pistas ao Tsunami Democràtic por terrorismo e clausurar as súas páxinas web, e que instrúe a operación Judas na que mobilizou 500 axentes da Garda Civil para deter nove persoas baixo unha acusación de terrorismo que non tardou en diluírse, así como a operación Tándem na que ignora o criterio da Sala do Penal e da Fiscalía na súa insistencia por dirixir a investigación contra a parte prexudicada —Pablo Iglesias— e tamén a causa contra Antom Garcia Matos e Asunción Losada Camba novamente por suposta integración en Resistência Galega.

Represión
Resistência Galega, un concepto
A operación contra Causa Galiza e Ceivar artéllase na vinculación destas organizacións con Resistência Galega. Pero mesmo a existencia deste grupo é controvertida.

Resistência Galega foi declarada terrorista nunha única e controvertida sentencia de 2014, en contra de resolucións xudiciais e informes fiscais e policiais que cuestionan a súa existencia. En xullo de 2019, e ante a nula existencia de indicios de vinculación á suposta organización, a Fiscalía retira do caso Jaro a acusación de integración en banda armada.

Porén, no escrito de acusación de outubro de 2019, e tras catro anos de escasa actividade instrutora, endurece aínda máis a súa interpretación e solicita un delito de enaltecemento do terrorismo por cada unha das veces nas que considera que cada acusado infrinxe este tipo penal, así como, para 11 dos acusados, o delito de pertenza a organización criminal —a organización política Causa Galiza e o colectivo Ceivar— para a comisión de delitos de enaltecemento de organización terrorista e a consecuente ilegalización de ambas as dúas organizacións.

Un dos movementos recentes por parte da Fiscalía foi a incorporación á causa do sumario 2/2012 que remata por dar por probada a existencia de Resistência Galega. O tribunal da Audiencia Nacional que ditou sentencia estaría presidido polo mesmo Félix Alfonso Guevara que se encargará de xulgar este caso, motivo polo que foi recusado pola defensa dos investigados, xa que ao seu parecer poderían verterse conclusións previas e parciais de procedementos anteriores nesta causa. Ademais, a defensa tamén elevou queixa ao Tribunal Constitucional ao entender que se violaran dereitos fundamentais por iniciar investigacións prospectivas sen base para supoñer o delito, se ben o TC devolveu o asunto á Audiencia Nacional ata esgotarse a vía xudicial nesta instancia.

Por outra banda, segundo explicou Joám Peres, o letrado pediu “a suspensión do xuízo debido á Covid”, posto que entre os acusados se atopa xente que é “poboación de risco”, pero sinala que a petición foi ignorada e “lles deu igual”.

Joám Peres Jaro
Joám Peres, procesado na operación Jaro. Raúl Novoa González

Outro dos asuntos que está sobre a mesa é o posible vencemento dos prazos de prescrición, posto que o escrito de acusación se retrotrae a feitos ocorridos mesmo en 2008 para solicitar a condena por enaltecemento do terrorismo, sendo o prazo de prescrición deste delito de 5 anos. Neste sentido, o delito de pertenza a organización criminal podería xogar un papel clave: o seu prazo de prescrición é de 10 anos e, no suposto de que o tribunal dese por probada a súa comisión, podería interpretar que hai concurso de delitos, é dicir, que se producen conxuntamente, e nese caso considerar o prazo de prescrición máis longo dos dous. Corresponde tamén á interpretación do tribunal aclarar o momento desde o que comeza a contar este prazo.

”A acusación susténtase en recibimentos a presos, varios dos cales remataron absoltos pero nalgún momento foron vinculados a RG como os agora procesados”

A acusación susténtase na organización, participación ou asistencia a actos políticos e de recibimento a presos independentistas, varios dos cales remataron sendo absoltos, pero que nalgún momento da instrución foron vinculados nos medios ou nos xulgados a Resistência Galega, do mesmo xeito en que foron relacionados os agora procesados. As peticións individuais van dos 4 aos 12 anos de prisión, facendo un total de 102 anos, e de 8 a 32 anos de inhabilitación, así como un total de 348.000 euros de multa.

Para este domingo 18 de outubro está convocada ás 12h unha manifestación en Santiago de Compostela que partirá da Alameda en solidariedade coas persoas imputadas. “Facemos un chamamento a acudir e defender os nosos dereitos e liberdades”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Libertad para las Seis de la Suiza
Cuando el sindicalismo entra en prisión, lo que está encerrado es mucho más que una protesta. Es el eco de todas las veces que dijimos “basta”.
El Salto Radio
El Salto Radio Que no sean
Ellas lo conocieron como Dani. Ellos, como Sergio. Pero ni Dani ni Sergio existieron jamás. Estas son las consecuencias de las infiltraciones policiales. Y también, las formas de resistirlas.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.