Opinión
Comunicado do Administrador-xerente de Librouro

Reproducimos a continuación, na súa integridade, a carta que o Administrador-xerente da libraría Librouro dirixiu a este medio o pasado 11 de agosto. Como Colectivo editor do Salto Galiza queremos defender o traballo xornalístico realizado polo noso redactor. Mais desexamos salientar que no primeiro momento da elaboración da información (onde os xornalistas se achegaron persoalmente a Librouro dous días antes da publicación do artigo), foi o administrador-xerente da libraría quen rexeitou dar declaracións a este medio por consello da súa avogada. Non temos nada que engadir ás opinións persoais que se expresan nesta carta, enviada sete días despois da publicación da información, mais si queremos deixar claro que todas as fontes recollidas na nova (tamén as que preferiron manter o seu anonimato) están debidamente documentadas e acreditadas.

En Galiza tamén xurdiron iniciativas innovadoras que anovan a propia idea do que é unha libraría
Pablo Santiago Reproducimos na súa integridade o comunicado do Administrador-xerente da libraría Librouro
17 ago 2020 12:05

Estimado Sr. Director do Saltodiario,

O pasado 5 e 7 de agosto de 2020 o seu diario publicou unhas novas que afectan directamente a esta libraría, con datos inexactos e incorrectos, e a súa divulgación está a causarnos múltiples prexuízos.

Esta libraría solicítalle aclaración das inexactitudes contidas na devandita noticia, segundo se sinala de seguido:


1. A noticia comeza coa seguinte frase:


“Un xulgado condena en Vigo ao traballador dunha libraría por reclamar o que lle deben”

Afirmación falsa, xa que o Xulgado condenou ao traballador por COACCIÓNS, non por reclamar o que el cre que lle deben.

Na propia Sentencia ditada o xulgador concluíu que o traballador non reclamou nada a esta empresa pola vía laboral (a competente para o exercicio das súas pretensións), e optou por exercer presión e constrinxir a vontade dos donos da libraría Librouro, directamente a traves da vis compulsiva ou violencia psíquica, e indirectamente a través da situación na que colocaba aos clientes ao ver a unha persoa que está a molestar á porta de dito local (en ningún caso se fala de impedir a entrada).

Esta Sentencia foi entregada polo representante de Librouro aos xornalistas que redactaron o artigo, pero non recollen o seu texto, senón que redactan as manifestacións do condenado, novamente dirixidas a coaccionar a esta libraría. Achégase novamente copia de dita Sentencia.


2. O artigo publicado no seu diario continúa a dicir:


“A sentenza actual obrígao a indemnizar con 760 euros a Librouro e 400 en concepto de multa. Acúsano de supostos delitos leves de coaccións e de orixinar perdas económicas por manifestarse diante da porta da empresa mentres esixía os cartos que non lle pagaron. José Iglesias, o traballador condenado por manifestarse diante da libraría Librouro por impagos desta”.

Manifestacións novamente inexactas. Así:


—A sentenza non o “acusa” de “supostos delitos”, senón que o CONDENA pola comisión dun delito leve de coaccións, e declárao civilmente responsable de parte das perdas económicas xeradas á librería, coa coolaboración dun sindicato fronte ao que non se dirixiu a acusación (xa que na data da denuncia o Sr. D. José Iglesias manifestábase só).

—O Sr. D. José Iglesias nunca reclamou a esta empresa salarios impagados, limitándose a pórse cunha pancarta diante da porta da libraría, con manifestacións xenéricas, desacreditando a Librouro.


3. A noticia continúa dicindo que “As mobilizacións foron motivadas tras presións laborais e humillacións a unha empregada”, segundo José Iglesias, texto que se reproduce:

De todos modos, estas mobilizacións foron motivadas tamén por motivos de solidariedade laboral. “Trátase dunha empresa familiar, había outra empregada á que machacaron laboralmente; presionándoa e humillándoa mentres traballaba para contratar á filla da xerente no seu posto”, explica Iglesias. Tras isto, “conseguiron que a antiga traballadora marchase cunha baixa voluntaria ao borde dunha depresión, sen paro nin indemnizacións”. “A partires do acontecido, eu seguía esperando polos cartos que se me prometeran e non se me pagaran, decidín comezar a loitar polo meu”, afirma.

Esta manifestación non é máis que a opinión do Sr. D. José Iglesias, xa que a traballadora cesou voluntariamente en debida forma (única á que pode referirse, polos datos recollidos na súa publicación, que preserva o seu anonimato), mantén boa relación con esta empresa, e nunca nos trasladou os comentarios recollidos no seu diario.

É significativo o feito de que ningún traballador ou traballadora de Librouro secunde as reivindicacións do Sr. José Iglesias.

En todas as súas manifestacións ante a porta da libraría estivo só, ou acompañado de membros do sindicato CGT. En ningún caso, acompañado doutros traballadores de Librouro (actuais ou anteriores).

Entendemos que esta información debería ser contrastada con seriedade e responsabilidade, xa que as actuacións do Sr. D. José Iglesias están a perxudicar seriamente a imaxe de Librouro, libraría insigne da cidade coa conseguinte repercusión económica.

Nas súas manifestacións este traballador da empresa animaba a clientela a mercar en Amazon ou na Casa do Libro. Nestes tempos resulta moi difícil manter aberta ao público unha libraría tradicional e independente, e esta reivindicación carente de fundamente que está a levar a cabo o Sr. D. José Iglesias está causando serios danos a este negocio familiar, e aos seus propios compañeiros de traballo.


Por último, deixar constancia de que:


—Librouro non lle debe cartos ao Sr. D. José Iglesias.

—A “protesta” do traballador comezou porque el manifestou a súa vontade de deixar de traballar en Librouro, pero pretende que se lle pague a indemnización correspondente a un despido improcedente; cando a empresa non tiña intención algunha de proceder ao seu despedimento. A partir dese intre foi cando decidiu manifestarse ante a libraría, para conseguir un fin que a lei non ampara. Por medio de coacción.


Exposto canto antecede, solicito a publicación íntegra desta rectificación, con relevancia semellante á aquela na que se publicou ou difundiu a información que se rectifica, nos termos dispostos na Lei Orgánica 2/1984, de 26 de marzo, reguladora do dereito de rectificación (BOE nº74 de 27/03/1984).

Sen outro particular, aproveito para saudarlle, cordialmente,

Xurxo Patiño Perez,

Administrador-xerente de Librouro

En Vigo, a 11 de agosto de 2020

Laboral
Un xulgado condena en Vigo ao traballador dunha libraría por reclamar o que lle deben
Acúsano de supostos delitos leves de coaccións e de orixinar perdas económicas por manifestarse diante da porta da empresa pedindo os cartos que non lle pagaron.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...