Pobreza
A cidade das avelaíñas: un millón de euros en luces en Vigo para agochar as carencias do goberno de Caballero

O 12 de setembro, nun vídeo viral, o alcalde de Vigo Abel Caballero, anunciaba que este ano o nadal da cidade sería o máis iluminado da historia. Dez días antes de rematar o verán comezaba a instalación dun millón de luces led. Vigo, segundo Caballero, competiría con cidades como Nova Iorque ou Tokyo, e a súa iluminación mesmo podería ser visualizada desde o espazo exterior.

Asamblea por un Vigo + Social
Rolda de prensa do venres 23 de novembro da Asemblea por un Vigo + Social. Foto: Aaron Díez
24 nov 2018 12:30

Este sábado 24 de novembro, nun acto que se agarda como multitudinario, encenderase o alumeado de nadal anunciado. O custo para as arcas municipais será de perto dun millón de euros. Ademais o contrato asinado polo Concello de Vigo para este ano, compromete á cidade para os vindeiros catro anos coa mesma exhibición lumínica e cun custo de máis de 4 millóns de euros.

Fronte a isto, e cuestionando as bondades deste gasto municipal, nace a campaña “Alumeando a miseria” que lanzou o venres 23 de novembro a Asemblea por un Vigo + Social. Este conxunto de colectivos e persoas leva varios meses de asembleas e xuntanzas, para artellar unha resposta conxunta ao escaso gasto en políticas sociais do concello: fronte ao millón de euros do alumeado de nadal, hai case 18.000 familias que sofren a pobreza enerxética.

Falamos con Esther Lora, da Asemblea por un Vigo + Social, que salienta que “para o mesmo período de dous meses das luces o albergue municipal ten unha partida orzamentaria de 139.000 euros; destínanse 160.000 euros para axudas extraordinarias a familias sen recursos; a teleasistencia para maiores recibe 12.000; uns 50.000 euros están destinados para o pagamento de facturas eléctricas; 77.000 euros para as axudas de emerxencia para alimentos e produtos básicos. E así máis cifras vergoñentas que dan conta da diferencia nas partidas orzamentarias e a desigualdade e dilapidación dos cartos de todas. Isto é o que criticamos con esta campaña”.

Denuncian un modelo de cidade no que só teñen cabida as persoas con capacidade de participar no consumismo de Nadal

“Esiximos, un ano máis, que se priorice a vida, a xustiza social e as necesidades das persoas por riba das banalidades, os adornos e os intereses privados. A resposta do Concello aos nosos problemas parece ser que alimentemos as nosas familias con paquetes multicores, que combatamos o frío nos pisos –que apenas podemos pagar– con ducias de luces e grilandas, e convertamos en felicitacións de Nadal as facturas impagadas que acumulamos” denuncia Lora.

Ademais, critican o modelo de cidade polo que se aposta desde este goberno, “un modelo de cidade escaparate, fermosa pero pouco humana, unha sorte de grande parque de atraccións para turistas. Un modelo de cidade, no que só teñen cabida as persoas con capacidade de participar no consumismo de Nadal: mentres as empobrecidas continuamos a ficar excluídas”.

Alumeando a miseria
Unha das imaxes que está a difundir a Asemblea por un Vigo + Social
Outras cuestións abordadas nesta campaña son a pobreza enerxética, a contaminación lumínica, a falta de políticas para o alugueiro de vivendas ou o escaso orzamento para cultura. Súmase a isto unha crítica á falta de axudas sociais debido “á suposta insuficiencia de orzamento por parte do Concello, mentres este paga millóns de euros en indemnizacións a grandes empresas privadas: como as concedidas aos aparcadoiros subterráneos ou ao ruinoso auditorio Mar de Vigo”.

Seis cartaces con textos de seis temáticas dan forma a esta acción que xa comezou a espallarse polas redes: pobreza enerxética, pobreza en xeral, vivenda, cultura, xentrificación e axudas sociais. No mes de decembro realizarase un “roteiro da vergoña” paseando polo centro de Vigo, contrapoñendo o gasto coas necesidades que están sen cubrir. En colaboración con Galiza Contrainfo editarase un vídeo de denuncia e difusión, para deste xeito visibilizar que “non todas estamos de acordo co que está pasando, queremos que se escoite e que a luz estea do lado das necesidades da xente”.

Este sábado Caballero prenderá as luces de nadal, mais pode que con isto fixera posíbel que xurda a faísca de algo máis en Vigo

Ao mesmo tempo xurdiu outra iniciativa na cidade de Vigo. Esta vén a denunciar a falta de políticas culturais na cidade, de transparencia na súa xestión e participación, e mesmo a falta de democracia. Asi, fronte a Abel Caballero, nace CAIN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal). Este proxecto deuse a coñecer na semana previa a un encontro no IES Politécnico de Vigo o 16 de novembro, no que a Agrupación Amig@s do MARCO, o Ateneo Atlántico, AColectiva, o propio CAÍN e o Instituto Galego de Praxe Actual, en colaboración con Espazo Cubo, convocaron a asociacións, colectivos sociais e ao conxunto da cidadanía a un Encontro pola Cultura. Durante máis de catro horas debateuse sobre a situación dos equipamentos e da xestión cultural, a realidade do urbanismo e patrimonio, e as políticas relacionadas coa imaxe da cidade e a súa identidade, nun auditorio ateigado de xente, ideas e malestar.

Na creación desta comunidade cultural e de reivindicación está tamén a crítica ao gasto excesivo na iluminación. Denuncian tamén que este debate e a actuación do alcalde pretende agochar cuestións “máis escuras” como o accidente do Marisquiño, os conflitos e folgas coas empresas concesionarias de servizos municipais, o rescate do Auditorio Mar de Vigo ou a acampada contra a pobreza e as mobilizacións que denuncian a falta de políticas sociais para loitar contra a exclusión social.

“Este sábado Caballero prenderá as luces de nadal, mais pode que con isto fixera posíbel que xurda a faísca de algo máis en Vigo”, finaliza Esther Lora, da Asemblea por un Vigo + Social.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Renta básica
IMV El 55% de los hogares que podrían recibir el IMV no lo han solicitado, según la AIReF
La complejidad administrativa, la brecha digital o la falta de modificaciones estructurales en el diseño de la prestación están entre los motivos que señala el organismo independiente.
Opinión
Emergencia habitacional El servicio de urgencias sociales de Bilbao SMUS no responde
VV.AA.
El Ayuntamiento de Bilbao no atiende a una población migrante condenada a vivir en la calle al negársele el derecho al trabajo legal y la vivienda digna.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.