Portugal
Portugal e o Partido Socialista: a geringonça e o conflito das dúas almas

Facemos un percorrido polos oito anos de goberno do Partido Socialista en Portugal: da ilusión polo pacto entre as esquerdas no 2015 ao final do ciclo da maioría absoluta.
Victoria del PS portugues
Vitoria do Partido Socialista portugués. Foto de Mario Piedrafita.

Este 10 de marzo Portugal encara unhas eleccións parlamentarias decisivas para o seu futuro. O país veciño debátese entre a aposta polos partidos do centro-dereita (Aliança Democrática) e centro-esquerda (Partido Socialista) ou o apoio á lóxica de bloques mediante o reforzo dos partidos-empurre -Chega! e Iniciativa Liberal polo lado da dereita e Bloco de Esquerda, Coligaçao Democrática Unitária e Livre polo lado da esquerda-. Como chega a estas eleccións o PS? Como foi o seu percorrido nestes oito anos de goberno?

A geringonça

No 2015 o Partido Socialista pactaba un programa de goberno co Bloco de Esquerda e o Partido Comunista Portugués. Era un acontecemento excepcional en tres sentidos. Primeiro, era a primeira vez en Portugal que non gobernaba a forza política máis votada, naquel momento o Portugal á Frente de Passos Coelho, unha coalición entre o Partido Social Demócrata e o Centro Democrático Social. Segundo, era a primeira vez na historia do país que se producía unha alianza gobernamental entre as esquerdas. E terceiro, supuña unha nova política de alianzas para o conxunto da socialdemocracia europea, sumida nunha crise que a levou a unha baixada drástica nas urnas, até o punto de desaparecer nalgúns países. O PS, liderado por António Costa, convertíase nun exemplo de como a socialdemocracia podía reordenarse como forza dirixente nos seus respectivos países. No Estado español, xornalistas como Enric Juliana condensaban o excepcional da situación na seguinte frase: “A esquerda fala portugués”.

“Gerigonça remite a un aparello inestable de manexo complicado que se estraga facilmente”

O acordo foi denominado pexorativamente como “geringonça” polo exvicepresidente conservador Paulo Portas. A palabra remite a un “aparello inestable de manexo complicado que se estraga facilmente”. Acto seguido as esquerdas déronlle a volta ao termo e o dotaron dun sentido positivo: as diferencias e as tensións entre os socios, lonxe de impedir os acordos, podían garantir a gobernabilidade do país. O PS, empurrado polo BE de Catarina Martins e o PCP de Jerónimo de Sousa, implantaba unha serie de reformas que viraban o programa de austeridade de Passos Coelho, mellorando os datos macroeconómicos e recompoñendo a unha clase media proletarizada.

No socioeconómico instalábanse algunhas reformas consistentes na subida do salario mínimo e as pensións, a redución das taxas da matrícula universitaria e dos abonos de transporte público, a prohibición de novas privatizacións ou a aposta por unha fiscalidade progresiva. Tamén se producían avances no eido dos dereitos civís e as liberdades individuais: ampliación de dereitos das parellas homosexuais, paridade de xénero na representación, regulación da maternidade subrogada, uso terapéutico do cannabis... A geringonça, coas súas tensións, gozaba de boa saúde.

Saúde que tamén se expresaba nos seus liderados morais e intelectuais. As reformas viñan acompañadas pola promesa de “renovar o contrato social”. Unhas das converxencias máis interesantes foi a de António Arnaut, fundador e presidente de honra do PS, con João Semedo, exdeputado do BE, referida ao debate sobre o Servizo Nacional de Saúde. A conversación entre ambos culminou nun libro que transcendeu á opinión pública e puxo no centro do debate a necesidade dunha reforma do sistema sanitario. A conversación entre ambos era un exemplo do tipo de condución política que prometía a geringonça: reverter os ataques ao Welfare State e propoñer solucións afastadas das receitas neoliberais.

As dúas almas do PS e o amolecemento da geringonça

Non todos os sectores do PS recibiron con agrado estas sinerxías morais e intelectuais. Mentres transcorría a geringonça no interior do partido visualizábanse dúas almas: unha centrista, incómoda coa política de alianzas e aliñada coa pretérita terceira vía de Tony Blair; e outra aberta, atenta á irrupción das protestas populares, desexosa de afondar nas políticas progresistas e consciente da necesidade dos pactos á esquerda. Esta segunda alma, instalada na base social do partido, era sensible ás marchas dos mestres, á eclosión do feminismo, ás demandas dos precarios inflexibles e das asociacións dos coidadores informais e dos inquilinos, ou ás protestas dos movementos ecoloxistas -lembremos as protestas contra as nucleares de Almaraz ou contra a mina de uranio de Retortillo-.

A aposta das elites dirixentes do PS era evidente: había que rematar co espellismo das alianzas coas esquerdas e recuperar a capacidade de pactar a ambos lados do campo político

A sociedade civil portuguesa movíase e unha parte do PS facíano con ela. Pola contra, as elites do partido optaban por repregarse tanto cos seus socios de gobernos como perante os movementos sociais en auxe. A alma centrista cristalizouse no chamamento a un “goberno sen obstáculos” por parte do deputado Carlos Pereira e na petición de António Costa dun “triunfo claro” do PS para evitar “o calello sen saída do goberno español”. A aposta das elites dirixentes do PS era evidente: había que rematar co espellismo das alianzas coas esquerdas e recuperar a capacidade de pactar a ambos lados do campo político. Había que volver ao centro.

As diferencias de fondo entre as esquerdas manifestáronse con todo o seu vigor xusto antes das eleccións parlamentarias de 2019. O BE e o PCP manifestaron a súa oposición en múltiples ocasións: na venta de Banif ao Banco Santander e do Novo Banco a Lone Star, na redución futura de impostos e a concesión de beneficios especiais á industria bancaria, na redución da contribución das empresas á seguridade social... Pero o detonante chegou con dous asuntos. Primeiro, coas propostas de reforma da lexislación laboral do PS, que implicaba o aumento do período de proba (sen dereitos e sen compensación por despido) ou o establecemento de contratos verbais de até 35 días. E segundo, coa cuestión enerxética, cando o PS en alianza coas dereitas, previa presión do goberno chino (principal inversor nas maiores empresas enerxéticas de Portugal), revertía o imposto sobre as rendas enerxéticas aprobado na Asemblea Nacional.

A esta fractura da alianza en materia de políticas financeiras, bancarias e laborais sumábase unha dinámica de negociación que distaba moito do pacto programático inicial. Co paso dos anos a geringonça pasaba de ser o pacto das esquerdas a ser unha sorte de negociación multilateral do PS. Esa multilateralidade reflectíase nos escasos acordos nas medidas socioeconómicas dos últimos anos e as tensións do PS-BE co PCP en materia de dereitos civís.

Co amolecemento da geringonça a disputa das dúas almas no interior do PS resolvíase a favor do centrismo. Costa chiscaba o ollo a António Saraiva, presidente da da patronal CIP, tratando de pactar unha reforma laboral coa dereita, e o partido apostaba por intervir nos espazos públicos arremetendo contra os seus socios parlamentarios. Os resultados de 2019 premiaban a estratexia dos sectores dirixentes do PS. Era o comezo do final da geringonça. Ao pouco tempo chegaba un novo punto de inflexión: a pandemia.

Do ciclo da maioría absoluta á crise do goberno en 2023

En medio da sexta ola da pandemia e dunha espiral inflacionista den precedentes, o PS daba un ultimato ao BE e ao PCP: ou apoiaban os seus presupostos ou habería un adianto electoral. Así foi. Acusadas de bloquear os presupostos por primeira vez na historia democrática do país, o PS convocaba eleccións. O que viu a continuación foi unha campaña apelando ao voto útil seguindo unha dobre estratexia: por un lado, atacar ás forzas da esquerda mediante a acusación de desestabilizar o país no medio dunha pandemia; e por outro, axitar o legado histórico antifascista e sinalar o perigo da chegada da extrema dereita de Chega!

En 2022 a gerigonça caía e o centrismo acadaba un resultado histórico que lle permitía gobernar en solitario

A estratexia recollía os seus froitos no remate da campaña: en 2022 o PS obtiña unha maioría absoluta que lle permitía gobernar en solitario e as forzas a súa esquerda perdían ao redor da metade dos seus votos. A geringonça caía e o centrismo acadaba un resultado histórico. Comezaba o ciclo da maioría absoluta e o goberno de Costa convertíase no máis lonxevo na historia de Portugal, superando os seis anos e medio de Antonio Guterres.

Dous anos despois o PS afronta unha crise de lexitimidade debido a varios casos de corrupción. Os casos máis soados foron os escándalos do TAP Air, onde se desvelou un pago de reparación á ministra Alexandra Reis por parte da compañía aérea; e a crise do goberno desatada desde abril de 2023, pola que António Costa foi acusado como sospeitoso nun caso de corrupción que involucra os negocios do litio e o hidróxeno. Estes casos puxeron de manifesto a necesidade de renovar o liderado do partido baixo a figura de Pedro Nuno Santos.

Tras a dimisión de António Costa o PS intentou continuar a lexislatura con Augusto Santos Silva, quen foi rexeitado por todos os partidos da oposición -agás o PAN-. En novembro do ano pasado, o presidente da república Marcelo Rebelo de Sousa, procedente da dereita tradicional, convocaba as eleccións á Asemblea Nacional. Sería o segundo adianto electoral en menos de dous anos.

A chegada de Nuno Santos, que se impuxo nas primarias cun 61,2% dos votos, foi anunciada como un xiro á esquerda do partido. Lembremos que Nuno Santos é un perfil que ascendeu cun pé posto en cada unha das almas do partido: duro nas declaracións contra as dereitas, foi un dos que máis empurraron polo pacto coas esquerdas no 2015; ao mesmo tempo, atesourou responsabilidades de goberno como ministro de infraestrutura e vivenda e mantivo unha relación cordial con Costa e os seus achegados.

O PS afronta unha campaña na que de novo se manifestan as súas dúas almas. Os socialdemócratas debátense entre as alianzas coas esquerdas (nova geringonça) e o acordo centrista coa Aliança Democrática, coalición de tres partidos conservadores encabezada polo PSD. Durante a campaña a balanza inclínase por momentos a favor da alma centrista, como pode verse no ofrecemento de Nuno Santos a un pacto coa AD de Montenegro para evitar a chegada da extrema dereita a posicións de goberno. Estas dúas expresións das almas do PS gardan algún que outro paralelismo coa fractura dentro do PSOE entre o desexo de Felipe González e Alfonso Guerra dunha gran coalición e os apoios incipientes ao goberno de coalición progresista.

O desarme da ofensiva moral e política das esquerdas en Portugal non é algo moi distinto do que acontece no resto de Europa

O caso é que a aposta centrista do PS ten dúas grandes resistencias. A primeira relaciónase coa sombra histórica de José Sócrates, un dos personaxes políticos que afianzou a sospeita de corrupción sobre o PS, agora reactivada cos últimos casos de corrupción. A segunda relaciónase cun sentir maioritario en Portugal: e é que gran parte do electorado do PS entende que a maioría absoluta é algo indesexable, por non falar do resto do electorado, entre o que se estendeu a percepción de que a minoría absoluta é sinónimo de abuso de poder e corrupción.

O declive do PS e a guinada á dereita de Portugal

O desarme da ofensiva moral e política das esquerdas en Portugal non é algo moi distinto do que acontece no resto de Europa. Joao Camargo resume así o cadro político: “A polarización política en curso na vella Europa é apenas unha guinada total á dereita, coa extrema-dereita ditando os programas, o centro-dereita apoiando novos fascismos, o centro tornándose centro dereita, a esquerda tornándose centro. Isto está plasmado nestas eleccións. A elección do capitalismo europeo é a catástrofe e, para garantila, o autoritarismo. O seu control sobre a hexemonía da comunicación é do mais forte que vemos desde hai décadas”.

A realidade é que a día de hoxe Portugal vive nun clima de resentimento por parte das súas clases medias e nunha desconexión das clases populares coa política. Ambos fenómenos nutren as que se presume que serán as dúas liñas mestras destas eleccións: o xiro á dereita do parlamento, co ascenso fulminante da Aliança Democrática de Montenegro como primeira forza política (máis do 30%) e a sólida base de apoios á hayekiana Iniciativa Liberal (5-8%); e a consolidación como terceira forza política (ao redor do 15-20%) do Chega! de André Ventura, forza irmá de VOX que pertence á Internacional Reaccionaria e leva consigo un programa neoliberal-autoritario.

A mapa do país veciño convídanos a pensar en que o ascenso do populismo reaccionario relaciónase cunha socialdemocracia que non quixo abordar unha serie de problemas permanentes. Os inicios ilusionantes da geringonça non culminaron na formación dun bloque capaz de facerse cargo dos principais desafíos do país, como son a crise ecolóxica, o problema da vivenda ou a crise do tempo e dos coidados. Hoxe non só Portugal, senón que o conxunto dos países que forman parte da Unión Europea dependen da capacidade de romper cun ciclo de resentimento político que crece e se nutre do efecto socialmente devastador das políticas neoliberais. E nesa labor serán fundamentais a posición dos partidos socialdemócratas. Volverá falar a esquerda en portugués?

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Energía
Península ibérica Apagón masivo en toda España: “entre 6 y 10 horas” para restituir la energía en todo el territorio, según REE
El cero eléctrico de origen desconocido afecta a la España peninsular, Andorra y Portugal desde las 12.38 de este 28 de abril. Parte del Gobierno está reunido en la sede de Red Eléctrica. El Ejecutivo ha convocado el Consejo de Seguridad Nacional.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Macrogranjas
Maltrato animal Retiran el sello de bienestar animal a la granja vinculada a Mercadona donde ocurrió una “masacre” de pollos
La propietaria de la instalación, Lusiaves, ha perdido la certificación catalana de bienestar animal Welfair. Tras las difusión de imágenes de la “masacre”, plantilla actual y pasada de la empresa aseguró que eran prácticas “recurrentes”.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.

Últimas

València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.
Estados Unidos
Guerra comercial Estados Unidos y China acuerdan una rebaja en los aranceles durante 90 días
Tras una reunión en Suiza, los dos países anuncian que reducirán los impuestos a las importaciones a partir del 14 de mayo.
Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.
Justicia
Justicia Cómo retorcer el derecho antidiscriminatorio: apuntes del juicio por delito de odio a una activista trans
La presidenta del Partido Feminista pide cinco años de prisión y 50.000 euros en daños a una mujer trans por considerar que un tuit que no la mencionaba constituye una amenaza y una incitación al odio. Pero, ¿qué son los delitos de odio?
Opinión
Alimentación El lobby cárnico quiere decidir lo que comen nuestros hijos en la escuela
No se trata de proteger al mundo rural, sino de blindar un modelo productivo intensivo, concentrado en manos de unas pocas empresas.
Reducción de jornada
Laboral El ‘obstáculo’ catalán a la jornada de 37,5 horas semanales
Frente al ‘no’ de Junts, los sindicatos desmontan los argumentos de la oposición y la patronal a lo que consideran “un avance” en los derechos de los y las trabajadoras.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.