Culturas
De volta ao pensamento máxico

Baixo o estigma de “atraso” e “ignorancia” a mirada urbana ten deslexitimado cosmogonías enteiras das poboacións rurais
11 sep 2021 09:38

“(...) púxenme coma unha loba. Non deixaba de berrar nin de mover o corpo. Meu  pai tentou calmarme, mais eu mordinlle o ombreiro e todos os brazos. Ninguén podía comigo, era forte coma un animal. E mira que había varios homes na casa e eu daquela só tiña dez anos. Tiveron que ir chamar por un señor que sabía de espiritismo. Non lembro ben o que fixo, mais sacoume o demo de dentro. Segundo miña nai, trouxo herbas, un crucifixo e ovos. Cando espertei ao día seguinte, xa era a mesma de sempre”. - Felicia, Sabaxáns. 

De todos os xeitos que hai para coñecer e se achegar a unha cultura, os máis inmediatos, sen dúbida, son a lingua, a gastronomía e a literatura oral. Ao chegar a Galiza, non tardas moito tempo en escoitar as lendas autóctonas máis populares. Todas as que están relacionadas coas bruxas, as meigas e os trasgos. Por iso, en canto cheguei a vivir nunha comunidade rural que vía tan achegada ás súas tradicións, á natureza, aos seus mitos, quixen escoitar da boca da xente as historias da rexión. Quería saber de que ían os verdadeiros contos das meigas, as particularidades que tiñan no sur do país. Estaba segura de que os relatos sobre sucesos sobrenaturais abondarían.

Con todo, sempre que preguntaba, a xente ficaba sorprendida. Negaba con rotundidade que existisen ese tipo de historias. Pechábanme a porta. E eu ficaba confundida sen saber se desconfiar de tal aseveración, se admitir que a fantasía non é intrínseca a todos os pobos, se estaba a xente cansa de que lle preguntasen polo mesmo ou se había algo que non me querían contar. Non volvín  preguntar.

Sobrevivir á razón

Penso que o meu primeiro erro ao intentar achegarme ao imaxinario fantástico foi ir cunha idea preconcibida: pensar que ía atopar certas historias dun xeito determinado. A pesar do pouco tempo que levaba na Galiza, a folklorización producida polos medios de comunicación e as grandes empresas era tan predominante que construín unha imaxe do territorio que non tiña relación coa realidade e que, máis ben, eses relatos tan reproducidos séntense coma unha imposición.

A diferenza do que sucede nas grandes cidades, o pensamento máxico si predomina no campo. Mais non do xeito que se adoita proxectar até o cansazo. As comunidades do rural están vivas, en movemento, e non atrapadas no pasado. É por esa sinxela razón pola que non é adecuado pensar que as aldeas se relacionan con certos relatos do mesmo xeito en que adoitaban facelo hai décadas. O pensamento máxico non sempre é algo que nubra o sentido común nin confunde o sentido da realidade das persoas. Non ten que ver cun tipo de “atraso” ou “ignorancia”. Pertence a outro tipo de cosmovisión, a outra forma de coñecer o mundo.

Co paso do tempo, as historias comezaron a aparecer por si mesmas. Mais non como eu as esperaba: grandilocuentes e excepcionais. Non. Apareceron con naturalidade, coma un compoñente máis da vida. Non había bruxas con características físicas específicas, nin aparicións de trasgos con forma de cabalo. Tratábanse de pequenos detalles e experiencias na marxe da vida.

“Eu só digo que hai cousas que non se poden explicar. Unha vez, ao mirar pola fiestra, vin un lume no medio da finca de Iginio. Era un lume tan grande que ,e espantei e lembro que pensei que, de non apagalo, ía chegar á casa. Fun rápido polo meu marido para que el tamén o mirarse pero, ao chegar, non había nin lume nin ren. Tratoume de tola, mais xuro por Deus que o vin. En menos dunha semana, Iginio morreu. E pasoume outra vez algo semellante: estaba a baixar polo camiño ao eido e vin de lonxe a Maruja de Caxil. Pareceume moi estraño porque era demasiado cedo, aínda esta escuro e ela estaba soa. Saudoume de lonxe cun xesto estraño. Aos poucos días, tocaron as campás da igrexa por ela.” - Adelina, Sabaxáns. 

As historias comezaron a aparecer case  a un ano da miña chegada, sen eu pedilas. Fóronme contadas exactamente polas mesmas persoas que outrora me dixeran que non coñecían ningunha historia “sobrenatural”. Agora penso que a negación dese entón, facíase, máis ben, a partir dun sentido de protección fronte a ameaza do xuízo externo.

E é que, entre máis tempo convivo coa miña veciñanza, máis noto o peso que lles supón a estigmatización da que son obxecto en certos ámbitos da vida; das implicacións que ten na identidade individual e colectiva os anos de constante sinalamento pola súa “ignorancia”. É iso o que fai que, ao falar tanto de política, lingua, ou calquera outro aspecto que non ten que ver directamente co mundo práctico das tarefas agrarias, adoitan admitir a súa suposta ignorancia ou toman unha actitude á defensiva. A imposición do pensamento cientificista e urbano (que se tratan como sinónimos de modernidade, progreso e civilidade) deslexitima outras formas de ver a vida e algúns procesos epistemolóxicos alternativos e lendarios.

Porén, o pensamento máxico hoxe segue a operar na cotiandade. De xeito incógnito, forma parte da vida do rural. Mentres que asisten ao médico para tratarse un herpes, fan unha cita coa curandeira, á que aínda a veces chaman bruxa. Aínda se presta atención aos mouchos, por se chegan a anunciar a morte de alguén coñecido. Aínda se plantan coitelos na terra para atraer a chuvia e aínda se contan  con abraio historias do pasado que mesturan o fantástico co real.

Mais tampouco se pode esquecer o complexo e paradoxal que pode resultar, para unha mirada externa, as implicacións de certos relatos que proveñen do pensamento máxico. Como poder mirar e relacionarse, sen xerar un xuízo moral a priori, con certas historias que poderían afectar a terceiros? Falo dos murmurios dentro das casas que xuran que a veciña é bruxa e que a súa mirada ten “mal de ollo”, ou da serie de historias que, ao afirmar que as serpes maman a leite das mulleres e do gando, lexitiman a matanza destes animais que, en realidade, son inofensivos e controlan as pragas de roedores.

Habería que atopar unha forma de recoñecer o pensamento máxico das comunidades sen subestimalo nin  folclorizalo con fins de lucro. Porque existen outras formas de relacionarse co mundo. Formas que resisten á imposición da razón, que forman parte do patrimonio inmaterial dun territorio e que, polo tanto, enriquecen a cultura. Trátase de cosmovisións que nos poñen en contacto con algo que críamos ter superado, mais que seguen latentes, sobrevivindo a través dos séculos.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.