Culturas
O loito como fenómeno comunitario

A longa tradición de xestión comunitaria da vida, que caracteriza aos espazos rurais, tamén inclúe a perda dun integrante da comunidade.
26 sep 2021 10:02

Como sucede con todos os demais aspectos da vida, o xeito en que percibimos ou nos relacionamos coa morte non é estable, senón que vai mudando co paso do tempo e responde ao contexto sociocultural de cada territorio.

Aínda que a morte non é un tema que se aborde de maneira recorrente nin se fale dela con desapego, na zona rural en que vivo, a súa pantasma está presente todo o tempo nas anécdotas propias da comunidade, nas facturas dos múltiplos seguros que se teñen que pagar cada mes, nas misas semanais e na gran variedade de mitos e contos que corren de boca en boca mesturando a lembranza coa ficción.

Das primeiras cousas que chamaron a miña atención cando cheguei foi a mirada dialéctica das miñas veciñas sobre a nosa finitude. Por unha banda, falaban da morte co mesmo carácter solemne e respectuoso propio da misa dos domingos. Mais, por outra banda, a inminencia da fatalidade ocasionaba que fose asumida en bos termos, coa resignación despreocupada de quen di: “A morte a uns dá boa e a outros mala sorte” ou, “Se morremos...

... pra iso nacemos”

Ao pouco de nacer Maruxa, a miña veciña que hoxe pasa dos setenta anos, os seus pais mercáronlle un seguro de decesos. Lévao pagando mes a mes desde entón. É dicir que, polo menos, o contrato data de hai máis de sesenta e cinco anos. Sorprendeume a relevancia que xa daquela lle daban a pagar pola cobertura dos servizos funerarios: o velorio, o transporte, a resolución da parte burocrática, as distintas misas e, por suposto, o soterramento... Pero, máis que outra cousa, o importante para Maruxa é a certeza de que terá un ritual funerario digno. Por que outra razón, os seus pais, unha parella con cinco fillos que tiña que racionar a comida a tal grao que chegaba a repartir entre dous un ovo frito, gastaría o pouco que tiña nun seguro para cada membro da familia?

Quizabes era unha mestura entre a doutrina relixiosa, o perigo que supuñan certas tarefas agrarias, a dificultade de acceder a un servizo médico e outras implicacións da precariedade como un alto índice de mortaldade, que a morte estaba xa presente ao momento mesmo de nacer. Pois, ademais de pagar os seguros dos decesos, as familias mercaban por lote os nichos do cemiterio, pensando no futuro falecemento da súa descendencia e, así, procurando un chisco de certeza ante a inminencia da morte.

Hoxe, os nichos fican coma unha mostra dos procesos culturais e as mudanzas sociais. Debaixo da lenda “Propiedade da familia ...”, quedan baleiros os lugares que outrora foron mercados pensando nunha filla que ao medrar decidiu emigrar, dun fillo que casou e morreu noutra localidade, daqueles que non volveron nunca ou que preferiron optar por outro tipo de rituais e procesos mortuorios.

Cementerio Sabaxáns 2

Acompañar

Mais, se algo se ten mantido até hoxe é a xestión da dor pola perda como un proceso comunitario que excede a esfera íntima para invadir a estrutura social. A familia non é a única doente, senón que é toda a comunidade a que participa e acompaña no pesar á familia achegada do defunto.

Isto reflictese en distintas prácticas que están naturalizadas pola comunidade, mais que, para unha mirada que sempre foi urbana como a miña, son o paradigma do choque cultural. A primeira é anunciar a morte a toda a parroquia tocando as campás. Ao sonar, inmediatamente a xente comeza a comunicar: “Hai defunto na aldea”, e comeza a indagar quen puido ser. Mais o misterio non dura moito tempo, pois nun par de horas aparecen necroloxías nos puntos máis transitados pola comunidade, como poden ser os bares, os postes nos cruces de camiños, na igrexa ou mesmo no taboeiro de anuncios. A necroloxía normalmente inclúe o nome da persoa falecida e o mote polo que era coñecida, de tal xeito de que a veciñanza poida identificalo con maior facilidade. Aparecen tamén todos os seus vínculos familiares e a idade na que faleceu, que sempre capta particular a atención e, dependendo do número, causa maior sorpresa ou pesar.  

De feito, era tal a importancia do acompañamento, da mostra de solidariedade nun acontecemento que afecta a toda a comunidade, que definía a construción mesma das casas. Era imprescindible contar cun salón  suficientemente grande para velar aos defuntos da familia e acoller á veciñanza. E cada persoa da parroquia cumpría un rol no velorio. Había quen se encargaba de limpar, ordenar e preparar o salón; de recibir as invitadas, que a súa vez levaban comida preparada para que nin a viúva nin a familia tivese que encargarse doutra cousa máis que da súa dor.

E alí, no salón, comezaba un momentum de anécdotas e lembranzas relativas á persoa falecida. A risa e o pranto mesturábanse na mesma habitación como consecuencia dun exercicio espontáneo de memoria colectiva que alixeiraba a carga da morte.

Así, do mesmo xeito que para traer vida ao mundo era indispensable a comunidade, tamén ao momento de despedila. Maruxa conta como o seu pai adoitaban ser solicitado para vestir e arranxar os corpos dos defuntos. “Non todas as persoas valen para iso. O meu pai si. Non valía para outras cousas. Non era capaz de matar nin a unha galiña. Mais si que valía para vestir ás defuntas. Para iso requírese moito estómago. E facíao ben. Non cobraba nada, non o facía polo diñeiro. O que si é que a xente sempre lle agradecía cuns anacos de chocolate”.

Transformacións

Xa non se acompaña pola noite á xente en casa e os procesos mortuorios están sumamente institucionalizados e burocratizados. Mais aínda permanecen algunhas pegadas do carácter comunitario de afrontar e procesar a perda. As veciñas aínda levan comida á casa da familia que está de loito e mesmo agora que os velorios se levan a cabo sempre nos tanatorios máis achegados á parroquia, o servizo de bus que transporta á poboación da aldea ao velorio e viceversa, é indispensable até o grao que está incluído nos seguros de defunción.

A homoxeneización das costumes e a disolución das tradicións, como produto da globalización e do tipo de discursos e contidos que se propagan a través medios masivos de comunicación, son unha realidade que afecta tamén o xeito en que as persoas e as comunidades viven e afrontan a perda dun membro. Os factores que distinguen ás culturas e comunidades fúndense en prácticas hexemónicas impostas desde os espazos que se auto-proclaman como civilizados. Certos valores dilúense para dar paso a outros.

Con todo, son moitos os espazos en que a comunidade aínda arroupa e continúa a ser a principal fonte de apoio social das persoas que perden a alguén. O loito afróntase en colectivo, acompáñase. E toda a aldea achégase para mostrar o seu respecto e a súa dor ante a partida dun dos seus membros.

Referencia bibliográfica: ¿Cómo se vive el duelo en el ámbito rural? Una mirada desde la ancianidad?

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La Xunta del PP recibe al embajador de Israel en funciones mientras Gaza agoniza al borde de la hambruna
El Gobierno de Alfonso Rueda escenifica su buena sintonía con la Administración de Benjamín Netanyahu apenas unas horas después de que Israel bombardease una escuela que servía de refugio y ordenase una evacuación masiva en Gaza.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.