Galicia
Transformar o rural

Logo de case dous anos na rede, o blog Rehabitar o rural deseña un proxecto para tentar ampliar o espazo de enunciación.
5 dic 2021 10:19

Hai tempo lin, dun arquivo de arte feminista mexicano que databa dos anos 80, unha frase que en galego diría algo como: “Ninguén se libera só. Liberámonos en común”.

Durante os últimos dous anos, publiquei quincenalmente textos sobre a miña experiencia vivida no rural galego. Sobre o que observo, sobre o que sei, sobre o que aprendín e sobre o que intúo. Cando regresei aos meus vellos escritos, deime de conta das mudanzas que a miña mirada ten experimentado. Lembro, por exemplo, que, unha vez tomada a decisión de vir a vivir á aldea, o rato de cidade que era eu nese entón estaba aterrado. Como ía a sobrevivir sen os milleiros de opcións de ocio ou sen a autonomía que proporciona o sistema de transporte? Con todo, o rural deume unha sorpresa materializada na veciña que chamou á porta cun cesto cheo de pementos, tomates e outros agasallos máis. As primeiras entradas do blog, pois, as escribín nunha etapa de namoramento profundo con aquilo que representaba a miña nova vida: unha comunidade veciñal xenerosa e coidadosa, auga limpa e fresca directa das montañas e unha pequena leira na que podería aprender a traballar a terra.

No entanto, segundo pasou o tempo, o blog deu fe de como o rural perdeu o seu brillo inicial e comezou a mostrarse como un espazo en que me sentía vixiada, cuestionada e illada. Pasei nel a corentena e gran parte do meu “duelo” migratorio, incluíndo a pequena traxedia contemporánea que é vivir como migrante en situación irregular. Os meus primeiros escritos parecéronme inxenuos e románticos.

Comezou entón unha loita interna. Como ser o máis obxectiva posible na miñas publicacións? Como poder sinalar aquilo que me doía sen que puidese ser comprendido para reforzar a idea do “mal” que se vive no rural? Tentei, pois, de abrir os ollos para, en palabras de Michele Petit, ler o mundo e iniciar un diálogo que transcendese a miña experiencia. Ao longo destes anos, as respostas das lectoras, que a veces chegaban en forma de fotografías ou de comentarios nas redes sociais, confirmaban, negaban ou complementaban os meus textos. Resultou que a explotación de varias persoas da miña parroquia hai corenta anos, en traballos relacionados coa tala e plantación de bosques de piñeiros, non era algo illado. Así como tampouco eran locais os problemas de transporte ou a mala xestións das políticas culturais. Doutro lado do país, nunha aldea totalmente descoñecida por min, estaba a ocorrer algo semellante.

Así foi que percibín como comezou a crearse unha especie de comunidade. Abriuse un diálogo que procuraba unha mirada sobre o rural que o puxera en valor, mais que fose á vez crítica, que non caese nas narrativas urbanas que só poden ver o medio rural como algo retrasado / baleiro ou como un espazo dourado que contén o folclore e a identidade. Nese sentido, procurei que Rehabitar o rural fose unha plataforma de encontro. Con todo, o diálogo que orientei ao final do día ficaba sendo, sobre todo, unidireccional. Pensei entón que era o momento propicio para transcender do eu ao nós.

Un eido onde caiban moitos eidos

Por iso, co obxectivo de crear, formalizar ou reforzar as redes existentes, quero que o espazo literario “Rehabitar o rural” se converta nunha canle de comunicación entre as parroquias que, aínda que estean distantes en termos xeográficos, atravesen problemas semellantes. Atopo fundamental dar espazo outras experiencias, utilizar esta páxina para visibilizar os conflitos aos que se enfrontan noutras latitudes do país. Con sorte, “Rehabitar o rural” pasaría a ser unha cartografía, un mapa das comunidades rurais, da xente que se está a organizar para loitar pola terra, vida e patrimonio, xa sexa en forma de colectivos ou individualmente.

Ninguén se libera só. É por iso que, ante a ameaza das políticas neoliberais que poñen en risco a nosa vida e os nosos medios, é importante escoitar outras voces, outras experiencias. Penso, por exemplo, na loita da Asemblea do Suído e como logrou defender o seu territorio para manter á marxe un proxecto mineiro. Como replicar esta vitoria noutras coordenadas, noutros territorios onde non se saiba por onde comezar, como enfrontar ao xigante.

Porque aínda que é importante coñecer as ameazas ás que nos enfrontamos, tamén é fundamental dar paso a outras narrativas máis esperanzadoras. Falo de crear referencias de historias que muden a perspectiva derrotista e pesimista á que nos ten sometido o realismo capitalista. No rural hai arte, hai diferentes xeitos de mirar e practicar a política; hai proxectos de varios tipos, asociacións veciñais e colectivos antifascistas. Este espazo web unicamente pretende servir como un mediador, un nexo.

Que forma terá o proxecto?

Rehabitar o rural continuará a ser un espazo literario en que caiba a crónica, o ensaio, a reportaxe e as entrevistas. Aínda que  continuará a ser a miña man quen constrúa o blog, a idea é estar en contacto con colectivos e persoas, viaxar até onde eles se atopen para coñecer a súa situación e facer unha cobertura máis profunda do que sucede nas comunidades rurais. É tamén por iso que a periodicidade de publicación deixará de ser quincenal e pasará a ser bimensual.

Así, abro a convocatoria: Afrontas unha problemática/carencia no teu concello ou parroquia?, tes un coñecemento/experiencia que pode servir a outras comunidades e querela compartir?

Manda un correo a: sara.guerrero.327@gmail.com

Grazas polas vosas lecturas!

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.