Medio rural
O conflito entre enerxía eólica e territorio: “A maior inxustiza para o rural galego”

O Observatorio Eólico de Galicia critica o “papel marxinal” das comunidades locais no avance dos parques. Os veciños falan dunha “ocasión perdida para potenciar e renovar o medio”.
Eólicos Frexulfe 1
Gando a carón dos muiños do parque eólico situado na Serra do Xistral (Lugo) | Foto: Javier Otero.
27 ene 2021 10:30

Máis de 100 concellos galegos teñen parques eólicos. Neles están instalados 4.000 aeroxeradores. Son case o 15% da potencia eólica do Estado. A día de hoxe, a media de produción eólica de Galiza é de 115 kW/km2 fronte aos 46 do Estado español ou os 72 de Alemaña. Dende finais de 2019, o goberno galego e o estatal tramitaron en conxunto uns 75 megaparques eólicos para sumalos aos 180 en explotación e acadar os 5.000 MW de potencia. Son datos recollidos no manifesto Aldeas con Horizonte, suscrito por case 60 organizacións que piden a moratoria de novos parques eólicos e un novo modelo desenvolvemento para esta enerxía.

Cifras que se materializan cun percorrido simple pola xeografía galega. Nas autoestradas é cada vez más frecuente cruzarse con tráilers cargados de torres, pas ou calquera outra gran peza dun muíño eólico. Un elemento que xa forma parte da paisaxe galega rural. A calculadora de potencias non deixa de medrar, á vez que o fan os fíos de debate que formula esta expansión. Están tamén recollidos no manifesto: a falta de participación das comunidades locais, o oligopolio do sector, a inexistencia do autoconsumo, a expropiación das terras, a fragmentación dos proxectos para evitar atrancos na avaliación ambiental, os parques eólicos na Rede Natura 2000… E así, até 15 puntos de conflito que amosan a complexa e conflitiva relación da enerxía eólica co territorio galego.

Como evidencian algúns acontecementos recentes. Véxase o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou a autorización do parque de Norvento en Mondoñedo logo de detectar unha división artificial do proxecto para suavizar a avaliación ambiental. Ou o plan do Estado noruego para situar aeroxeradores a 200 metros dun parque protexido dos Ancares. E a acción dun veciño afectado polas instalacións de EDP Renovables en Corme, que cortou un camiño con con troncos a xeito de protesta. Neste contexto, naceu en xaneiro de 2019 o Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) como ferramenta de investigación, información asesoramento e consulta para todas persoas, empresas e colectivos involucrados na enerxía eólica.

Aeroxeradores Corzal, Negreira Aerogeneradores Molinos Molino eólica eolica
Muiños de vento no parque eólico de Corzal, no concello de Negreira. Pablo Santiago

Xavier Simón, profesor titular da Universidade de Vigo pertencente ao departamento de Economía Aplicada, é o coordinador e investigador principal desta institución. “A eólica estáse a estender por case todo o territorio galego seguindo as pautas marcadas no Plan Sectorial Eólico de Galicia. E parece que a Xunta vai flexibilizar este tema, permitindo que se asenten parques eólicos fóra das zonas marcadas. A enerxía eólica xa forma parte da nosa paisaxe e medio rural. Na miña opinión hai que limitar a súa extensión a territorios que non comprometan valores ambientais e tampouco poñan en risco as condicións de vida das persoas”, sinala.

Sobre o parque de Greenalia en Ourol: “Non houbo expropiación pero si unha ameaza de que se non se negociaba irían por esa vía”

Unha desas persoas afectadas é Miguel Otero, residente no concello de Ourol da Mariña de Lugo, unha das zonas onde máis aeroxeradores funcionan. Neste municipio, Greenalia, con sé na Coruña, ven de instalar un novo parque eólico. Esta compañía está construindo cinco en Galiza que suman una potencia de 72 MW. “Non houbo expropiación pero si unha ameaza de que se non se negociaba irían pola vía da expropiación e así non pagarían nada”, comenta Otero, quen apunta outras das realidades que se viven arredor destes procesos. A división da veciñanza e a influencia no discurso local de certos actores.

“En Ourol organizouse a asociación Ventos Milleiro para negociar con Greenalia. Apunteime. Pero non chegou ningún tipo de informacón sobre o proceso alén dalgunha chamada para dicir que xa decidiran. O presidente negoume a documentación. Logo entereime de que era concelleiro do PP, vinculado ao sector da madeira, ao tempo que Bea Mato, ex conselleira de Medio Ambiente da Xunta, fichaba por Greenalia. Obtiven resposta positiva da Comisión de Transparencia pero o concello négase a dar a información de transparencia dos seus concelleiros. Preguntando na comisión, básicamente din que non hai forma de obrigar ou penar a negativa do concello", relata. Este é outro dos puntos aos que apela o manifesto Aldeas Sen Horizonte, que pide a exclusión do negocio eólico “das empresas que conten no seu cadro de persoal ou de accionistas con persoas que ostenten ou teñan ostentado cargos públicos ou de representación política que puidesen ter influido, directa ou indirectamente, no beneficio particular das devanditas empresas”.

Expropiacións: “demasiadas” pola utilidade pública dos parques

Outra das cuestións ás que se refire o documento é á eliminación progresiva de muiños da Rede Natura. Este impacto destácao tamén Xavier Simón. “Que haxa máis de 1500 MW instalados nestes espazos non é positivo baixo ningunha perspectiva. Como tampouco o é que a participación pública na promoción dos parques sexa insignificante. Isto ocore ao mesmo tempo que China ou Italia si participan, ao ser propietarios significativos dalgunhas empresas que promocionan parques en Galicia. Que as comunidades locais xoguen un papel marxinal no proceso de planificación territorial e enerxética non é axeitado. Que os concellos non teñan case ningunha capacidade para determinar en que lugares se poden colocar parques tampouco é desexable. E que haxa aínda demasiados casos de expropiación de terras para a posta en marcha de parques eólicos tampouco é xusto”, defende o coordinador do OEGA. 

Electricidad
Eléctricas en Galiza, negocio redondo

Se hai un sector económico digno de análise, ese é o enerxético. As súas implicacións non só en termos de xeración de valor e emprego, senón para o conxunto dunha economía e o seu desenvolvemento, son fundamentais. Ademais, o impacto directo que teñen sobre a cidadanía as decisións de política enerxética, dende a pobreza enerxética até as medidas para mitigar o cambio climático, son indubidables.

Sobre o papel das entidades municipais, Miguel Otero opina que “cada comunidade e concello negociou como boamente soubo. Hai resultados moi distintos. O proceso de Muras semella que pensou algo máis en que a producción deixara un beneficio na comunidade. No caso de Ourol, até onde eu sei, só se fixeron alugueres dos terreos a un prezo inferior á media galega”. Muras é un concello lugués que limita ao norte con Ourol. Está no límite que a comarca da Terra Chá fai coa Mariña de Lugo. É un dos que ten máis aeroxeradores por habitante instalados. En 2016 o goberno municipal habilitou unha bonificación para consumos domésticos de até 500 euros para os daquela 700 muresáns. En 2019 subiu a contía das axudas ata os 600 euros.

O asinantes do manifesto Aldeas sen Horizonte falan das expropiacións “como última opción”. Consideran que a Lei galega de fomento da Implantación de iniciativas empresariais de 2017, “a Lei da Depredación”, eliminou calquera atranco á expropiación de terras para o desenvolvemento de proxectos eólicos”. Xustifícano en que os parques eólicos foron considerados por defecto de “utilidade pública malia ser todos eles de iniciativa privada, prevalecendo por riba de calquera outro dereito, deixando indefensas ás veciñanzas”. No texto critícase que o actual modelo “ten un marco institucional desfasado, de finais dos anos 90, que favorece ao grande oligopolio enerxético fronte os dereitos das comunidades locais afectadas”. 

Simón (OEGA): “A administración autonómica ten que tomar medidas para que a expropiación sexa un caso absolutamente excepcional”

Para Xavier Simón, coordinador do Observatorio Eólico de Galicia, é necesario un cambio estrutural na lexislación. “O canon eólico foi unha boa idea pero hai que cambialo. Hai que vinculalo coa potencia e non co número de aeroxeradores. Co repotenciamento dos parques eólicos moitos concellos van perder recursos”, apunta o profesor da Universidade de Vigo, quen incide na consideración de utilidade pública que teñen os proxectos eólicos, o que provoca expropiacións pola vía rápida: “Dende o OEGA defendemos que a administración autonómica tome medidas para que a expropiación sexa un caso absolutamente excepcional para acceder ás terras eólicas. É un desastre para as comunidades rurais. É inxusto social e económicamente”. 

Simón alude a un exemplo real “desa inxustiza” que o OEGA incluiu no documento de apoio ás comunidades rurais que ven de actualizar. É o caso dunha comunidade de montes que non quería a expropiación. Buscaba un acordo coa empresa, unha multinacional de orixe parcialmente galega. A compañía solicitou e obtivo a declaración de utilidade pública. Expropiáronse os predios. A comunidade comezou entón un camiño de informes, avogados, peritacións e outros procesos que acabaron co resultado de expropiación de case o 80% da superficie total. O TSXG confirmou o “prezo xusto” fixado polo Xurado Provincial de Expropiación de Lugo: unha cantidade próxima aos 400.000 euros.

Eólicos Frexulfe 2
A Mariña de Lugo é unha das zonas con maior concentración de muiños eólicos | Foto: Javier Otero.

Dese total, descontando os gastos de equipo xurídico e pericial, a comunidade ingresou a metade, aproximadamente. “Ese parque está en funcionamento dende 2004. No 2005 a facturación estimada pola venda de electricidade foi de 4,3 millóns. En 2008, 5,5 millóns. En 2015, 3,7 millóns… En todo o seu periodo estimamos unha facturación de 62 millóns de euros (a prezos correntes). Na superficie expropiada a esa comunidade de montes situáronse 15 aeroxeradores que representaban o 65,2% da potencia total do parque eólico”, conclúe o caso. Esta situación leva ao OEGA a dicir que “a utilidade pública e a expropiación forzosa están no ordenamento xurídico español, pero a práctica da súa execución conduce a situacións de manifesta inxustiza pública”.

Unha “inxustiza” que tamén traslada Miguel Otero nas súas respostas. “Tendo en conta o abandono do rural, o envellecida que está a poboación, que moitos propietarios non viven sequera en Galicia ou non coñecen os montes… Todo o que sexa garantir a transparencia e a protección dos dereitos da comunidade e os donos individuais por parte das administracións é importante. Son cuestións de forma que apelan á participación e á formación da xente sobre os seus dereitos. Non pode ser que as institucións poñan alfombras vermellas e portas abertas á estas grandes empresas e só barreiras á xente, exercendo violencia administrativa”, argumenta.

A necesidade de novos modelos de propiedade

Xavier Simón detecta que a oposición social medrou contra “o modelo de acumulación”. “Os parques eólicos e as centrais fotovoltaicas son imprescindíbeis. Pero non é suficiente con buscar o incremento da potencia renovable instalada”. Considera que é necesario formular diversas formas de propiedade e non só grandes corporacións multinacionais: “Cooperativas agrarias e gandeiras que diversifiquen a súa actividade, novas cooperativas de produtores ou consumidores; ou pequenas e medianas empresas”. Dende o OEGA piden reservar unha parte importante de potencia a instalar nos vindeiros anos para esas novas formas de propiedade. 

Simón (OEGA): “Apostar por sinerxias permanentes do sector eólico co tecido empresarial local mudaría a opinión que as comunidades teñen del”

“Hai que apostar por sistemas de produción e consumo de enerxía máis próximos, con tecnoloxías de pequena ou mediana escala. É preciso usar as novas tecnoloxías renovábeis para reducir a dependencia do mercado. Integrar os aproveitamentos enerxéticos nas dinámicas de desenvolvemento local e rural, xerando sinerxias permanentes co tecido empresarial local: agrario, industrial e servizos. Isto mudará a perspectiva que as comunidades teñen da enerxía eólica”, considera Simón, quen sostén que esa idea de relocalización da producción e do consumo xa está sendo unha realidade na construcción de novos sistemas alimentarios. Neste sentido, considera que hai que facer un “forte investimento en I+D+i que teña raíz e natureza galega. Xa hai empresas que están a apostar por tecnoloxías de media escala que permiten producir enerxía eléctrica. Con tecnoloxía galega, competitiva e que espalla os seus beneficios no territorio local para subministrar ás entidades locais”.

Medio rural
Malos vientos para la Ribeira Sacra

La instalación de dos parques eólicos en Paradela (Lugo) levanta ampollas en una zona, la Ribeira Sacra, candidata a convertirse en Patrimonio de la Humanidad.

Os asinantes de Aldeas sen Horizonte reclaman o fomento do autoconsumo e a producción a pequena escala “con proxectos que aproximen as distancias entre as fontes xeradoras e consumidoras”. Así como pulan pola creación de comunidades enerxéticas locais que “primen os obxectivos sociais e ambientais (infraestruturas sanitarias, educativas, transporte colectivo…) sobre a rendibilidade financiera”. Mentres se formulan estes cambios, os veciños das zonas onde se instalan parques, como Miguel Otero, falan dunha “ocasión perdida para potenciar e renovar o rural galego”. “O estado debera ter unha forte representación no sector e considerar a producción enerxética como un ben común. Para innovar e desenvolver iniciativas comunitarias de producción como as cooperativas. E e xa existiron exemplos semellantes. Na miña aldea houbo varios saltos de auga hidroeléctricos que xestionaba a propia veciñanza”, comenta.  

Co obxectivo de reverter esta “ocasión perdida” e convertela en oportunidade colectiva traballa o Observatorio Eólico de Galicia, cuxo coordinador é moi crítico coa actual situación. “A moitos éncheselles a boca ao falar dos valores do medio rural, da beleza das súas paisaxes, da grande tradición cultural, da súa contribución á biodiversidade, dos ecosistemas e dunha elevada riqueza alimentaria… Pero cando se trata de aproveitar un recurso excepcional único danlle todas facilidades aos capitais multinacionais e impiden que as mesmas comunidades rurais, que tanto gaban coa boca pequena, sexan protagonistas desa enorme oportunidade”, insiste Simón.  

Para o profesor da Universidade de Vigo, a radiografía da implantación eólica é clara: “Empresas alleas ao medio rural que chegan para aproveitar un recurso natural, podendo chegar ao extremo de colocar instalacións de produción eléctrica a 500 metros de distancia das vivendas en terras que poden ser expropiadas como fincas rústicas, valoradas como tais. Estamos fronte a maior inxustiza da dinámica rural galega dos últimos tempos. Os parques eólicos de Galicia producen en bruto arredor de 600 millóns de euros anuais e está previsto que se dupliquen nos próximos 10 anos. E segue a ser un negocio vedado para as comunidades rurais”, sentencia. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.