Medio rural
José Rafael Antela: "A visión cultural do rural estábase pechando unicamente ao folclórico, e hai máis oferta"

José Rafael Antela dirixe un ciclo de música levado a cabo na igrexa de Barcia de Mera co obxectivo de descentralizar e ampliar a oferta cultural. Este ciclo, que alcanza a súa XI edición este ano, logrou ser unha vía para dar visibilidade e valorar o patrimonio.

ciclos música 1
O primeiro concerto da temporada; na imaxe, Florian Vlashi e Rediana Lukaçi.
15 jul 2019 10:30

José Rafael Antela Alfaya (51, Mondariz Balneario) é cura da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera e un melómano autodidacta. Fusionou as súas dúas paixóns para crear o Ciclo de Música Relixiosa que este ano alcanza a súa XI edición levando catálogos musicais non convencionais ao entorno rural. Agora, como fundador da Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera e director dos ciclos, está convencido de que o proxecto reaviva a vida social e cultural do entorno, amplía os panoramas da poboación e axuda a brindarlle valor e visibilidade ao patrimonio galego, que nos entornos moitas veces se atopa en estado de semi abandono.

Que son os ciclos e cando se celebran?
Os ciclos lévanse a cabo cada ano entre abril e setembro, cun concerto ao mes na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera (Covelo). O ciclo leva o nome de música relixiosa, pero non está cinguida unicamente a ela. Acostumamos armar repertorios entre a franxa do barroco e a música do século XX que non sexan habitualmente programados para chamar a atención da xente e que se anime a vir ata aquí, porque se programamos o mesmo que todo o mundo, non funcionaría.

Como xurdiu a idea dos ciclos de música?
Hai once anos restauráronse os retablos da igrexa e investíronse centos de milleiros de euros porque estaban nun estado terrible. Pareceume unha pena que, despois de que a administración investise eses cartos, a igrexa estivera pechada. Entón topei con Nieves García-Soto, que andaba por alí impartindo un campamento musical para nenos, faleille do tema e preguntoume "e que queres facer para a inauguración?" Eu díxenlle: "Un mesías de Händel". E fixémolo. Xurdiu tamén por vocación, por amor á música. Eu son un tolo da música, un melómano como Nieves, que agora é directora artística dos ciclos. Xuntámonos dúas que amamos a música.

ciclos música 2
José Rafael Antela Alfaya, cura da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera. Sara Guerrero Alfaro

Por que se fai no rural e non en sitios máis poboados?
Para descentralizar. O proxecto nace como unha vía para descentralizar os lugares habituais de concerto, sobre todo en verán. Non somos os únicos; na Ribeira Sacra hai concertos, existe tamén Camiños Sonoros que vai polos mosteiros... Pero a nós parécenos que o rural é unha zona pouco aproveitada e pouco coñecida. Non só falando da súa paisaxe, senón tamén da súa historia e monumentos. É tamén un xeito de pór en valor o patrimonio.

Como se relacionan os veciños con este tipo de música?
Da parroquia aínda ven pouca xente. Veñen persoas de Vigo, Pontevedra, Mondariz, persoas aloxadas no balneario... A xente que ven responde ben, con sorpresa. Primeiro pregúntanse: "e isto aquí?" Despois entran e ven a igrexa e quedan pasmados. Cando saen, saen marabillados e dinnos: "non sabiamos que isto estaba aquí."

O rural é unha zona pouco aproveitada e pouco coñecida. Non só falando da súa paisaxe, senón da súa historia e monumentos. É tamén un xeito de pór en valor o patrimonio.

Tivo impacto o proxecto na poboación?
Si, a xente pregúntame sempre: "Cándo tes concerto? Nós non imos, pero por saber". Os bares tamén o notan porque a xente sube e baixa pola aldea, deténse a tomar algo... Foi tamén un xeito de que a aldea teña algo de vida.

Como se logrou chegar á XI edición e como se mantén a audiencia?
Con moito traballo, moita paciencia e moita mano esquerda porque comezamos sen ningunha axuda de institucións oficiais. Por iso cobramos a entrada (5 euros). Os músicos que viñan viñan pola súa amizada con Nieves porque ela levaba unha empresa de concertos. Nós propoñíamos, explicábamoslles todo, eles aceptaban e ao final dábamoslles o que sexa que recaudaramos coas entradas. Xuntámonos con músicos que aman o que fan e que non lles importa vir ata aquí; entón si sacábamos corenta euros, dábamosllos; se eran cen, cen. Ata que, ao cuarto ano, a Xunta fíxonos caso porque fomos gañando audiencia. O ano pasado eramos cen persoas no concerto que menos público tivo. Agora dannos unha subvención que se invirte no ciclo ata o último céntimo e ao final iso tamén ten a súa recompensa.

Lanzamos o reto de deixarse seducir polo arte porque o rural estase despoboando e a xente vai a centros máis urbanizados nos que a administración lle parece máis normal que haxa cousas.

Cales son os obxectivos do festival?
Descentralizar. Dar a coñecer o patrimonio. Atraer a un público que non está acostumbado á música. Visibilizar os templos e o patrimonio que hai no interior de Galiza e que (o ciclo) sexa unha oferta, sobre todo, atractiva. Ensinar, que a xente amplíe o seu repertorio. Que non sexa só Mozart, Beethoven, Vivaldi, Bach, Verdi, Händel, que tamén os programamos, pero que tamén se poida escoitar a Ligeti, Shostakovich... a compositores que non é habitual escoitar.

ciclos música 3
Cal é o estado da relación entre o rural e a cultura?
Eu creo que, polo menos nesta zona, ampliouse grazas ao ciclo. Porque penso que a visión cultural do rural estábase pechando unicamente ao folclórico, na gaita e o baile tradicional. E hai máis oferta. Hai que loitar contra a reticencia da xente. A min custoume traballo presentar o proxecto á xente de aquí, que non o vía factible. Trátase de que a xente pouco a pouco vaia decatándose de que hai máis cousas, que o rural non é só serán e baile galego. Hai que ofertar cousas para que a xente lle perda o medo ao clásico, ao diferente.

Por que consideras que é importante que se cren proxectos culturais en zonas rurais?
É importante atraer xente e facer que coñezan o que cren coñecer pero non coñecen. A xente cre que coñece Galiza, pero coñece catro cousas que están máis ou menos promocionadas. Proxectos coma este, ou outros que hai parecidos, abren portas e camiños. Lanzamos o reto de deixarse seducir polo arte porque o rural estase despoboando e a xente vai a centros máis urbanizados nos que a administración lle parece máis normal que haxa cousas. Nós dicimos que si, pero que aquí tamén o podemos facer.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.