Medio rural
Por unha vellez digna –e animada– no rural

Unha casa de pedra. Ábrese unha xanela. Unha muller maior vestida de negro e cun pano da mesma cor sobre o cabelo asoma para mercar peixe a través dela. A peixeira —quen percorre as aldeas coa súa furgoneta un día á semana— e a muller do pano intercambian moedas e peixes respectivamente. A peixeira marcha e a muller volve ás tebras da súa habitación. Péchase a xanela.

Asociación de Mulleres de Gargamala
8 ago 2019 11:30

A situación de abandono das aldeas nas comarcas galegas é xa coñecida. Nelas as persoas maiores viven aínda máis illadas e desatendidas que nas zonas urbanas, pois a maior parte da poboación adulta saíu das aldeas cara ás cidades para poder traballar.

Delia Míguez (1959, Moscoso) tamén tivo que deixar atrás a vida entre os montes para ir traballar á cidade. Este afastamento permitiulle reflexionar con claridade sobre os cambios na forma de vida nas aldeas: “A idea que había de aldea de cando eu era pequena non ten nada que ver. As casas son na súa maioría casas de fins de semana; as hortas aténdense en plan hobby mais que para vivir delas. Todo isto eran leiras cheas de vacas e agora non se ve ningunha. O concepto de aldea que tiñamos está a desaparecer”.

“O concepto de aldea que tiñamos está a desaparecer

Delia é integrante da Asociación de Mulleres de Gargamala (Mondariz, Pontevedra), que xurdiu no 2009 como un proxecto para dignificar a vida das persoas maiores que viven na aldea: “Amelia Varela foi quen viu que había moitísima xente soa e que estaban dentro de casa toda a tarde. Propúxonos facer algo para elas”, comenta Delia.

Cuestión de xénero

A natureza da Asociación de Mulleres tamén é unha proba máis de que, mesmo na terceira idade, a desigualdade de xénero está presente, pois as mulleres son quen máis sofren de illamento social. Por iso que a Asociación foi creada por mulleres e para mulleres, aínda que os seus eventos sexan pensados para toda a comunidade. Mais as mulleres son sempre maioría nas actividades.

Delia explica o porqué: “Os homes aínda teñen o pasatempo do bar. E teñen a asociación da Comunidade de Montes, na que o 90% dos participantes son homes. Eles sempre tiveron espazos para falar das súas cousas. Mentres as mulleres eran máis de estar en segundo termo e quedar nas súas casas. A misa era case o único acceso ao mundo social. Para moitas persoas esa era a oportunidade para cambiarse de roupa e saír das súas casa. Saír dálles vida”. Con esta frase queda desvelada a relación entre a saúde e as relacións sociais, que é o motor que dirixe o traballo da Asociación de mulleres de Gargamala.

“As mulleres eran máis de estar en segundo termo e quedar nas súas casas

Dolores Bernárdez (1957, Gargamala), outra integrante da Asociación, comenta divertida que para que a xente veña aos eventos “hai que ter algo de comida, o picoteo é sagrado”. Entre risas, Delia continúa: “Conseguimos que veña moita xente maior porque claro, non é o mesmo que dicirlles ‘imos a un restaurante’. Isto téñeno ao lado de casa, na casa cultural da aldea, e entón prefiren vir aquí.” Alén dos encontros en datas festivas tradicionais, conseguiron levar a cabo excursións e cursos de memoria, risoterapia, pandeireta, internet, pilates e ioga. Grazas ao seu traballo, as mulleres que participan na asociación puideron ver a evolución en dez anos dos vínculos da comunidade.

Dolores ten a impresión de que desde que naceu este proxecto “hai máis unión, máis diálogo. Eu miro o pobo distinto, bastante cambiado”. Delia recoñece: “Para min é unha satisfacción poder axudar á xente. Síntome ben colaborando”. E Dolores complementa: “A xente vaise relacionando máis e iso para nós é unha satisfacción. Que nos poidan usar de intermediarias para pedir cousas para as necesidades do pobo. Pensamos que neste momento é a nosa obriga facer isto, porque elas xa loitaron no seu momento”.

“É a nosa obriga facer isto, porque elas xa loitaron no seu momento

A Asociación de Mulleres de Gargamala é un proxecto que axuda a comprender como é que os actos cooperativos son fundamentais non só para manter relacións sociais sás, tamén para xerar ambientes nos que as persoas poidan desenvolverse con dignidade. Deste xeito poden mellorar o nivel de vida no ámbito rural, que foi desprazado das prioridades dos gobernos centrais, e serve tamén para lograr que os vínculos de complicidade se manteñan vivos nas aldeas.

Dolores e Delia lembran como toda a comunidade axudaba na leiras duns e outros; en como ían por todas as casas na época da matanza do porco. “Agora xa non hai nada diso. Cantas veces pasou que eu chegaba a Gargamala a pasar a fin de semana e non vía nin falaba con ninguén. Chega un momento no que entras en depresión”. Agora a asociación é ese motor que fai que teñan ganas de saír e facer. “Temos a necesidade de ter algo en común para xuntarnos e facer cousas. Isto tamén nos uniu, a pesar de que a idea era para a xente maior. No fondo, nós tamén o necesitabamos”, reflexiona Delia.

Utopías

A pesar de que manter a asociación por dez anos non é sinxelo para ningunha das mulleres que a integran, as súas aspiracións non baixan; aínda confían en que se pode seguir mellorando a vida das persoas da terceira idade no rural.

“Gustaríame que se puidese crear aquí unha especie de centro de día para que os nosos maiores non tivesen que desprazarse a outros lugares. As residencias teñen a súa parte positiva e a súa parte negativa. Ti saca á xente da súa contorna e pona noutra distinta a falar con xente descoñecida: hai xente que se sabe adaptar, pero hai persoas que aí dentro morren como paxariños engaiolados”, di Delia. E continúa: “Se houbese un sitio en cada aldea onde puidesen vir e darlles algún tipo de entretemento… Iso tería que existir en todas partes. Terían que montalo a nivel gobernamental. Tampouco son precisas grandes infraestruturas. Basta unha casa ampla que teña vixiancia e catro ou cinco persoas que estean aquí coidándoos. Non se necesita máis”.

Unha vez máis é a organización social, neste caso representada por un grupo de mulleres que tiñan ganas de “facer algo” para mellorar o nivel de vida da súa aldea, quen toma as rendas do futuro das comunidades e as mantén vivas.

Medio rural
Tronceda: un rural cheo de vida é posible, e desexable
As aldeas abandonadas derrúbanse mais tamén hai persoas dispostas a retornar a unha vida en contacto coa natureza. Este é o caso de Tronceda.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Peinando canas 3: ¡Vamos al cine!
En el tercer capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de El Parlante, entidad organizadora del festival La Gran Pantalla.
El Salto Radio
el salto radio Peinando canas 2: Ganas de cantar, ganas de vivir
En el segundo capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de Irina Capriles al frente del Cor de la Universitat Oberta per a Majors de les Illes Balears.
Pensiones
Brecha de género Los hombres cobran al mes 465 euros más de pensión que las mujeres
El movimiento pensionista demanda más medidas para acabar con una brecha de género superior al 32% causada por el desigual reparto del trabajo de cuidados, realizado mayoritariamente por mujeres.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.