Escena1
Nas portas da xunta de accionistas da mineira Atalaya Mining en Londres. Ilustración Clara Atkinson.

Minería
Outro 2050 é posíbel sen minaría?

A organización Océanos en perigo debuxa unha utopía que afronta con optimismo moitas das mentiras dos programas de descarbonización dos Estados.

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

13 jul 2021 10:39

O ano 2050 está a se converter nun referente esencial para a nosa civilización: a Unión Europea fixou esa data como obxectivo da súa estratexia para unha economía climaticamente neutra; o Reino de España, seguindo as directrices de Europa, presentou a súa Estratexia nacional a longo prazo con ese ano como meta para a transformación do Estado e mesmo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE) presentou en maio o seu informe Cero emisións netas en 2050, no que proxecta as mudanzas dos sistemas enerxéticos para un novo mundo máis “sustentábel”.

A esas visións do futuro, impostas dende o statu quo, acaba de sumarse unha outra, a dunha asociación europea de organizacións ecoloxistas, Océanos en perigo (OEP). Esta entidade acaba de publicar un informe (Zafarse da minaría. Un proxecto para un mundo en 2050 sen minaría na terra e no mar) no que “advirte sobre as desastrosas consecuencias ambientais do novo auxe mineiro” e imaxina como as poderiamos evitar. O verbo “imaxinar” é acaido pois os seus autores (Ann Dom, subdirectora da asociación, e o rianxeiro Joám Evans Pim, activista implicado na loita contra a nova proliferación da minaría) contan dende un hipotético e (quizais) abondo optimista ano 2050 como a humanidade logrou erradicar a minaría do planeta.

O documento parte da tese de Fred Polak de que “as imaxes positivas do futuro son fundamentais para que os movementos sociais e os cidadáns guíen as súas actuacións cara a ese futuro desexado”, premisa que, nalgúns intres, pode transformarse en eiva para o informe. OEP decide fuxir do catastrofismo para atopar e nos amosar os camiños que debemos seguir para lograr ese futuro sen minaría.

A minaría submarina vai proliferar porque a aposta dos gobernos por unha descarbonización baseada en “enerxías renovábeis” precisa de moitos máis minerais

O detonante do informe é o novo auxe da minaría do océano profundo e o perigo que implica para a subsistencia dos humanos e da biodiversidade. E os autores, lonxe de cinguirse a fundamentar a necesidade de proscribila, afondan no problema. Por que vai, a curto prazo, proliferar a minaría mariña? Porque a aposta dos gobernos pola descarbonización baseada nas “enerxías renovábeis” vai precisar moitos máis minerais. A propia AIE acaba de recoñecer nun seu informe que dende “2010, a cantidade media de minerais precisos para unha nova unidade de capacidade de xeración de enerxía aumentou nun 50% a medida que a cota das enerxías renovábeis aumentou.

Os tipos de recursos minerais necesarios varían segundo a tecnoloxía. O litio, o níquel, o cobalto, o manganeso e o grafito son cruciais no rendemento, a lonxevidade e a densidade enerxética das baterías. Os elementos de terras raras son esenciais para os imáns permanentes das turbinas eólicas e os motores do vehículos eléctricos [...]”. Como advirten os expertos Alicia e Antonio Valero, unha civilización baseada no crecemento do PIB e menos dependente dos combustíbeis fósiles ten que incrementar a súa dependencia da minaría. E os minerais precisos para substituír os combustíbeis, como o resto dos recursos do planeta, son finitos polo que temos que buscalos onde estean: tamén nas profundidades do océano. “En 2020, máis de 1,3 millóns de km2 das profundidades do océano tiñan permisos supervisados pola Autoridade Internacional dos Fondos Mariños”, consonte OEP. Esta minaría implica, de acordo coas declaracións do secretario xeral da Autoridade Internacional dos Fondos Mariños “a destrución de organismos vivos, a desaparición do hábitat do substrato e a creación de penachos de sedimentos” e, engaden os autores do informe, “a alteración do principal sumidoiro de carbono do planeta”, o que os leva a concluír que “o papel xerador de vida do océano —como provedor da metade do oxíxeno da atmosfera, como regulador do clima, como fonte de culturas e benestar— vale máis cós seus minerais”.

Fondo marino
Capas de cinza na parede este da caldeira de West Rota, no Pacífico occidental. Imaxe de Pacific Ring of Fire 2004 Expedition.

Os inconvenientes abondan para que a minaría do fondo mariño non poida ser considerada unha solución polo que OEP imaxina un futuro sen ela e cóntanos, dende un eventual 23 de novembro de 2050, o día en que se pecha a derradeira mina do mundo, cal foi o camiño que nos levou até alí. A estratexia do informe ten dúas vantaxes fundamentais: En primeiro lugar, presenta o proceso todo como un camiño de éxito. En 2050 na Terra non haberá minas en explotación e ese futuro positivo é o motor que, seguindo a Polak, servirá para guiar as accións dos cidadáns e os colectivos.Por outra banda, permítenos identificar os primeiros pasos desa viaxe mesmo antes do noso presente.

A cerna do informe é que se a minaría é necesaria para manter a nosa civilización tal e como a coñecemos e a minaría é un mal que evitar, o que é preciso mudar é a nosa civilización. A solución está nun fondo cambio cultural das persoas do “Norte Global”. A aposta polo decrecemento e pola vía da simplicidade é evidente. O reto é “pasar dunha economía lineal, de usar e desbotar, centrada no consumo e na medra do PIB a unha economía circular centrada na suficiencia, no benestar e nunha distribución xusta e equitativa”. E ese é o 2050 que OEP nos presenta: con poboacións redimensionadas nas que non sexa preciso o coche individual; con vivendas eficientes e con moitos servizos compartidos; cunha xornada de traballo asalariado reducida; con hortas comunais; con soberanía alimentar e un comercio non dependente do transporte internacional; cunhas enerxías verdadeiramente renovábeis, etc. Unha civilización centrada no necesario e no suficiente.

Se a minaría é necesaria para manter a nosa civilización tal e como a coñecemos e a minaría é un mal que evitar, o que é preciso mudar é a nosa civilización

Porque como di Art Berman: “O único xeito razoábel de frear a mudanza climática é reducir o consumo total de enerxía”, e non afrontar o desbaratamento e o consumo excesivo (e non só de enerxía) como un problema do ser humano é un erro que nos impide solucionar calquera problema de supervivencia da nosa especie.

Paréceme interesante a escolma que fai a OEP das medidas anteriores á nosa actualidade a prol da transformación positiva da nosa civilización. Resaltan os autores dende prácticas individuais (o uso de faldróns para as potas ou olas a presión ou o auxe da bicicleta); movementos sociais (os cafés de reparación); normas estatais (a redución do IVE nas reparacións dos produtos que Suecia fixo en 2017 ou o imposto sobre as casas baleiras que Vancouver aprobou en 2016) ou mesmo supranacionais (a directiva da Unión Europea de 2019 que regula as comunidades cidadás de enerxía). Todas estas “sementes da mudanza”, malia que son insuficientes e mesmo amosan a lentitude e incapacidade dos estados para afrontar un problema urxente, OEP utilízaas para alicerzar as verdadeiros cambios que acontecen tras 2020, “o ano perdido”, e todo o que a humanidade aprendeu tras a pandemia da Covid.

Desgraciadamente o informe é unha outra última chamada a non atrasar máis as mudanzas necesarias para a nosa supervivencia pois, como estamos a comprobar, “o ano perdido” non nos aprendeu nada ou case que nada aos seres humanos polo que ese primeiro chanzo até o 2050 alternativo desaparece baixo os nosos pés. Os autores —recorden que escriben dende o futuro— sábeno: “En moitos sentidos, a pandemia de 2020 contribuíu a expoñer aínda máis a natureza sistematicamente inxusta e destrutiva do sistema: [...] o plan Next Generation da UE rescatou empresas contaminantes e estimulou os sectores mineiros” pero teiman no optimismo porque “moitas persoas decidiron facerlle cara ao aumento de proxectos mineiros no mundo”.

Oxalá OEP non se confunda moito e sexamos quen de construír un 2050 semellante ao que nos contan! Oxalá aínda esteamos a tempo!

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sphera
Minería La inacabada historia de la minería en Asturias
VV.AA.
Uno de los accidentes recientes más graves en la minería asturiana vuelve a cuestionar el sistema de controles y ayudas públicas para las minas en proceso de reestructuración.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.