Ecologismo
Contra a ideoloxía da Era Mayday

Na obra ensaística última de Manuel Rivas, o flamante Premio Nacional (do Reino de España) de Literatura, brilla a súa teima por “pensar o impensábel” para crear un mundo novo lonxe da distopía na que vivimos.
Manuel Rivas defendendo a conservación da obra de Urbano Lugrís na rúa dos Olmos da Coruña en xaneiro de 2023. Foto: Aurora Díaz.
Manuel Rivas defendendo a conservación da obra de Urbano Lugrís na rúa dos Olmos da Coruña en xaneiro de 2023. Foto: Aurora Díaz. (©)

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

26 nov 2024 07:00

Nun texto titulado “Estereotipos, ideología y Edgard Allan Poe”, Rafael Sánchez Ferlosio xustifica o uso que adoita facer dos textos xornalísticos: “Los diarios [...] me sirven a menudo de andaderas o muletas para mis reflexiones. En ellos predomina la apariencia manifiesta de los hechos; y no sólo en las frases literales que recogen de boca de políticos sino también en la prosa de los mismos periodistas se deslizan fácilmente, a causa de la urgencia, las rutinas y los comodines de las representaciones comunes y vigentes”. Para Ferlosio eses discursos “que non poden ser máis que improvisados” son unha fonte especialmente indicada para chegar a coñecer a ideoloxía imperante.

No último lustro, amais das súas obras de ficción, Manuel Rivas publicou dúas compilacións de ensaios xornalísticos (Contra todo isto e Zona a defender); dous libros xemelgos nos que o escritor recolle e, en ocasións, retoca e amplía un feixe de artigos previamente publicados na prensa nos que partindo tamén da actualidade describe esa “ideoloxía imperante” da que trataba Ferlosio, á que Rivas chama, na primeira antoloxía, “Todo Isto”. Todo Isto foi o que nos trouxo até a “Era Mayday”, o tempo de emerxencias (climática, ecolóxica, de recursos) no que vivimos e contra o que o escritor coruñés alza, sobre todo na segunda escolma, a súa “esperanza indócil”.

O método que Rivas nos propón é a “insurxencia poética dunha linguaxe que se adiante ao proceso de vixilancia e captura”. Por iso, nos seus textos amósanos como crear novas formas de expresión para enfrontar trolas e campañas de desinformación.

O uso de metáforas rotas e dunha adxectivación paradoxal (que xa se aprecia nestas primeiras citas), tan habitual na escrita de Manuel Rivas, serve nestes ensaios para desacreditar a lingua empregada por un pensamento que só quere manter o status quo. Porque o método tras das propostas do autor é a “insurxencia poética dunha linguaxe que se adiante ao proceso de vixilancia e captura”. Por iso, nos seus textos amósanos con exemplos moi felices como crear novas formas de expresión que preserven as vías de comunicación en liberdade para enfrontar toda a cháchara das trolas e as campañas de desinformación que serven para construír Todo Isto. “É hora de liberar as palabras para limpar o medo”, proclama literalmente. Nos ensaios escollidos nestes volumes, Manuel Rivas predica co exemplo e usa unha linguaxe transformadora e antisistema, como ficará claro nas numerosas citas deste artigo, e que pode que teña a súa expresión máis feliz na locución “persoas non humanas” que nun só golpe de vista nos fai reformular o antropocentrismo no que se fundamenta a nosa civilización.

En “Un manifesto rebelde”, o limiar do primeiro dos ensaios, o poeta debulla e ataca os aspectos principais desa ideoloxía (que destrúe describíndoa cunha expresión elegante e incendiaria: “prêt-à-penser”): a canallocracia, a descivilización, o rearmamento, a subtracción da democracia, o desmantelamento dos espazos comúns, o odio cara ao outro, o machismo como sistema, a domesticación intelectual, a indiferenza e o cinismo, a contramemoria e, no medio e medio de Todo Isto, a guerra contra a natureza. Porque “non é posíbel un benestar mental persoal no medio dunha avalancha colectiva de dor” como a que causa o caos climático.

Rivas coloca no centro da transformación necesaria dos sapiens o respecto á natureza e constrúe unha outra nova verba, bioperversidade, para describir as políticas aparentemente sustentábeis e mitigadoras do quecemento global de empresas e Estados. O acerto semántico de Rivas non deixa lugar a dúbidas sobre o sentido do que de verdade están a facer os poderosos: non son políticas a prol da supervivencia dos ecosistemas e da vida, senón un verdeo das súas actividades para lle seguir tirando proveito ao colapso da nosa civilización mentres “se preparan para o sálvese quen poida” no que vivimos.

Pon no albo das súas críticas o negacionismo da crise climática: “a grande hipocrisía de carácter criminal” que rebate as conclusións científicas que afirman a inevitabilidade do caos climático á vez que se amparan na superstición científica para argumentar que será a ciencia a que “acudirá en última instancia a reparar o dano”. Rivas alerta contra os tecnoutópicos que sosteñen que aparecerá un invento co que os seres humanos sexamos quen de romper as leis da física e nos permita ter enerxía abonda para manter a nosa vida absurda sen alterar os ecosistemas. Esta é a ideoloxía do partido da inhumanidade, os defensores da globalización reaccionaria co seu “neoautoritarismo, a súa neolinguaxe, a súa neoverdade”, os creadores e máximos defensores de Todo Isto: o “estado de extralimitación ecolóxica, de aceleración nas desigualdades, de abaratamento humano e de traballos de merda, de vixilancia autoritaria e condutismo tecnolóxico, de quebra social e loita entre xeracións, de nova guerra fría”.

O maior acerto de Rivas é a reunión de todas as facianas do sistema para nos amosar os seus íntimos vencellos e demostrar que as loitas dos feminismos, o ecoloxismo, o anticapitalismo, o decrecentismo, a antiglobalización e a cultura de base non son guerras separadas.

Quizais o maior acerto dos ensaios é esa lectura superficial da actualidade, a mesma que defendía Ferlosio, que lle permite a Rivas reunir todas as facianas do sistema para nos amosar os seus íntimos vencellos e demostrar que as loitas dos feminismos, o ecoloxismo, o anticapitalismo, o decrecentismo, a antiglobalización e a cultura de base non son guerras separadas, senón frontes distintas da mesma: “unha guerra non declarada e difusa na que somos á vez retagarda e trincheira. O noso tempo é á vez antes, agora e despois dunha guerra”, a que temos que dar contra Todo Isto nas súas distintas manifestacións.

E contra ese “réxime da distopía” que fomenta e vive da “alta violencia catastral”, da “angustia planetaria” e da “aceleración depredatoria” o autor alza unha loita aparentemente simple que parte dunha premisa radical: “marabillarse co planeta que habitamos” para o que usa o vello e perenne pensamento anarquista de Eliseo Reclus: “O ser humano é a natureza tomando conciencia de si mesma”. Dese abraio xurde a necesidade de salvar o verdadeiramente importante e abandonar de vez Todo Isto.

A austeridade fértil xurde como un requisito para experimentar “novas formas de abundancia compatíbeis co retorno á natureza”: abundancia creativa, abundancia solidaria, abundancia nas relacións, abundancia nos coidados, etc.

Unha das ferramentas fundamentais para rematar con Todo Isto que propón o autor é a “austeridade fértil”, a actitude oposta ao desbaratamento e a malversación dos recursos naturais que son quer a esencia, quer o funcionamento habitual da nosa sociedade. Contra esa dilapidación do planeta, Rivas colga dun aforismo de Thoreau (“canto máis pobre, máis rico son”) unha solución necesaria para todas as nosas emerxencias: unha austeridade enerxética e material. Austeridade que resucita o sentido orixinario da palabra (cualidade do “que carece de elementos superfluos ou agradables ou que se reduce estritamente ao necesario ”) pervertida pola ideoloxía dominante tras a crise de 2008. Nesa época, cóntanolo Borxa Colmenero no seu O goberno neoliberal da vida , o neoliberalismo adoptou unha fase punitiva que no caso dos Estados europeos atopa na austeridade unha utilísima ferramenta de disciplinamento estatal para o control das poboacións. Pero a austeridade fértil que defende Rivas xurde en contra da falsa austeridade e amais como requisito para experimentar “novas formas de abundancia”: abundancia creativa, abundancia solidaria, abundancia nas relacións, abundancia nos coidados, abundancia no intercambio de saberes, abundancia no tempo libre, abundancia no apoio mutuo, abundancia erótica, etc. “Novas formas de abundancia compatíbeis co retorno á natureza”. Porque, malia o que nos di a ideoloxía imperante, vivir con menos pode ser vivir moito mellor, e mesmo vivir de verdade.

Pero o poeta non esquece o resto das frontes de batalla e destaca outras ferramentas Contra Todo Isto: a posibilidade fronte ao conformismo; a República de iguais, unha sociedade de “común decencia”; o freo de emerxencia fronte á aceleración; a soidade solidaria; a ironía contra o dogmatismo; o feminismo; a eco-biblioteca do futuro; a ocupación de lugares públicos abandonados, as feiras de venda autónoma, as verbenas de barrio, os redutos tabernícolas, os garitos subterráneos de música en vivo; a descolonización da imaxinación; o local universal; a liberación da liberdade; a total prohibición de armas; a arte da escoita; o xornalismo como activismo; a democracia afectiva; os libros demasiado longos, as películas demasiado lentas e a arte de caer, entre outras.

Dentro de cada unha destas estratexias rebeldes Rivas atopa a posibilidade de vencer a Todo Isto porque, poderiamos concluír co poeta, “díxose a miúdo que o gran trunfo do sistema capitalista é facernos crer que non o podemos cambiar. Primeiro foi Thatcher co seu TINA (There is No Alternative), asumido non só por Reagan, senón polos mordomos que levaban a bandexa do que fora a esquerda. O paraíso que ofrecían, aí o temos, era unha rúa sen saída. O punkismo foi a resposta irada, unha desesperación sarcástica, de mandalos á merda: No future”.

As ferramentas que propón Rivas son as únicas realistas: “As formas imaxinativas de protesta e acción directa, sempre pacífica, contra o colapso ecolóxico e a prol de presupostos de Benestar en todo o orbe para que quede atrás o pensamento bruto e a política do dano”, e dános exemplos: a “marcha do sal” das persoas humanas de India; Hermien, unha persoa non humana (unha vaca) que escapou do camión que a levaba ao matadoiro e sobreviviu no monte seis semanas e a loita conxunta de persoas humanas e non humanas no bosque de Hambach ou no mar Menor. Exemplos todos tirados da superficialidade das novas e que amosan que é posíbel acabar con Todo Isto e que “outro principio do mundo é posíbel”.

Arquivado en: Literatura Ecologismo
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Minería
Cáceres Denuncian que la mina de Cañaveral no cumple los criterios para ser proyecto estratégico
Contaminación por nuevas sustancias sin testar, reducción de disponibilidad de agua dulce, cambios en el uso del suelo y pérdida de biodiversidad protegida y de integridad del ecosistema, principales argumentos contra el proyecto.
Córdoba
Opinión ¿Cabra, ciudad sostenible? La lucha colectiva para conservar lo que aún es nuestro
Los vecinos de las Huertas Bajas de Cabra, Córdoba, han comenzado una lucha para salvar lo más preciado que tenemos: nuestras tierras.
Educación
Madrid Familias exigen pacificar los entornos escolares tras el atropello mortal de un niño en Usera
Piden más seguridad en los centros escolares y en todas las zonas que son frecuentadas por niños y niñas pequeñas. Hace seis años, muchas familias impulsaron la llamada Revuelta Escolar.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.