Petróleo

Energía
Como non afrontar a crise enerxética

O físico Antonio Turiel desvela en ‘Petrocalipsis’ o que se agocha detrás das estratexias públicas fronte á crise enerxética global e achega algunhas alternativas para encarar este momento decisivo da nosa especie.

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

21 oct 2020 06:03
Deixen de nos pedir a nós, científicos e tecnólogos, a solución a todos eses problemas. Estannos a formular un problema sen solución: o de crecer indefinidamente nun planeta finito. Non ten sentido, é igual cantas cousas poidamos descubrir, nunca abondarán para intentar lograr ese imposíbel.
Antonio Turiel. Petrocalipsis. Crisis energética global y como (no) la vamos a solucionar (Editorial Alfabeto, 2020).
Non por moito repetilo semella que sexamos capaces de comprender que os seres humanos estamos diante do noso maior desafío: a crise enerxética global que, sumada ao caos climático, vai determinar a fin da nosa civilización. A afirmación non se pode condicionar nin temperar, e menos tras rematar de ler Petrocalipsis, o último libro do físico e matemático Antonio Turiel.

Esta crise xa foi descrita hai décadas pero nin a poboación nin as institucións fomos capaces de adoptar as medidas precisas para evitar o colapso. Porque dende aquela, todos os debates afrontáronse como unha cuestión de fe por afectaren a un dos alicerces da nosa concepción do mundo: o crecemento. Os nosos sistemas sociais fúndanse na necesidade do crecemento: non é posíbel a sustentabilidade das economías sen a medra do Produto Interior Bruto. Para a ortodoxia, os crentes, o crecemento infindo é posíbel. Explicábao dun xeito moi sinxelo John Berger: “O capital tan só pode existir se se reproduce arreo; a súa realidade presente depende da súa futura realización. Esa é a metafísica do capital: a palabra crédito, no canto de referirse a un logro do pasado, refírese tan só a unha experiencia futura”. Calquera crítica que rexeitase o crecemento como vector económico e social foi desprezada como unha herexía.

Por outra banda, os infieis non aceptan este dogma porque saben que “a economía aséntase nunha realidade física e [...] está sometida aos limites do propio planeta”, como di Antonio Turiel. Posto que hai límites, o crecemento non pode ser eterno: o noso planeta é un planeta finito e os seus recursos, limitados. Non hai enerxía abonda para manter o ritmo da nosa civilización polo que cómpre organizármonos para o novo escenario.

Non hai enerxía abonda para manter o ritmo da nosa civilización polo que cómpre organizármonos para o novo escenario

Como afronta a ortodoxia o problema? Só é preciso botar unha ollada ao proxecto de Lei de mudanza climática e transición enerxética elaborado polo goberno do Reino de España, para comprobar que os ministros militan no bando ortodoxo. O goberno aínda cre no “desenvolvemento sustentábel”, ese eufemismo verde que substituíu á expresión crecemento económico. No artigo primeiro do proxecto estabelece como un dos obxectivos da norma “a implantación dun modelo de desenvolvemento sostíbel”, e no segundo eleva este desenvolvemento á categoría de “principio reitor” que debe inspirar calquera aplicación da norma. Amais, o goberno fixa como finalidades da lei para o ano 2030: reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro un 20% en relación cos de 1990; chegar a un 35% de enerxías renovábeis no consumo de enerxía final e a un 70% de produción renovábel de enerxía eléctrica e mellorar a eficiencia enerxética diminuíndo o consumo de enerxía primaria, canto menos, un 35%.

O goberno propón a produción renovábel de (parte da) enerxía e a eficiencia no seu consumo para resolver a “crise climática” —cómpre destacar que a crise enerxética non é un problema recoñecido no texto da norma—. Ambas as solucións son propias da década de 1970 para unha situación que nada ten que ver coa que padecemos nesta altura. As dúas son solucións de crentes no crecemento e defensores da ortodoxia económica e, polo tanto, inútiles.

Petróleo por Cathy Whifield
Explotación petrolera, por Cathy Whifield. Colectivo Burbuja

Dende 2010, Antonio Turiel dedica ao apostolado da herexía unha ciberbitácora, The oil crash, cunhas entradas metódicas e documentadas dun alto rigor científico. As conclusións dos seus artigos e estudos son a fonte do libro Petrocalipsis, no que, sen renunciar ao rigor mais prescindindo das abondosas citas e referencias que si que fornece a bitácora, describe a situación e achega algunhas das vías para afrontala.

Na primeira parte do ensaio, que abrangue os trece primeiros capítulos, presenta a nosa dependencia dos hidrocarburos, o cénit do petróleo (e doutros elementos) e a insuficiencia do resto das fontes de enerxía para manter unha civilización humana como a actual. Turiel, dende a perspectiva dun físico, debulla unha a unha as fontes de enerxía, dende o petróleo até a evapotranspiración, para refutar a primeira das solucións da ortodoxia: a aposta polas enerxías renovábeis. Ningunha das fontes de enerxía existentes abondan para manter o statu quo e calquera poxa por elas (as instalacións de aproveitamento enerxético tamén consumen enerxía) supón malversar unha enerxía que vai ser necesaria, nun futuro próximo, para a supervivencia da especie.

Os crentes adoitan dicir que só é cuestión de tempo que os científicos inventen unha nova técnica que permita obter máis enerxía; Turiel (que é un deses científicos) conclúe terminante o capítulo décimo terceiro: “Non existen outras fontes de enerxías renovábeis dispoñíbeis nin ningunha descuberta científica as vai poñer sobre a mesa, porque para que iso sucedese tería que nos faltar algún termo no balance enerxético [do planeta] que, hoxe, coñecemos ben. Simplemente, non hai ren máis”.

Petróleo 2

Desta primeira parte concluímos que os anunciados esforzos do goberno de España para implantar as enerxías renovábeis non son máis que «unha máscara verde» e unha petición desesperada de prórroga dunhas mandatarias incapaces de afrontar a realidade que coñecen, xa que confían non estar na primeira liña política (ou mesmo vivas) cando a crise estoupe.

Os esforzos do goberno de España para implantar as enerxías renovábeis non son máis que unha máscara verde e unha petición desesperada de prórroga dunhas mandatarias incapaces de afrontar unha realidade que coñecen

A outra ferramenta que esgrime o goberno no seu proxecto é a «eficiencia enerxética», e curiosamente é a que rebate Turiel no capítulo décimo cuarto, no que vencella directamente a crise enerxética co sistema económico: “a incomprensión do nexo que existe entre enerxía e economía é o que determina que as políticas públicas sobre a enerxía estean mal dirixidas”. Para o autor, no noso sistema económico, alguén sempre vai aproveitar calquera aforro de enerxía para producir algo e gañar cartos, polo que todos os esforzos na eficiencia non van permitir adiar a crise. Como solución, con plena consciencia das súas eivas, propón medidas como un racionamento enerxético, non só aforrar senón tamén “adoptar outras medidas lexislativas para non destinar a enerxía sobrante a outros usos” polo que habería que impedir o libre acceso á enerxía, e restrinxir a actividade económica. Que goberno será capaz de lles poñer ese rabo ás cereixas?

Turiel defende como únicas solucións imprescindíbeis as seguintes, centradas no eido social máis ca no tecnolóxico: a anulación das actuais débedas (privadas e públicas); a reforma radical do sistema financeiro; a redefinición dos cartos; a reforma das organización estatais; a definición de plans de transición locais e a preservación dos servizos básicos. Tamén achega algunhas medidas técnicas concretas que axudarían a encarreirar mellor a transición pero que en ningún caso poderían substituír as medidas sociais.

A coincidencia no tempo do libro de Turiel e a tramitación parlamentar do proxecto de Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética serve para ilustrar o lonxe que está o noso goberno de adoptar unhas medidas que non se poden aprazar máis. A fe no crecemento sen fin, as arelas tecnoutópicas e a covardía dos dirixentes políticos están a agravar unha crise, a enerxética, que é crucial para a nosa especie.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Energía
Energía El apagón se originó en Núñez de Balboa, una planta fotovoltaica que Iberdrola litiga para no desmantelar
La empresa lucha en el Supremo para revertir la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Extremadura, que obliga a desmantelar y devolver a su propietario el 60% de la finca donde se asienta la central fotovoltaica.
Energía
Energía Red Eléctrica echa balones fuera: culpa a las empresas del apagón y de entorpecer la investigación
“No toda la información recibida de las compañías eléctricas ha tenido la calidad deseable, ni ha sido tan completa como era necesario”, ha declarado la presidenta de Red Eléctrica, cuyo informe culpa a las empresas: “No hubo control dinámico”.
Energía
Energía El informe del Gobierno culpa del apagón a Red Eléctrica y a las empresas
Red Eléctrica falló a la hora de programar adecuadamente la demanda; plantas generadoras clave incumplieron la normativa al no absorber tensión o desconectarse del sistema demasiado pronto. El Gobierno descarta el ciberataque.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.