Movilidad
As axudas ao coche eléctrico como medidas fiscalmente regresivas

Dar axudas públicas para mercar un vehículo eléctrico é unha política de esquerdas?

Coche eléctrico_2
Imaxe de Mabel Amber en Pixabay.

Coordinador do Instituto Resiliencia

15 jul 2020 06:03

Xa analizamos anteriormente neste mesmo blog varios mitos e confusións que adoitan defender e espallar os políticos dunha e doutra cor ao redor dos coches eléctricos. Apuntabamos daquela, entre outras cuestións, que os coches eléctricos non se poden converter nun produto de masas como viñeron sendo os de combustión (cando menos entre as clases medias, e mesmo baixas, dos países industrializados a partir da segunda metade do século XX). E que, xa que logo, financiarmos con diñeiro público a súa despregadura, tanto a compra dos vehículos como a creación de infraestruturas de recarga, implicaría un transvasamento de fondos públicos aos seus únicos usuarios finais: as clases podentes.

Neste novo artigo tentaremos profundar na análise desta cuestión, que está cada vez máis de actualidade, xa que dentro das medidas para a reactivación económica tras a parada obrigada pola pandemia da COVID-19 todo apunta a que o actual goberno “de esquerdas” en España vai apostar polas axudas á compra deste tipo de vehículos, cualificándoos erroneamente de “non contaminantes” ou de medida para “loitar contra o cambio climático” (xa explicamos no devandito artigo que os coches eléctricos tamén emiten gases de efecto invernadoiro de maneira moi importante, tanto na súa fabricación como na súa utilización).

Movilidad
Soñan os políticos con coches eléctricos?

A promesa do coche eléctrico estase a converter nunha icona da chamada "Transición Enerxética". Mais canto ten de mito irrealizable?

Imos deixar nesta ocasión de lado a cuestión ambiental e de requirimentos de materiais, de consumo enerxético, e outras características da falsa sustentabilidade do coche eléctrico, e ímonos centrar en analizar se este tipo de axudas públicas son progresivas ou regresivas desde un punto de vista da política fiscal que se lle supón propia a un goberno de esquerda. A grandes liñas, apunta o economista valenciano Vicent Cucarella, actualmente á fronte da entidade encargada de vixiar as contas da Generalitat, que “as dotacións de infraestruturas para o coche eléctrico, así como as cargas bonificadas ou as prazas de aparcadoiro gratuítas, representan unha subvención de todos os contribuíntes aos propietarios de coches eléctricos, que o van ser de clase media-alta”. É dicir, se o Estado se implica desta maneira na implantación do coche eléctrico, non está facendo política para as clases populares nin tan sequera unha política neutra favorecedora de todas as clases sociais por igual, senón claramente a prol dos privilexiados, o que se coñece como política fiscalmente regresiva. Por que? Porque os beneficiarios finais son soamente as persoas que posúan un coche eléctrico (ademais dos fabricantes, claro é). E quen o pagamos somos todas as persoas por medio dos impostos: IVE, IRPF, etc. Polo de agora, uns 100 millóns de euros.

Apoiar a implantación do coche eléctrico con fondos públicos é unha política elitista que contradí os principios dunha política fiscal progresista

Explica Cucarella que “a parte da renda persoal dedicada ao consumo é moi superior entre as persoas pobres, xa que non teñen capacidade de aforro e gastan todo o que ingresan”. Así, os impostos indirectos como é o IVE son como un imposto proporcional que se lles aplica aos pobres á “práctica totalidade dos seus ingresos”. Pola contra, a xente con maiores ingresos, aínda que gasten máis en termos absolutos se os comparamos cos pobres, dedican menos parte da súa renda ao consumo. Isto fai que, segundo explica o economista, “o noso sistema fiscal sexa aproximadamente progresivo no IRPF, proporcional no IVE e regresivo noutros aspectos (cando se ten en conta a estrutura do gasto)”. E pon como exemplo que a fiscalidade do aforro presenta moitas posibilidades para reducir ou eludir a carga tributaria.

Coche eléctrico_1

Con todo, continúa Cucarella, malia non ser realmente progresivo o sistema fiscal actual español, “o sector público provoca a distribución da renda pola vía do gasto público, grazas ao efecto producido pola educación e a sanidade públicas e gratuítas para todas as persoas, as axudas sociais, as bolsas de estudos, etc.” E é aí onde, se comezamos a subvencionar produtos ou servizos para ricos, se estragan os resultados desexables (progresivos) da distribución das rendas.

O físico Carlos de Castro, profesor de Historia da Ciencia e da Tecnoloxía na Universidade de Valladolid, engade que isto en realidade veu pasando ao longo da historia do capitalismo industrial: “os primeiros automóbiles eran usados por ricos, como a primeira electricidade, os primeiros voos en avión ou os primeiros teléfonos móbiles. Isto foi así durante décadas, e para a súa posterior masificación requiriuse xerar previamente infraestruturas que foron pagadas por todos os cidadáns (estradas, liñas eléctricas, aeroportos, antenas de comunicación)”. Isto é, cando se produce un cambio tecnolóxico, os pobres deben “pagar o pato” até que a riqueza se filtra cara a abaixo.

E sinala De Castro que a transferencia de riqueza non só é “interna” senón tamén “externa”, pois “ás veces esquecemos que os coches de gasolina que agora desfrutan os pobres dos países enriquecidos só son posibles grazas a unha transferencia masiva de riqueza desde os países empobrecidos”. E vencella estes sacrificios co mito básico das nosas sociedades, o mito do Progreso: “o esforzo do cambio que requirimos hoxe, que pagan os pobres, véndese a cambio da esperanza de que a eles tamén, algún día, lles ha chegar o privilexio”. Advirte finalmente o autor da Teoría de Gaia Orgánica: “hai que explicar que esta vez ese mito non vai funcionar, que a aposta é absurda porque o transvasamento [de riqueza] non vai filtrar nada cara a abaixo, e que os ricos xa están planificando este derradeiro e definitivo transvasamento”. Algo que sucede, lamentablemente, coa colaboración da esquerda e mesmo de parte do ecoloxismo.

Nos países onde máis penetrou o coche eléctrico está a producir efectos moi diferentes aos que en teoría se procuran con estas políticas supostamente medioambientais

Xa que logo, ademais de poñer en dúbida a verosimilitude dunha implantación masiva do coche eléctrico, tamén se fai preciso que a sociedade perciba que apoiar con diñeiro público a súa implantación supón un transvasamento de recursos de pobres a ricos. A isto engádese o feito, xa comprobado noutros países que levan adianto con respecto a este tipo de apoios, de que non están substituíndo na práctica aos coches de combustión senón que se empregan para comprar un segundo vehículo nas familias de clase media-alta e paradoxalmente rematan por substituír... o uso do transporte público!

Un estudo realizado nos países nos que máis penetrou advirte tamén sobre a “exclusión e inequidade” que provoca tanto desde o punto de vista do transporte como da xustiza enerxética, e sinalan asemade a cuestión das “externalidades” que van a conta dos países do Sur. Por todo isto, non deixa de sorprender que a gran maioría das formacións políticas de esquerda aposten de maneira tan rotunda e acrítica polas axudas públicas ao coche eléctrico. Se cadra, nunha lóxica simplista e pouco sensata, están a identificar como algo positivo todo o que moleste a sectores como o petrolífero, o cal critica as políticas reguladoras e económicas ao redor dos vehículos eléctricos polos seus propios intereses económicos, que nada teñen que ver coas cuestións da equidade social e da sustentabilidade, que si deberían por principio ser prioritarias para as formacións políticas autoidentificadas como de esquerda.

As citas mencionadas neste texto forman parte de mensaxes compartidas por medio da lista de correo electrónico Petrocenitales de comunicación e debate entre colectivos divulgadores do Peak Oil e cuestións relacionadas.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Comunidad de madrid El taxi advierte de que las nuevas licencias a Cabify van a “reventar el mercado”
El Tribunal Superior de Justicia de Madrid da la razón a las plataformas de VTC y obliga a la Comunidad de Madrid a concederles más de 2500 nuevas licencias en la comunidad.
Huelga
Derechos laborales Los sindicatos en Renfe y Adif llaman a siete días de huelga por “incumplimientos” en el traspaso de Rodalies
Las organizaciones consideran que no se están cumpliendo los acuerdos que previnieron una primera huelga en 2023. El traspaso de competencias es un momento delicado y los sindicatos quieren asegurarse de que la plantilla no sale perdiendo.
Opinión
Opinión Al cole en menos de quince minutos
Hay una imperiosa necesidad de redefinir (y redimensionar) nuestras ciudades para hacerlas más sostenibles y amables.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.