Jardín de permacultura
Horta de permacultura. Foto: Alôsnys Wikimedia Commons

Agricultura
Bicando o chan coa agricultura rexenerativa

O documental ‘Kiss the Ground’ proponnos salvar o planeta da desertificación e do caos climático.

Coordinador do Instituto Resiliencia

6 dic 2021 10:04

A situación que está a vivir boa parte das explotacións agrícolas e gandeiras do noso país, con prezos disparados de insumos coma pensos ou electricidade, necesarios para funcionar co modelo industrial e moderno de produción de alimentos, converte o documental estreado no pasado 2020 Kiss the Ground nunha visión obrigada para as nosas produtoras e produtores. Trátase dunha obra divulgativa e mesmo proselitista dos métodos da chamada agricultura rexenerativa, feita cun notable despregamento de medios e coa participación de coñecidos actores estadounidenses, seguindo a estela doutras recentes producións que tentan concienciar sobre problemas ecolóxicos, nomeadamente sobre a mudanza climática, empregando o gancho de caras coñecidas das pantallas. Neste caso é Woody Harrelson o encargado de prestar a súa imaxe, e sobre todo a súa voz como narrador, a este multipremiado filme, que conta tamén coa presenza (en todo caso discreta e comprensible para atraer grandes audiencias) dalgunhas outras caras coñecidas do cinema, das pasarelas, do deporte e das series como son os irmáns Patricia e David Arquette, de Rosario Dawson, Ian Somerhalder ou a brasileira Gisele Bündchen.

Pero non nos trabuquemos: os verdadeiros protagonistas de Kiss the Ground son a xente do rural, case todos dos EUA, pois é unha obra centrada no país que hai case un século sufriu “o maior desastre ambiental provocado polo ser humano” (descontando o caos climático, debemos entender): o Dust Bowl. Por certo: é rechamante o diferenciado uso que se fai ao longo do filme dos termos ingleses dust, dirt, ground, earth, land, soil... que se cadra nas linguas latinas non son tan doados de distinguir.

A obra tamén lles presta unha atención especial aos especialistas do National Resources Conservation Service, creado daquela polo presidente Roosevelt co nome de Soil Conservation Service baixo a idea de “traballar aliándonos coa natureza, e non turrando contra ela”. Así, a película dirixida por Josh & Rebecca Tickell lévanos, da man de auténticos evanxelistas da rexeneración dos solos agrarios coma Ray Archuleta ou o rancheiro rexenerativo Gabe Brown, a facer un percorrido pola historia e polo noso presente para comprender as causas e consecuencias da destrución do solo fértil provocado polas prácticas agrícolas convencionais, e empeorado hoxe polos efectos do caos climático.

A agricultura industrializada está a destruír o solo a un ritmo acelerado, e reforzado polo caos climático

O testemuño de Brown resulta especialmente valioso, pois amosa a fe do converso, dun renegado do glifosato e doutras menciñas: no seu caso veuse forzado polos eventos climáticos extremos e pola negativa das entidades financeiras a seguir dándolle crédito para mercar todos os insumos que precisaba para continuar no modelo agroindustrial, a buscar de xeito autodidacta outras maneiras de cultivar, máis ecolóxicas, resilientes e económicas. Diriamos que atopou a agroecoloxía á forza, algo parecido ao que lle sucedeu a Cuba e o que nos ha suceder seguramente a todos os países agroindustrializados máis cedo ca tarde.

Decrecimiento
‘Opción Cero’: as leccións do Peak Oil cubano

O libro de Emilio Santiago Muíño Opción Cero: el reverdecimiento forzoso de la Revolución cubana descobre as luces e as sombras da adaptación de Cuba á falta de petróleo.

En varios momentos do filme, os difusores dos policultivos e do no-tilling (cultivar a terra sen remover nin expor o solo) explícanlles a outros agricultores en charlas formativas, apelando ao peto, que a agricultura rexenerativa lles vai resultar máis rendible ao lles reducir os custos. E compréndese ben que se faga uso do argumento do aforro cando toca explicarlles as maneiras ecolóxicas de producir a ese exiguo 5% dos estadounidenses dedicados a producir alimentos e que —láiase Archuleta— non teñen nin idea de como funciona o solo que é a base do seu traballo. O documental explícanos que nos EUA a adopción completa destas técnicas polo sector granxeiro podería reportarlles uns cen mil millóns de dólares en beneficios adicionais e facer innecesarios os subsidios que agora reciben basicamente por estragar o solo.

Prescindir do arado é unha das chaves que nos dan os practicantes e os teóricos (a nómina de autores e institucións académicas de diversos campos é notable ao longo do documental) dos métodos rexenerativos da terra, da agrosilvicultura, do manexo holístico ou da permacultura, para conseguir un múltiple efecto: por unha banda, deter o proceso de desertificación que afecta xa a dous terzos das terras cultivables do mundo, unha ameaza da que non se libra o noso país; por outro, frear e mesmo reverter o caos climático, pois rexenerar o solo, explícannos, captura cantidades inxentes de carbono da atmosfera (as imaxes animadas das emisións estacionais creadas pola NASA que mostra Archuleta noutra escena son impresionantemente reveladoras deste efecto); e finalmente, asegurar unha alimentación de calidade, que achega saúde ao mesmo tempo aos nosos corpos ca ao resto da biosfera. Coidar o solo, a terra, para coidarnos a nós, ben podería ser esa a mensaxe central da película. A alternativa é continuar como até o de agora, destruíndo o solo e, así, a nós mesmos.

Coidar a saúde dos solos e das persoas é a mensaxe central de ‘Kiss the Ground’

Mediante unha montaxe moi áxil, unha fotografía fermosa e funcional, un emprego profuso e didáctico de infografías integradas na imaxe, ou unha banda sonora orquestrada mais tamén pop e na que tamén participa algún pioneiro agricultor, a parella directora do filme consegue convencernos e emocionarnos. A solución que nos amosan semella abofé sinxela, e só fai falla vontade política para a poñer a andar. En consecuencia, sinalan claramente onde reside o atranco principal para facela realidade: nos nosos gobernantes.

Huerto rural autoconsumo - 4

Grazas aos Tickell coñecemos que un bo número de países asinaron canda o Acordo de París unha proposta do INRA francés a prol dunha viraxe cara a métodos rexenerativos que empregasen a capacidade dos solos agrarios para retirar CO2 da atmosfera, mudando radicalmente a maneira en que hoxe en día a agricultura funciona como emisora neta para convertela en capturadora, e que nos presenta no documental o daquela ministro de agricultura Stéphane Le Foll. Traxicamente, ese acordo non foi asinado nin polos EUA nin pola China nin pola India, principais produtores agrícolas do mundo. Porque como di acertadamente John Wick na película, o carbono non é o malo desta historia, pois todos estamos feitos de átomos de C (é o ladrillo básico da vida neste planeta), e diso debemos servirnos agora para amañar o desastre que fixemos, colocándoo de volta onde debe estar: nos seres vivos que forman o solo e nas plantas que medran nel.

Con todo, o documental non carece de importantes puntos cegos que se van facer moi notorios para quen leve tempo seguindo as cuestións do caos climático e doutros factores da destrución biosférica. Un deles é o papel do capitalismo como motor do crecemento industrial, do incesante extractivismo e das emisións ecocidas. Así, non se aborda en ningún momento a previsible resistencia de toda a industria agroquímica capitalista a estas propostas de virar masivamente cara a métodos que prescindan totalmente dos seus nocivos produtos. Outro dos ocos no relato é o papel da propia industrialización. Porque a proposta que nos fan todos os participantes neste filme é: troquemos a agricultura e gandería industrializadas por modelos orgánicos e rexenerativos, e así poderemos capturar todo o CO2 que emitimos cada ano coa industria. Pero non se amosan reflexións sobre o xeito en que o crecemento permanente das emisións no resto de sectores pode rematar por anular os esforzos no sector agrícola, ou como a inercia climática pode manter a desestabilización durante milleiros de anos e facer, sen tardar moito tempo, que calquera tipo de agricultura vire inviable, unha posibilidade que só se aborda polo factor da erosión/degradación do solo: ao ritmo actual apenas nos quedan “60 colleitas” antes que destruír por completo a terra cultivable, advirte o documental.

Se continuamos coa destrución de solo fértil ao ritmo actual, en 60 anos non vai quedar terra cultivable

Tamén queda incompleta toda a súa análise do ciclo do carbono (sobre o que xira a didáctica de Kiss the Ground) sen abordar a do fósforo (en vías de esgotamento e difícil de reciclar) e sobre todo a do nitróxeno. Neste último caso, malia unha descarnada explicación da orixe bélica e xenocida dos fertilizantes de síntese (eses que agora lles comezan a faltar aos industriais do agro), os autores do filme pasan axiña por riba da cuestión, e non se preguntan como poderemos alimentar oito ou nove mil millóns de seres humanos cando xa non poidamos obter nitróxeno artificialmente mediante a reacción de Haber-Bosch.

Tampouco o esgotamento dos combustibles fósiles aparece por ningures, cando moitos destes agricultores holísticos e rexenerativos dependen deles para certos labores mecanizados e sobre todo para o transporte dos seus produtos ás mesmas distancias irracionais que hoxe fai a agricultura convencional, pois non se fai apenas fincapé na urxente necesidade de relocalizar a produción de alimentos, e tamén a poboación, para achegar a xente á comida cando a comida xa non poida viaxar moito en procura da xente e cando se precise converter ese 5% de persoas dedicadas a producilas en cifras máis achegadas ás que había antes da industrialización (60-80%). Ademais, as persoas partidarias do veganismo/vexetarianismo probablemente han de achar en falla unha maior crítica ás consecuencias dunha dieta excesivamente cárnica coma a actual.

En conxunto atopámonos cun documental de óptima feitura técnica, que apela á razón pero sen desbotar a emoción, e que pretende apuntalar un emerxente movemento por un tipo de agricultura sen dúbida imprescindible, pero que por si soa non vai dar contrarrestado os principais factores que nos levan cara a un colapso tráxico non só da nosa civilización senón do conxunto da biosfera. Como sinala contra o final da película o ecólogo John Liu, tras amosarnos a espectacular transformación da meseta de Loes, berce da civilización chinesa —probablemente a experiencia rexenerativa máis grande da historia—, implicarnos en salvar a vida do solo ben pode dar un profundo sentido e obxectivo ás nosas. Agora tócanos decidir como sociedade: poñémonos a rexenerar aquilo que nos dá a vida... ou pensamos seguir a destruílo?

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Temporeros en la calle
Un año más las personas que se desplazan a la provincia de Huelva para trabajar en la campaña de la fresa se encuentran con la ausencia de dispositivos de acogida.
Almería
Almería Un desalojo en Níjar deja sin alternativa habitacional a setenta trabajadores del campo
El próximo martes en la localidad almeriense, epicentro de la producción agrícola, se ejecutará el desalojo del Cortijo El Uno, en San Isidro donde habitan sesenta trabajadores del sector y familiares, sin otra alternativa habitacional
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.