Incendios Galicia 4

Decrecimiento
Non poderemos frear o cambio climático sen un decrecemento económico

Un novo estudo vén confirmar que para evitar os peores escenarios climáticos cómpre rematar co crecemento.

Coordinador do Instituto Resiliencia

19 may 2021 06:03

Un dos estudos máis citados que demostran que non é factible combater a mudanza climática no grao preciso e manter o crecemento económico ao mesmo tempo é o de Xiorgos Kallis e Jason Hickel. No artigo publicado en 2019 en New Political Economy lanzaban un torpedo en plena liña de flotación das propostas do capitalismo verde e dos novos “modelos de crecemento sostible” que seguen a defender os nosos gobernos: a última confirmación tivémola con ocasión da aprobación da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética en España, cando a ministra Teresa Ribera afirmou que non querían “deixar un modelo de crecemento insostible, abocado ao desastre, abocado por tanto ao colapso”, como se houbese algún outro tipo de crecemento que non o estivese.

Segundo os cálculos destes académicos do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía da Autónoma de Barcelona e da Universidade Goldsmiths de Londres, respectivamente, malia que sería factible conseguir certas reducións absolutas no uso de recursos compatibles cun crecemento do PIB inferior ao 1% anual, para que as reducións fosen “rápidas dabondo como para chegar a límites seguros, serían necesarias estratexias de decrecemento”. Así, confirmaban que para nos mantermos por baixo dos +2º Celsius non podería medrar o PIB mundial máis do 0,5% anual, pero que mantérmonos por baixo dun incremento das temperaturas de 1,5º Celsius, un límite bastante máis seguro, só sería factible “nun escenario de decrecemento” do PIB.

Estudos como os de Kallis & Hickel, e agora Lenzen e Keysser, demostran que non se pode impedir un cambio climático desastroso sen que decreza o PIB

A conclusión do informe de Hickel e Kallis era que as políticas actuais que apostan polo “crecemento verde” non teñen “respaldo empírico”, e entre elas inclúen os famosos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU ou as políticas que se tentan promover desde o Banco Mundial ou a OCDE. Isto viña confirmar o que levan anos dicindo desde os autores máis coñecidos do Decrecemento coma Latouche ou Taibo, enxeñeiros defensores dun uso apropiado da tecnoloxía coma Phillipe Bihouix, notables ecofeministas coma Yayo Herrero, ou prestixiosos economistas coma Xoán Doldán ou Vicent Cucarella, por mencionar tan só unha presada diversa.

Ben, pois a este coñecido artigo e a outros anteriores con conclusións semellantes, como o de Kevin Anderson e Alice Bows A New Paradigm for Climate Change (Nature Climate Change, 2012), veuse sumar unha recente confirmación a cargo de científicos da Universidade de Sidney e da ETH de Zúric. Nun artigo publicado en Nature Communications, Manfred Lenzen e Lorenz Keyßer critican que os habituais escenarios de mitigación do quecemento global do IPCC non inclúan a posibilidade do decrecemento da economía, e confirman que, malia as dificultades políticas inherentes a esta estratexia alternativa, “os escenarios de decrecemento minimizan moitos dos riscos clave que ameazan a factibilidade e a sustentabilidade comparados coas estratexias baseadas na tecnoloxía, tales como os que dependen dun elevado desacoplamento enerxía-PIB, dun secuestro masivo de dióxido de carbono e dunha transformación enerxética acelerada cara ás enerxías renovables”.

Incendios de 2017 en Galiza
Incendios de 2017 en Galiza Miguel Núñez

Basicamente o que expoñen os autores é que teimar en manter o crecemento do PIB como única vía para asegurar o benestar das sociedades humanas leva a que os escenarios que se propoñen desde o IPCC (nada menos que 222 no informe IPCC SR1.5 ) se teñan que fundamentar en supostos tan problemáticos como que seremos quen de retirar inmensas cantidades de CO2 da atmosfera mediante futuras tecnoloxías ou que lograremos o milagre de desacoplar a economía das emisións.

O Decrecemento implica un reparto equitativo dos recursos e unha aseguranza dun nivel de vida digno para todas as persoas, en todos os países

Explican Keyßer e Lenzen que o decrecemento económico, é dicir, a redución do PIB, non é “un fin en si mesmo, senón [que é] aceptado como una consecuencia probable das medidas ecolóxicas e sociais precisas”, e definen o Decrecemento como unha “redución equitativa da escala do throughput [os fluxos de enerxía e recursos que atravesan unha economía, fortemente acoplados ao PIB], cunha aseguranza en paralelo do benestar”. Tamén fan referencia a outras análises que mostran que se pode manter un nivel de vida decente cunha redución significativa do consumo nos países ricos, o cal sería preciso para un reparto máis equitativo con outras zonas do mundo e tamén coas futuras xeracións. Xa que logo, o Decrecemento non implicaría precisamente “volver ás cavernas”, como desde algúns ámbitos produtivistas ou tecnooptimistas se adoita criticar.

Entre os “profundos cambios socioeconómicos e reformas políticas” que se precisarían para facer ese decrecemento do throughput co mínimo trauma social, os autores enumeran os seguintes: “servizos básicos universais, establecemento de salarios máximos, reducións no tempo de traballo e propiedade democrática das empresas”. É salientable que neste estudo se confirman as tendencias xa coñecidas con respecto á enerxía neta: “A TRE [Taxa de Retorno Enerxético] do sistema enerxético é probable que se reduza substancialmente durante a transición a un sistema de enerxía renovable e que permaneza por debaixo da TRE dos actuais sistemas de enerxía fósil unha vez rematada a transición”. E isto, advirten, terá consecuencias en forma de caída do PIB.

Tampouco eluden outros espiñentos problemas da transición ás renovables: así, salientan que “o despregamento a grande escala de enerxías renovables non é probable que axude a reducir o uso de materiais, [xa que] as renovables teñen unha pegada material considerablemente maior cá dos combustibles fósiles”. E identifican dous problemas importantes máis a consecuencia disto: “poden aumentar os riscos críticos de desabastecementos de metais” e “a extracción material conduce a conflitos con comunidades locais en todo o mundo, especialmente no Sur global”. Tamén desconfían de que se poida manter o crecemento do PIB se hai que limitar a pegada material anual global aos 50.000 millóns de toneladas que algúns estudos teñen cifrado como o límite sostible para o uso de materiais por parte da civilización humana. Así que xa temos tres límites identificados para non poder continuar incrementando sen freo o tamaño das economías mundiais: a necesidade de reducir emisións de efecto invernadoiro, o declive enerxético implícito na transición ás renovables, e os límites ao uso de materiais.

O goberno español mantense na incoherencia sen soporte empírico de pretender aumentar o PIB e ao mesmo tempo reducir as emisións de CO2

En canto ao suposto desacoplamento economía-emisións —o santo graal do crecemento verde que este estudo contribúe a demoler— Vaclav Smil, un dos principais expertos mundiais no papel da enerxía nos metabolismos sociais, xa advertira do seguinte: “os economistas hanche dicir que podemos desvincular o crecemento do consumo de materiais, pero iso non son máis ca andrómenas”. O grupo EmerCiv, nas súas recomendacións ao Ministerio de Transición Ecolóxica durante o proceso de elaboración da LCCTE, advertía: “dado que a redución do consumo de enerxía e da emisión de GEI non son unha opción, senón unha obriga (...) a saída a ese dilema fai preciso abandonar o actual sistema baseado no crecemento continuo do consumo”. Porén, nun exercicio de incoherencia que ben cabería tildar de criminal, o mesmo Ministerio que impulsa esa lei cos pretendidos obxectivos de combater a mudanza climática e facilitar o abandono dos combustibles fósiles, segue a falar de crecemento económico, agora cualificado de “intelixente”, en perfecta sintonía co Ministerio de Economía e todas as demais carteiras do Goberno español, que polo demais non se diferencia nisto da case totalidade dos países do mundo. Aínda así, teimuda, a ciencia continúa a achegar argumentos que contradín que se poida soprar e sorber ao mesmo tempo, isto é, facer crecer as economías e reducir as emisións dos gases producidas por ese mesmo crecemento e que están a destruír o noso fogar común.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Cinco ideas decrecentistas frente al apagón
El autor de ‘La espiral de la energía’ (Libros en Acción, 2014) reflexiona sobre las lecciones que se pueden extraer del corte de suministro eléctrico del pasado 28 de abril.
Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.