Crisis climática
Estamos a tempo? As condutas individuais non chegan pero tamén son importantes

Quizais sexa hora de reflexionar sobre que accións podemos levar a cabo, individual e colectivamente, sen agardar polas grandes medidas que cabería esperar dos gobernos e institucións.

Estamos a tempo, foi unha das mensaxes lanzadas pola COP25, titular de fondo de moitos medios para ilustrar as informacións sobre o Cumio Social polo Clima. Tempo de actuar era outro dos lemas. Máis despois dos decepcionantes resultados a ollos das organizacións ecoloxistas e da ciencia, despois da rebaixa nas metas a acadar, ("as negociacióes da COP25 nos conducennos a un calentamento global de consecuencias catastróficas", di no seu comunicado final o CSxC), estes lemas parecen totalmente baleiros de contido. Como din tamén nese comunicado, a sociedade civil despertou ante a emerxencia do cambio climático, por uns días ou semanas estivo presente nas cabeceiras de todos os noticiarios de todas as televisións e xornais, pero unha vez rematado o cumio, que podemos agardar? Quizais sexa hora de reflexionar sobre que accións podemos levar a cabo individual e colectivamente encamiñadas a provocar o cambio, a inverter a tendencia, para polo menos sentirmos que estamos a facer todo o posible, porque de agardar polas grandes medidas que cabería esperar dos gobernos e institucións é moi probable que quedemos sen tempo e que o obxectivo dos 2º como máximo quede moi atrás. É hora de aproveitar ese espertar e toma de conciencia e materializalo en accións concretas.

COP25
Los grandes contaminadores bloquean el acuerdo final de la COP25

EE UU, China, India, Brasil y Sudáfrica, entre otras naciones, se cierran a la adopción de consensos para poner en marcha el Acuerdo de París y acelerar la reducción de emisiones global. Es más, las ONG denuncian que incluso podría rebajarse la ambición planteada en 2015 por dicho Acuerdo. El movimento por el clima ya habla abiertamente de “fracaso de la cumbre”.

A sociedade civil espertou ante a emerxencia do cambio climático. É hora de aproveitar ese espertar e toma de conciencia e materializalo en accións concretas

A chegada ao cénit de produción dos combustibles fósiles e doutras materias primas, vai representar unha problemática engadida á hora de facer fronte ao cambio climático, e as medidas que precisamos son moito máis intensas que o que se poida pensar.

Se pensamos que o cambio climático está provocado polo aumento de CO2 atmosférico, que á súa vez é o resultado directo da queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural), as medidas que nos permitan reducir o consumo destes combustibles van ser igualmente apropiadas para mitigar e controlar na medida do posible o cambio climático. Deben ser impulsadas por políticas decididas e valentes, moitas cousas quedan fóra do noso alcance, pero moitas outras poderemos ir incorporándoas aos nosos hábitos. Hai dous conceptos que son xenéricos e transversais: a Redución e a Relocalización de producións e consumos.

cartel cumbre 5

Está claro que hai cambios individuais que requiren da concorrencia de políticas públicas, como por exemplo o uso do transporte público. Mal podemos as persoas deixar de usar o automóbil privado se non hai unha opción válida de transporte público coma o tren de proximidade, en franco abandono, ou autobuses que conecten o rural con vilas e cidades. Pero tamén é certo que a mobilidade podería reducirse se o medio rural volvese ter servizos, como escolas, médicos e unha armazón social e profesional variada.

Xa que o cambio climático está provocado pola queima de combustibles fósiles, as medidas que nos permitan reducir o consumo destes van ser apropiadas para mitigar o cambio climático.

Pero entón, que podemos facer?

Alimentación

Desde a produción de parte dos nosos alimentos, se podemos, até o consumo de produtos de proximidade, de tempada e que procedan de explotacións agroecolóxicas. A produción agroindustrial é gran consumidora de enerxía e polo tanto contribúe moito máis ao CC. Podemos aprender a conservar os alimentos con métodos de baixo consumo enerxético, como se facía tradicionalmente coa salgadura ou os desecados, e a recoñecer plantas silvestres comestibles.

Vivenda

Tanto a construción coma a climatización de edificios son grandes consumidoras de enerxía. Rehabilitando pode aforrarse un 60% da enerxía con respecto a obra nova. Tamén é importante aplicar criterios bioclimáticos á hora de construír ou rehabilitar o noso fogar, e utilizar materiais de procedencia local se é posible. Todos estes criterios agrúpanse baixo o paraugas da Bioconstrución, construción con materiais naturais, renovables e saudables.

Transporte

Debemos pensar que a gran cantidade de desprazamentos que facemos na actualidade ten que ir reducíndose, da mesma maneira que se deben reducir os Km que percorren os produtos que consumimos. Pensar en achegar lugares de traballo e residencia é un proxecto que debemos considerar, aínda que sexa a medio prazo. E compartir desprazamentos ou usar transportes públicos se é posible sería o máis inmediato.

Saúde e Educación

Son dous ámbitos nos que a nivel persoal pode parecer que non podemos incidir moito, mais é importante un cambio de perspectiva. Podemos aprender a autoxestionar a nosa saúde, a coidar hábitos que redunden na prevención de doenzas e nos fagan menos dependentes de fármacos. Isto leva canda si cambios como simplificar o noso estilo de vida, rebaixar os niveis de estrés e en moitos casos reformularnos obxectivos e mesmo cambios de traballo ou de lugar de residencia, como metas a medio prazo.

Sería desexable que a educación dos nenos e nenas volvese ser máis a pequena escala, todo o contrario do que se está a facer co peche de escolas rurais. A educación no rural ten moito valor se se mantén o contacto co medio, tanto co medio físico coma co medio humano. As crianzas poderían así absorber parte dos saberes tradicionais que poden resultar útiles no futuro. Tamén nós coma adultas estamos obrigadas a rescatar eses saberes que nos permitan reducir a nosa pegada ecolóxica. Algo tan sinxelo como facer xabón cos restos de aceite da nosa cociña reduce o noso consumo e estamos a reciclar un residuo. Por pequena que pareza, cada acción que tomamos no camiño correcto é importante e achéganos resiliencia.

Por pequena que pareza, cada acción que tomamos no camiño correcto é importante e achéganos resiliencia.

Ocio e relacións sociais

Son dous aspectos cruciais na construción de sociedades de baixas emisións. Xa que o individualismo e a mobilidade sen límites van da man dun consumo enorme de enerxía, nun mundo no que necesariamente temos que reducir este consumo será preciso recuperar as relacións de proximidade na nosa comunidade. Restablecer os lazos sociais, a axuda mutua, o intercambio, as celebracións. Será tamén no seo da comunidade máis próxima na que poidamos organizar grupos de consumo consciente, de rescate e aprendizaxe de saberes, de autoxestión, de transición cara a unha sociedade que afronte o CC con accións e con feitos. Da mesma maneira, temos que pensar que as grandes viaxes a todas as horas non son compatibles cunha vida sustentable a longo prazo.

E todas estas accións han de ir acompañadas, sen dúbida, polo necesario cambio interior, unha mudanza de valores, un cambio cultural profundo que posibilite que poidamos vivir felices nun medio moito máis simple, con menos cousas materiais pero seguramente con máis e mellores relacións e afectos.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Salud laboral
Salud laboral Ser migrante y cosechar a más de 40 grados: el impacto del calor en un invernadero de Almería
La mitad de los trabajadores de la agricultura encuestados en Almería, Huelva y Lleida admitió haber experimentado al menos tres síntomas relacionados con enfermedades por calor durante las temporadas de verano.
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.