Decrecimiento
‘Derradeira chamada’: cumpriuse o prazo

Os cinco anos que sinalaba o manifesto publicado en 2014 pasaron sen que se abrise o debate social reclamado.

extinction rebellion madrid gran via
Protesta de Extinction Rebellion en la Gran Vía de Madrid. Foto: Extinction Rebellion.

Coordinador do Instituto Resiliencia

17 jul 2019 06:03

Este mes de xullo fanse os cinco anos da publicación do manifesto Derradeira Chamada, un texto anti-neokeynesiano de reacción ante os signos de que a nova esquerda que xurdía daquela en España como herdeira autoproclamada do movemento dos Indignados do 15 de maio, estaba a se escorar claramente a posicións socialdemócratas clásicas. Aquel texto reclamaba abrir un debate social "amplo e transversal sobre os límites do crecemento" coa finalidade de "construírmos democraticamente alternativas ecolóxicas e enerxéticas que sexan á vez rigorosas e viábeis". E advertía: "como máximo temos un lustro (2014-2019) para asentar ese debate no que nos xogamos o futuro".

Á vista está que o manifesto, malia a súa notablemente positiva e rápida recepción por certo sector social concienciado (o día que apareceu na Internet recibiu mil visitas cada hora, e en apenas tres recibiu máis de cinco mil sinaturas e apoios moi notables como o do ecosocialista Michael Löwy), non viu as súas demandas cumpridas. Entre as personalidades políticas galegas asinantes encontrabamos os nomes de: Ana Miranda, Antón Sánchez, César Santiso, Eva Solla, Laura Bugallo, Lidia Senra, Lois Pérez Leira, Chus Boo, Martiño Noriega, Xan Duro, Xosé Manuel Beiras, Yolanda Díaz...

Por unha banda Podemos —a quen ía dirixido en boa medida o texto e agora coaligado de maneira estable a Izquierda Unida— non só non abandonou a socialdemocracia crecentista senón que continuou a súa viraxe desde a radicalidade inicial na que todo estaba aberto para rematar coa "casta" e transformar o sistema, a un reformismo que asemella cada día máis ao socioliberalismo do PSOE. A presenza de Equo como terceiro elemento dese tándem non valeu polo de agora para estabelecer uns fundamentos realmente ecolóxicos ás propostas de política económica; e se a economía dun partido non é ecolóxica, a ecoloxía (ou o ecoloxismo, máis ben) remata por ter o status de adorno ou, como moito, unha política sectorial máis, lonxe da transversalidade que por coherencia debería ter, xa que é a base física da sociedade.

No canto de virar decrecentista, Podemos nestes cinco anos achegouse máis ao socioliberalismo

Mostra de que os asinantes podemitas do manifesto —comezando polo propio Pablo Iglesias— o deberon esquecer ao día seguinte de o asinaren, é que nas actuais negociacións co PSOE para un posible goberno de coalición, a cuestión de poñer fin á procura imposible do crecemento do PIB, non aparece nin por asomo, cando —no espírito do reclamado polo manifesto— debería ser a base sobre a que asentar un futuro para España e evitar "o colapso social, económico e ecolóxico". E non o fixeron mesmo tendo a ocasión perfecta, agarrándose ao que en teoría debería ser o ministerio de Transición Ecolóxica, convertido en vicepresidencia, como o propio PSOE ten pensado, e levando os seus enunciados teóricos ás últimas consecuencias, e procurando unha aliada na presidenta deste partido, Cristina Narbona, unha das máis afíns a este tipo de viraxes cara a certo tipo de ecosocialismo.

Pedro Sanchez Pablo Iglesias
Pedro Sánchez y Pablo Iglesias reunidos en marzo de 2016 Dani Gago

Por desgraza, ao máximo ao que se chega polo de agora na esquerda española é a enunciados teóricos que na práctica incorren nun tecnooptismo digno máis da ciencia-ficción ca da realpolitik: o Green New Deal quere darlle un respiro ao agoniante capitalismo industrial, a promesa da IV Revolución Industrial mantén acesos os soños da Modernidade máis ilusoria, e o obxectivo de manter unha sociedade de consumo en crecemento permanente baseada nunha enerxía "100% renovable" non se recoñece como a quimera que é, algo que, a nada que se dediquen uns minutos a botar contas e analizar gráficas, calquera persoa pode comprender.

O debate público, lonxe de abordar a fin do crecemento económico, segue marcado polo tecnooptismo afastado de realidade física

Con todo, non foron cinco anos perdidos. Algúns avances houbo no camiño cara a ese debate social que, será ineludible rematar por dar, aínda que for o día que comece a faltar gasolina nos surtidores, medicamentos nas farmacias e alimentos traídos en camión nos supermercados. Deixaremos aquí constancia dunhas poucas mostras. Por unha banda, aos poucos meses daquela explosión de apoios ao manifesto por parte de cidadanía que reclamaba ir máis alá dos manifestos e pasar dalgún xeito á acción, naceu a revista 15/15\15 para unha nova civilización, a partir da constatación compartida co manifesto dunha crise/colapso da civilización actual. Tamén algún medio de comunicación público galego se abriu a tratar a cuestión dos límites de maneira continuada: Ames Radio, co programa Vivirmos nun mundo finito. Un notable cargo público da Comunitat Valenciá, como é o seu síndic major de comptes, Vicent Cucarella, abriu brecha no mundo educativo cun manual de Economía para un futuro sustentable e no terreo da política pública con textos oficiais (Informe de fiscalización de la Cuenta General de la Generalitat) que inclúen expresións tan novas coma a seguinte: "Diante dun escenario con estas características resultará improbable poder manter a medio prazo un crecemento sostido do PIB, habida conta da relación directa existente entre o PIB mundial e o consumo total de enerxía. Este contexto afectará tamén ao sector público, cuxa acción se baseou principalmente no incremento dos ingresos públicos ligados ao crecemento económico (...)."

Extinction Rebellion Ferraz
Acción de portesta en Extinction Rebellion frente a la sede del PSOE en la calle Ferraz de Madrid. Foto: XR

Desde Valencia tamén nos chegou a finais do pasado ano a Nova Declaració Valencianista, que no seu punto 8º afirma: "A crise ecolóxica e a necesidade de decrecemento material determinarán todos os aspectos das nosas vidas. Temos que transitar por esa gran transformación como unha oportunidade de superar o sistema económico actual, baseado na lóxica da acumulación de capital e o individualismo, e de construír unha sociedade consciencia da súa ecodependencia, radicalmente democrática e cunha economía que poña no centro a vida e o benestar de todas as persoas".

Nestes cinco anos tras a publicación do manifesto Derradeira Chamada déronse algúns indicios de que está a nacer un novo relato a partir da consciencia dos límites

Outro economista, Anastasio Urra, introduciu a cuestión, pola súa banda, no mundo da auditoría pública. E o economista ecolóxico e divulgador do Peak Oil de referencia en Galiza, Xoán Doldán, foi recentemente investido como decano de Ciencias Económicas na USC, o cal esperamos contribúa a abrir o mundo académico galego a esta corrente económica fundamentada na realidade biofísica e non nos delirios de independencia natural da economía convencional. O mundo político galego xa se tentou abrir a esta cuestión por medio da tradución dun importante texto encargado polo Parlamento británico, mais sen dar froito ningún polo de agora.

Mesmo desde algún lugar do poder público, noutros puntos do Estado Español, comezan a escoitarse voces que se atreven a falar de "post-capitalismo" vencellándoo coa situación de "emerxencia climática", un concepto —este si— que se abre paso velozmente nas institucións de cada vez máis Estados, mais non sempre cunha aplicación práctica nin totalmente consciente do problema xemelgo do esgotamento da enerxía fósil. Algo que é de agradecer, en boa medida, ao nacemento de novos movementos internacionais como Extinction Rebellion.

Decrecimiento
Os concellos contra o caos climático

Un movemento de concellos pelexa por declarar a emerxencia climática mundial ante a inactividade dos estados.

Estes son tan só algúns indicios do xurdimento dese novo relato que nos debe servir para abandonar o Titanic capitalista-industrialista. Tamén libros, discos, documentais, cómics, seccións en medios de comunicación, innumerables conferencias, xornadas e debates están a abordar a cuestión tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras, abrindo paseniñamente fendas nun relato dominante que se está a esborrallar. É por iso que o fracaso do manifesto Derradeira Chamada pode rematar sendo un éxito demorado, algo que chegue fóra de prazo, o cal obrigará sen dúbida a dar este debate da fin do crecemento noutros termos de maior urxencia (de verdadeiro estado de emerxencia) e a aplicar medidas desde o poder aínda máis drásticas. O cal será moito máis difícil, por suposto, e moi proclive a levar por diante dereitos e liberdades fundamentais. Mais hai xa moito que deberiamos ser conscientes de que nos estamos a xogar literalmente a vida nun tempo de desconto.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
#37254
17/7/2019 15:44

¿Ímonos erguer por fin contra o fascismo terrorista do estado español?
"Los grandes periódicos estatales silencian la exclusiva de ‘Público’ sobre el CNI y el imán de Ripoll "

6
4
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.