Decrecimiento
O futuro das nosas fillas: labregas ou soldados

En función da resposta política á crise enerxética ábrense ante nós dous futuros alternativos posibles.

Cruce de camiños

Coordinador do Instituto Resiliencia

15 jun 2019 10:17

Malia acaparar toda a atención mediática e política o aspecto climático da múltipla crise ecolóxica que vivimos, nun proceso no que xa se comezan a normalizar termos como emerxencia ou extinción, o factor enerxético permanece fóra do foco, abordado como moito con camuflaxes ambientalistas —como no caso dos coches diésel—, e apartado dun debate político e social profundo alén dese novo e ambiguo lugar común da transición enerxética. Porén, no curto prazo vai ter unha repercusión moito máis profunda nas nosas vidas o declive dos combustibles fósiles ca o caos climático, pois o ritmo do seu esgotamento é superior ao dos estragos do clima, malia ser dun alcance obviamente menor, pois afectará unicamente ao modo de vida dunha boa parte dos Homo sapiens, mentres que o clima ben pode derivar mesmo na destrución completa da biosfera.

Movilidad
Soñan os políticos con coches eléctricos?

A promesa do coche eléctrico estase a converter nunha icona da chamada "Transición Enerxética". Mais canto ten de mito irrealizable?

Un dos especialistas na cuestión enerxética que máis leva loitado por sacar esta cuestión á luz é o físico e matemático do CSIC Antonio Turiel, coñecido polas súas conferencias e aparicións nos medios, pola súa participación no Oil Crash Observatory e, nomeadamente, por ser autor do blog de referencia sobre a cuestión en lingua castelá: The Oil Crash. Precisamente nun artigo publicado neste blog o pasado 7 de xuño, Turiel fai un revelador exercicio de prospectiva que nos permite visualizar a longo prazo as implicacións de actuarmos dun xeito ou doutro diante da ameaza enerxética. Despois dun breve preámbulo no que se apoia nas preocupantes previsións do organismo oficial da OCDE de referencia para a cuestión de enerxía, Turiel presenta unha comparación sistemática entre as medidas que se deberían tomar ante o declive do petróleo e as que, na súa opinión, é máis probable que se adopten.

En función do recoñecemento ou non do inevitable declive enerxético, ábrense basicamente dous futuros posibles.

Como base práctica para o seu exercicio prospectivo, Turiel toma unha previsión moderada de caída dun 16% dos niveis de extracción de petróleo nos vindeiros 6 anos, que pode parecer que non é moito, mais se lembramos que o mero estancamento do petróleo nos anos inmediatamente anteriores á crise en 2008 foi un factor decisivo no estourido desta, podemos imaxinar o que podería ser non só que se estanque a súa dispoñibilidade para a economía mundial, senón que sufra unha caída importante. A partir de aí, o científico de orixe galego-leonesa, debuxa un impacto por ondas no que diversos shocks sucesivos de prezos altos e desabastecemento, baten na economía española obrigando a tomar medidas que, segundo partan do recoñecemento aberto do problema ou da súa negación, irán trazando unha deriva diverxente que remata por conformar futuros absolutamente diferentes.

Cruce de camiños_2

Así, se o goberno responde tomando os futuros picos de prezos do ouro negro coma unha crise conxuntural máis, e o pretende combater coas clásicas medidas keynesianas de estímulo estatal da economía, isto terá como consecuencia un aprofundamento nas medidas de recorte de gasto social (a mal chamada austeridade) que non será capaz de manter a actividade económica, e o paro entrará nun aumento exponencial, ao tempo que o PIB cae de maneira moi importante, arrastrando consigo os ingresos do Estado. Unha espiral de destrución de demanda - destrución de oferta, levaría a que o prezo do petróleo baixase temporalmente, mais sen poder evitar unha nova escalada a medida que diésel e outros líquidos obtidos do petróleo cru de calidade fosen escaseando. Daquela o goberno non tería máis remedio que comezar a tomar medidas urxentes no terreo do transporte, da mobilidade privada e do aumento da xeración mediante enerxías renovables, ou mesmo a volta á extracción e á queima de carbón nacional. Os impactos a nivel mundial afectarían a sectores clave da economía española, coma o turismo, disparando aínda máis o paro e facendo caer outro chanzo o PIB. Comezaría entón, segundo Turiel, unha deriva represiva, e un aumento das forzas policiais e de recortes de liberdades como resposta a unha conflitividade social tamén en escalada imparable.

O declive enerxético pode conducir a unha sociedade da exclusión xestionada por un Estado represor.

Máis adiante, os conflitos internacionais pola enerxía se dispararían, e dentro deles España embarcaríase con Francia nunha invasión de Alxeria para asegurarse o subministro dun minguante gas do que depende boa parte do consumo doméstico e industrial do país. Neste futurible contexto, os conflitos territoriais tamén se disparan de fronteiras para dentro e os independentismos catalán e vasco (Turiel non menciona o galego) retoman os intentos de secesión, nun panorama cada vez máis militarizado, mesmo coa volta da conscripción militar obrigatoria.

Decrecimiento
A xanela de Overton

A nosa supervivencia como especie require ampliar o rango do aceptable politicamente.

Con todo, o futuro aínda non está escrito e non ten por que ser así. Turiel preséntanos no seu texto unha alternativa radicalmente oposta, reincidindo na bifurcación histórica que xa nos presentaran Durán & Reyes en En la espiral de la energía (totalitarismo vs. eco-comunalismo), que podemos atopar na Guía para o descenso enerxético de Véspera de Nada, en La Gran Encrucijada, ou en obras máis recentes como ¿Qué hacer en caso de incendio? de Tejero & Santiago ou Decrecer para sobrevivir de Cuesta, unha disxuntiva que nos remite ao xa clásico lema de "Decrecemento ou barbarie". Neste futuro, obviamente máis desexable, o goberno recoñece o problema enerxético desde o primeiro momento e favorece a discusión aberta sobre as opcións posibles (estratexia franca, segundo a terminoloxía d'A esquerda ante o colapso da civilización industrial), até acadar un consenso sobre a súa gravidade —mesmo co mundo empresarial e sindical— e os eixes básicos de actuación, desprazando así a xanela de Overton. Deste xeito, promove mudanzas lexislativas profundas, declara un "estado de emerxencia enerxético" e adopta medidas drásticas de redución do consumo de petróleo, como a baixada dos límites de velocidade e un plan para a redución do transporte de mercadorías por estrada e por barco, dentro dunha completa estratexia de relocalización económica e social. Acométese unha profunda reconversión industrial e de sectores de servizos altamente dependentes do petróleo, coma o turismo. Non se dá evitado a caída do PIB, pero o obxectivo céntrase en evitarlles ás persoas as peores consecuencias da falta de enerxía e en facer moita "pedagoxía social". A xente comeza a mudar os seus hábitos de vida e percibe a crise dun xeito menos tráxico.

Decrecimiento
As preguntas que ninguén fai

O consenso político a prol do mantemento destas industrias agacha un debate fundamental acerca da súa sostibilidade.

Máis adiante, realízase a reforma dos plans de estudo a todos os niveis educativos, para favorecer oficios útiles no contexto pospetroleiro e coñecementos básicos para toda a poboación, como a horticultura. Resérvanse espazos obrigatorios para o cultivo urbano, e favorécese con medidas arancelarias e doutros tipos a soberanía alimentaria do país. Tamén se acomete unha reforma da rede eléctrica para facela máis local e distribuída e aminorar as perdas, ao tempo que se pechan as centrais nucleares e se desincentivan as empresas altamente intensivas en consumo eléctrico. Abandónase o coche privado. Malia o PIB seguir caendo, a profundización deste tipo de medidas fai que o paro comece a diminuír ata acadarse a medio prazo o pleno emprego, e finalmente decídese abandonar a medición do PIB como criterio orientador das políticas económicas (decrecemento ou acrecemento). Neste futuro alternativo, España sitúase como referente a nivel mundial e convértese nunha illa de estabilidade (chega a unha economía de estado estacionario) dentro dun contexto internacional caótico, absténdose de calquera aventura militar de acaparamento de recursos.

Se o goberno recoñece a necesidade de decrecer, cabe falar dun futuro digno, mesmo con pleno emprego e cunha boa vida simple.

Con esta formulación de escenarios base, o científico e divulgador Antonio Turiel ofrécenos unha ollada fundada na realidade enerxética que nos espera, e emprázanos a todos a avaliar cal delas vai ser a que nos toque vivir, e a que vai definir se o futuro dos nosos fillos e fillas será converterse en labregos nunha Galiza ou nunha España autosuficientes alimentariamente, e onde se viva dunha maneira máis sinxela e local, ou soldados nun Estado militarizado, sen liberdades e embarcado en misións de rapina e espolio das derradeiras faragullas fósiles e minerais para soster unha curta prórroga civilizatoria a conta do agravamento climático e da inxustiza co resto dos nosos conxéneres. Mais en canto se manteña agachada a parte enerxética da emerxencia civilizatoria, parece difícil que as sociedades teñan a opción de escolleren o camiño correcto entre estes dous futuros.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.