La huerta_1
Viñeta da banda deseñada ‘La huerta’, de Rubén Uceda.

Cómic
‘La huerta’, unha novela gráfica neorrural e anticapitalista

A banda deseñada de Rubén Uceda achéganos á práctica e á filosofía dos colectivos neorrurais.

Coordinador do Instituto Resiliencia

17 jun 2020 06:03

Tense repetido que unha das vías fundamentais para a volta á sustentabilidade das descarreiradas sociedades modernas pasa polo retorno ao campo e por unha reconexión metabólica das cidades coa súa contorna rural. Mais, con todo o importante que é esta cuestión, non abondan as creacións culturais que a traten, e menos aínda as que o fagan cunha combinación tan interesante de crónica de experiencias reais con transfondo histórico e antropolóxico como é o caso da nova novela gráfica de Rubén Uceda, La huerta y el origen de las cosas (Akal, 2020).

Esta banda deseñada contribúe á creación de imaxinarios neorrurais e anticapitalistas mostrándonos as vivencias dun colectivo que autoxestiona unha leira nunha pequena poboación na contorna dunha gran cidade. Mais estas páxinas non conteñen soamente un slice-of-life das persoas que, excluídas ou fartas do sistema capitalista e da vida urbana, buscan na volta a un cultivo de alimentos o máis sustentable posible, coa súa vida afectiva, cos seus momentos traxicómicos (a anécdota do “experimento agronudista”) e o seu drama sociopolítico (a loita contra as habituais desfeitas e pelotazos empresariais coa complicidade das autoridades locais correspondentes). Un dos principais valores desta novela gráfica consiste no descubrimento que imos realizando en paralelo coa súa protagonista —nas súas longas idas e voltas en transporte colectivo desde a cidade onde vive á horta rural comunitaria— dun texto teórico fundamental: En la espiral de la energía, de Ramón Fernández Durán e Luis González Reyes.

Esta obra preséntanos un slice-of-life dos colectivos autoxestionarios no rural ao tempo que nos descobre unha obra histórica fundamental para comprender o noso tempo

Aínda que en La huerta só imos atopar un mash-up dunha pequena parte do primeiro dos volumes desta enciclopédica obra (o que leva por título “Historia de la Humanidad desde el papel de la energía”) combinada con fermosas ilustracións a partir de imaxes de árbores da fotógrafa Beth Moon, o que o autor nos transmite é que estas experiencias neorrurais nas que el se inspira — e nas que participou persoalmente, como autor que narra coas raíces na realidade — son parte da resposta ao que Durán e Reyes denuncian: o colapso do capitalismo industrializado, tema abordado no segundo dos volumes de En la espiral de la energía. Así, non sorprende atopar o propio Luis González Reyes (o autor que iniciara a obra, Ramón Fernández Durán, faleceu en 2011) entre as persoas que asesoraron a Uceda. Outros libros “esenciais” para a elaboración do cómic, segundo lemos nas notas finais do autor, son Vidas a la intemperie de Marc Badal e La fantasía de la individualidad, de Almudena Hernando Gonzalo.

La huerta_2
Viñetas da banda deseñada ‘La huerta’, de Rubén Uceda.

As persoas que se acheguen a este cómic non van atopar un debuxo preciosista cunha perspectiva perfecta, senón grandes doses de realidade. A partir de numerosas entrevistas e das propias vivencias do autor — nomeadamente as da loita en 2006 por evitar a destrución dunha devesa na vila abulense de Piedralaves e a súa participación en colectivos como Bajo el Asfalto está la Huerta (BAH) ou Surco a Surco (SAS) —, constrúese un relato no que boa parte do público destinatario vai achar ecos das súas propias lembranzas ou da súa propia vida actual como activistas nesa fértil intersección de agroecoloxía/anticapitalismo/autoxestión: as lerias nas asembleas, a dificultade de conxugar con coherencia ideais políticos e praxe cotiá, a necesidade de chegar a compromisos, os procesos afectivos dentro dos colectivos, os erros de quen se aventura a facerse neolabrega/o, as posibilidades da colaboración coa esquerda representada nas institucións, etc. E outra parte da audiencia, se cadra interesada en lle dar unha viraxe á súa vida coa ollada posta no retorno ao rural, vai atopar unha especie de anticipo de moitas cousas que vai poder vivir, dos atrancos e dos goces da aventura de volver a nos integrar na base da vida, no chamado sector primario, cargados cunha boa mochila de arelas persoais e políticas.

As persoas que ollan para un posible retorno ao rural van atopar en ‘La huerta’ un anticipo dos atrancos e goces desa aventura

Se cadra haberá quen ache en falta unha maior profundación nalgunhas cuestións importantes, como a relación social e produtiva coa poboación local, que no cómic se limita practicamente a conversas na taberna. Ou tocar as implicacións de depender dunha clientela basicamente urbana (centros sociais autoxestionados, grupos de consumo...) e polo tanto dun carrexo constante en vehículos a motor tanto das persoas que participan nos labores agrícolas como dos propios produtos. Tamén sería interesante unha representación menos plana e arquetípica dos malos do cómic (a alcaldesa e eses sinistros personaxes das lentes de sol e do bigote), así como a presenza de áreas sociais grises neste tipo de conflitos nos que non é precisamente habitual un posicionamento nidio e cohesionado de toda a poboación local contra os atractivos das promesas desenvolvimentistas. Todas sabemos que cando un proxecto urbanístico, mineiro ou industrial se presenta nunha poboación rural, non falta quen, desprezando o valor da terra fértil ou da auga limpa, e descoñecendo a situación de colapso á que nos enfrontamos, opta por coller os cartos que de maneira directa ou indirecta lle promete o sistema (o “milagresismo do diñeiro fácil” e a “hipnose do negocio especulativo”, como o propio autor recoñece nas notas finais).

Con todo, La huerta é unha obra necesaria, que se encaixa na traxectoria dun autor que vén repasando a recente historia política de España en anteriores traballos e que se sitúa, con esta nova banda deseñada, no que sen dúbida vai ser un dos principais focos de mudanzas e conflitos sociais nas décadas que temos diante. Oxalá novas e novos artistas gráficos se sumen á narración destas experiencias para axudarnos a interpretar a mudanza histórica na que nos introducimos e inspirar novas loitas en defensa do noso futuro, novas desobediencias construtivas, novas (re)construcións desobedientes. A mensaxe principal de La huerta é que a simbiose entre movementos anticapitalistas de orixe urbana e experiencias agroecolóxicas enraizadas no rural e no periurbano pode ser sumamente frutífera.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cómic
Cómic ‘Los nadie’, un reportaje en viñetas para empatizar con las víctimas de la masacre en la valla de Melilla
La novela gráfica ‘Los nadie’ recrea la vida de cinco personas hasta el fatídico 24 de junio de 2022, cuando encontraron la muerte al tratar de cruzar la frontera y llegar a Melilla desde Marruecos.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.