Crisis climática
Nihilismo contra o colapso civilizatorio

Pode o sistema de pensamento no que se funda a ciencia, a política e a economía actual facilitarnos unha solución para o seu propio colapso? O filósofo Brais Arribas achéganos unha concepción nihilista da realidade para que a humanidade afronte o caos climático.

Banksy
Imaxe de PixelAnarchy en Pixabay

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

2 nov 2019 06:03

2019 é o ano no que o caos climático deixou de ser unha realidade denunciada dende as marxes para pasar a facer parte do discurso oficial. As institucións xa falan dunha situación de emerxencia, de grave mudanza climática e da previsíbel extinción de moitas especies animais (quizais tamén da nosa?). Unha parte do gran problema da nosa especie (da crise enerxética case que non se fala) comezou a ocupar espazos sobranceiros do discurso oficial nos organismos políticos e nos medios de comunicación de masas.

Eses discursos conclúen achegando solucións resesas ou simplemente cosméticas que semella que poden arranxar o problema pero, ao tempo, procuran non alterar a tranquilidade das persoas ás que van dirixidas (as occidentais enriquecidas que temos tempo de escoitar o que os medios e as políticas din). Deste xeito, no canto de solucións valentes xorde o Novo Pacto Verde, a opción polas enerxías renovábeis, o fomento do desenvolvemento sostíbel e mesmo se seguen a escoitar voces que defenden o "uso limpo do carbón"... As institucións hexemónicas non poden dar outras solucións ao colapso da civilización industrial porque parten dunha concepción pechada da realidade na que só son imaxinábeis pequenos parches. Son fillas do sistema que está a causar o propio colapso e, de sinalaren as causas, recoñecerían a responsabilidade de seu. O verdadeiro desafío é cultural: estamos obrigadas a cambiar a nosa concepción do mundo xa que só superando esa concepción hexemónica da realidade poden xurdir as alternativas.

O verdadeiro desafío é cultural: estamos obrigadas a cambiar a nosa concepción do mundo xa que só superando esa concepción hexemónica da realidade poden xurdir as alternativas.

O filósofo Brais Arribas dedica á mudanza do paradigma no que fundar as ditas solucións valentes unha gran parte do seu ensaio Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere, 2019). O Arribas alza contra o pensamento hexemónico un "pensamento feble", como único alicerce posíbel dunha nova civilización que acade a supervivencia da meirande parte dos seres humanos. Para encadrar a súa tese rehabilita a noción do nihilismo entendido como "unha vía positiva que é recomendable percorrer, ou polo menos tomar en consideración con detemento, xa que permite dotarnos dunha penetrante carga teórica susceptible de ser usada para dar respostas e ofrecer alternativas factibles a algúns dos máis urxentes problemas que definen o noso tempo"; un nihilismo que non define usando as súas acepcións máis comúns senón como "un pensamento humilde e modesto, pois non se pretende converter nunha verdade indiscutible, nun dogma de fe [...] senón nunha racionalidade débil [...] que xoga e se afianza co estímulo da novidade [...] experimentando alén dos principios ríxidos da finalidade, da produtividade ou do rendemento".

Paisaxe
Imaxe de Josep Monter en Pixabay

O filósofo sostén que a causa principal da actual situación é a concepción da realidade predominante que describe (no seu ensaio usa unha certeira linguaxe filosófica) como unha "racionalidade hexemónica, positivista, historicista, e desenvolventista" que se caracteriza, entre outros trazos, polos seguintes: a cousificación e obxectivización da realidade, que se atopa toda ao dispor do ser humano; a confianza total na racionalidade positiva como xeito de alcanzar o coñecemento; a concepción da subxectividade como unha entidade orixe da sociedade e independizada da natureza e do marco social; o antropocentrismo e o colonialismo eurocéntrico; o dogma do crecemento económico ilimitado.

Una concepción da realidade que ao basearse na existencia da Verdade, o Rigor, a Obxectividade, o Progreso e a Liberdade (todas elas grafadas así con maiúsculas) debe eliminar calquera falla no plan da evolución imparábel até a perfección absoluta do ser humano.

A existencia dun pensamento hexemónico forte fainos caer no erro de intentar armar un outro pensamento forte para substituílo; cando non hai nada que reforce máis unha estrutura que outra que "simplemente" pretenda substituíla. Precisamente a debilidade da concepción da realidade hexemónica se atopa na súa granítica rixidez. O seu amor pola Verdade pode ser o seu punto débil e, paradoxalmente, a flexibilidade (a "debilidade") defendida polo Arribas é a gran fortaleza da súa proposta, xa que o rexeitamento de calquera dogma permite a mudanza. A máxima "Deixar ser ao ser", que se atopa no seo do nihilismo que nos propón, que lembra ao "Deixar(se) vivir" do Agustín García Calvo, impide calquera dogmatismo, calquera autoridade e facilita a súa supervivencia.

Cómpre colocar ao ser humano fóra da centralidade do taboleiro: unha situación de maior proximidade co resto das formas de vida que constitúen a esfera medioambiental.

O Arribas leva a súa teoría ao campo do caos climático: "a batalla non se libra só a nivel económico ou político senón tamén no terreo da filosofía, dado que, [...] tanto o modo de produción como a estrutura xurídico-normativa que o lexitima, sostéñense sobre unha serie e principios e ideas". As consecuencias deses principios son ben coñecidas: o ser humano é concibido como o dono da natureza e a realidade toda á que somete a súa vontade; o dogma do crecemento non se pode discutir; reina a fe na ciencia e na técnica como solución de todos os problemas e a absoluta preeminencia da vontade de determinados individuos sobre o conxunto da sociedade.

O "pensamento débil" aplicado ao ser humano remata co antropocentrismo e colócanos as persoas fóra da "centralidade do taboleiro, ou polo menos [...] nunha situación de maior proximidade co resto das formas de vida que constitúen a esfera medioambiental". Deste principio o Arribas tira unha serie de regras que toma do movemento decrecentista para a nova sociedade da supervivencia.

A radicalidade (o choque frontal coas Verdades establecidas) vai determinar a dificultade de espallar esta concepción nihilista da realidade entre unha meirande parte da poboación que, sen dúbida, a vai rexeitar pola súa inseguridade e incerteza.

Hai unha outra solución posíbel? A proposta filosófica do Arribas é unha achega valente e fonda de mudanza total para a supervivencia que merece ser espallada: do debate, da conversa ao redor dela van agromar as solucións parciais e provisionais que nos farán ir (sobre)vivindo e resistindo nestes tempos de colapso e preparando un mañá mellor para a meirande parte da humanidade.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.