paneles solares
Paneles solares en viviendas. Fuente: Rebive

Decrecimiento
NZE-2050, a nova utopía capitalista

A Axencia Internacional da Enerxía acaba de presentar o seu informe “Cero Neto para 2050. Unha guía para o sector enerxético mundial” coas súas quiméricas recomendacións para a transición enerxética dos Estados.

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

2 jun 2021 06:29

Botemos unha ollada ao futuro: “As emisións mundiais de CO2 derivadas da enerxía e dos procesos industriais reduciranse en case un 40%, entre 2020 e 2030, e chegarán ao cero neto en 2050. En 2030, lograremos o acceso universal a unha enerxía sostíbel. Nese mesmo ano reduciranse un 75% das emisións de metano orixinadas polo uso de combustíbeis fósiles. Estas mudas lograranse mentres o crecemento económico mundial se duplica en 2050 e a poboación do planeta medra noutros 2.000 millóns de persoas. A subministración total de enerxía baixará un 7%, entre 2020 e 2030, e manterase arredor dese nivel en 2050. A enerxía solar fotovoltaica mais a eólica converteranse nas principais fontes de electricidade mundial antes de 2030 e a súa combinación fornecerá o 70% da electricidade en 2050. O uso tradicional da bioenerxía desaparecerá antes de 2030. En 2050, a demanda de carbón reducirase un 90%, a de petróleo un 75% e a do gas natural, até o 55%. En 2050, os combustíbeis fósiles utilizaranse exclusivamente na produción de bens enerxéticos nos que o carbono está incorporado no produto (como os plásticos), nas plantas con técnicas de captura, utilización e almacenamento de carbono (CCUS) e naqueles sectores nos que as opcións tecnolóxicas de baixas emisións sexan escasas”.

Esta é a meta que deseña a Axencia Internacional da Enerxía (AIE) no seu informe “Cero Neto para 2050. Unha guía para o sector enerxético mundial” que acaba de publicar. Este organismo, integrado na Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), é o encargado, dende 1974, de recomendar aos seus estados membros unhas políticas que melloren a fiabilidade, o acceso e a limpeza da súa enerxía. Con este informe, a AIE súmase ao pulo aparente de diversas institucións internacionais (ONU, UE) e algúns estados para loitar contra o que chaman a “mudanza ou crise climática”.

O informe constrúe unha utopía capitalista na que a desaparición das emisións netas de carbono (o adxectivo neto, como poden imaxinar, é unha trampa dialéctica) convive co crecemento económico e o incremento da poboación humana da Terra. Cómpre volver ler a frase anterior, logo a descrición da AIE que transcribín no primeiro parágrafo e deterse un momento. Todo iso é posíbel? E, aínda máis, é desexábel?

En canto á posibilidade do escenario con “cero emisións netas de carbono en 2050” (NZE, chámao a AIE, polas súas siglas en inglés), o propio informe introduce tantos condicionamentos que vén recoñecer a súa imposibilidade práctica.

En primeiro lugar, o desenvolvemento deste plan require, de acordo co informe, “un nivel de cooperación internacional sen precedentes” na historia das comunidades humanas. Sen todos os Estados e as comunidades traballando xuntas e arreo no programa da AIE, a súa meta non se poderá alcanzar. Coido que esta eiva non precisa máis explicacións: mentres o crecemento económico capitalista, fundado na competitividade e na vitoria sobre o rival, sexa un dos obxectivos, a cooperación entre comunidades é imposíbel.

En canto ao escenario con “cero emisións netas de carbono en 2050” o propio informe introduce tantos condicionamentos que vén recoñecer a súa imposibilidade práctica

Por outra banda, admiten as autoras da guía que “case a metade das reducións de emisións proceden de tecnoloxías que aínda están en fase de demostración ou prototipo e que, no caso da industria pesada e no transporte de longa distancia, a porcentaxe de redución de emisións que depende de tecnoloxías aínda en desenvolvemento é aínda maior, [...] moitas das cales usan hidróxeno ou tecnoloxías de captura, uso e almacenamento de carbono”. A guía fúndase, pois, na tecnoutopía, na fe en que a necesidade acordará o enxeño das científicas e técnicas para desenvolveren novas tecnoloxías que permitan rematar coa meirande parte das emisións. Pero, claro, iso pode non pasar e, de feito, é bastante probábel que non todas as tecnoloxías previstas poidan desenvolverse a tempo.

Enerxías renovables_1

A AIE diferencia entre as tecnoloxías necesarias para alcanzar NZE en 2050 e as precisas para a primeira etapa, a de 2030. Neste caso afirma: “A meirande parte das reducións mundiais das emisións de CO2 previstas nesta guía até 2030 proceden de tecnoloxías dispoñíbeis de xeito doado na actualidade”. Refírese, claro está, ás denominadas “enerxías renovábeis”, fundamentalmente a enerxía eólica, solar, bioenerxética, xeotérmica e hidráulica, concibidas, de acordo co pensamento do statu quo capitalista, exclusivamente como fontes de electricidade. De feito proclaman: “En 2050, case que o 90% da enerxía eléctrica producirase con fontes renovábeis, coa eólica e a solar fotovoltaica xuntas producirase case que o 70%. A meirande parte do resto da electricidade será de orixe nuclear”. Si, leron ben, volve a enerxía nuclear.

O que dubidan as persoas expertas é que precisemos máis electricidade. De feito, na edición de 2018 do “Libro da enerxía en España”, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a enerxía eléctrica só representa un 23,60% da enerxía final consumida no Estado español. Como pretenden fornecer o resto onde a enerxía eléctrica non chega? Para a AIE “a aviación e o transporte marítimo seguirán a ser un reto e suporán 330 Mt de emisións de CO2 en NZE-2050”.

No pasado mes de maio a propia AIE publicou outro informe especial, “O papel dos minerais críticos nas transicións enerxéticas limpas”, que engade novas eivas para esta fase de implantación de NZE-2050, especialmente sobre a posibilidade de implantar as enerxías solar e eólica, pois, de acordo cos datos da propia axencia, “dende 2010, a cantidade media de minerais precisos para unha nova unidade de capacidade de xeración de enerxía aumentou nun 50% a medida que a cota das enerxías renovábeis aumentou. Os tipos de recursos minerais necesarios varían segundo a tecnoloxía. O litio, o níquel, o cobalto, o manganeso e o grafito son cruciais no rendemento, a lonxevidade e a densidade enerxética das baterías. Os elementos de terras raras son esenciais para os imáns permanentes das turbinas eólicas e os motores do vehículos eléctricos [...]”. Estoutro informe da AIE prevé un incremento da necesidade de minerais para as vindeiras décadas que determinará un incremento sen precedentes nas tarefas extractivas. Esta dependencia da minaría achega novos problemas que engaden condicionantes á utopía, xa que, como afirma a AIE, “a subministración das minas existentes e dos proxectos de construción só cubrirán a metade das necesidades previstas de litio e cobalto e o 80% das de cobre para 2030”. Xa que logo, esta primeira etapa no camiño até NZE-2050 é imposíbel de alcanzar.

De feito, a AIE identifica algunhas “vulnerabilidades” que afectan e afectarán á subministración dos minerais necesarios: o feito da gran concentración xeográfica da produción (“a República Democrática do Congo e a China foron os responsábeis da produción de aproximadamente o 60% do cobalto e elementos de terras raras, en 2019”) e procesamento dos minerais; os longos prazos de desenvolvemento dos proxectos (“as nosas análises conclúen que os proxectos mineiros tardan unha media de 16 anos en pasar da descuberta á primeira produción”) e as consecuencias sociais e medioambientais dese incremento da minaría (aspectos que o informe trata moi timidamente e con moito optimismo tecnolóxico e social).

Neste informe sobre a minaría hai recomendacións contraditorias que non poden agochar o conflitivo escenario internacional que nos agarda, pois a axencia internacional insiste en que o máis importante é “o esforzo por unha cooperación internacional sen precedentes”, á vez que suxire o acaparamento de recursos cando afirma “o almacenamento estratéxico voluntario [de minerais esenciais] pode, nalgúns casos, axudar os estados a capear as interrupción das subministracións a curto prazo”. Quen quererá cooperar cun Estado que acapara recursos para a súa cidadanía?

De feito, a AIE identifica algunhas “vulnerabilidades” que afectan á subministración dos minerais necesarios: a gran concentración xeográfica da produción e procesamento dos minerais; os longos prazos de desenvolvemento dos proxectos mineiros e as consecuencias sociais e medioambientais do necesario incremento da minaría

A axencia non trata nestes informes o tema da fin do petróleo barato nin refuta outras eivas sinaladas dende o decrecentismo. Ocúpase da redución do consumo de hidrocarburos pero máis como unha decisión voluntaria dos estados preocupados pola “redución neta de emisións” que como un acontecemento imposto polos límites biofísicos do planeta. Non se ocupa tampouco da fin do resto das materias primas tan necesarias para a transformación que promove. Non fala da necesidade de enerxía derivada dos combustíbeis fósiles para armar as grandes plantas de produción de enerxías renovábeis, nin da necesidade de renovar as instalacións de captación de enerxías renovábeis á fin da súa vida útil (arredor de 20 anos, no caso dos aeroxeradores). Tampouco das consecuencias negativas que para os ecosistemas terá o grande incremento das “fontes de bioenerxía” que auspician.

Pero non é preciso destacar estes problemas porque semella que as eivas e “vulnerabilidades” recoñecidas ou agochadas entre as liñas dos informes da AIE abondan para cualificar de utopía a guía (ou “folla de ruta”) proposta polo organismo da OCDE: un camiño que nos leva cara ao colapso da nosa civilización sen nos dar unhas normas que regulen un reparto xusto dos recursos e a supervivencia da meirande parte posíbel dos seres humanos. No competitivo e, malia a súa aparencia previsora, curtopracista camiño até NZE-2050, os diversos estados loitarán por manter as súas economías industriais en crecemento continuo nun escenario de decrecemento forzado que é preciso regular. Á vista dos inconvenientes advertidos pola AIE, cómpre lanzármoslles ás súas expertas a pregunta crucial que hai pouco facía Antonio Turiel, investigador do Centro Superior de Investigaciones Científicas: “Teñen previsto un plan alternativo para o caso de que os materiais non abonden? [...] Hai un plan B para a Transición enerxética?”.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.