Economía
O Capitalismo: Titanic afundíndose ou cancro da biosfera?

Dúas son as metáforas máis recorrentes ao redor do colapso da civilización industrial capitalista.

Cancro
Imaxe de Skeeze en Pixabay

Coordinador do Instituto Resiliencia

20 nov 2019 06:03

Seguramente a imaxe alegórica máis repetida nos textos e conferencias que abordan o proceso de colapso do sistema socioeconómico hexemónico (o Capitalismo) sexa a do Titanic. Desde o suceso histórico do seu afundimento en 1912, a historia deste barco transformouse nun símbolo arquetípico do fracaso dos grandes proxectos na nosa cultura popular, pero é sobre todo co espertar da conciencia de que a Megamáquina civilizatoria pode colapsar, cando o seu carácter de hybris que remata moi mal (coma nas traxedias gregas), comeza a ofrecer un encaixe case perfecto coa historia do Capitalismo. Coma este, o buque era o máximo expoñente do progreso técnico da época, e conducía unha gran cantidade de persoas de toda condición (microcosmos representativo das sociedades contemporáneas) cara a un futuro de prosperidade simbólica (América, na historia do naufraxio real).

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Pero é nomeadamente a arrogancia de afirmar que o buque era insomerxible a que converte este episodio da historia marítima nunha analoxía ben axustada ás advertencias lanzadas desde esa rama na que intersectan ecoloxistas, científicos, filósofos e toda caste de divulgadores, e que na Francia denominan collapsologie. Así, o sistema capitalista, dinnos, é inafundible, é capaz de continuar indefinidamente, como punta de lanza definitiva do mito do Progreso Perpetuo. Mais existen os icebergs —imprevistos para a tripulación, non considerados polos enxeñeiros— agardando ominosamente en pleno rumbo de colisión... No caso da nosa civilización, eses icebergs serían o declive enerxético, a mudanza climática e outros factores desta múltipla crise ecosocial que estamos a vivir. De feito, algúns din que o buque capitalista xa colidiu, ou cando menos de que xa está "tecnicamente afundido", pois a inercia fai que mesmo albiscando xa a tripulación a punta do iceberg, sexa imposible deter ou virar o barco a tempo para evitar o impacto. E, namentres, como di o poeta e filósofo Jorge Riechmann nos seus Graffitis para neandertales, distraémonos cunha economía de "tahúres buscando la mínima ventaja sobre el otro en la mesa de juego del Titanic", ou como di o tamén poeta colapsista La Caiguda, "Con gran esmero sacamos brillo a la cubertería del Titanic / soñando que a su debido tiempo / el oro, la plata y el bronce / serán justamente repartidos".

O insomerxible buque Titanic é unha recorrente alegoría do rumbo de colapso civilizatorio que leva o Capitalismo.

Un dos científicos que considera que en realidade o Titanic xa colidiu é Carlos de Castro, profesor da Universidade de Valladolid, doutor en Física especializado no modelizado do sistema-mundo mediante dinámica de sistemas e un destacado continuador da Teoría Gaia de Lovelock e Margulis (sobre a que acaba de publicar un novo libro). O profesor De Castro, quen tamén ten publicadas un par de novelas con transfondo científico-ecolóxico, adoita debullar a metáfora do Titanic incidindo nos paralelismos co proceso de colapso/descomplexización que están a vivir as nosas sociedades. Así, por exemplo, comparou os atrancos dos pasaxeiros de 3ª clase daquel famoso buque para accederen aos botes salvavidas co xurdimento das respostas fascistas á crise de recursos, e apunta ás cuestións éticas que van xurdir a medida que a poboación sexa consciente do afundimento nese dilema moral que Gardin formulara como lifeboat ethics. Para o físico, tentar salvar o Titanic (isto é, o sistema actual) é "unha perda de recursos e de tempo" que nos expón ao risco de afogarmos todos. Así e todo, advirte: "si que podemos (e debemos) salvar o maior número de persoas posible".

Mais Carlos de Castro salientou desde hai tempo —por exemplo en El Origen de Gaia ou en Reencontrando a Gaia, á parte de en diversas comunicacións persoais, conferencias e debates en colectivos de divulgación— que, en consonancia coa súa teorización de Gaia como un organismo vivo, existe unha metáfora se cadra máis precisa e acaída para o proceso que está a vivir a nosa civilización: a analoxía xa non sería técnica e da física newtoniana (barco que afunde, coche sen freos, etc.), senón ancorada nos sistemas dinámicos e na bioloxía; isto é, o cancro. Non sería a especie humana (como ás veces xa se apuntou) senón o modelo socioeconómico capitalista, quen se está a comportar como un cancro que ameaza a propia supervivencia do organismo que o acolle, a Biosfera, chamada Gaia desde as primeiras teorías de Lovelock, e coñecida como Nai Terra, Pachamama, etc. nas culturas ancestrais. Segundo explica De Castro, o capitalismo sería "un proceso canceroso" xurdido no organismo Gaia, posiblemente mesmo con raíces antropolóxicas anteriores (Neolítico, Antigo Testamento...). Os paralelismos entre os dous procesos son moi numerosos e "con forte fundamento científico": crecemento desbocado, metástase, ineficacia enerxética, acaparamento de recursos, perda funcional, etc.

A metáfora alternativa da civilización capitalista como cancro da Biosfera é defendida por científicos como Carlos de Castro, apoiándose nos numerosos paralelismos.

Porén, conceptualizar o sistema capitalista dunha maneira orgánica, moito máis precisa cá da economía convencional, resulta tamén moito máis polémico que facelo con famoso e desgraciado transatlántico, sobre todo porque a conclusión é obvia: se o capitalismo é un cancro, o que cómpre é erradicalo, e non aplicar "reformismos" (verdes, con rostro humano, neokeynesiáns, en transición, renovables, etc.) que sería o equivalente a tentar "curar o cancro con aspirinas". Denuncia, así, o físico castelán, que "un cancro é antisistema e suicida" e advirte de que "pode morrer matando", e iso incluiría a propia Gaia, que se é un organismo, pode morrer. De aí, conclúe De Castro, a transcendental relevancia de determinar cientificamente, alén das metáforas, se efectivamente Gaia é un organismo (como defende a Teoría Gaia) ou non, un terreo de investigación no que el leva décadas traballando e que ofrece, xa que logo, unha perspectiva nova á loita anti/poscapitalista, así como aos diagnósticos que elabora o ecoloxismo no seu conxunto. Sen dúbida, curar o cancro capitalista ha ser moi duro, pero cómpre primeiro aceptar que o é, como primeiro paso imprescindible no difícil camiño á curación da Biosfera e á nosa propia supervivencia como unha das especies que a conforman.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pesca
Pesca ¿Sostenible para quién? Detrás de las bambalinas del acuerdo de pesca sostenible entre la UE y Madagascar
Gracias a un acuerdo pesquero con la Unión Europea, en 2023 Madagascar autorizó el acceso a sus aguas territoriales a 65 barcos europeos. Aunque el acuerdo promueve una pesca “sostenible”, las técnicas empleadas agravan la crisis ecológica.
Kenia
Kenia 31 muertos por violencia policial en Kenia en las últimas manifestaciones contra la nueva Ley de Finanzas
La sociedad civil keniana retoma las protestas tras tumbar un proyecto similar hace un año. El país se enfrenta a una crisis fiscal causada por el aumento de pagos de la deuda externa.
Grecia
Grecia Diez años del referéndum griego: cuando toda una generación creyó que otro camino era posible
El 5 de julio de 2015, del que ahora se cumplen diez años, marcó un antes y un después en la historia de Grecia, pero también de la Unión Europea y todos los Estados miembros.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.