Decrecimiento
A proposta decrecentista da CUP para Catalunya

“Falando de decrecemento non se gañan eleccións”, afirmou hai uns anos Juan Carlos Monedero. Mais a CUP semella non ter medo a presentar un programa decrecentista ás vindeiras eleccións catalás.
Asamblea CUP
Asamblea das Candidatures d'Unitat Popular (CUP).

Coordinador do Instituto Resiliencia

3 feb 2021 06:09

No mundo ecoloxista é amplamente coñecida a postura de moitos líderes políticos, que, malia ser máis ou menos conscientes de que o cul-de-sac civilizatorio no que nos atopamos requiriría políticas a prol dun decrecemento organizado e xusto da esfera económica, argúen en defensa do seu mantemento dunha política dirixida a aumentar permanentemente os valores do Produto Interior Bruto que a xente non aceptaría este tipo de políticas e que os condenaría ao esborramento electoral: sería o denominado efecto Carter, en lembranza da derrota electoral daquel presidente estadounidense poucos anos despois dun discurso televisado acerca da necesidade do sacrificio en aras da sustentabilidade, que poucos políticos hoxe en día se atreverían a dar. Porén, hai unha forza política no Estado español (con presenza no Congreso dos Deputados e no Parlament catalán e con centos de concelleiros) que leva anos camiñando nunha dirección ben diferente: a de incluír nos seus programas electorais aquilo que recoñecen no debate interno e coa comunidade científica e activista a prol da necesidade de pensar economías alén do crecemento.

Trátase da CUP, que acaba de presentar un programa para a súa candidatura conxunta co Guanyem Catalunya de Dolors Sabater, que inclúe expresamente propostas tan nidiamente decrecentistas, dentro do seu apartado de “Transición Ecosocial” como “Promover o decrecemento da esfera material da economía, é dicir, a redución do consumo de materia e enerxía en termos absolutos e especialmente o das clases dominantes, para unha redistribución efectiva da riqueza” (p. 64). É salientable que non sitúan o obxectivo na famosa mellora da eficiencia e na instalación de enerxías renovables, lugar común tecnooptimista noutros partidos políticos, que na práctica resultan inútiles nun sistema capitalista onde é imposible eludir o efecto rebote —ou paradoxo de Jevons— a anular calquera mellora da eficiencia e onde simplemente se suma a electricidade de orixe solar ou eólica a un consumo enerxético total sempre á alza, arrastrado pola teima dos gobernos en acadar incrementos permanentes no PIB. Se o obxectivo, pola contra, é claramente reducir o consumo, todas as políticas definiríanse en función del, obrigando por exemplo a unha “nacionalización do sector enerxético”, como expuxo no primeiro día da campaña electoral a candidata Sabater, ex-alcaldesa de Badalona, como condición para entrar a CUP-Guanyem nun futuro goberno independentista tras as eleccións do 14 de febreiro. E con enquisas outorgándolles de novo unha representación ao redor dos 10 asentos, como tiveron hai dúas lexislaturas, semella unha posibilidade non desbotable. É dicir, unha forza política con opcións de ter responsabilidades de goberno, está a propor políticas de Decrecemento organizado e democrático, en contra dos temores expresados habitualmente por forzas da esquerda española e tamén da galega.

O programa da CUP defende unha Transición Ecosocial baseada no decrecemento enerxético e material da economía

Se continuamos lendo no programa electoral da CUP veremos novas referencias ao decreixement: “consideramos que temos que avanzar cara a un modelo territorial non extractivo, equilibrado e eficiente en todos os aspectos, compatible coas políticas de decrecemento da esfera material da economía que a actual planificación territorial e urbanística dos Países Cataláns non garante nin fomenta” (p. 65), “promoveremos actuacións de decrecemento urbano e desurbanización cando fosen precisas para corrixir disfuncionalidades no territorio” (p. 67), “garantiremos os dereitos ambientais das xeracións futuras e reverteremos a crise ecolóxica global fomentando o decrecemento do consumo enerxético e material” (p. 74, onde tamén apostan pola “soberanía enerxética e alimentaria”). No apartado de “Modelo e Transición Enerxéticos” (p. 82) volvemos apreciar que claramente apostan por unha xestión pública da demanda enerxética para asegurar ese decrecemento e recoñecen que estamos ás portas dunha crise enerxética (nisto tamén son pioneiros) que vai obrigar a este tipo de medidas: “Para facer fronte á crise enerxética que vén, apostamos por un novo modelo enerxético baseado no decrecemento enerxético social, as enerxías renovables e o aforro enerxético e de respecto ao medio ambiente, coa planificación e participación activa e directa da cidadanía, tanto no deseño coma na implantación. Por isto, estabeleceremos un Pacto Nacional para a Transición Enerxética de Cataluña e impulsaremos unha futura Lei de Transición Enerxética, cos obxectivos de planificar, regular e estabelecer os límites da demanda enerxética en todos os sectores económicos”.

Por poñer isto en contraste con outras candidaturas de esquerda, podemos citar a proposta de En Comú-Podem: “Non utilizar o crecemento do PIB como medida do progreso económico e social” (p. 31), e en consonancia con este paso non mencionan os comúns o habitual obxectivo económico de crecemento aínda que tan só apostan expresamente polo decrecemento en sectores moi concretos coma o turístico e mais o urbanístico, pasos sen dúbida na boa dirección, pero demasiado tépedos e insuficientes para a gravidade da situación civilizatoria e ecolóxica. O PSC sitúase aínda máis atrás, ancorado na ortodoxia dos obsoletos obxectivos de “crecemento sostible”, agora tinxido de “verde”, “inclusivo” e “resiliente”: “O crecemento económico é preciso, aínda que non suficiente para o progreso da cidadanía”, afirma o seu programa (p. 10), o cal pretenden compatibilizar cunha “transición enerxética descarbonizada, renovable e xusta, economicamente próspera e medioambiental e demograficamente sostible”, nada menos (p. 108). Semella que as reflexións dos seus correlixionarios franceses acerca de que o desacomplamento do PIB respecto ao consumo de enerxía é en realidade un mito, aínda non atravesaron os Pireneos. En canto a ERC, tamén manteñen no seu programa as habituais mencións ao obxectivo político do “crecemento económico”, aínda que se cadra dunha maneira menos explícita ca no caso do PSC, pero sen saíren un ápice da ortodoxia tecnoutópica: “O progreso tecnolóxico é un dos aspectos determinantes do crecemento económico a longo prazo” (p. 12). Así pois, se atendemos ao que propoñen nos seus programas, a esquerda con presenza parlamentaria en Cataluña situaríase na actualidade, seguindo un eixo desde o máis claro crecentismo até o decrecentismo declarado, deste xeito: PSC-ERC-EnComúPodem-CUP.

En Comú-Podem tamén propón desbancar o PIB como guía de política económica. En Euskal Herria, Bildu leva anos transitando cara ao Decrecentismo e nos parlamentos francés e británico debátese xa con naturalidade sobre a cuestión.

Precisamente foi co líder de ERC Oriol Junqueras (daquela vicepresident da Generalitat, e máis tarde condenado pola Xustiza española polo seu papel no Procés) con quen o deputado da CUP Sergi Saladié mantivo en 2017 un primeiro debate ao redor do decrecemento no parlamento catalán, que ficou eclipsado polo famoso referendo pola independencia celebrado apenas un par de semanas despois. Se tras o vindeiro 14 de febreiro ERC encabeza un novo goberno independentista en Catalunya e a CUP ten a posibilidade, como algúns apuntan, de ser a chave para a formación dese goberno, probablemente veremos a continuación daquel debate, cunhas posicións decrencentistas aínda máis afianzadas no seo da organización soberanista, anticapitalista e ecofeminista despois das súas últimas asembleas centradas na cuestión ecolóxica nas que o sector decrecentista parece que acadou notables avances, que agora se verían reflectidos no programa co que concorren ao Parlament.

Sen dúbida, ese escenario axudaría a que o debate se abrise por fin tamén a nivel do Parlamento español e do galego, seguindo ao vasco e mais ao navarro, onde tamén se comezou a escoitar nestes últimos anos falar da necesidade de decrecer, grazas a Podemos pero sobre todo a EH Bildu, sendo salientables as defensas pioneiras realizadas polo seu representante Dani Maeztu en 2011 e 2013 no parlamento de Vitoria-Gasteiz: “Para nós a única opción é o decrecemento”. Tamén compareceron diante de comisións parlamentares en Euskadi, Navarra ou Catalunya sobranceiros expertos con argumentos a prol do decrecemento, como Antonio Turiel, Jordi Solé, Antonio Aretxabala ou Pedro Prieto. Estes debates pioneiros nalgúns parlamentos autonómicos seguen a estela aberta por Francia, país no que xa virou un tema relativamente habitual no debate da Asemblea Nacional, e mais polo Reino Unido, onde existe mesmo unha comisión permanente que leva varios anos a estudar a cuestión dos límites ao crecemento. No parlamento galego non tiveron éxito os intentos para crear unha comisión similar, e semella difícil que tras perder o seu escano o único parlamentario recoñecidamente decrecentista que houbo (Antón Sánchez, de AGE, despois En Marea) se vaia dar na actual lexislatura este debate, tendo en conta tamén que o único soberanismo que ten representación parlamentar no Hórreo seguía vogando no programa electoral para as eleccións galegas do ano pasado por “estimular o crecemento económico”, algo nas antípodas do decrecentismo que se abre paso no soberanismo de esquerdas catalán. E será que vai sendo hora de ollar de novo cara a Catalunya?

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
#81791
3/2/2021 18:46

Acabo de leerme el programa electoral de la CUP para la selecciones del día 14 de febrero y es un verdadero panfleto sin ninguna propuesta real y concreta. No se dónde ve el autor del artículo algo sobre decrecimiento en esas paginas que bien se pudiera denominar “soflama”

2
0
#81965
5/2/2021 21:29

Pues el autor lo indica con número de página y frase entrecomillada en el artículo.

0
0
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.