Crisis climática
Salón Colorado, un pesadelo dramatizado sobre o colapso capitalista

A creación teatral de Helena Salgueiro estreouse dentro da XXIV Mostra de Teatro Universitario.
Representación da obra 'Salón Colorado' (The Colorado Lounge)
Representación de 'Salón Colorado' no Teatro Principal de Compostela. Foto: Paulo Mourinho Pereiro. (CC0 )

Coordinador do Instituto Resiliencia

28 abr 2024 06:00

Transmitir moito con pouco é unha das características máis apreciadas en moitas artes, como a poesía, e tamén como neste caso, nas artes escénicas. A dramaturga Helena Salgueiro logra transmitir cunha obra con escaso texto e sinxela escenografía, Salón Colorado, a sensación de náusea e de pesadelo que vai caracterizando, a pasos acelerados, a decadencia deste capitalismo moribundo. Porque como di unha das súas liñas, “afundimos, si, pero pouco a pouco”: ou sexa, no canto de colapso, decadencia, un lento afundir bañados en champaña. Esta é a aposta da elite capitalista, indiferente, hedonista, bailando, bebendo, rindo e chutándose dopamina cos smartphones, mentres o Titanic afunde. Mais non atoparemos aquí explicitamente a manida metáfora do malfadado buque, ou se a damos albiscado custaranos distinguila entre unha bruma de pesadelo lyncheano pasado por Kubrick (Eyes Wide Shut ou The Shining son referencias ineludibles, comezando polo propio título da obra), que nos lembrará tamén se cadra nalgún momento Triangle of Sadness, o filme de Ruben Östlund, un ambiente de mal soño enfebrecido que nos asalta desde os primeiros segundos en que as luces se acenden até o momento final da obra no que somos abandonados no silencio e na escuridade.

A estrea da obra, cun elenco de trece mozos e mozas estudantes da USC, que forman a compaña Calopsia Teatro, nun Teatro Principal cheo principalmente de xente nova, presumiblemente amigos e compañeiros da universidade, foi un éxito e sorprendeu os asistentes polo estilo, pouco convencional, e moi debedor da carreira da súa creadora, a poeta, actriz e performer Helena Salgueiro. De feito, a obra implica un notable esforzo físico por parte de moitas das actrices e actores, polos movementos e as coreografías, entre o poético e o brutal, e que achegan picos de surrealismo e desacougo aos asistentes, como na escena na que unha das actrices á arrastrada violentamente por todo o escenario por un compañeiro ou a arrepiante escena da cuadrupedia sobre vasos de cristal. Resulta sorprendente que case ningún dos membros do elenco tivese formación previa en danza. Tamén sorprende moi gratamente a inclusión no reparto de actores autistas, algo co que celebrar que os nosos dicionarios xa non os tilden de enfermos, senón de persoas cunha configuración cerebral diferente. Os trece do elenco fan un traballo notable sobre o escenario, dando corpo ao pesadelo ideado por Salgueiro, entre as notas dunha banda sonora moi acaída, aínda que, por desgraza, ás veces o seu volume tapaba as escasas liñas de diálogo. Dese pesadelo só damos espertado na escena final cuns berros que nos sacoden desde a sala de butacas e que nos traen de volta á realidade, a unha realidade onde envorcallados no vómito negro dun petróleo que nos empuxa a todos cara ao fondo, apenas lle queda á elite (só a unha pequena parte dela?) a opción de unirse á rebelión das masas pola supervivencia, previo reencontro e reconexión co outro (coa outra), previa redención por medio do abrazo á interdependencia e, se cadra, tamén á ecodependencia. Unha rebelión final que non casualmente é protagonizada exclusivamente polas actrices, representando se cadra a morte da masculinidade dominadora, parte inseparable do modelo capitalista e ecocida, e que fora asomando, cruel, nalgunhas escenas da obra.

Da sensación de pesadelo que transmite a obra só damos espertado cos berros da rebelión.

Helena Salgueiro, autora e directora da obra, ten o mérito de non afundir navegando a complicada ruta entre a beira das dramaturxias de vangarda (?) e das performances crípticas, e a beira oposta do sobreexplícito e do literal, beira esta na que encallan demasiadas veces as benintencionadas creacións artístico-activistas que abordan os problemas ecolóxicos, o caos climático ou o propio colapso da civilización. Con todo, debemos alegrarnos de que cada vez máis creadoras e máis compañías de teatro se decidan a abordar, con crecente diversidade de tons e estilos, o gran tema do noso tempo, e que obras como Solar, De què parlem mentre no parlem de tota aquesta merda, As Fillas Bravas e o mito de Casandra, Quiero colapsar a tu lado ou Un momento precioso comecen a aparecer nas carteleiras dos teatros, ofrecendo unha visión alternativa á da sobredose de series e películas apocalípticas. O teatro ten tamén moito que dicir nesta época de decadencia e colapso da civilización capitalista, ten moito que achegar á sempre reclamada construción de novos imaxinarios, e creacións como Salón Colorado supoñen unha achega cunha elaboración diferente, máis apegada ao pathoslogos, que apela directamente ás nosas emocións sen pasar por unha narración convencional, dentro da transmisión artística das sensacións propias da nosa tráxica época. Aínda que inicialmente non está previsto que haxa máis representacións da obra, oxalá poidan atopar a maneira porque ben merecería unha xira completa por todo o país.

Polo de agora quedamos apenas coa lembranza dunha obra impactante e orixinal sobre o colapso, e co sinxelo programa de man da mesma onde podemos ler a coñecida cita do creador do municipalismo libertario e referente clásico do ecoloxismo social, Murray Bookchin: “Se non facemos o imposible, haberemos enfrontarnos co impensable”. Esta obra deixounos gravado o eco do berro lanzado desde o escenario, alertándonos de que xa chegamos ao impensable: “Estamos afundindo!!! Estamos afundindo!!!”... así que agora toca tentar facer o imposible: sacudirnos o pesadelo da suicida continuidade capitalista e patriarcal, se queremos ter algunha oportunidade de chegar a unha nova praia onde poder, novamente, respirar e respirarnos.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Teatro
Teatro ‘1936’: unha ferida aberta sobre o escenario
A nova produción dirixida por Andrés Lima converte a Guerra Civil en materia escénica, abrindo un espazo de reflexión crítica sobre as súas pegadas no presente.
Teatro
Teatro ‘1936’: una herida abierta sobre el escenario
La nueva producción dirigida por Andrés Lima convierte la Guerra Civil en materia escénica, abriendo un espacio de reflexión crítica sobre sus huellas en el presente.
Granada
Violencia Sexual Tres mujeres más denuncian agresiones sexuales del director de la escuela de teatro La Seducción en Granada
Las exestudiantes describen tocamientos y besos no consentidos durante su estancia en la escuela por parte del director, una denuncia que se suma a la interpuesta por otras seis exalumnas contra el docente, de la que informó El Salto Andalucía.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.

Últimas

Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.
Tren de alta velocidad
Problemas ferroviarios Llegar a tu casa a las cuatro de la madrugada o cómo pasar la tarde del domingo atrapados en un tren
La línea de Iryo Sevilla-Madrid Puerta de Atocha fue uno de los 30 trenes afectados por las fuertes demoras. Su llegada, programada a las 20:50hrs, se produjo a las 3:05hrs de la madrugada sin apenas haber dado información a sus viajeros
Reducción de jornada
Reducción de jornada Cada vez está más cerca la semana laboral de 37,5 horas
Aprobada hoy en en Consejo de Ministros, la reducción de la jornada máxima legal será tramitada de urgencia en un Congreso que exigirá medidas compensatorias.
Rumanía
Rumanía La ultraderechista Alianza para la Unión de los Rumanos de George Simion se destaca para la segunda vuelta
La extrema derecha rumana sale de nuevo reforzada pese a la eliminación de la carrera electoral de su otro representante, Calin Georgescu. La segunda vuelta de las elecciones será el 18 de mayo.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.