CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta de Feijóo pagou sete millóns en dous anos polo Land Rober, que hoxe entrevista a Alfonso Rueda

Este xoves, o actual presidente galego acode ao programa de Roberto Vilar no que se podería ler como un dos seus primeiros grandes actos de precampaña para as eleccións de 2024. En dous anos, custoulle 6.973.971 euros ás arcas públicas.
juego de tronos feijoo
O entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, simulando ser un personaxe de Xogo de Tronos no programa. | Foto: CRTVG

Entre os anos 2021 e 2022, a Xunta de Galiza, gobernada nesa época por Alberto Núñez Feijóo, gastou sete millóns de euros en subcontratar a produción do coñecido programa nocturno Land Rober. Este late é un de programas líderes de audiencia en Galiza e polo que se paseou en varias ocasións o líder do Partido Popular durante os seus 13 anos como presidente e no que, este xoves, arrinca unha sorte de precampaña o seu sucesor, Alfonso Rueda. Non así os seus adversarios e adversarias políticas no Parlamento de Galicia. Sen contar os acordos de 2023, que a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) aínda non publicou no seu portal de transparencia, entre 2021 e 2022 subscribiron un total de cinco contratos que, xuntos, suman 6.973.971 euros de diñeiro público.

Medios de comunicación
Medios Imputado por presunto acoso laboral o director da TVG
Un Xulgado de Compostela abre dilixencias contra a Dirección da CRTVG como “presuntos autores dun delito de acoso moral e dun delito contra os dereitos dos traballadores”.

Aínda que a información é pública, tamén é concisa. Trátase de cinco licitacións pechadas nas que a dirección da CRTVG, imputada recentemente por presunto acoso laboral e cuxas traballadoras levan 281 semanas en folga, solicita os servizos da produtora C.T.V. SA. Cada unha das licitacións compóñena 15 programas por un total de 1.394.794,28 euros. E o contrato repítese exactamente igual outras catro veces, aínda que a plataforma de transparencia da televisión pública galega non permite acceder ao contido pormenorizado dos servizos solicitados. Só a cantidade de capítulos e o montante final malia ser unha utilización millonaria de recursos públicos.

Un programa de humor cómodo para o entrevistado

As aparicións de figuras políticas en Land Rober son infrecuentes e, agás unha excepción, sempre foron vinculadas ao Partido Popular de Galiza. De feito, o director xeral da corporación pública e responsable último dos contidos que se emiten, Alfonso Sánchez Izquierdo, foi nomeado a dedo por Feijóo ás poucas semanas de converterse en presidente da Xunta en 2009. As aparicións do líder do PP e candidato frustrado da investidura á presidencia do Goberno sempre foron afables e en clave humorística. Como na imaxe que ilustra esta información, onde o galego chancea con ser un monarca da popular serie Xogo de Tronos. A aparición do herdeiro de Feijóo no cargo, Alfonso Rueda, parece seguir o mesmo camiño.

De feito, soamente a publicación dunha promoción do novo episodio na que o presentador, Roberto Vilar, finxe ser un Garda Civil benévolo con Rueda levantou rebumbio nas redes sociais, recibindo críticas dos seus rivais políticos e da sociedade civil. Até tal punto que o propio presentador volveu a publicar un sketch ridiculizando as críticas recibidas e suxerindo que tamén as recibe das persoas afíns ao Partido Popular.

Un programa que abafou a unha moza coa súa expareja

Xusto no período temporal ao que estes contratos se refiren, a mediados de 2021, á dirección de Land Rober pareceulle boa idea tratar de arrinconar a unha muller nova que non sabía que nada daquilo ía acontecer para que escoitase e perdoase á súa exparella, coa que rompera por vixiar o seu teléfono móbil, entre outras condutas controladoras. No propio capítulo, que non foi emitido en directo, senón que foi unha decisión premeditada da produtora a de emitilo en diferido e polo tanto supervisado, a vítima explicou como aquel home a distanciou da súa contorna e até lle fixo perder un traballo. De feito, a CRTVG decidiu non subilo á súa plataforma de streaming.

Violencia machista
Análisis La Televisión de Galicia romantiza el acoso y el maltrato
El jueves pasado, en horario estelar, asistimos estupefactos en la Televisión de Galicia (TVG) a un episodio de exaltación del machismo y banalización de la violencia de género que pareció de otro siglo.

Os acontecementos suscitados entón xeraron unha serie de queixas. Dende a asociación Xornalistas Galegas, que expresou a súa firme condena catalogando o sucedido como un “atropelo” e unha “clara violación da intimidade dunha muller, así como unha banalización de comportamentos machistas”. Até o Comité Intercentros da CRTVG, que solicitou a eliminación do programa en cuestión, sinalando que non era en absoluto a primeira vez que presentaba “contidos machistas”.

Trala presión social unánime, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) viuse na obriga de emitir un comunicado no que argumentou que non tiña coñecemento dos acontecementos que ían ter lugar no programa ata que se transmitiu, e expresou o seu “pesar” cara a muller afectada. Pola súa banda, a produtora C.T.V., que delega a dirección do show á empresa do propio Vilar, Destino Bergen, defendeuse dicindo que non tiña coñecemento do contido do programa ata que se emitiu. Máis de dous anos despois daquel acontecemento, non se depurou ningunha responsabilidade pública. Nin na CRTVG, nin en ningunha das dúas produtoras.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

RTVE
Laboral El Supremo condena a RTVE por no reservar plazas para personas con discapacidad en sus oposiciones
El Ente debe crear ahora al menos 30 puestos con este perfil en su proceso, el 7% al que obliga a la ley a las empresas públicas. Los sindicatos denunciaron que la televisión pública no cumplía ni siquiera con el 2%.
Medios de comunicación
Kike García “El Mundo Today ha preferido el espíritu fanzinero al empresarial”
Kike García es cofundador y cara reconocible de ‘El Mundo Today’, diario satírico que cada día afronta el reto de superar en disparates a la actualidad.
Medios de comunicación
Precarización en Canal Extremadura Denuncian “la precarización” de Canal Extremadura en la cobertura del cónclave del Vaticano
Más de 100 trabajadores de los medios han denunciado ante la dirección del ente público la grabación del evento sin operador de cámara y con un teléfono móvil.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.