Derecho a la vivienda
Xuntanza pola Vivenda: loitando polo dereito a vivir en Compostela

Nace na capital de Galiza un movemento para autodenfenderse ante a especulación inmobiliaria.
Cartel Manifestación Vivenda Compostela
Carteis anunciando a manifestación pola vivenda en Santiago de Compostela. Cedida por Xuntanza pola Vivenda.
3 abr 2025 12:42

É xaneiro de 2025. Chove e un grupo de persoas espera na porta dun edificio cos abrigos abotoados ata arriba e os paraugas abertos. Non é que regalen nada. Tampouco están na cola dun concerto. Están esperando a unha inmobiliaria para ver un piso “accesible” en Santiago de Compostela. Este, en concreto, dunha soa habitación, vale 600 euros. Unha cantidade que ata hai moi pouco parecía moi cara, pero que agora está por debaixo da media dos pisos na capital galega.

“Eu xa non sei que facer, vou ver este porque ten luz, pero non vexo moita alternativa e mira a xente que hai esperando”, comenta un dos rapaces da cola, que ronda os 30 anos, cando se lle pregunta como ve a situación. Deste grupo só unha persoa “gañará” o acceso a este piso. Porque, aínda que en teoría é un dereito, nos últimos anos conseguir alugar unha vivenda parécese máis a un privilexio e a unha loita competitiva.

“Xa non é que case non me queiran alugar en case ningunha inmobiliaria por ser autónoma, é que ata hai sitios que deberían estar prohibidos”, conta Tamara Capelo, unha veciña da cidade. “Eu hai un par de anos vira un piso en Cruceiro do Galo que para acceder a el tiñas que pasar por unha escola infantil. Compartían a porta. E ao entrar, eran pisos que máis ben parecían faiados”.

Este tipo de situacións repítense: negativas ao alugueiro a segundo que colectivos, pisos de 40 metros cadrados por 1.000 euros, peticións de varias fianzas á vez para poder asegurar unha vivenda, pisos sen arranxar a prezos desorbitados...

Como a de Tamara, este tipo de situacións repítense por todas partes: negativas ao alugueiro a segundo que colectivos, pisos de 40 metros cadrados por 1.000 euros, peticións de varias fianzas á vez para poder asegurar unha vivenda, pisos sen arranxar a prezos desorbitados...

“É que acceder a un alugueiro semella máis unha entrevista de traballo que un dereito”, comenta Noa, unha rapaza que ata hai moi pouco buscaba piso na cidade. “Preguntan de que traballas, se vives soa, se tes mascotas, se tes pensando quedar moito tempo... Para despois dicir que ‘non es o perfil que buscan’ como me pasou a min algunhas veces. E todo iso contando que por 550 euros atopas un tugurio. É dicir, moitas veces trátante mal e fante unha entrevista para alugarche un piso que está fatal e que custa moito máis do que de seguro lle custou a moitas das persoas propietarias”, explica.

A esta situación súmanse os pisos turísticos, os pisos baleiros, a falta de vivenda pública e moitas outras problemáticas que fixeron que moitas habitantes da cidade dixeran basta. En concreto, desde a Asociación Veciñal A Xuntanza, no barrio de San Pedro, creouse un grupo para denunciar esta situación na cidade, a Xuntanza pola Vivenda, que busca ser “unha ferramenta de autodefensa baixo a que se organice a veciñanza para dar resposta de xeito unido a esta situación”.

Unha realidade insostible

Segundo o Observatorio Galego da Vivenda, o prezo do alugueiro na cidade de Santiago de Compostela incrementouse desde 2020 nun 36,69%, pasando dunha media de 451,9 euros a unha media de 617,7 euros. Ademais, un 18% dos pisos dispoñibles superan os 1000 euros ao mes. Se ben o concello, agora con Goretti Sanmartín (BNG), si que levou ao cabo algunha proposta para cambiar a situación, como a ordenanza que regula a comunicación das vivendas de uso turístico (VUT), desde a Xuntanza pola Vivenda consideran que ese é un “parche” e que fan falta máis accións para darlle a volta a esta realidade.

Desde a Xuntanza pola Vivenda consideran que a VUT é un “parche” e que fan falta máis accións para darlle a volta a esta realidade.

“A vivenda dentro do sistema capitalista é un ben de mercado máis, polo que non se poden analizar os seus cambios sen ter en conta os fenómenos que ocorren dentro do propio sistema”, comentan desde a Xuntanza pola Vivenda. “Ao sistema está pasando por unha crise moi clara, e iso reflíctese tamén na vivenda, cunha clase traballadora con menos poder adquisitivo, e persoas propietarias que non deixan de aumentar o prezo dos alugueiros para paliar esa mesma crise e aumentar os seus beneficios”.

Pero, recordan desde a Xuntanza, xa non se trata só de que aumenten constantemente os prezos por mor da turistificación masiva, a afluencia de estudantado e a propia demanda de vivenda por parte da poboación local, senón que isto conleva un empobrecemento progresivo da poboación que, no caso galego, xa dedica máis dun terzo do seu soldo ao alugueiro. E todo ademais en casas en mal estado e sufrindo prácticas abusivas por parte de rendistas e inmobiliarias.

“E iso sen contar as restricións ás persoas migrantes, LGTBIQ+ ou en xeral a aquelas que non cumpren os requisitos das familias tradicionais son evidentes”, denuncian desde o colectivo. “E tamén a a necesidade de superar múltiples trabas económicas e burocráticas, como son avais, fianzas e a obriga de ter seguros “antiokupación” que pagamos nós. Porque a situación de alarma social sobre a okupación que chega desde os medios de comunicación con máis alcance se enmarca na idea de colocar ás persoas de maior vulnerabilidade como criminais culpables de todos os males da sociedade”.

Asemblea do colectivo Xuntanza pola Vivenda. Cedida polo colectivo.
Asemblea do colectivo Xuntanza pola Vivenda. Cedida polo colectivo.

Por outra banda, desde o colectivo compostelán tamén denuncian a práctica dos chamados “desafiuzamentos invisibles”. Prácticas e dinámicas abusivas por parte de caseiros ou inmobiliarias para expulsar xente das súas casas.

“Temos rexistrados casos onde impoñen subas ilegais do prezo do alugueiro e, ante a negativa a asumilas, empregan diferentes tácticas de violencia, como non facerse cargo dos arranxos, presións ou intimidacións”, din desde o colectivo.

“Desgraciadamente, temos coñecemento de múltiples ocasións nas que se empregan  dinámicas deste estilo aproveitando o descoñecemento xeneralizado que existe da Lei de Arrendamentos Urbanos”, comentan desde a Xuntanza. “Por exemplo temos rexistrados casos onde impoñen subas ilegais do prezo do alugueiro e, ante a negativa a asumilas, empregan diferentes tácticas de violencia, como non facerse cargo dos arranxos, presións ou intimidacións, para cambiar o arrendatario da propiedade. Ou outras estratexias, como alegar falsamente que un familiar precisa facer uso do domicilio para aproveitar o incremento das rendas do alugueiro e expulsar as persoas desta vivenda”.

A VUT, unha solución insuficiente

“Para nós, a situación de Compostela é límite —hai catro pisos turísticos por cada vivenda dispoñible para a veciñanza— polo que pensamos que o uso turístico dos pisos debería prohibirse categoricamente”, esixen desde o Colectivo. “Alén disto, é importante socializar que precisamos iniciar un debate público na lóxica que apunta o lema da manifestación do sábado ‘Acabar co negocio da vivenda’, e reflexionar sobre se nos parece coherente un sistema onde, tendo todas as capacidades e recursos para garantir unha vivenda de calidade para o conxunto da poboación, se enfoque a vivenda como un ben para a especulación e o lucro individual. E onde haxa xente que non pode acceder a unha vivenda, mentres milleiros de pisos baleiros apodrecen na cidade”.

Desde a Xuntanza pola Vivenda apuntan que son un colectivo en construción e que, dentro del, aínda lles queda moito por debater, reflexionar e esixir para poder responder nun futuro “cun programa público sobre a vivenda” na cidade compostelá. Pero o que si teñen claro, é que a situación ten que mudar.

“Poderiamos dicir que unha das motivacións polas que moitas integrantes de Xuntanza pola Vivenda decidimos impulsar este espazo reside na necesidade de escoita, formación e organización colectiva para ter recursos coas que combater este tipo de prácticas tan comúns na cidade de Santiago, onde vivir como inquilina supón ter que rotar de forma constante de domicilio coa inestabilidade vital que leva aparellada para calquera persoa que o sofra”, reflexionan desde o colectivo.

Porque, lembran, non pode ser que a xente pague o alugueiro a costa de levar unha vida de miseria, vivindo en condición inhumanas e non puidendo dedicar os cartos a outros ámbitos da súa vida que non sexan a súa residencia. Elas, como moitos outros colectivos e organizacións, estarán o sábado na manifestación estatal que quere denunciar esta situación en todo o estado español.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Derecho a la vivienda
Econtrar un piso Reglas del juego si eres clase media y quieres comprar un piso en Madrid en 2025
La motivación a la hora de escribir este artículo nació de la tristeza que sentimos al encontrar un piso y, tras haberlo reservado, escuchar a otros pares que, sin siquiera haberlo visitado, ya querían quitárnoslo ofreciendo más dinero.
Madrid
Madrid Vecinas de Tribulete 7 presentan demanda colectiva por acoso inmobiliario contra Elix Rental Housing
Es la primera demanda colectiva que se presenta en España contra una socimi. El inquilinato quiere conservar sus hogares e impedir que se desarrolle el plan de pisos turísticos que pretende el propietario.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.