Derecho a la vivienda
Xustiza rendista na Zapateira invisible

A xustiza sentencia un desafiuzamento sen probas de impago sobre unhas vivendas que supostamente non existen.
Zapateira 2
Un grupo de infravivendas da Zapateira. Foto: Vicente González.
Colectivo Anomias
6 may 2021 11:30

A situación actual do acceso a unha vivenda adecuada e asequible produce escenarios que vulneran toda lóxica de dereito. Aquelas chamadas “chabolas para estudantes”, identificadas no estudio da Escola Tecnica Superior de Arquitectura (ETSAC) en 2008, conforman actualmente a principal bolsa de alugueiro na Zapateira. Trátase un conxunto precario de máis de 100 pequenas vivendas (entre os 12 e os 30m2) repartidas en alomenos 12 parcelas polas que se piden rendas entre os 180 e os 350€.

Derecho a la vivienda
Prórroga del ‘escudo social’ Colectivos sociales califican de “parche” la moratoria de desahucios y de cortes de suministro de tres meses
La prórroga de las ayudas a la vivienda incluye finalmente los cortes de agua, luz y gas, pero aplaza a verano —sin solucionarlo— el problema de los desahucios y las deudas contraídas por las moratorias.

Mentres o relato oficial non quere dar por feito que estas construcións seguen a ser alugadas como vivendas, nin as recoñece como tales, a propiedade dunha destas parcelas (donos doutros 3 terreos explotados con este mesmo negocio) tivo que demostrar unha relación contractual cun inquilino para poder solicitar o seu desafiuzamento dun dos módulos.

Aquelas chamadas “chabolas para estudantes”, identificadas no estudo da ETSAC en 2008, conforman actualmente a principal bolsa de alugueiro na Zapateira.

A reacción municipal é a inoperancia. A da Xustiza é inda máis lesiva: recoñecer únicamente os dereitos mercantís do arrendador sobre calquer outra disposición. Como se pode sentenciar o desafiuzamento dun fogar que non existe? Nesta alegalidade sostida pola administración atópase J.L., residente dende o ano 2003.

Hai cuestións que só pode responder este residente como suxeito afectado polo que parece ser a primeira sentenza de desafiuzamento no contexto das infravivendas calotas da Zapateira. Alén delas, a pregunta que atravesa ás persoas que nalgún momento se achegaron a esta problemática é a seguinte: por que as vivendas autoconstruidas por grupos carenciados son ameazadas e non recoñecidas e, sen embargo, aquelas construidas para a explotación da pobreza son lexitimadas e, a súa mercantilización, protexida polas institucións e o poder xudicial?

Un dos argumentos delusorios das propietarias, cando estas lucrativas promocións de infravivenda saíron á luz, era que respondían á necesidade de alugueiro económico e flexible para moitas persoas en diversas circunstancias. Pois ben, se esta é a motivación das rendeiras da Zapateira, unha posible solución para este conxunto sería regularizalo e incorporar as devanditas habitacións ao inventario de vivenda social para a cidade. Resulta evidente que existe unha necesidade acuciante de vivenda asequible e de flexibilizar as condicións dos alugueiros para que dean resposta á enorme diversidade da demanda habitacional existente.

Por que as vivendas autoconstruidas por grupos carenciados son ameazadas e non recoñecidas e, sen embargo, aquelas construidas para a explotación da pobreza son lexitimadas?

No caso da Zapateira, a demanda de alugueiros económicos nesta área da cidade xurde coa implantación, a mediados dos 70, da universidade da Coruña no lugar. A súa presenza propiciou unha diversificación da veciñanza e das necesidades de servizos e de modelos de vivenda. A rixidez das políticas urbanas impide que se dea resposta a esta diversidade nun entorno no que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) únicamente permite vivendas unifamiliares. A falta de visión de cidade por parte do Concello e de capacidade xestora dun territorio mutante como a Zapateira supuxo que non se facilitase a inclusión de novos usos nin se dotase de elementos urbanos básicos ou espacios públicos a esta urbanización monofuncional.

A explotación dos perímetros das parcelas para alugueiros, a miudo sumerxidos, así como a fragmentación de pisos en infravivendas no castro de Elviña suplantou a inacción municipal e articulou un proveitoso mercado para as propietarias. Despois de case dúas décadas de connivencia institucional, resulta hipócrita situar o debate na ilegalidade destas construcións, en lugar de asumir que son un produto directo da carencia dunha política pública de vivenda e dunha visión urbanística capaz de entender que na súa existencia problematizada está a solución. O que non parece razoable é que as arrendatarias continúen obtendo beneficios da inoperancia municipal e se enriquezan a costa de precarizar aínda máis o mercado de vivenda. A veciñanza propietaria da Zapateira obtivo todo o apoio institucional e recursos municipais para expulsar, non hai moito, a un grupo de personas que ocupaban unha vivenda baleira próxima a este conxunto e á residencia do presidente da asociación veciñal. Cambia moito o panorama cando se trata de protexer ou defender á veciñanza inquilina que reside nestes conxuntos precarios.

O poder do que se serve a propiedade evidénciase no mesmo feito de que non existe unha alternativa habitacional a estas infravivendas. En ningún punto da cidade se pode acceder a un alugueiro inferior aos 350€ sen compartir a túa vivenda, nesta trampa da neolingua capitalista que deron en chamar coliving. O que leva acontecendo no monte da Zapateira non é unha cuestión normativa nin unha infración urbanística, trátase da expresión construida dos abusos das clases rendistas que, con total impunidade, exprimen e rendabilizan o solo que posúen, fragmentándoo e alugando pequenos habitáculos a quen, ante á falta de alternativas reais, só pode ceder boa parte dos seus ingresos para ampliar os beneficios das propietarias. Falamos con J.L., residente dende o ano 2003, agora ameazado de desafiuzamento.

“En ningún momento do proceso foi relevante a situación legal das infravivendas”

En que momento comezaron os conflictos coa propiedade?
Ao redor do ano 2016, dende o momento que eu era o único inquilino con “renta antiga” e estaban alugando os módulos individuais, como os meus 12m2 por 180€ ou xa 200€ despois. Que eu pagara só 130€ era un problema e aí comezou o acoso e a presión para que abandonara o lugar.

Resulta difícil comprender como pode darse unha demanda de desafiuzamento dunha construcción non recoñecida como vivenda. Como se desenvolveu o proceso xudicial polo desafiuzamento?
O xuízo centrouse na denuncia da propietaria, que presentou documentación catastral e alegou que tiña un contrato verbal, que así é. Considerouse que non quedou demostrado o acoso e que non quedara probado que o inquilino pagara o alugueiro durante o período reclamado. Fundamentouse na ausencia dos recibos, aínda que fora eu quen esixiu que empezaran a darme recibos co pago das rendas, que durante anos nin eso había. E a partir do momento en que quixeron botarme de aquí, deixaron de vir cobrar nin entregar recibos. A denuncias que interpuxen contra a propiedade foron todas sobreseídas, non foi así coas súas. En ningún momento do proceso foi relevante a situación legal das infravivendas.

Que pasos tes dado desde que se confirmou a sentenza de desafiuzamento?
Contactei con varios colectivos da cidade implicados nestas cuestións, cos medios de comunicación e incluso co propio concello e coa oposición. Pero é unha situación difícil de resolver. Pedín dúas veces cita co IGVS pero non obtiven resposta.

No SEPE encóllense de hombros e dinme que non teño experiencia demostrable, que está complicada a cousa. Son arquitecto, seino ben. Traballei na economía sumerxida e levo moito tempo buscando, pero cada vez o vexo máis imposible. Non se pode facer vida aquí.

O peor é que, ao perder o xuizo, non só me botan do que foi o meu fogar case 20 anos senón que tería que afrontar os custos. Como non teño un salario mínimo, polo de agora, non mo van reclamar, pero no futuro podería ser.

Cando se puxo este asunto en mans do Concello de A Coruña, cal foi a súa reacción e accións posteriores?
Pois no que respecta as áreas de urbanismo, vivenda e incluso servicios sociais, unha actitude de total protección e connivencia coas propietarias da Zapateira. Hai máis dunha década que son coñecedores desta problemática, pero ningún goberno local fixo ningún movemento ao respecto. Desde que se confirmou a sentenza de desafiuzamento puxen o caso nas mans de servicios sociais, pero non me deron solución.

Durante o último ano cambiáronme ata tres veces de traballadora social, non houbo forma de que o meu proceso tivera unha mínima continuidade e moitos prazos para determinadas accións foron pasando, co que foi aínda máis complicado protexerme. Solicitei o bono Aluga, pero para obtelo teño que ter un contrato de alugueiro ao meu nome, a outra opción que me deron foi acceder a un piso de transición. Isto é unha habitación nun piso compartido durante tres meses, para buscar outras alternativas, pasado ese tempo tes que deixalo tamén.

”A partir do momento en que quixeron botarme de aquí, deixaron de vir cobrar nin entregar recibos”

O problema do bono Aluga é que teño que afrontar un alugueiro só, que cos ingresos básicos resulta case imposible, e ter unha base de aforros para responder aos gastos durante a demora en ingresar a axuda, que son 6 meses de media. Quen me aluga a min cunha renda mínima, sen nómina nin seguro? Son medidas que non resolven cuestións de emerxencia.

Coñeces algún outro caso de conflictos semellantes coa propiedade nestas construcións da Zapateira?
Non coñezo ningún caso. Cada veciño vai á súa, teño falado con algúns que non están contentos coas condicións ou que tiveron algún roce coa propiedade, pero en canto poden buscan outro sitio e marchan. A interacción é mínima e hai moita rotación de xente, tan pronto como queda unha baleira, ocúpase de contado. Tamén é normal que ninguén queira por o foco sobre o que acontece aquí: cando tes un problema estamos a ver que estás completamente desprotexido e que tampouco hai unha alternativa habitacional. Por iso funciona tan ben este negocio.

Como se viviu este último ano de restricións na movilidade e de confinamento neste contexto? Tes falado con algunha veciña sobre cómo afectou esta situación?
A única vantaxe de estar aquí é que podes non cruzarte con ninguén. Se estivera nun piso compartido sería máis duro. Con todo, aquí estivemos encerrados en 15m2, entre catro paredes. Foi duro. Había unha inquilina veciña que estivo esa temporada porque traballaba no CHUAC e tamén lle resultou moi difícil. Ademais, coa dixitalización dos servizos, como non teñas internet estás perdido. Para pedir unha cita nos servicios sociais, para tramitar calquera cuestión de emerxencia, non atenden en presencial e sínteste indefenso.

Que vas facer agora?
Non me quedan moitas opcións. Estou moi pendente de se finalmente se amplía ou non o estado de alarma. No momento en que se retire, vai haber unha avalancha de desafiuzamentos, non só o meu. Vou tentar lograr unha prórroga, sei que terei que saír de aquí, pero alomenos gañar algo de tempo, aforrar algo ou conseguir algún traballo. Pero non é seguro que se consiga, de feito se a propiedade pode demostrar que non ten ingresos suficientes, podería forzar igualmente o meu desafiuzamento. Tendo en conta que o meu caseiro ten máis de 30 chabolas alugadas e outras moitas propiedades, sería demencial, pero á vista do meu caso persoal… Está claro que todo o sistema está pensado e organizado para protexer os propietarios.

Desahucios
Impunidade urbanística na Zapateira
Leva 17 anos alugando un galpón ilegal construído no barrio coruñés da Zapateira, nun caso que visibiliza a falta de acceso a vivenda pública accesible na Coruña.

O desafiuzamento de J.L. está previsto para o próximo 11 de maio, salvo que se consiga pospoñelo, aínda que é consciente de que terá que buscar outra residencia. O que acontece na Zapateira en relación a estas vivendas non remata neste caso concreto, senón que presenta unha continuidade preocupante no futuro se non se adoptan resolucións con perspectiva de cidade que poñan coto á especulación rendista sobre este territorio. O que comezou como unha cuestión habitacional moi ligada á universidade e á carencia dunha residencia estudiantil pública foi imbricándose na problemática xeralizada de vivenda na cidade e, atualmente, continúa a pleno rendemento coa complacencia do concello.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Análisis
Análisis El franquismo y la “limpieza de las ciudades” de españoles y españolas de provincias
Hay una idea extendida sobre la relación del régimen franquista con los movimientos migratorios, pero la cara amable y permisiva de la dictadura con los procesos migratorios desde los sesenta no se extendió en las primeras décadas de la dictadura.
Movilidad
¿Derecho a aparcar? El derecho a aparcar: Alcalde, ¿dónde dejo mi elefante?
Es indispensable abrir un cuestionamiento radical, sincero, del “derecho” a aparcar y de la imposición del vehículo privado como patrón de diseño de nuestros paisajes urbanos.
Granada
Derecho a la ciudad Cuatro heridos y un detenido en el intento de desalojo ilegal de un centro social en Granada
A final de la jornada del lunes los activistas han conseguido que AMA Desokupa abandonen la calle Azacayas y se comprometan a no volver en dos meses.
Memoria histórica
Memoria histórica Cultura, exilio e loita das bibliotecarias galegas na Segunda República: a vida de María de los Ángeles Tobío
Durante os primeiros anos trinta, as bibliotecas tornaron en espazos de traballo ideais para un modelo de muller que aspiraba ser independente e que manifestara un claro compromiso político. A Guerra Civil remataría con todas as súas aspiracións.
Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.

Últimas

Historia
Descifrando a historia Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
A monarquía española quixo implantar a Contribución Única, algo que provocou fortes protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.
Paterna
Paterna Vandalizan el muro de Paterna donde el franquismo fusiló a 2.238 personas
El paredón amaneció este viernes con grandes letras pintadas con spray negro donde se podía leer “Sagredo eres maricón y tarado”, en referencia al alcalde del municipio.
Más noticias
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión La unidad del anarcosindicalismo es la acción conjunta
Al hilo de supuestos movimientos desde la CGT hacia la unificación con CNT es necesario diferenciar entre lo que es una relación en clara mejora y lo que sería un proyecto real en marcha.
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.