Alimentación
Cidadanía alimentaria

Tecendo lazos entre o campo e a cidade.

Cidadanía alimentaria_1
A cidade e o rural dialogan para garantir un consumo e unha produción responsábeis. Óscar Górriz
26 nov 2017 11:56

Benín era un país marxista que non coñecía a fame negra. Un pequeno lugar no mundo onde a xente cultivaba o que comía. É dicir, era un lugar cunha economía moi semellante á Galicia de 1950. Un día, xa na década dos noventa, o Goberno de Benín decidiu seguir os consellos dos organismos internacionais e incentivou a produción de algodón para a exportación. As terras comezaron a ser acaparadas e os labregos fixéronse xornaleiros. As condicións de vida da poboación melloraron; cos novos salarios mercaban comida que viña de fóra. Benín medraba, así, a conta de perder soberanía alimentaria. A suba dos prezos do mercado mundial de alimentos, en 2008, deu como resultado que finalmente coñecesen a fame negra e pasasen a depender da esmola internacional.

Esta breve e reveladora historia económica de Benín adoita ser utilizada polo ex-directivo da FAO e experto mundial en fame, Pepe Esquinas, para explicar dúas cousas. Por unha banda, a aberración que supuxo que grandes corporacións financeiras comezasen en 2007 e 2008 a especular cos alimentos na Bolsa de Futuros de Chicago (permitindo que podrezan colleitas enteiras para que os prezos suban, mentres morren 40.000 persoas de fame ao día). E, en segundo lugar, para contar como, a través da comida, perden os países a súa soberanía política. En 1973 o secretario de Estado dos Estados Unidos, Henry Kissinger, xa avisaba: “Controla o petróleo e controlarás as nacións; controla os alimentos e controlarás os pobos”.

Inseguridade ALIMENTARIA

Hoxe en día, os problemas de inseguridade alimentaria, a malnutrición e a fame afectan a todos os países do mundo. As reivindicacións sobre a protección do medio ambiente e o dereito a unha alimentación que non dane a nosa saúde coliden co muro dun sistema agroalimentario dominado polas grandes corporacións e cos gobernos que as serven. Carmen Lozano, profesora de Socioloxía Rural na UNED, explica que se trata dun muro invisible. “Existen numerosos intereses para que a cidadanía non vexa os procesos do sistema alimentario”. Lozano leva anos investigando estes mecanismos de invisibilización e como a cidadanía responde ante eles. Xunto con Cristóbal Benito, tamén profesor da UNED, sistematizou o concepto de ‘cidadanía alimentaria’, un termo que nas súas palabras, “é unha precondición” para sacar á luz o sistema.

Sobre o terreo, a cidadanía alimentaria tradúcese en iniciativas locais ao redor do mundo. No Estado español destaca Zaragoza, liderando –xunto á Fundación Entretantos– a Rede de Cidades pola Agroecoloxía; ou Valencia, que acolleu en outubro o Encontro Anual e Cumio de Alcaldes polo Pacto de Milán 2017, que é o primeiro protocolo internacional en materia alimentaria que se realiza a nivel municipal. Existen experiencias variadas que contan con maior ou menor apoio institucional: mercados locais con produtos de proximidade, cooperativas de consumo, hortas urbanas de produción ecolóxica, iniciativas para a redución do desperdicio alimentario, etc.

Hoxe en día, os problemas de inseguridade alimentaria, a malnutrición e a fame afectan a todos os países do mundo.”

Todas elas conforman o exercicio da cidadanía alimentaria e permiten certa resiliencia local ante o previsible “colapso” dun sistema extremadamente dependente do petróleo, por empregar o mesmo termo que Manuel ‘Casdeiro’ no seu libro A esquerda ante o colapso da civilización industrial (Touda & Véspera de nada, 2015). E, por outra banda, a cidadanía alimentaria permite non abandonar a necesaria acción internacional.

A despensa máis lonxe

As grandes empresas, a través dos seus negocios, deciden o que temos que comer e cando facelo. Comeremos mandarinas procedentes de Sudáfrica, fabas de Chile, garavanzos de México e aceite de palma de quen sabe onde! En Galicia, producimos menos do 50% do que comemos, segundo estiman Carreira e Carral n‘O pequeno é grande (Através editora, 2014). Pero en Asturias, por exemplo, estímase que máis do 80% do que comen vén de fóra do seu territorio. O significado da dependencia alimentaria resumiuno moi ben o ex-presidente uruguaio José Mujica: “O pobo que abandona a agricultura abandona a comida. A despensa ten que estar preto da cociña”.

Nos países industrializados, as froitas e legumes adoitan percorrer a miúdo máis de 5.000 quilómetros dende o punto de produción ao punto de venda, segundo un informe de Amigos da Terra en colaboración con varias universidades do Estado. A comida viaxa cada vez máis e máis e cada vez emprega medios de transporte máis contaminantes, coma o avión. Isto, sumado ás emisións procedentes da agricultura industrial, aos cambios de uso do solo e ao envasado e procesado dos alimentos fai que o sistema agroalimentario mundial sexa un dos grandes causantes do Cambio Climático.

Pero o paradoxo do sistema alimentario non remata aí. Radicalmente oposto á idea de que o mundo non produce alimentos abondos para satisfacer as necesidades da poboación (unha premisa que adoita xustificar a intensificación da agricultura), Pepe Esquinas explica que o 60% dos alimentos que producimos acaban desperdiciados nalgún momento da cadea de distribución. “Como dicía Gandhi, na Terra hai abondo para satisfacer as necesidades de todos, pero non tanto como para satisfacer a avaricia de algúns”, cita Esquinas. Ante o despropósito do sistema alimentario mundial, cal debe ser a nosa resposta? 

Identidade rururbana

O escritor e experto en desenvolvemento rural, Jaime Izquierdo, fala da necesidade de “volver tecer lazos entre o campo e a cidade” como un dos valores importantes para a construción da cidadanía alimentaria. Dende a perspectiva agropolitana de Izquierdo, o campo e a cidade non poden continuar de costas; e a cidadanía post-industrial debe camiñar cara a unha identidade dual: urbana e rural. “Dentro duns anos, todos os asturianos saberán manexarse coas novas tecnoloxías, pero é posible que ningún deles saiba xa facer sidra. E que sería de Asturias se ninguén sabe facer sidra?”, chancea Izquierdo. A súa proposta é que nos ruralicemos, que desaprendamos un pouco as aprendizaxes da época industrial para poder construír novas fórmulas. E, en gran medida, isto aproxímase á proposta dos comúns urbanos que atopan, dende hai tempo, inspiración política nas prácticas pre-industriais que se manteñen no mundo rural, especialmente no que respecta á xestión comunitaria dos recursos.

Cidadanía alimentaria_2

Toda a Galicia urbana está conformada por territorios de natureza campesiña. Dise que, como sociedade, seguimos a ter a nosa alma no rural. Quizais teña moito que ver o serodio e abrupto proceso de axuste agrario que vivimos. Cambios que en Europa se deron ao longo de máis dun século, aquí concentráronse en escasas cinco décadas. En 1950 a nosa principal actividade económica era a agricultura de subsistencia. Eramos un pequeno Benín, máis branco e menos afrancesado, que tiña o 80% da súa poboación vivindo no campo. O traballo agrario representaba o 70% do emprego total; 50 anos despois esta porcentaxe reducírase ata o 10% e hoxe en día está ao redor do 5%.

Recuperación do mundo rural

Para reverter a dependencia alimentaria das nosas vilas e cidades hai que recuperar o mundo rural agrario. Gustavo Duch, experto en soberanía alimentaria sostén que “existe un urbanocentrismo que degrada o mundo rural. Se non poñemos atención a este, dificilmente poderán as cidades transitar cara a unha maior sustentabilidade”. Pero tamén debemos pensar na importancia dos hinterland, esas “terras posteriores”, que aquí coñecemos como espazos rururbanos. Ateigados moitas veces de alpendres, somieres como valados e pequenas hortas espontáneas lindando con naves industriais ou edificios de varias plantas. Impulsar e artellar unha conexión entre estes espazos de produción pode ser clave.

Marcial Blanco, do colectivo Zocamiñoca e activista da Marea Atlántica, apunta algunhas dificultades para o establecemento de políticas alimentarias que integren o hinterland coruñés. “Os proxectos de produción ecolóxica que existen son micro e non poden garantir o abastecemento continuado. Por riba, están moi diseminados, o cal complica a loxística. Éntrase nunha espiral na que os pequenos produtores ecolóxicos non se atreven a facer investimentos que os fortalezan porque non atopan apoios á comercialización e as administracións non os apoian porque non reciben garantías de subministración. Habería que facer un debate conxunto para ver de romper este círculo”. Con todo, como informa Silvia Cameán, concelleira de Xustiza Social e Coidados da Coruña, estanse dando pasos conectando a provedores ecolóxicos coas direccións das escolas infantís para a introdución destes alimentos. Algo que é posible sen mudar o prezo do menú escolar, uns 4,5 euros por neno, tal e como explica Mireya Royo, xefa do servizo de educación no Concello de Valencia, onde está en fase de contratación un proxecto para mudar a alimentación das escolas de titularidade municipal.

Por cada euro que gastamos en comprar alimentos procedentes da agricultura industrial, a sociedade paga dous euros en remediar os efectos negativos que a súa produción ten para o medio ambiente e para a saúde. Son datos da FAO. Se pensamos niso, quizais a cidadanía alimentaria sexa a opción menos cara tanto para nós como para as xeracións futuras.

Voces dende Europa
O pasado 26 de setembro, o Parlamento Europeo acolleu a xornada ‘Exercer a cidadanía alimentaria. A loita global pola alimentación’, organizada polo Grupo da Esquerda Unitaria (GUE-NGL). Estas son dúas das voces que se escoitaron.

Estefanía Torres, eurodeputada de Podemos.

“Europa quere invisibilizar a crise do actual do modelo agroalimentario mundial”

O concepto de cidadanía alimentaria comezou a ter presenza en Europa a través da voz da eurodeputada asturiana. “Para nós, exercer a cidadanía alimentaria é exercer poder de decisión e participación nas políticas públicas alimentarias, unhas políticas ditadas hoxe en día polas multinacionais, ás nosas costas, a través de organismos de lexitimación coma a OMC e dos tratados de libre comercio coma o TTIP ou o CETA”, explica. Torres é partidaria da transformación da actual Política Agraria Común (PAC) nunha Política Agroalimentaria Común (PAAC) que apele “non só a quen vive e traballa no campo, senón ao conxunto da sociedade”. É moi crítica co proceso de reforma da PAC que se iniciou de cara ao 2020: “Europa quere invisibilizar a crise do actual modelo agroalimentario mundial, tapar os conflitos e xerar un consenso pasivo no campo”.

Cristina Agrillo, xefa de relacións políticas de Slowfood Internacional.

“Preferimos falar de coprodutores que de consumidores”

SlowFood é un movemento que naceu como iniciativa local hai 30 anos nunha pequena vila do norte de Italia. Hoxe está presente en 160 países. Ante o dominio das grandes corporacións alimentarias, SlowFood proclama: ‘Eles son xigantes, pero nós somos milleiros’. Cristina traballa dende Bruxelas, entre outras cousas, para a redefinición dunha Política Alimentaria Común. “Pero queremos facelo co coidado de que non se converta nun instrumento continuísta”, advirte. “Cando nós falamos do sistema alimentario, falamos de pasar da consideración do alimento como unha mercadoría a consideralo na súa dimensión de dereito humano e de piar cultural”. “Preferimos falar de coprodutores en lugar de consumidores porque a cidadanía, a través das súas eleccións, pode contribuír a cambiar o sistema de produción”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Alimentación
Soberanía Alimentaria ¿Cómo hacer más accesible la alimentación sostenible a población en vulnerabilidad?
Existen proyectos en España que están intentado informar, sensibilizar y mostrar buenas prácticas en alimentación sostenible a personas en situación de inseguridad alimentaria, en los barrios o desde la infancia.
There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #2: de supermercados, las cosas del comer y todo lo que no sea Juan Roig
Segundo episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de los supermercados, las grandes superficies y sus alternativas cooperativistas.
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.