Nace o Seminario de Estudos Libertarios Galegos

A iniciativa xorde do colectivo Refuxios da Memoria na Coruña e conta co apoio de editoriais anarquistas como Ardora e Bastiana. Pretende ser un espazo de encontro para o debate e a reflexión colectiva arredor do socialismo libertario en Galiza.
Feria Libro Anarquista Coruña (FLAC)
Imaxe da Feira do Libro Anarquista da Coruña (FLAC) o pasado mes de setembro de 2023|Foto: Refuxios da Memoria.
22 feb 2024 06:00

O vindeiro sábado, 24 de febreiro, celebrarase a primeira xornada do Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG) na Revolteira da Coruña, un novo centro social situado no número 13 da rúa da Falperra da cidade herculina. Nesta primeira xornada de traballo, titulada “Socialismo libertario na Galiza”, están previstas diversas actividades que arrincarán ás 12 horas cunha charla de Dolors Marín (Hospitalet de Llobregat, 1957). Trátase dunha investigadora especializada na historia dos movementos sociais europeos contemporáneos, principalmente do movemento anarquista en Catalunya. A idea da charla é presentar as orixes, principios, estratexias e obxectivos do anarquismo para aquelas persoas non iniciadas, pois a intención deste Seminario é tentar achegar as ideas anarquistas a todos os públicos, que “non sexan actos pechados ou para xente militante, que poida vir todo o mundo”, sinalan dende o colectivo organizador.

Despois dun xantar popular na propia Revolteira, a xornada vai continuar ás 16 horas coa charla de Eliseo Fernández (Ferrol, 1967) sobre o anarquismo na historia do movemento obreiro galego, a súa especialidade como investigador. A seguir, sobre as 18 horas, haberá unha mesa de debate con tres persoas, militantes de base con certa traxectoria no anarquismo galego, para botar unha ollada libertaria á Galiza de hoxe en día. A idea é pensar as cuestións actuais que afectan ao país dende unha perspectiva anarquista: desde a crisis ecolóxica e o extractivismo ata os dereitos basicos. Finalmente, a xornada rematará ás 20 horas co concerto de Bombus Bombus, unha proposta musical de Xoel López e Pablo Caamiña Ursusson.

Unha longa traxectoria

Dende finais do século XIX ata o golpe fascista de 1936, o anarquismo galego publicou arredor de 100 libros agrupados en media ducia de bibliotecas. A Galiza libertaria foi un terreo moi fértil para iniciativas culturais hai agora máis dun século, abranguendo dende propostas centradas na educación infantil e a chamada educación non formal e para adultos ata diversos proxectos editoriais. Do mesmo xeito, puxéronse en marcha numerosos ateneos e centros sociais e promovéronse actividades artísticas a moreas, que tamén empregaban a acción directa.

O 8 de setembro de 1907 constituíase na Coruña a Unión Campesina, primeira organización agraria revolucionaria promovida polo anarquismo galego, coa finalidade de estender as loitas do proletariado cara a contextos non urbanos. Precisamente neses contextos urbanos como A Coruña o apoio mutuo e a acción directa, principios motores do anarquismo, traducíronse nunha grande cantidade de iniciativas nos barrios obreiros do Orzán e Monte Alto. Foi no Orzán onde xurdiu o Centro de Estudos Sociais Germinal no ano 1902, a biblioteca Aurora (1914-1918) e décadas antes a Escola Laica para Adultos (1891), alén de numerosos xornais de matriz anarcosindicalista. Cómpre falar tamén das casas-refuxio das mulleres libertarias no barrio das Atochas en Monte Alto, xa cando triunfara a sublevación fascista, e cuxa traxectoria recupera e reivindica a asociación Refuxios da Memoria dende hai anos na Coruña o día 10 de xullo, día das mapoulas libertarias.

Lembremos que A Coruña era, segundo o cronista político de comezos do pasado século Sangro y Ros de Olano, “un caso único no mundo do anarquismo práctico, unha colonia libertaria”. Esta sona fora gañada ao longo dun proceso de mobilización obreira que comezara cunha serie de conflitos gremiais a mediados do século XIX na cidade e que se dotou de certa estrutura coa fundación da Federación Local Obrera (FLO) no 1871, que pertencía á Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional.

Outras actividades do SELG

Logo duns anos de traballo arredor da memoria anarquista galega da asociación Refuxios da Memoria, dende a mesma xorde a necesidade de crear espazos de reflexión colectiva sobre as prácticas e ideas anarquistas na actualidade, “tentar deixar ao lado esa especie de minifundio, onde existen bastantes colectivos e individuos ao longo do país que practican a acción directa, pero onde faltan espazos de encontro e reflexión para pensar a organización política dende o anarquismo“. Con ese obxectivo, alén da primeira xornada do día 24 de febreiro xa comentada, vaise organizar unha segunda xornada baixo o título ”Organizando a resistencia I: Anarcosindicalismo" o sábado 6 de abril.

Seminario Estudos Libertarios Galegos
Cartaz do primeiro Seminario de Estudos Libertarios Galegos que vai ter lugar ao longo do ano 2024.

Posteriormente, nunha terceira xornada o sábado 18 de maio, abordaranse os modelos e experiencias organizativas do sindicalismo social libertario na península ibérica. Contará coa participación de persoas e colectivos de todo o Estado que falarán das súas experiencias na defensa da vivenda e outras cuestións de actualidade. Segundo comentan dende o colectivo organizador, "temos a impresión de que fai falla un suxeito colectivo libertario con capacidade de facer unha análise da situación do país; non só da cuestión laboral, senón pensar o país dende unha perspectiva anarquista”. Neste senso, o 20 de xullo terá lugar unha cuarta xornada do SELG máis centrada no país e no territorio, onde se vai tratar a cuestión do autogoberno e as diversas experiencias das que extraer aprendizaxes para intervir na realidade actual do país. Finalmente, esta primeira edición do SELG vai rematar coa III Feira do Libro Anarquista da Coruña (FLAC) os días 14 e 15 de setembro. Neste evento presentarase unha pequena publicación que recolla as conclusións das xornadas.

Esta iniciativa xorde para quedar. Está previsto que haxa máis SELG, e que cada un deles aborde unha cuestión en profundidade mediante diversos eixos de debate desenvolvidos en xornadas bimestrais coma as deste ano. Ademais, todas as conclusións das xornadas serán recollidas en relatorios públicos coa idea de que poidan replicarse noutros lugares, a través de grupos de autoformación libertaria autónomos que emerxan ao longo do país.

Memoria histórica
10 de xullo, día das mapoulas libertarias
O vindeiro venres 10 de xullo, dende Refuxios da Memoria e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica na Coruña, propoñemos celebrar o día das mapoulas libertarias cun roteiro que comezará ás 19h no Campo da Rata.
Consumo
Templos literarios de proximidade
A cultura vencellada ao pequeno comercio en distritos da periferia resiste a través de novos proxectos cooperativos tamén na Coruña.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

El Salto n.79
el salto
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...