Antigitanismo
Hai que xitanizar as escolas!

Combatermos o antixitanismo segue a ser unha materia pendente nas aulas galegas. O racismo, a ausencia de contidos sobre o pobo xitano no currículum educativo ou a falta de formación do profesorado son algúns dos factores que explican que seis de cada dez mozas e mozos xitanos abandonen os estudos sen obter o título da ESO.
Colegio educacion primaria - 7
Aula escolar baleira. David F. Sabadell
5 abr 2021 12:00

“Desde os tres anos, cando comezamos na escola, temos que explicar que ser xitana non significa ser ladroa, non significa ser pobre, non significa ser sucia, non significa consumir ou vender droga”. Para María José Jiménez Cortiñas, máis coñecida como Guru, presidenta da Asociación Xitanas Feministas pola Diversidade e traballadora social, este é un dos exemplos máis radicais do antixitanismo presente na aulas, un tipo de racismo específico e estrutural que se exerce sobre a poboación xitana, tamén durante a súa época educativa.

Contigo empezó todo
La Gran Redada: la noche de los cristales rotos del pueblo gitano

La noche de los cristales rotos de los gitanos españoles, cuando pertenecer a esta etnia fue delito, se alargó 16 años en el siglo XVIII.

Guru, nacida en Ourense hai 43 anos, adoita dicir que a discriminación denunciada “se basea en datos, non en sensacións nin en casos puntuais”. Imos ás estatísticas. Os niveis educativos da poboación xitana aumentaron notabelmente na última década. No ano 2018, 19,4% tiña estudos secundarios ou superiores, fronte a 6,4% en 2005. E hai un claro ascenso na proporción de persoas con estudos, desde 29% en 2005 até 63,5% en 2018, como recolle o Estudo comparado sobre a situación da poboación xitana en España en relación ao emprego e a pobreza realizado pola Fundación Secretariado Gitano (FSG). Con todo, a fenda existente no acceso e mantemento no ensino regrado entre a xuventude xitana e o conxunto xeral da poboación segue sendo moi elevada. Actualmente, a taxa de abandono escolar sitúase en 60%, isto é, seis de cada dez mozas e mozos xitanos deixan os estudos sen obter o título da ESO. Para o conxunto da poboación esa porcentaxe redúcese até o 17%. Ademais, existe outra fenda, a de xénero: hai un menor número de nenas xitanas que obteñen o título de educación secundaria: 15,5 fronte a 19%. Así e todo, nos estudos superiores —malia seren datos moi baixos— a diferenza redúcese de 3% a 5% entre mulleres e homes.

“O que provoca as cifras de abandono é un sistema racista total, que se proxecta nas xitanas e os xitanos dun xeito feroz”

“O discurso habitual das institucións públicas é xustificar as cifras de abandono argumentando que as nenas e os nenos xitanos non titulan porque lles faltan habilidades ou por falta de apoio das familias, mais quen provoca estes datos é un sistema racista total, que se proxecta coas xitanas e os xitanos dun xeito feroz”, asegura Guru. Eloísa Teijeira desenvolveu a súa carreira profesional como mestra, psicopedagoga e orientadora da escola pública. Acaba de xubilarse pero segue involucrada en grupos de traballo para a formación do profesorado. Coñeceu a Guru no ano 2000 nun proxecto pioneiro desenvolvido no CEIP da Ribeira do Porriño, que naquela altura contaba con alumnado de secundaria, para loitar contra o antixitanismo presente nas aulas. “No colexio tiñamos escolarizada unha porcentaxe moi alta de alumnado xitano. Revisamos o proxecto educativo para batallar contra o alto índice de absentismo e o xeneralizado abandono temperán dos estudos”. Teijeira e o resto do equipo que impulsaban o proxecto detectaron que as necesidades da rapazada e das familias pasaban por engadir referencias á poboación xitana no currículum educativo, concienciar o profesorado e involucrar todas as familias na actividade diaria do centro. É dicir, debían traballar para converter unha escola de payas nunha escola deseñada tamén para as xitanas.

Xitanizar as escolas
Autora: Eva Carballo
“As familias xitanas só recibían información negativa por parte do profesorado: o seu fillo non vén a clase, non ten material, non se esforza”, relata Teijeira

Unha das primeiras accións foi introducir novos contidos coas achegas xitanas nas diferentes materias como a lingua, a historia, a música ou as ciencias sociais. O seguinte paso foi adquirir libros e contos con alusións ao pobo xitano para distribuír na biblioteca e nas aulas. Despois incorporaron referentes xitanas nas ilustracións e na decoración dos corredores e engadiron o Día Internacional do Pobo Xitano (8 de abril) ao calendario de celebracións do centro “para visibilizar o traballo continuo que realizaban durante todo o ano”. Outro dos obxectivos deste plan era que todas sentisen súa a escola e participasen das decisións e das actividades que se desenvolvían. “As familias xitanas non acudían de maneira normalizada a falar co profesorado, algo bastante comprensíbel, porque cando viñan só recibían información negativa: o seu fillo non vén a clase, non ten material, non se esforza etc”, relata Teijeira. Para corrixir estas prácticas, as titoras e titores comezaron a chamar as familias para informar dos avances, dos traballos que realizaban e dos aspectos positivos que caracterizaban a cada alumna. Alén disto, flexibilizaron os horarios para que nais e pais traballadoras puidesen acudir ás xuntanzas e Guru actuou como mediadora para favorecer o achegamento das familias ás aulas.

Xitanizar as escolas_2
Guru, activista e traballadora social e Eloísa Teijeira, psicopedagoga e mestra do ensino público. Autora: Eva Carballo

A implantación destas medidas tivo consecuencias a curto prazo. No primeiro ano “aumentou moitísimo” a asistencia do alumnado e a presenza de todas as familias no centro tornouse habitual, grazas á maior interacción entre as integrantes da comunidade educativa. Nos cursos seguintes continuou a redución do absentismo, a rapazada xitana acadou maiores éxitos académicos e moitas e moitos delas acabaron a secundaria.

“Ao Estado e ao sistema educativo non lles importa que nos libros de texto se fale de xitanos como ladróns”

Con todo, o caso do CEIP da Ribeira é unha rara avis. Logo de décadas de traballo no ensino público, Eloísa Teijeira define a escola como un espazo moi “payocentrista” porque segue sen ter en conta na súa organización e funcionamento os parámetros doutras culturas que non sexan a dominante. Unha das carencias detectadas hai vinte anos no centro do Porriño por esta orientadora segue vixente: a inexistencia de referencias positivas ao pobo xitano nos libros de texto. “O sentido do currículum é dar as ferramentas ao alumnado para comprender o mundo e a realidade xitana forma parte deste mundo. Estamos dando unha visión tendenciosa da sociedade”, lamenta Teijeira.

A ausencia da historia do pobo xitano nas aulas, ademais de negar a identidade dunha parte do estudantado, ten un impacto directo nas estudantes non xitanas porque, segundo Guru, fai que se sigan perpetuando os mesmos estereotipos e prexuízos: “Ao Estado e ao sistema educativo non lles importa que nos libros de texto se fale de xitanas e xitanos como ladróns”. As sucesivas leis educativas promulgadas polo goberno estatal levan ignorado esta demanda histórica desde hai décadas. A presidenta de Xitanas Feministas Pola Diversidade asegura que os pequenos avances conseguidos, como a celebración do Día Internacional do Pobo Xitano nos colexios, “son o resultado dun arduo traballo desde as organizacións e o activismo, non parten da vontade da Administración”. En 2019 a ministra de Educación, Isabel Celáa, anunciaba que a historia do pobo xitano ía formar parte dos contidos obrigatorios do currículum. Hai uns meses aprobouse a nova lei educativa, a LOMLOE, e no seu artigo noventa e dous expón: “Considerarase o estudo e o respecto de outras culturas, particularmente a propia do pobo xitano e doutros grupos e colectivos, contribuíndo á valoración das diferenzas culturais, así como o recoñecemento e a difusión da historia e cultura das minorías étnicas presentes no noso país, para promover o seu coñecemento e reducir estereotipos”. Porén, non queda definido como se vai trasladar esta modificación lexislativa á realidade das aulas.

A psicopedagoga Eloísa Teijeira demanda máis formación para o profesorado en diversidade

As voces consultadas para esta reportaxe coinciden en que o recoñecemento da identidade do pobo xitano debe ser unha liña a seguir de xeito transversal na escola e, ademais, propoñen que nas materias básicas como historia ou lingua haxa contidos de carácter obrigatorio que falen dun pasado e un presente no que todas esteamos representadas. E engaden que os cambios deben aplicarse “en toda a traxectoria educativa”, desde infantil até a universidade, concretamente naqueles graos que formen as profesionais que o día de mañá van educar e acompañar persoas, como as docentes, psicólogas, traballadoras sociais ou as pedagogas. Por mor da súa experiencia e traxectoria, Teijeira incide na importancia da preparación inicial e continua do profesorado en cuestións relacionadas coa diversidade. “Teño moi claro que o que cambia as prácticas na escola son as comunidades educativas. Por moito que haxa unha lei, se non hai un profesorado que cuestione o xeito de educar, que cuestione a súa percepción da diversidade e que se propoña cambiar os seus discursos e as súas prácticas, a escola non vai mudar. E esa transformación virá facilitada por unha boa formación das docentes”.

Outro dos atrancos, xa mencionado cando falamos da experiencia do centro do Porriño, e que seguen detectando na actualidade tanto Teijeira como Guru, é que as familias xitanas non participan en igualdade de condicións no proceso educativo. “Hai moi poucas nenas e nenos xitanas que reciban notas do profesorado ou da dirección dándolle os parabéns por algo, todas as notificacións que reciben as familias son recriminatorias. As nais e pais son castigadas”.

“Cómpre un cambio na sociedade: tamén no feminismo e nas políticas de esquerda”, reclama Guru

Para reverter os datos de abandono e garantir o acceso e mantemento da xuventude xitana na educación en condicións de equidade, cómpre un cambio no conxunto da sociedade, non só dentro da comunidade educativa. O primeiro chanzo para combater o antixitanismo, é, segundo Guru, deixar de culpar as xitanas e xitanos das desigualdades que sofren: “Eu non me teño que integrar en ningún lado, este é o meu sitio e este é o meu contexto. Estamos no mesmo lugar pero non nos permitides acceder aos sitios onde estades vós e gozar de dereitos tan básicos e democráticos como a educación”. Máis alá do recoñecemento da identidade xitana por parte do Estado, a activista galega defende “a creación dun movemento político xitano de base apoiado pola esquerda e o feminismo”, dous espazos nos que, asegura, tamén se manifesta o antixitanismo: “Se o feminismo non é antirracista non será xamais feminista. E se a política de esquerdas non é antirracista xamais será de esquerdas”, conclúe Guru.

As activistas xitanas Silvia Agüero e Nicolás Jiménez son as creadoras do blog Pretendemos Gitanizar el Mundo. Nesta entrevista, Agüero explica o significado de xitanizarse: “É unha acción, é deixar de ser de etnocéntrico, saber da nosa cultura e achegarse a nós con respecto”. A experiencia do centro do Porriño e as demandas desde o activismo amosan a necesidade de xitanizar a escola, as institucións, o feminismo, a esquerda ou os medios de comunicación. En definitiva, xitanizármonos nós. Desbotarmos as palabras integración e inclusión do dicionario payo e apostarmos pola escoita, a aprendizaxe e o achegamento. Kon kamel ća te sikavel, bisterel te siklǒl (“quen só quere ensinar, esquece aprender”).


Gentrificación
Pobreza Familias ameazadas ante a “inoperancia das institucións”
22 persoas agrupadas en 9 chabolas serán expulsadas do terreo no que viven para construír un ximnasio comercial. Reclaman un aluguer social acorde cos ingresos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Pueblo Gitano El Pueblo Gitano exige igualdad: una jornada en Sevilla para romper silencios y repensar discursos
La Fragua Projects impulsa un acto participativo con enfoque antidiscriminatorio para visibilizar la violencia estructural que atraviesa al Pueblo Gitano, con especial atención a las mujeres.
Pueblo gitano
Pueblo gitano A propósito del Año del Pueblo Gitano y los 600 años de negación del otro
El 8 de abril se celebra, como cada año, el Día Internacional del Pueblo Gitano. Pero no es este 2025 un 8 de abril como otro cualquiera, al menos, no en España.
Opinión
Opinión Genealogía del antigitanismo: la buena fe y la mala sangre
Si queremos honrar los 600 años de presencia del pueblo gitano en España, debemos mirar con seriedad la historia de la marginación y la violencia institucionalizada.
#86472
5/4/2021 12:24

A priori ninguém da nosa banda diría que é racista ou etnofóbico, mais som as nosas accións e discurso diario as que crean estas circunstáncias. Desde o profesorado precisamos máis e melhor formacióm. Obri pola achega docente!

https://www.youtube.com/watch?v=zeFlPpcPytw

1
0
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.