Biodiversidad
Proxecto Rebinxe: ciencia cidadá para mellorar a situación da fauna galega

A mocidade e veciñanza de Mondoñedo traballan pola recuperación da biodiversidade na xeografía rural galega.

Proxecto Rebinxe 1
Arquivo do proxecto Rebinxe
29 may 2020 08:30

Desde 2017, Rebinxe achega a ciencia á mocidade e a veciñanza de Mondoñedo a través de diversas actividades que procuran estudar e coidar a fauna da serra do Xistral. O proxecto ten gañado o primeiro premio de Galiciencia 2018 e do certame internacional de investigación escolar Exporecerca’19, entre outros. Falamos cun dos coordinadores do proxecto, o profesor Óscar Chao, sobre o traballo que fan co alumnado e sobre os principais retos da Galiza para lograr ter unha biodiversidade diversa, sostible e saudable.  

Como xurdiu Rebinxe?
É un proxecto que naceu hai dous anos e medio no IES San Rosendo de Mondoñedo. Nun principio tíñamos unha idea diferente á que estamos traballando agora mesmo. O noso enfoque estaba en botarlle unha man á biodiversidade que está asociada coa agricultura e gandería. Entón o que facíamos era favorecer a presenza dunhas determinadas especies de diferentes tipos de fauna que actúan como controladoras naturais das pragas, a través dunha serie de accións de divulgación e incluso de instalación de refuxios e caixas-niño. Tamén traballamos para reducir o uso de biocidas para beneficiar a unha serie de especies que non están nunha situación precisamente de abundancia polo abandono do agro e pola utilización de demasiados pesticidas.

Mencionas que mudou o enfoque do traballo. En que sentido?
Si, pois pouco a pouco foi evolucionando porque o que facíamos tamén era análises e estudios de rastrexo para pescudar a distribución, o comportamento e a alimentación dalgunhas das especies. Sobre todo de aves nocturnas que son difíciles de observar. Para iso necesitas algún tipo de aparello e neste caso usamos o foto trampeo. E, como o alumnado estaba habituado un pouco a ese tipo de metodoloxía de estudos de distribución, alimentación e demais, pouco a pouco foron xurdindo outros proxectos nesa liña a proposta deles. 

Primeiro, durante ano e medio, comezamos a traballar estudando aos lobos que había na contorna do centro, no que é a serra do Xistral. E logo, cos alumnos máis pequeniños, tamén os imos introducindo pouco a pouco ao estudo de diferentes especies de fauna, de flora, estudar un pouco o ecosistema. Ímolos metendo tamén nunha terceira póla do proxecto que é o que sería o estudio do ecosistema do Xistral  e diferentes especies, non só o lobo mais sobre todo mamíferos de mediano a gran tamaño. E así se foi pouco a pouco diversificando.  

De que xeito funciona Rebinxe nas escolas?
Digamos que traballamos con alumado desde primeiro de ESO ata bacharelato no que seria unha especie de club de ciencia e facemos todo tipo de actividades. Por exemplo, a construción de refuxios específicos para cada especie. Son elaborados polo propio alumnado. Nós lles damos os planos e eles son os que se encargan de construílos e montalos. Tamén facemos xornadas de rastrexo e interpretación dos hábitats. A miña compañeira María Penalta (a outra coordinadora de Rebinxe) e máis eu tornámonos para facer saídas ao monte á serra do Xistral co eles e facemos xornadas de preservación nas que imos aprendendo dos rastros que deixan as especies: como se moven, de que se alimentan, o hábitat que frecuentan… Alí aprenden tamén a manexar e a colocar as cámaras de foto-trampeo. E despois tamén facemos o que é o tratamento de datos e información, que xa é máis un traballo de gabinete pero que sigue sendo traballo científico e hai que facelo. Deseñamos rutas, aprenden a manexar programas e aplicacións de xeolocalización de datos e todas esas cousas... 

Sería xenial que pouco a pouco puidésemos construír unha rede de traballo a favor da conservación da biodiversidade nos centros escolares.

E como funciona o carácter participativo coa veciñanza?
Un dos principais obxectivos do proxecto é precisamente involucrar non só ao alumnado senón a súa familia, a seus veciños e veciñas das aldeas, que son quen normalmente está en contacto co ese tipo de fauna. As veces nun contacto no que hai roces e problemas porque hai especies que poden provocar algún tipo de molestia ou danos tanto á gandería como á agricultura. Entón a idea é que eles sexan os protagonistas do cambio de mentalidade para axudar ás especies. Por exemplo, hai algunhas especies, como o lobo, que é moi problemático sobre todo nesa zona, que teñen unha serie de mitos, lendas ou crenzas ó seu redor que son falsas e polas que lles está castigando dunha maneira inxusta. O facemos para que eles vexan que hai vías alternativas, que non é necesario o uso de velenos ou trampas ilegais, senón que hai outro tipo de medidas preventivas que se poden levar a cabo dunha maneira mais ou menos sinxela. 

Hai xente que logo é máis remisa a que veña xente de fóra e lles diga como ten que facer. Mais se somos os seus propios fillos ou netos que lles vaian un pouco inculcando esas ideas, a cousa pode ser diferente. Ese é un dos obxectivos interesantes do proxecto. 

Que resposta teñen dado e cales son os resultados desa experiencia?
A veciñanza agora é unha fonte de información moi interesante para nós. Apórtanos moitos datos. Xa sexa directamente por teléfono ou polas redes sociais, chéganos información do seguimento de diferentes especies que non son fáciles de atopar ou de ver, dalgunhas que incluso viven en zonas privadas. Por exemplo no caso do moucho, das curuxas e diferentes especies de morcegos que habitan edificacións particulares. E se alguén che avisa, pois ti podes saber como están os animais, se necesitan un refuxio ou se non, se podes ti facer algo ou polo menos telos controlados e saber da súa distribución. 

Non hai especies nin boas nin malas. Non fan cousas por ben nin por mal, é soamente a súa forma e o seu dereito de existir.

Entón se alguén lles chama dicindo que ten un moucho ou un morcego na casa, vostedes poden ir a recolocalo?
Si. Nós o que facemos no sentido de control de pragas é botarlle unha man á xente que no lo pida. Por exemplo, pode ser que alguén teña un moucho ou unha curuxa na súa propiedade e, se teñen algún tipo de molestia, por exemplo que lixe a maquinaria, necesita quitalo de alí sen eliminalo. Porque moita xente o que facía era matalos e nós o que facemos é botarlles unha man e miramos de construírlles aos animais uns refuxios e colocalos ao redor, no seu hábitat. A idea é buscar alternativas para que eses animais queden cun refuxios, cubertos e que poidan seguir aportando ese control, no caso dos mouchos, dos roedores ou doutros insectos, e que a xente vexa que teñen un beneficio.
 

Como traballan para modificar os mitos ou lendas tan arraigadas no imaxinario das persoas?
Pois costa moito porque efectivamente está moi arraigado porque se transmiten de xeración a xeración. Moitas veces son lendas ou contos que non teñen moita xustificación e costa moito desfacerse delas. Pero pouco a pouco a través das charlas divulgativas que facemos nas parroquias, imos explicando todo isto. O por que non hai que terlle medo a certos animais, que non supoñen ningún perigo... intentamos reforzar os beneficios que os animais nos poden aportar para o ecosistema, ese é o noso grao de area. Non sabemos se nas xeracións máis vellas iso xurde un efecto instantáneo ou non, pero nos máis novos si vemos que antes tiñan unha serie de crenzas sobre certas especies, máis mitos que outra cousa, e pouco a pouco van vendo que a realidade é distinta. Entón a idea é que eles vaian transmitindo isto á familia, veciños e demais. 

Proxecto Rebinxe 2
O da a muída é un proxecto para garantir a supervivencia do lobo. Arquivo Rebinxe.

Que outro tipo de cambios teñen visto no alumado e a veciñanza que participa?
Sobre todo pódoche dicir cousas do alumnado. Nun principio, eles mesmos te plantexaban totalmente convencidos unha serie de lendas ou mitos coma que a administración solta serpes, que estas son velenosas, cando na realidade hai moi poucas especies que o sexan e hai outras que realmente non supoñen ningún perigo se non se llas molesta nin nada. Entón vas intentando explicarlles como son as especies, que non as solta ninguén, que non hai ningún tipo de proba e que é un mito. E ves que os cambios existen e abandonan esas ideas.

Na realidade hai moi poucas especies que o sexan e hai outras que realmente non supoñen ningún perigo se non se llas molesta nin nada

Por exemplo, co tema do lobo pásame moitísimas veces… que soltan os lobos, que se os miras e quedas paralizado... unha serie de contos que din que estas especies son malas. Cando realmente non hai especies nin boas nin malas, están alí e a veces poden interferir co ser humano nas súas actividades. Non o fan por ben nin por mal, é soamente a súa forma e o seu dereito de existir.  

Aínda hoxe acabo de vir de revisar unhas cámaras cun rapaz que ten unha explotación de gando e que sofre ataques do lobo. E pasou dunha idea moito máis pechada con respecto á especie, a ser un dos rapaces máis protagonistas do proxecto que entende perfectamente agora que hai alternativas, medidas preventivas e que non é todo branco ou negro. 

Cales son os principais retos da Galiza para unha biodiversidade rica e saudábel?
A loita contra os monocultivos é un dos principais problemas e un dos retos, ao que non lle vexo demasiada solución. Na nosa zona en concreto, vexo un problema na perda de hábitat polos monocultivos, o eucalipto e os parques eólicos. Nos temos un espazo Rede Natura que eu creo que é a máis afectada pola instalación de parques eólicos de todo o estado Español. E vexo problemas de conservación de certas especies porque non hai plans de xestión. E os plans de xestión que hai non se levan a cabo. Entón todo iso xúntase e é verdadeiramente preocupante. 

Quen están lonxe da súa área de traballo, como poden colaborar?
A nós gustaríanos colaborar con centros educativos. É un modelo de proxecto perfectamente exportable a calquera sitio, a calquera parte de Galiza e, se hai vontade de traballo e xente á que lle poida interesar sobre todo da parte do alumnado e profesorado, sería xenial que pouco a pouco puidésemos construír unha rede de traballo a favor da conservación da biodiversidade nos centros escolares. 

Para o tema relacionado co estudio de fauna ou con control de pragas, poden poñerse en contacto connosco, explicarnos as súas preguntas e nós botámoslles unha man na instalación dos refuxios ou no manexo de técnicas de rastrexo, dependendo do interese concreto. Poden contactarnos a través das nosas redes sociais ou nos teléfonos do proxecto. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

València
València Denuncian desatención de la Generalitat a los centros escolares afectados por la dana
La Plataforma por la Enseñanza Pública de l'Horta Sud critica la lentitud de las reparaciones en los centros escolares afectados por la dana.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
La vida y ya
La vida y ya Cinco chimpancés
Les dijo que cuando se caza a una cría en su entorno natural, de media se mata a diez chimpancés de su grupo.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.