Derecho a la ciudad
Googleheim, un cóctel contra o dereito á cidade

Unha alianza entre o museo e o brazo cultural da compañía estadounidense anuncia o futuro da cidade: morar en Bilbao non é un dereito da cidadanía senón un servizo de pagamento privado para usuarios.

Reflejo de la fachada del Museo Guggenheim en Bilbao
Reflejo de la fachada del Museo Guggenheim en Bilbao. Álvaro Minguito
8 nov 2018 07:02

Nas beiras do Nervión, cara á ponte da Salve, é perceptíbel o máis potente narcótico que introduciu a tecnoloxía no século XXI. O Guggenheim, faro para comerciantes vestidos de cosmopolitas, máscara arquitectónica con faciana amábel —mesmo até de can con flores— da industria urbana e turística, é dende 2017 un dos museos escollidos pola iniciativa Arts & Culture, o brazo cultural de Google, para “reinventar a experiencia de usuarios, visitantes e colectivos vencellados ao Museo”. Ou noutras palabras: a través de subsidios e subvencións para a dixitalización das pinacotecas, unha das corporacións máis poderosas do mundo instrumentaliza a produción de arte para xustificar o seu modelo de negocio. ‘O botxo’, como coloquialmente se coñece a Bilbao, xorde como un de tantos medios urbanos no que o gran capital tenta penetrar para valorizar e xerar rendibilidade grazas aos datos da cidadanía.

Converxencia da arte e do mercado

Dende que as administracións vascas asinaron o acordo coa Fundación Guggenheim para abrir unha nova sé do museo en Bilbao, quer dicir, acordaron a converxencia definitiva entre arte e mercado, a cidade transformouse radicalmente. A actividade comercial derivada da produción de mercadorías procedentes da industria do ferro e o aceiro, aquilo que colocara o enclave como referente económico do Golfo de Biscaia, desapareceu. No seu lugar, a desindustrialización e os planos das axencias de acumulación global moveron a Bilbao ao oposto punto do mercado: unha cidade onde cada estrato arcaico do casco antigo, a súa beleza ou a tradición se someten ás necesidades de consumo dos que se comportan nas cidades como en parques de atraccións para adultos con diñeiro.

Xa avisou Karl Marx de que o “intercambio de mercadorías comeza onde rematan as comunidades”. E no “novo Bilbao”, tal e como gustan de o chamar os gardiáns jeltzales das ditas mercadorías, xa non fica ningunha en pé, pois estes mesmos políticos locais aseguráronse diso introducindo a Bilbao na mellora estética e remodelamento urbano que o mercado neoliberal global demanda. Claro que se o Guggenheim é unha máscara arquitectónica que, non só encubre, senón que tamén espreme as dinámicas económicas que converteron Bilbao nunha cidade neoliberal, deberamos entender que é o que se agocha detrás de alianzas como a do Guggenheim e Google Arts & Culture, quen nada máis que no Estado español colabora con 98 institucións.

Grazas á acumulación de datos, os avances en intelixencia artificial que se iniciaron co deep learning sitúan a Google nunha situación de privilexio.

Neste senso, Juan Ignacio Vidarte, director do Museo Guggenheim Bilbao, describiu este acordo en conversas co diario Expansión como “un bo xeito para conseguir atraer os máis novos á cultura. Que descubran dende o seu teléfono ou computador todo o que poden achar nun museo como o Guggenheim”. Sería máis correcto sinalar que incluír na súa oferta para os museos unha función que atopa o parecido do usuario cunha obra de arte pretende que as visitantes do Guggenheim ou outros museos adestren os seus sistemas de recoñecemento facial de xeito gratuíto.

Tecnología
Google Arts y el ‘shitty present’

Lo que da miedo no es —como siempre— la tecnología que desarrolla nuevas maneras de ver el mundo, y por lo tanto nuevas maneras de reinterpretarlo, sino el adelanto por la derecha que nos hacen las empresas como Google.

Por este motivo, talvez fose mellor pensar en como dende hai algunhas décadas as finanzas transformaron o xeito de apropiación capitalista que describira Marx, o que xa non deriva da mera produción de mercadorías, senón da extracción de rendas financeiras. En tanto que o verdadeiramente relevante da cuestión é que esta empresa é propietaria dunha enorme cantidade de datos, talvez debamos contemplar a iniciativa gratuíta de Arts & Culture de Google como unha maneira de facer máis tolerábel a actividade da outra unidade de Alphabet, chamada Sidewalk Labs, unha compañía de innovación urbana que ofrece solucións tecnolóxicas a estes problemas, ou simplemente no marco dos servizos computacionais, de intelixencia artificial e machine learning que entrega a cambio dunha tarifa a través de Cloud AutoML. Lonxe de ser unha anécdota, grazas á acumulación de datos, os avances en intelixencia artificial que se iniciaron co deep learning están situando a esta compañía nunha situación de privilexio. Google pode planificar as cidades de xeito moito máis eficiente que as políticas públicas, xa que os concellos non teñen tanta información sobre a vida dos seus habitantes nin as infraestruturas dixitais para os xestionar. Por suposto, a cambio dunha lucrativa renda procedente de alugaren os seus modelos de intelixencia artificial.

A rúa convértese nunha sorte de internet do mundo real, alterándose a percepción da cidadanía da súa existencia na cidade grazas ás tecnoloxías de Google para que o 1% consiga maior rendibilidade.

Algúns dos servizos que Google pode ofrecer poden ir dende axilizar a provisión de información en tempo real sobre o tráfico (os sensores nos móbiles permiten á compañía que hai uns anos comprara Wazeconocer en que lugar se atopa cada un), organizar todo tipo de actividades relacionadas co turismo, quer gastronómicas (non fai falta máis que abrir Google Maps no casco vello de Bilbao para saber atopar lugares onde comer con boas estrelas), quer doutro tipo (contratar esas balsas acuáticas, unha versión bilbaína das góndolas venecianas, sumamente eficientes á hora de mercantilizar o Nervión), até organizar os eventos culturais que teñen lugar en cada un dos barrios, mellorar o transporte ou a mobilidade (por algo comezou xa a desenvolver os seus coches autoguiados), xestionar o pagamento ou a dispoñibilidade dos parquímetros e calquera outro servizo público que noutro momento fornecesen os poderes locais.

Cidades mal chamadas intelixentes

Grosso modo, a compañía non busca converterse no compañeiro de viaxe das cidades cara ao achegamento da cultura ás persoas novas, senón en quen determina o futuro das smart cities (mal chamadas cidades intelixentes, no canto de cidades privatizadas). Tomando a instalación de Richard Serra A materia do tempo —“cada persoa verá o espazo de xeito distinto e onde hai unha cantidade ilimitada de experiencias individuais, mais todas teñen lugar no tempo”—, poderiamos entender os efectos provocados polas lóxicas espazo-temporais de acumulación do capital que avanza o Guggenheim: a rúa convértese nunha sorte de internet do mundo real, alterándose a percepción da cidadanía da súa existencia na cidade grazas ás tecnoloxías de Google para que o 1% consiga maior rendibilidade.

Reflejo de la fachada del Museo Guggenheim en Bilbao_2

Indo un paso máis alá, imaxinen as opcións que ofrece a predición dos sistemas de intelixencia artificial para que os residentes bilbaínos estean máis preparados para “as tendencias globais”, como gusta de chamalas o PNV (partido neoliberal vasco, debérase matizar) relacionadas co progresivo aumento do fluxo turístico, o incremento dos custos da vivenda, o bifurcamento entre os barrios ricos e pobres, a chegada masiva de franquías, etc. Non sería difícil pensar en calquera membro da sociedade global de propietarios contratando os servizos de Google para planificar de xeito máis eficiente a súa chegada á capital biscaíña, por exemplo, enviando drons cara a determinados núcleos comerciais, digamos que aos das cidades lindeiras como Barakaldo, para detectar mediante todo tipo de sensores biométricos a actividade do consumo ou encabezando calquera outra distopía privada que permitan as tecnoloxías de predición para asegurar que o gran capital aumente a súa taxa de beneficio.

No canto de escoller a opción de distribuír os datos, e por ende o poder político, para que a cidadanía se empodere e organice de xeito conxunto os servizos da cidade, a clase política vasca prefire que a extracción de datos levada a cabo por compañías como Google siga tendo lugar.

Este proceso, aquel no que o capital escala cara ás cidades, dificilmente é explicábel por mor desa creación de Joana Vasconcelos chamada O mundo aos teus pés, que hai non moito se amosaba no museo. A exhibición desta ou doutras tantas obras de arte lonxe están de se atopar en estreita relación coa experiencia da emancipación, da de alcanzar unha beleza estética ou coa intención de recuperar a tradición. Máis ben, a súa reprodutibilidade mediante tecnoloxías da información propiedade de Google, como acontece por exemplo con A señora Lenine e o Rousinol, encobren que a alienación humana se aproveita dun xeito extremadamente produtivo. Digamos que se a arte serviu como escusa para remodelar arquitectonicamente Bilbao e alterar o seu ecosistema urbano, agora isto é aproveitado para levar as lóxicas de acumulación e desposuimento cara a novos límites. Aquela figura do flâneur descrita por Baudelaire desaparece ante o poder do algoritmo, que os percibe como usuarios ou, con outras palabras, materia prima na economía da información.

Servizos vinculados á tecnoloxía

No futuro imaxinado por Google, cada servizo público municipal áchase atado á súa infraestrutura tecnolóxica, a mesma que poden empregar as elites predadoras para mercantilizar e especular co “botxo” de xeito moito máis intelixente de como aconteceu coa urbanización da illa de Zorrozaurre. Non fai falta ter un oráculo para o comprender: as cidades convértense nunha cela para os estratos máis pobres, cuxa propiedade máis prezada son unhas lentes de realidade virtual ou unha televisión intelixente que activan con Google Home, mentres unha clase global captura toda a riqueza comunal e reinvístea en orxías gastronómicas, turísticas ou en lecer, que tamén converten os bos traballos industriais en contratos precarios de servizos. A tradición da hospitalidade pola obriga do servidume, esa é a única visión que está por tras dos subsidios á dixitalización do Guggenheim.

No canto de escoller a opción de distribuír os datos, e por ende o poder político, para que a cidadanía se empodere e organice de xeito conxunto os servizos da cidade, a escalas que van dende un bloque de edificios até un barrio, aproveitando así a intelixencia artificial para fins sociais, a clase política vasca prefire que a extracción de datos levada a cabo por compañías como Google siga tendo lugar. Deberían saber que a tecnoloxía é unha ferramenta que pode ser empregada para asegurarmos o benestar colectivo, no lugar de para blindar a “modernización” da cidade. Dende logo, non fai falta saber euskera para entender que isto último significa privatización e mercantilización.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Análisis
Análisis El franquismo y la “limpieza de las ciudades” de españoles y españolas de provincias
Hay una idea extendida sobre la relación del régimen franquista con los movimientos migratorios, pero la cara amable y permisiva de la dictadura con los procesos migratorios desde los sesenta no se extendió en las primeras décadas de la dictadura.
Movilidad
¿Derecho a aparcar? El derecho a aparcar: Alcalde, ¿dónde dejo mi elefante?
Es indispensable abrir un cuestionamiento radical, sincero, del “derecho” a aparcar y de la imposición del vehículo privado como patrón de diseño de nuestros paisajes urbanos.
Granada
Derecho a la ciudad Cuatro heridos y un detenido en el intento de desalojo ilegal de un centro social en Granada
A final de la jornada del lunes los activistas han conseguido que AMA Desokupa abandonen la calle Azacayas y se comprometan a no volver en dos meses.
Crisis climática
Informe de la OMM El nivel del mar se disparó en un 2024 que contabilizó el mayor número de desplazados climáticos en 16 años
El balance climático de 2024 de la Organización Meteorológica Mundial resalta datos preocupantes en indicadores clave de la crisis climática y confirma que el pasado fue el año más cálido jamás registrado.
Activismos
Movementos sociais Guerra xeopolítica e loitas sociais: un ciclo de conferencias aborda en Vigo as raíces dun mundo en crise
Poñentes como Xosé Manuel Beiras, Miguel Urbán, Queralt Castillo ou Aurora Moreno abordarán algunhas das cuestións clave para analizar o presente e argallar ideas para o futuro nunhas xornadas organizadas polo grupo de activistas Ecoar.
Crisis climática
Informe España experimentó 28 días de temperaturas por encima de la media en invierno por el cambio climático
València experimentó el mayor número de días por encima de la media (33) y Barcelona vivió la mayor intensidad de la anomalía: 1,4ºC sobre el promedio. Casi 394 millones de personas por todo el mundo sufrieron 30 días o más inusualmente cálidos.

Últimas

Más noticias
Arte
Arte y memoria histórica Un artista renuncia a un premio de la Academia de Bellas Artes Canaria por su defensa del monumento a Franco
Acaymo S. Cuesta argumenta que la posición de la Academia con respecto al ‘Monumento al Caudillo’ de Juan de Ávalos es contraria a los principios democráticos que defiende y no recogerá el galardón.
Análisis
Análisis La hipérbole pasa factura a Vox y deja la mayoría absoluta en manos de Sumar y Podemos
La caída de dos puntos de Vox muestra cómo la izquierda y el PSOE podrían seguir teniendo una oportunidad de evitar un Ejecutivo del Partido Popular con la ultraderecha.
València
Racismo El Aita Mari se querella contra Vox Borriana y un diputado ultra por llamarles “barco negrero”
Un edil de Borriana y diputado autonómico ultra les acusó de ser “barco de negreros” y “cooperador necesario de las mafias de tráfico de personas”. El partido difundió estas declaraciones.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia
O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Medio ambiente
Medio ambiente Miles de persoas enchen as prazas galegas contra o ‘si’ ambiental da Xunta a Altri
A Plataforma Ulloa Viva logrou mobilizar decenas de concentracións nos concellos da conca do río Ulla e máis alá para protestar contra a Declaración de Impacto Ambiental aprobada polo Goberno de Alfonso Rueda para a celulosa.
Cine
Vicente Monroy “El capitalismo es un ejercicio de destrucción de la curiosidad”
En su nuevo ensayo, Vicente Monroy convierte la penumbra de las salas de cine en protagonista, tejiendo un relato fascinante que une sus dos grandes pasiones: el cine y la arquitectura.