Coronavirus
O Capitaloceno e as pandemias

As crises sanitaria, climática e ecolóxica están intimamente relacionadas.  O sistema capitalista está a atopar os límites das súas propias dinámicas  ao pivotar sobre o crecemento económico constante nun planeta con  recursos finitos. A Terra está mandando sinais para mudar a nosa maneira  de relacionarnos con ela.

Chimeneas Central Carbón
Chemineas dunha central eléctrica de carbón

A Peste Negra foi unha pandemia que marcou tanto física como espiritualmente o mundo occidental na Idade Media. Esta enfermidade estaba localizada nos vales de Afganistán ata que a ruta da seda e as invasións mongólicas favoreceron o seu espallamento por todo o mundo. As consecuencias son ben coñecidas. E é que a historia non só está marcada por caídas de imperios, conquistas de novos continentes e invencións tecnolóxicas, senón tamén por pandemias globais que actúan revolucionando a mentalidade da sociedade.

Crisis económica
Diez propuestas para pagar la pandemia y una transición climática en el mundo

Un informe del Transnational Institute detalla diez medidas para recaudar los suficiente para financiar la salida de la crisis del covid, lograr los objetivos de desarrollo sostenible, una transición climática y reparaciones para la esclavitud.

De maneira análoga á peste negra, pero con sete séculos de distancia, a pandemia actual causada polo SARS CoV-2 está a mudar o mundo mais, desta vez, hai diverxencias. O patóxeno, por exemplo, non é unha bacteria senón un virus e mentres que a peste matou entre un terzo e a metade da poboación europea no século XIV, a actual pandemia é moito menos mortífera, fundamentalmente polas propias características biolóxicas do virus e polo desenvolvemento da ciencia e da medicina modernas. Mais as dúas enfermidades comparten o feito de ter xurdido e espallarse como resultado do aumento das interaccións humanas arredor do globo. As razóns hai que procuralas nun conxunto de factores derivados dunha economía que comercia cos bens e servizos sen importar os custes sociais e ecolóxicos en tanto que resulte beneficioso economicamente, aínda que a longo prazo isto sexa paradoxalmente negativo para os mercados.


O Capitaloceno e a urxencia da estratexia preventiva

Este mesmo ano a IPBES (Plataforma Intergubernamental Científico-normativa sobre Diversidade Biolóxica e Servizos dos Ecosistemas) elaborou un informe exhaustivo co traballo de máis de 150 expertos e outros 350 colaboradores alertando de que futuras pandemias emerxerán máis a miúdo, estenderanse máis rápido, afectarán máis á economía e serán máis letais que a COVID-19 a non ser que haxa un cambio transformador de enfoque na loita contra as enfermidades infecciosas, pasando da reacción á prevención.

Dende a mal chamada “gripe española” de 1918, seis pandemias espalláronse polo mundo: tres do virus da gripe, a SIDA, o SARS e a COVID-19. A súa frecuencia está a aumentar. Estímanse entre 631.000 e 827.000 os virus descoñecidos con capacidade de infectar aos humanos. Ao mesmo tempo, os custes económicos actuais son 100 veces superiores aos estimados para a estratexia preventiva. O informe asegura que só mediante un “cambio transformador dos factores económicos, sociais, políticos e tecnolóxicos” se poderían acadar os obxectivos e as metas de Aichi, fixadas para protexer a biodiversidade e os bens e servizos de importancia capital que a natureza brinda á humanidade. Unha das características citadas deste cambio, que se require urxente, é “a evolución dos sistemas económicos e financeiros para desenvolver unha economía sostible a nivel mundial, que se afaste das limitacións do actual paradigma de crecemento económico”. Un cambio de paradigma que está na mesma base da filosofía do modo de produción capitalista.

Porto de mercadorias
Porto de mercadorías con milleiros de contedores. Cedida por US Department of State (CC).
O Capitaloceno é un concepto proposto para a era xeolóxica actual que xorde como resposta ao de Antropoceno, que sinala a actividade humana sen excepción e o crecemento demográfico como responsables da alteración dos ciclos xeoquímicos globais. Porén, por etnocéntrica e inxusta, esta achega foi reformulada por algúns autores que defenden que a responsabilidade da alteración dos ciclos xeoquímicos globais é debida ás actividades humanas baixo o sistema de relacións socioeconómicas dominante.

A conquista de América permitiu e favoreceu o comercio mundial, robustecendo a burguesía e a súa influencia económica e política. As revolucións industriais que se sucederon a partir de finais do século XVIII baseáronse no aumento exponencial da demanda de enerxía fósil, nas invencións tecnolóxicas e nunha actitude receptiva cara á evolución da técnica. O desenvolvemento da civilización moderna acelerou o crecemento da economía global e os impactos do ser humano na natureza, sobre todo a partir da segunda metade do século XX, permitindo un auxe demográfico sen precedentes.

O 10% máis rico da poboación mundial emite o 49% das emisións totais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) e o 50% da poboación mundial máis pobre emite só o 10% do total.

Malia a innegable importancia do aumento da poboación total sobre os recursos limitados do planeta Terra, este non é o factor máis importante, senón a avidez enerxética duns poucos. A ratio do PIB por habitante case multiplica por dous nos últimos dous séculos a ratio de crecemento da poboación total, o que quere dicir que a crise ambiental é causa do aumento da produción e do consumo por habitante en lugar do aumento poboacional. Un informe de OFXAM conclúe que o cambio climático está indisolublemente ligado á desigualdade económica, porque está baseado nas emisións dos ricos, que afectan e afectarán maiormente aos pobres. Por exemplo, o 10% máis rico da poboación mundial emite o 49% das emisións totais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) e o 50% da poboación mundial máis pobre emite só o 10% do total.


A importancia de ter ecosistemas sans

A causa-efecto entre a destrución dos ecosistemas e a propagación de novas enfermidades é unha evidencia. Así o aseguran as principais organizacións internacionais adicadas ao seu estudo. A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) ven de publicar un informe que avalía o estado dos bosques a nivel global cada dez anos. Así, sinala que a extensión total dos bosques está a diminuír a un ritmo de 10 millóns de hectáreas por ano e dende 1990 desapareceron 420 millóns de hectáreas. Actualmente ocupan 4.060 millóns de hectáreas, é dicir, un 31% da superficie terrestre. Aínda que o ritmo de deforestación mundial está baixando dende 1990, son principalmente os bosques primarios dos trópicos, que acumulan a maior parte da biodiversidade terrestre, os que están sendo decimados.

A agricultura industrial é o factor máis importante de tal deforestación debido principalmente á plantación de cultivos para alimentar ao gando, síntoma da necesidade de mudar os sistemas alimentarios actuais.

A agricultura industrial é o factor máis importante de tal deforestación debido principalmente á plantación de cultivos para alimentar ao gando, síntoma da necesidade de mudar os sistemas alimentarios actuais. A agricultura local de subsistencia, a urbanización, a construción de infraestruturas e a minería son as outras causas máis importantes da deforestación.

Plantación aceite de palma Malasia
Plantación para aceite de palma en Malasia. Foto cedida por Marufish (CC).

Neste contexto, a conservación dos ecosistemas, e máis concretamente dos bosques primarios preséntase vital porque brindan bens e servizos de valor incalculable. Algúns de uso directo, como alimentos, fármacos ou enerxía e, outros, de uso indirecto, se cadra máis intanxibles pero importantísimos a nivel global, como a depuración das augas, o control da erosión ou... o control das pragas e enfermidades.

A biodiversidade actúa controlando diversas pragas e enfermidades a través dun efecto de dilución ou de cortalumes. Cando conviven moitas especies nun ecosistema a probabilidade de que un patóxeno infecte a unha especie en concreto é menor. Asemade, o patóxeno pode ver bloqueado o seu desenvolvemento ao aloxarse en certas especies onde non é capaz de reproducirse.

As redes tróficas equilibran ao mesmo tempo a expansión esaxerada de certas especies. É dicir, cando hai moitos individuos dunha especie, outras veñen equilibrar a balanza depredándoa ou parasitándoa. Isto é especialmente importante cando unha determinada especie ten unha alta carga viral (cantidade de partícula viral que pode estar presente no sangue dunha especie), que varía dunha especie a outra. Outro factor moi importante é que decote as especies que actúan como reservorios de virus son xeralistas, podendo desenvolverse e sobrevivir a diversas condicións ambientais. Así, os patóxenos son regulados por un complexo equilibrio de interaccións entre distintas especies.

Sen embargo, a transmisión dunha enfermidade dun animal a un humano (zoonose) é favorecida cando un ecosistema se ve afectado por algún tipo de perturbación, como a tala dun bosque ou un incendio, porque este equilibrio é alterado. A consecuencia directa é a aparición de enfermidades emerxentes e reemerxentes, na súa maioría de orixe animal e potencialmente zoonóticas. A Organización Mundial da Saúde (OMS) calcula que o 75% das novas enfermidades humanas son de orixe animal. Exemplos disto son a COVID-19, a febre do Nilo occidental, o SARS de 2002 e unha longa lista doutras doenzas.

A globalización provocou un enorme incremento na velocidade e no volume do tráfico de mercancías e de viaxeiros, pero tamén de patóxenos e dos seus hóspedes animais. O contrabando de animais é un negocio que moveu no 2019 107.000 millóns de euros e o 24% das especies de vertebrados, representando unha das principais causas da perda de biodiversidade a nivel global xa que este mercado se retroalimenta da deforestación. A tendencia global de urbanización, así como a súa expansión en detrimento dos bosques, aumentan non só a probabilidade de contaxiar e ser contaxiado senón tamén a exposición aos animais salvaxes. A receita perfecta para unha pandemia global.

Morcego engaiolado
Morcego engaiolado. Foto: Cavallo (CC).
Lonxe de teorías conspiranoicas que non se sosteñen sobre a creación artificial dunha arma biolóxica en forma de virus, no sueste asiático todos estes factores levan actuando conxuntamente dende hai moito tempo e sitúan un mercado de animais vivos como o escenario máis probable onde se produciu a primeira infección por SARS Cov-2. Por que non se sosteñen estas teorías? Dito dun xeito popular, porque a natureza é mais vella que a ciencia, o que significa que tamén é mais intelixente.

A proteína do virus que se une a un receptor celular humano está optimizada de tal xeito que nin sequera puido ser predita polas simulacións informáticas que recrean todas as posibles modificacións xenéticas que poderían ser levadas a cabo para fabricala.

Segundo un estudo científico que discute as diferentes hipóteses sobre a orixe do virus, “é improbable que o SARS-Cov-2 se orixinara a partir da manipulación dun coronavirus causante do Síndrome Respiratorio Agudo Severo nun laboratorio” porque a proteína do virus que se une a un receptor celular humano está optimizada de tal xeito que nin sequera puido ser predita polas simulacións informáticas que recrean todas as posibles modificacións xenéticas que poderían ser levadas a cabo para fabricala.

Así, as hipóteses máis plausibles son baseadas na selección natural do virus. Ben a partir dun ou varios hóspedes animais previos á zoonose ou ben a partir da selección natural do virus nos humanos. Hai evidencia de que os seus hospedadores primarios son morcegos, xa que estes constitúen o reservorio natural dunha gran variedade de coronavirus. Ao secuenciar o xenoma do morcego Rhinolophus affinis, descubriuse un coronavirus que é un 96,2% similar xenéticamente ao SARS-CoV-2 (causante da COVID-19) e 80% similar ao Sars-CoV que causou a epidemia de 2002 en China.

No mercado de Huanan, en Wuhan (China), vendíanse animais salvaxes vivos (entre eles os morcegos) e exóticos nalgúns casos, polo que é moi plausible que puideran infectar a outros animais no proceso para rematar saltando aos humanos. Outro feito que apoia esta hipótese e o estrés que sofren estes animais aumenta a probabilidade de enfermar e transmitir a enfermidade ao debilitarse o seu sistema inmune. Ata o de agora non se puido reconstruír ao 100% a historia, pero entre os hóspedes intermediarios que se manexan como posibilidades están as serpes e os pangolíns.

En definitiva, as crises sanitaria, climática e ecolóxica están intimamente relacionadas e explícanse en boa medida por un sistema capitalista que pivota sobre o crecemento económico constante nun planeta con recursos finitos, atopando os límites das súas propias dinámicas. Semella existir un paralelismo coa pandemia da Peste Negra, pero neste caso o cambio de mentalidade debe resultar nun maior respecto pola natureza. A Terra está mandando sinais para mudar a nosa maneira de relacionarnos con ela.

Literatura
“Tenemos que analizar la pandemia no solo como emergencia sanitaria, sino también como crisis ecológica"

Rubén Hernández es investigador en el campo de la Teoría del Cine y la Estética Fílmica, ha impartido clases en el Departamento de Filosofía de la Universidad Autónoma de Madrid y ha comisariado diversas muestras vinculadas al ámbito del cine independiente y experimental en Europa y Latinoamérica. Actualmente es editor de Errata naturae.



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Refugios climáticos Los jardineros de Alcorcón convocan paros para luchar contra la falta de personal
Los profesionales destacan la importancia de su trabajo en los parques y jardines públicos para la salud de la ciudadanía, contra la polución y como refugios climáticos.
Promociones
Promociones Descubre y aprende soluciones para un mundo mejor en la VI edición de la Uni Climática
Soluciones frente a la emergencia climática, para mitigar sus consecuencias y frenar la merma de los ecosistemas, componen la propuesta de Climática y La Marea de esta formación anual y especializada en clima y biodiversidad.
Desastres ambientales
Crisis climática El negocio de la catástrofe en zonas azotadas por fenómenos extremos
Las entidades suben precios a la vez que intentan lavar su imagen presentándose como “sostenibles”. Mientras, muchas de ellas siguen invirtiendo miles de millones en industrias como el petróleo o el carbón.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.