Coronavirus
“Os cartos antes que a saúde”, Citroën pecha 8 días co equipo de mantemento indo á fábrica

A compañía automobilística mantivo a súa producción ata este martes 17 pese o risco que conleva para a sanidade pública. Os máis perxudicados co parón son os eventuais e os da zona de mantemento. Traballadores e sindicatos advertiron durante estes días do perigo ao que se expuñan.

A fábrica de PSA-Citroën na zona de Balaídos, en Vigo. Arquivo fotográfico de PSA-Citroën
A fábrica de PSA-Citroën na zona de Balaídos, en Vigo. Arquivo fotográfico de PSA-Citroën

A emerxencia sanitaria que estamos a vivir por mor do COVID19 fixo que moitos establecementos e fábricas pechasen desde o pasado venres 13. Non foi o caso da fábrica de PSA-Citroën de Vigo. A empresa de automóbiles decidiu pechar desde este martes 17 até o venres 27 de marzo, segundo sinalaron nun comunicado.

Ben é certo que a compañía estipulou unha serie de medidas para estes días. Mais, tanto traballadores coma sindicatos (CUT, CIG, C.C.O.O e UGT) viñeron denunciando que non se estaban a cumprir ou que “non son útiles”. “As aglomeracións están á orde do día. En moitas das fases da producción traballamos cóbado con cóbado e é imposible establecer un metro de distancia”, sinala Vítor Mariño, traballador da fábrica e secretario xeral da CUT (Central Unitaria de Traballadoras) en PSA. Ante as queixas do plantel contestan “con que fagamos o posible por cumprilas”, manifesta outro traballador do equipo mantemento.

Unha das medidas tomadas pola empresa era atrasar 15 minutos a hora de entrada do turno e adiantar a saída, para evitar así o contacto. Sobre isto, Alejandro, un traballador con contrato eventual, laméntase que “penso que non serve para nada. O domingo, no corredoiro principal atopeime a unhas 200 persoas. Ademais, non facilitaron proteccións nin mascarillas”.

“Mentres se lles obriga ás nosas familias a ficar na casa, nós estamos en focos de contaxios nos comedores, baños ou nas zonas de descanso”, alerta Mariño e manifesta que “podemos ser claros transmisores da enfermidade contra a nosa vontade”.

A producción de automóbiles non é un ben de primeira necesidade”

“Déixase de producir porque se lles está acumulando a producción. Están a faltar pezas”, censura Alejandro e engade que “moitas delas proviñan de China e a súa chegada viuse limitada polo coronavirus. Houbo semanas que non fixemos motores eléctricos por falta de pezas”. “A Citroën todo isto lle deu igual”, sinala o sindicalista da CUT quen asegura que “a fábrica pecha por motivos económicos antes que de saúde. Non lles quedaba outra”. O mesmo portavoz, explica que “esta empresa non é de primeira necesidade para a cidadanía, como si que poden ser supermercados ou farmacias”

Moitos traballadores fixos están deixando de traballar por medo á súa saúde e á dos seus achegados. Para solventar a situación “a empresa chamou os eventuais. Mételles incluso máis horas, cadrando con máis turnos, e pon aínda máis en risco a saúde de todos”, defenden desde a CUT.

Para sustentar estas decisións o traballador eventual asegura que a empresa “se apoia na súa maioría virtual do Sindicato Independente de Traballadores (o sindicato amarelo)”. “Citroën ampárase no sindicato da empresa construído a través de chantaxes para facer o que quere. Aínda así, a petición do peche foi unánime. Outra cousa é que se a empresa dá unha resposta contradictoria o sindicato presionará a favor dos traballadores”, explica.

 “Citroën está a botarlle un pulso ao Estado para ver cantas axudas pode levar para a súa producción”, argumenta o traballador do equipo de mantemento. A empresa, con máis de 7.000 empregados en Balaídos, percibe unha serie de axudas públicas por parte da Xunta,  polo que Mariño considera que “Feijóo debería ter afouteza e dicirlle a Tabares que se debe parar a producción por unha necesidade social”.

“Polo ben da saúde da cidadanía, de aumentarse o pico de infectados, nin Feijóo nin o goberno do Estado español deberían permitir a reapertura da fábrica”, sinala Alejandro. “De reanudarse o traballo neste suposto, moitos non iremos a traballar o venres 27. Sería un risco social moi grande”, asegura o mesmo operario.

AS PEORES CONDICIÓNS DO PECHE, PARA OS EVENTUAIS E O SERVIZO DE MANTEMENTO

Segundo se puido coñecer tras a reunión establecida onte cos sindicatos, as axudas que dá a empresa durante o peche dependerán do tipo de contrato de cada traballador. En primeiro lugar, Vítor Mariño, adianta que en caso de ERE ou ERTE “nós pedimos que a empresa cubra o 100% da base da cotización”, e tamén demanda “saber que vai pasar coas pagas extra e coas vacacións”.

Os eventuais, que son unha gran parte da empresa, teñen un contrato dunha serie de horas con distribución irregular da xornada. Poden traballar un día 12 horas, o seguinte 4 e o vindeiro ningunha. Con esta modalidade contractual, a empresa non estaría obrigada a pagarlles nada. “Neles temos posta a nosa gran preocupación. Aínda non sabemos como se lles vai a retribuir”, constata o representante das CUT.

Os de tempo parcial indefinidos, de 4 horas, “normalmente só cobran se traballan”, indica Mariño. Neste caso, Citroën optou por crear unha bolsa de horas individual para eles en negativo. Farán un criterio de recuperación de horas, é dicir, se traballan 4 horas, unha delas será “para devolver” o que lles pagan agora.

Os fixos de xornada completa, 8 horas, teñen unha xornada de traballo establecida de 220 días e a xornada máxima anual que poden realizar é de 230 días. Polo tanto, estes días entrarían nesas 10 xornadas de exceso sen ningún impacto económico na renda. “Normalmente, son as xornadas que a empresa usa ao seu libre antollo no caso dun déficit na producción, pero aínda non sabemos que vai pasar no caso de superar eses dez días”, sinala Mariño.

Tamén están os da unidade de formación da Xunta de Galicia. Son para parados de longa duración e “non manteñen ningún tipo de relación laboral con PSA. Están postos pola Xunta por unha bolsa formativa da que non cobran”, explica o mesmo sindicalista.

Pese a todo isto, todo o equipo de mantemento da fábrica traballa ata o venres 20 —exceptuando o festivo do xoves 19—. “Os turnos de tarde e de mañá traballaremos como acotío. Aínda estamos agardando para saber se será así durante todo o parón ou se nos van  facer un Expediente de Regulación de Emprego. Por agora, só podemos coller os días libres que nos corresponden”, asegura un traballador deste sector. "Nós e as empresas subcontratadas somos necesarios na fabrica se deciden facer mantemento preventivo ou correctivo”, explica o mesmo e lamenta que “verán que non é sostible e farán un ERE”.

Onde están os 20 millóns de euros en axudas da Xunta a Citroën agora?” pregúntase o secretario xeral da CUT 

Con todo, o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu axudas económicas a Citroën cun valor de 20,7 millóns de euros. Tiveron o obxectivo de mellorar a producción automobilística. De feito, estas axudas foron investigadas pola UE, que amosaba dúbidas pola “súa verdadeira contribución ao desenvolvemento de Galicia”.

OS MANDATARIOS DA EMPRESA, NA CASA DESDE O PRIMEIRO MOMENTO

Mentres os traballadores se atopaban nunha situación de risco, os grandes xefes da empresa estaban confinados nas súas casas seguindo a cuarentena obrigatoria. Así, a propia conta de Citroën en Facebook, compartiu na cosúa conta oficial —sen escrúpulos— unha mensaxe cos hastag #YoMeQuedoEnCasa e #QuedateEnCasa, virais nas redes sociais, mentres as fábricas estaban en funcionamento.

“Esta é a doble moralidade da empresa. Mesmamente, cando entras a traballar hai un cartel que pon: La seguridad es nuestra primera exigencia. Cando logo esta seguridade non se respecta”, sinala Vítor Mariño. “Empresas de automoción coma Renault, Nissan ou Seat xa pecharon hai días, mentres PSA continúa producindo aínda hoxe”, lamenta Alejandro. 

Coronavirus
El Gobierno movilizará 117.000 millones de euros para frenar la caída de la economía

Pedro Sánchez ha anunciado un paquete de 200.000 millones de euros (117.000 de dinero público) para frenar la curva descendente del empleo y la crisis provocada por el coronavirus.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Más noticias
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen descarta el ciberataque y sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.