A Audiencia Nacional rebáixalles a seis meses de cárcere a condena aos rapeiros de La Insurgencia

A Sala de Apelación da Audiencia Nacional rebáixalles de 2 anos e 1 día de prisión ao mínimo legal de 6 meses e un día aos 12 membros do grupo de rap La Insurgencia e multa de dez euros diarios durante 4 meses por enaltecemento do terrorismo.

La Insurgencia
Zélia García Roda de prensa do comezo do encerro solidario cos 12 de La Insurgencia nos locais parroquiais do Cristo da Vitoria (Coia, Vigo)
19 sep 2018 18:37

De dous anos e un día, a seis meses e un día. A Sala de Apelacións da Audiencia Nacional rebaixoulles á súa cuarta parte a condena imposta en decembro de 2017 aos doce membros do colectivo de rap La Insurgencia, evitando así que os mozos entren en prisión.

"Isto segue sendo inaceptable por faceren cancións. Non pararemos ata conseguir a absolución, aínda que a nosa xente xa nos absolveu", afirmou na súa conta de Twitter Sahid, un dos mozos condenados polas letras das súas cancións.

Desde Poder Judicial explican que, na nova sentenza, a Audiencia Nacional afirma que os acusados exaltaron de forma reiterada e/ou xustificaron actos terroristas, pero agora ten en conta que as organizacións terroristas mencionadas nas cancións de La Insurgencia están "xa desmanteladas", en referencia ao GRAPO, ETA e ao PCE( r).

Na sentenza, de 97 páxinas, da cal foi relator o maxistrado Enrique López, insístese en que as cancións, difundidas por YouTube e que chegarían a máis de 40.000 persoas, "encaixan nun discurso do odio que vai máis aló do dereito á liberdade de expresión e da creación artística".

Represión
‘Shahid’: “A única forma de saír desta é xuntos e organizados”
Falamos con Saúl López ‘Shahid’ de La Insurgencia, o grupo de rap condenado pola Audiencia Nacional por enaltecemento do terrorismo polas súas cancións.
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...