Energías renovables
Montse Valencia: “A participación cidadá non é o dereito a presentar alegacións”

A asesora xurídica-ambiental critica a xestión ambiental da Xunta e a opacidade e falta de participación cidadá na tramitación dos proxectos eólicos.
18 feb 2022 10:15

En Galiza hai instalados 3867 MW de potencia en parques eólicos e, só en tramitación, practicamente o dobre. Coas cifras na man, moitas falan dunha ‘invasión eólica’. Ante a mesma realidade, a patronal galega fala dunha “desaceleración” no sector: piden a posta en marcha de 500 MW anuais, que non se están alcanzando –segundo din– por mor dos longos prazos administrativos.

A Xunta tentou acurtar estes prazos con diferentes normas, como a ‘Lei depredación’ de 2017 ou a Lei de reactivación económica de 2021. Nestes anos seguiron chegando proxectos, mentres a alarma social aumentaba. Algunhas das críticas das plataformas en defensa da terra son a opacidade nos proxectos, a falta de participación da veciñanza ou o elevado volume de solicitudes pendentes, problema para o que as administracións “non están dotadas suficientemente”, segundo recoñecía a ministra de Transición Ecolóxica.  Falamos destes temas con Montse Valencia, asesora xurídica ambiental, parte de Ecoloxistas en Acción e da Red de Abogados y Abogadas para la Defensa Ambiental

A Xunta ten nos caixóns 275 proxectos eólicos, malia que é imposible que saian todos adiante. Está entendendo a cidadanía as diferentes fases de tramitación destes proxectos?
A administración dá entrada de maneira lexítima á presentación de proxectos. Neste punto hai que diferenciar a participación cidadá da participación pública, e os grupos políticos non están dando as pautas para que as diferenciemos. Estase vendendo a participación pública como o dereito a facer alegacións, pero ese é un dereito que ven regulado na Lei de procedemento administrativo común de 1992, que foi substituida en 2015. Nesta lei recóllese que esa información debe estar en exposición como mínimo vinte días, mentres a lei galega de transparencia fala de quince, e isto non poder ser. Con isto quero dicir que nos atopamos cunha lexislación moi complicada de manexar e que dificulta a participación cidadá, con conceptos xurídicos contrarios entre eles.

Hai que buscar mecanismos de información pública real e, onde hai proxectos, a veciñanza ten que estar informada. É gravísimo cando chamaxente que se entera pola prensa.

Unha boa participación da cidadanía é a que están facendo algúns concellos, sentando e explicando á veciñanza en que consisten os proxectos. A participación cidadá non é o dereito a presentar alegacións, senón facer partícipes ás veciñas do que vai pasar na súa vila ou aldea.

Que administracións son as que non están favorecendo esa participación cidadá?
Poría o foco na administración galega, para que por exemplo, dotara de recursos humanos aos concellos onde existen propostas de proxectos eólicos. Estos procesos requiren de profesionais técnicas. Non só é informar, se non que hai que situar aos veciños e veciñas na política municipal. É unha ferramenta democrática.

E o canon eólico non está pensado para favorecer de ningún xeito esa participación, non?
A interpretación que fan moitos alcaldes da orde que regula o fondo de compensación ambiental é que pagan por poñer eólicos, e con eses cartos poñemos farolas led, por exemplo, cando estas cousas poden financiarse doutro xeito. Non hai unha compensación real, se non unha venda moi perigosa e especulativa co rural galego.

En decembro a Xunta establecía unha moratoria –un parón de ano e medio na recepción de propostas– para facer unha “planificación ordenada”. Por que o fai?
Unha moratoria non é unha prohibición, só unha pausa, pero non hai un compromiso de regulalo doutro xeito. Para min isto responde a unha acumulación de proxectos derivada da súa propia Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais.

Pasáronse de fomentar e agora non dan feito?
Claro. Se ti queres responderlle aos empresarios dun xeito inmediato e que quede todo na túa lexislatura, terás que contratar máis persoal ou sacar máis prazas para xestionar iso. A ‘moratoria’ non se recolle neses termos na norma, se non que din que durante 18 meses van estar estudando toda a acumulación de cousas que teñen enriba da mesa. Isto non quere dicir que non prosiga, pero hai unha morea de proxectos que se teñen que desbotar si ou si, e isto non o están deixando claro. Máis alá da vontade política, hai un marco xurídico que hai que respectar e co medio ambiente sempre hai manga ancha, sempre se moven os marcos. Hai normas moi importantes como a Rede Natura que veñen reguladas por unha directiva pero hai outras de menor rango que hai que ter en conta.

Medio rural
Eólicos Eólicos e territorio: unha relación conflitiva
O Observatorio Eólico critica o “papel marxinal” dos veciños e concellos no desevolvemento dos parques. Estes falan dunha “ocasión perdida”.

Asociacións veciñais e ecoloxistas están facilitando á cidadanía modelos para presentar alegacións. Ata que punto son útiles?
As asociacións ecoloxistas non temos ese papel, se non que cubrimos o que terían que facer as administracións, como noutros moitos temas. Eu leo o DOG todos os días, teño as miñas alertas do BOE, reviso os provinciais, e non sempre é sinxelo acceder. O caso é que van pasando os días e quince ou trinta días para alegar son moi poucos. E a xente non le o DOG. Habería que buscar mecanismos de información pública real, e nos lugares onde hai proxectos, a veciñanza ten que estar informada. É gravísimo cando chama xente que se entera pola prensa. Non é democrático nin transparente.

E imaxinando que hai alegacións, moitas e ben feitas. Que poder teñen?
A Administración ten que contestar ás alegacións e dicir porque se admiten ou non, pero esas contestacións rara vez chegan. Hai casos onde as alegacións serviron para botar atrás o estudo de impacto ambiental porque a empresa non tivo en conta certas cousas. Hai veces que está mal ata a localización, porque fan un corta e pega e nin comproban. Pero non é o común, de feito dun tempo a esta parte as empresas puxeron as pilas, sobre todo desde a lei de 2013.

A min téñenme chamado avisando de que chegan contestacións ás alegacións, en temas de minería, nas que mesmo inclúen o posicionamento do estudo de impacto ambiental da empresa, dando un prazo de alegacións de só cinco ou dez días antes de rematar a vía administrativa. No Plan Hidrolóxico Miño-Sil, sen querer defendelo, son seis meses para alegar nos que se convoca a veciñanza e podes obter explicacións. O que quero dicir é que se poden facer mellor as cousas.

Na Xunta ou hai mala fe ou hai descoñecemento, e en ambos casos a cidadanía e o medio ambiente están desprotexidos.

No parque eólico do Roncudo, en Corme, o TSXG condenou a Xunta por reducir a quince días o prazo de alegacións amparándose baixo a lei de fomento de iniciativas empresariais da que falabamos. A propia guía da Xunta di que son trinta días e calquera procedemento administrativo común, vinte. Que supón esta sentenza?
Ese é un recoñecemento xudicial moi importante. A sentenza entende que non son suficientes eses quince días. Se empezamos a rascar por aí, podería ser un caos, porque entón que facemos con todos os proxectos que se aprobaron baixo os quince días de alegacións? Por que se chegaron a poñer anuncios de quince días? Quen asinou iso? Se te metes aí... É moi complicado, pero se cadra co tempo non hai que desbotalo. É moi posible que haxa máis procesos xudiciais dos que sabemos, pero só nos enteramos por medios alternativos ou polas redes sociais. Todos estes procesos, así como facer os modelos de alegacións, teñen o seu custo. E eses milleiros de alegacións non se responden aínda que deberían. Despois, se se incorporan as alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental e se modifica moito, debería volver haber outra exposición pública. Hai certos mecanismos na lei que tentan ser evadidos para rematar antes.

E aí a Xunta posiciónase por rematar antes?
Si, e pola opacidade, se non te enteras non podes defenderte. 

corme PE
Obras da repotenciación do PE de Corme pola que foi condenada a Xunta. Imaxe: Rede Galega Rural Vivo

No caso de Corme, a Xunta sabe que na súa propia guía fala de trinta días. No caso de Cavirsa na Limia, autorizaron a ampliación dunha granxa sen avaliar o impacto contaminante, malia que había informes que demostraban a contaminación. Nestes dous casos a Xunta foi condenada polo TSXG. Non hai forma de perseguir estas decisións?
A cuestión é: quen debe denunciar isto? Porque é evidente que hai prevaricación. Unha asociación ecoloxista? Outra Administración? A Fiscalía de oficio? Por que non chegan máis actas do Seprona? Faltan medios. É un entramado moi complexo.

Faltan medios dentro da Xunta?
Para min hai unha conclusión: ou hai mala fe ou hai descoñecemento, e en ambos casos a cidadanía e o medio ambiente están desprotexidos. Fáltanlle medios á Xunta? Si, como a todas as administracións. Dentro das consellerías hai un entramado de direccións, técnicos... é moi complicado. A solución ten que partir dunha vontade política. Se hai transparencia e boa fe, poden restituírse estes erros. Pero faltan os piares e sobre todo, non hai interese por barrer a casa.

Isto fai que sexa máis difícil fiscalizar e controlar o que fan as administracións?
Se ti entendes onde está o erro, podes sinalar e denunciar, chegado o caso. Por exemplo, na Baixa Limia levamos once anos de contaminación e non hai nin unha denuncia pola contaminación nin polos posibles delitos e danos á saúde pública. Non hai denuncias porque a xente non sabe. Eu en cuestións medioambientais penso que o primeiro é ir pola vía administrativa: antes de ir a un avogado, senta co presidente da Confederación ou coa Consellería, porque teñen que atenderte. Temos que facer máis presión na vía gratuita, na administrativa. A vía xudicial ten un custo económico e psicolóxico. Moitas administracións buscan que o cidadán se aburra, entre nesa fase de apatía e non siga e, de súpeto, tes aeroxeradores e camións cheirando diante da túa casa. Unha vez que o proxecto se executa, xa é todo máis complicado.

Se cadra estamos sendo ambiciosos de máis querendo poñernos á par de outros países cando xa chegamos tarde. Por que non miramos o que temos en casa, con humildade e sendo realistas?

Que pensas que queda da idea inicial da “transición enerxética”? Como se está tratando desde as administracións?
Un dos erros do Ministerio é que se encheron a boca coa ‘transición ecolóxica’, e vai pasar como co ‘desenvolvemento sostible’, que tiña unha serie de connotacións positivas e agora xa non quere dicir nada. A transición ecolóxica é complexa, pero se cadra estamos sendo ambiciosos de máis querendo poñernos á par de outros países cando xa chegamos tarde. Por que non miramos o que temos en casa, con humildade e sendo realistas? Moitos dos políticos que nos gobernan non teñen formación para xestionar estas cousas.

Que pode facer a cidadanía, entón?
Temos que reivindicar os nosos dereitos e o medio ambiente. Esta revolución ao redor dos eólicos funciona. É lícito que as empresas queiran gañar cartos, pero aí quen lle ten que coartar é a administración en defensa dos cidadáns, e está actuando en favor dos intereses empresariais. Din que hai un win win, por exemplo coas instalacións industriais intensivas, porque tamén se xera traballo, pero isto non é certo. Non hai un win win co veciño que vive alí, hai un ‘gañamos todos’ entre o empresario e o grupo político.

É un tema moi opaco e difícil de entender. Cres que hai moita confusión e sobreinformación tamén por parte dos medios de comunicación?
Si, eu levo en temas medioambientais desde 1995. Os xornalistas, sobre todo en televisión, en xeral non saben trasladar esta información. O que está claro é que hai un anuncio do DOG, cun prazo, e que podes revisar esa información. Se a administración non ten medios ten que buscar un mecanismo para que as asociacións poidamos facilitar os procesos democráticos, ou ben crear bolsas de interinos... Por que o medio ambiente está tan esquecido nas administracións? Énchesenos a boca coa transición e despois non hai técnicos medioambientais nos concellos, por exemplo.

Máis alá da vontade política, hai un marco xurídico que hai que respectar e co medio ambiente sempre hai manga ancha, sempre se moven os marcos.

A normativa medio ambiental é extensísima, e crúzanse moitas normas. Falar de medio ambiente é falar de saúde pública e entón xa entra o Código Penal, etc. O alcalde de Vilar de Barrio dicía “eu se declaran a Limia zona vulnerable aos nitratos vou solicitar que Vilar de Barrio non quede dentro desa zona”. Pero como? Vostede non pode facer o que queira. É moi representativo da mentalidade que aínda existe. Temos que acadar un xeito de que convivan o medio ambiente cun desenvolvemento rural sostible. Ninguén pode facer co medio ambiente o que lle veña en gana.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial La demanda energética de los centros de datos de IA se cuadruplicará para 2030, según un informe
Un estudio de la Agencia Internacional de la Energía predice que los centros de datos aumentarán la demanda de electricidad en un 20% de aquí a 2030 en el Norte global.
Crisis climática
Inversiones 'marrones' España gastó más de 23.000 millones de dinero público en actividades nocivas para el medio ambiente en 2024
Un estudio analiza el impacto climático de las subvenciones otorgadas por el Gobierno español. Solo el 14% del monto total de las ayudas se destinó a actividades o proyectos que fomentan la transición ecológica.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Más noticias
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.