Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN)
Galiza á espera da chegada inminente da Montaña

Os colectivos de abaixo e á esquerda arredor de toda Galiza teñen traballado ao longo de meses para recibir á delegación do EZLN.
Primer Encuentro Internacional de Mujeres que Luchan, marzo de 2018 (1) (Radio Zapatista/La Tinta/SubVersiones)
Primer Encuentro Internacional de Mujeres que Luchan, marzo de 2018 (Radio Zapatista/La Tinta/SubVersiones)
13 jun 2021 12:38

Xa hai 27 anos que, desde o recóndito sur de México, o Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) facía o seu primeiro comunicado para darse a coñecer ante o mundo. Desde entón, a súa mensaxe “Terra e liberdade comezou a atravesar fronteiras e a Serra de Chiapas converteuse nunha referencia, nun punto de encontro  para pensar e imaxinar outras formas de vida.

Ao longo da historia do EZLN, houbo varios momentos nos que se abriu a porta ao dialogo internacional, como o foron os Encontros Internacionais das Mulleres que Loitan, no que se recibiron milleiros de persoas de todo o mundo en territorio zapatista. Mais agora son eles quen saen para atoparse co mundo. Nun comunicado que se fixo público a través do seu portal web a principios de outubro, os zapatistas compartiron que estaban a preparar a Travesía por la vida, dicindo: “Navegaremos hasta suelos, mares y cielos remotos, buscando no la diferencia, no la superioridad, no la afrenta, mucho menos el perdón y la lástima. Iremos a encontrar lo que nos hace iguales”.

A travesía, percorrerá nos próximos meses varios países europeos para chegar, finalmente, a Madrid o 13 de agosto de 2021: os pobos orixinarios de raíz maya e zapatistas retornarán, exactamente 500 anos despois da “suposta” conquista de México para dicirlle ao Estado español: “Que no nos conquistaron.  Que seguimos en resistencia y rebeldía”.

A delegación que ven a Europa para representar o zapatismo, bautizada como o Escuadrón 421, leva en alta mar desde o pasado 2 de maio nunha embarcación chamada La Montaña, que, logo de arribar ás Illas Azores (Portugal) o pasado venres 11 de xuño, chegará ao longo da próxima semana ás costas de Vigo.

A Travesía por la vida ven a Europa para entaboar espazos de pensamento con colectivos e grupos afíns nun contexto de emerxencia internacional. É a ameaza do capitalismo neoliberal que está a destruír a vida o que fai irremprazable a creación de redes de resistencia mundial. Foi só a través dos comunicados feitos aínda desde o sur de México, que a libre e indomable mensaxe zapatista e a súa promesa de visita lograron mover inmediatamente as correntes do mar e fixo tremer a terra do vello continente: centos de grupos de toda Europa comezaron a mobilizarse para recibilos.

A REDE GALEGA

Na Galiza, mesmo antes de que La Montaña zarpase, os colectivos de abaixo e á esquerda organizáronse para mostrar a súa solidariedade co movemento zapatista. Xira pola vida, por exemplo, é unha asemblea que leva organizada máis dunha decena de actividades en distintos puntos do territorio galego, que comezou a xuntarse tras o comunicado oficial do EZLN para pensar que se lle podía ofrecer ó Escuadrón 421 cando chegasen a Galiza.

Fran Larri, parte deste grupo asembleario, comenta que, desde a constitución de Xira pola vida, foron “abrindo espazos en distintos espazos en varios puntos da Galiza: en Coruña, en Compostela, Pontevedra, en Vigo. Mais en cada sitio teñen as súas propias asembleas e cada quen está a facer actividades desde a súa localidade. Tivemos varias xornadas na que houbo concertos, narración oral, coloquios, cineforums. Houbo en Cangas unha actividade que empezou cunha deseucaliptización e remataou cunha proxeción dun documental. E así por toda Galiza. Son actos para achegar e informar á xente que non coñeza o movemento zapatista“.

Zapatistas en Galicia 1
En Vigo, colectivos organizan a benvida de 'La Montaña', o barco nel que viaxa o Escuadrón 421, a primeira delegación zapatista que chegará a Europa. Foto cedida Espacio ECOAR

Á par das actividades organizadas por esta asamblea, ECOAR))), unha organización ecoloxista e anticapitalista que loita e tece redes a través da acción directa con dinámicas de presión para construír un mundo máis xusto e defender os dereitos humanos, está “en contacto con outras organizacións para poder visibilizar e facilitar a chegada dos compañeiros e compañeiras do EZLN a Europa, ao tempo que tamén realizamos actuacións de diverso tipo, para, paralelamente, crear un clima que permita poñer en primeiro plano algunhas das loitas e situacións que están a suceder ao outro lado do Atlántico”, comparten membros deste colectivo.

Tanto Xira pola Vida coma ECOAR))), son só un par das moitas organizacións ao longo do territorio que están a traballar para recibir á Montaña coa esperanza de poder lograr ter un encontro e un posterior diálogo cos integrantes Escuadrón 421.

O ZAPATISMO NO PANORAMA POLÍTICO EUROPEO

Sen dúbida, a Travesía por la vida é histórica e revolucionaria desde todos os planos. O EZLN, un dos grandes paradigmas de resistencia dos pobos que teñen sido sistematicamente vítimas da opresión e a masacre co fin de negarlles calquera ápice de lexitimidade e apartalles de toda oportunidade de representación política. Contra todo prognostico -e toda lóxica da axenda capitalista neoliberal- os pobos orixinarios do centro de América, entrarán as grandes capitais culturais de occidente con forza, dignidade, lexitimidade e unha gran base de apoio.

Pois a súa loita, aínda que responda a un contexto socio-histórico particular, ten resoado en todos os recunchos do mundo. Para as compañeiras de ECOAR))), este  punto de encontro entre distintas cosmogonías, se da polo estado de emerxencia global que ameaza a todas as formas de vida: “Vivimos nunha era en que o proceso de mundialización avanza cada día. A aceleración na construción de organismos internacionais e o hiperdesenvolvemento do dominio das transnacionais e do neoliberalismo, implicaron a necesidade da creación de ferramentas e mecanismos de resistencia e construción de alternativas e resposta social. A visita dxs zapatistas é importante porque permitirá que este símbolo de construción popular internacionalista dende abaixo, como é o EZLN, constrúa pontes coas organizacións europeas ao tempo que permitirá poñer en contacto e coñecer de primeira man diferentes perspectivas, repertorios e enfoques do mundo no que hoxe vivimos”.

Acción bienvenida zapatistas Galicia
Acción en Vigo dos preparativos da bienvenida á xira zapatista. Foto cedida por Espacio ECOAR)))

Nesa liña, para Larri, o zapatismo significa un novo alento para un panorama político europeo obsoleto: “Antes do levantamento do primeiro de xaneiro de 1994 estábamos un pouco perdidos aquí en Europa. Ese levantamento fíxonos comprender as implicacións e as ameazas da Nova orde mundial; a expresión do capitalismo máis salvaxe quedou desenmascarado por uns indíxenas nun sitio recóndito en México. Penso que toda a resistencia moderna contra o capitalismo viu despois deste levantamento. en Europa levamos un tempo tamén con moitas ganas de cambio e xuntarnos cun pobo orixinario , que nos mostrou o seu camiño... Esa comparación de loitas pode ser moi importante para todos os que aspiramos a un novo mundo, como os zapatistas”.

Tanto o membro asemblearios de Xira pola vida, coma as compañeiras e ECOAR))), aseguran que a visita do EZLN xa está a ter un impacto no panorama político europeo ao mobilizar a tanta xente e colectivos. “Vai funcionar como un catalizador para os movementos europeos. Pensamos que vai servir (e de feito xa está a suceder) para que organizacións e persoas desconectadas entre si, poidan atoparse e facer construcións colectivas. Ademais, coñecer a experiencia zapatista e a ollada que proxectan no mundo pode servir para activar, dinamizar e, sobre todo, para que os movementos europeos, e xs europexs mesmxs, se empoderen. Servirá, dende logo, para que aquí se entenda que ao final o cambio de modelo social depende de que a xente asuma e entenda que o cambio depende, en último termo, de que cada un e cada unha de nós interioricemos que temos responsabilidade no que sucede ao noso redor e, ao mesmo tempo, termos a capacidade para poder mudalo”.

A EXPECTATIVA DO ENCONTRO

A chegada da Montaña segue a ser, até agora, a escasos días da culminación da súa viaxe, unha cuestión complicada de prever e os colectivos estánse a organizar en medio da incertidumbre, que non está dada só polo tempo estimado de chegada, senón tamén polo descoñecemento da axenda concreta dos zapatistas e das accións que vaian tomar as autoridades.

Por iso, Xira pola vida está a organizar diferentes planes de acción, tratando de prever calquer escenario posible para poder actuar en consecuencia. Larri comento ó respecto: “ Seguramente a policía será a primeira en recibir ó escuadrón e a ver con que ánimos saen de alí. En principio, tentaremos facerlles un recibimento na ría de Vigo con embarcacións tradicionais, mais todo depende de con canta anticipación se comuniquen con nós, de cando saibamos con certeza a data de chegada. Todo se fai dependendo diso. Tamén queremos facer un acto de benvida cun escuadrón galego que os reciba, os acompañe, para que despois tomen a palabra”.

Mais, ademais de prever a chegada da Montaña, as distintas organizacións tamén están a crear unha base de apoio para recibir á xente de todo o continente que ven a recibir a delegación zapatista. Outra tarefa de estimación incalculable

Un ambiente expectante, festivo e esperanzador percorre as rúas de Europa, pois a Travesía por la vida supón un paso máis cara á construción colectiva e internacional dun mundo onde caiban moitos mundos. Para o colectivo ECOAR))), o EZLN “representa unha referencia dentro da construción histórica do contrapoder. Para nós supón un exemplo claro de como se pode facer fronte ao neoliberalismo ou de como, por moi imposible que pareza, pódese construír a realidade dende a ollada dxs de abaixo. Para nós o zapatismo é un movemento que se atopa, claramente, na mesma trincheira na que nós estamos e co que compartimos a fonda necesidade que temos de xerar unha nova cultura organización para poder facer realidade o cambio social. Estamos convencidxs que para vencer debemos atender o agora, pero en ningún momento podemos deixar de ver ao lonxe. Entendemos que a loita non remata nunca e por iso entendémola como un xeito de estar no mundo.” A chegada é inminente e temos os ollos fixos no horizonte.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.