Feminismos
A túa vila é máis androcéntrica do que nunca imaxinarías

Segunda parte da serie de artigos nos que MaterFEM (Maternidades Feministas Galegas) reflexiona sobre o lugar que os coidados e o benestar ocupan nas nosas vilas e cidades. Nesta entrega as autoras cuestionan a suposta neutralidade dunha arquitectura e dun urbanismo configurados a través dos séculos segundo os valores dunha universalidade que escondía, e ainda esconde, que o suxeito dos dereitos de cidadanía é masculino.

Símbolo feminista en un parque de Iruñea
Símbolo feminista nun parque de Iruñea. Ione Arzoz

O urbanismo das nosas cidades e vilas non é neutro. Tampouco a arquitectura. As vivendas e espazos públicos foron configuradas a través dos séculos baixo os valores dunha suposta universalidade que escondía (e aínda esconde) que o suxeito dos dereitos de cidadanía é masculino. Segundo o Col·lectiu Punt 6, referente no noso país do urbanismo feminista, “o urbanismo actúa moitas veces como mecanismo disciplinador sobre os corpos e as identidades (...) propagando a orde colonial, o sistema binarista e os roles de xénero ou as marcas de clase”. O home é o suxeito por defecto (máis concretamente o home adulto, branco, con traballo remunerado, mobilidade e boa saúde e sen responsabilidades domésticas: unha parte moi reducida da poboación), e por tanto, nas nosas sociedades o androcentrismo determina os usos e a forma física dos espazos, a forma dos desprazamentos, a prioridade nas actividades e nos comportamentos e o tipo de experiencias que se producen tanto no espazo público coma no espazo privado, favorecendo a reprodución e perpetuación destes valores.

Durante o confinamento evidéncianse máis as carencias xa existentes, a exclusión de boa parte da poboación e a dificultade do traballo de coidados e, en xeral, de todas as actividades que teñen que ver co sostén da vida: alimentación, seguridade, saúde, vixilancia, apego, etc.

Por todo isto consideramos que é urxente que se promova un novo tipo de urbanismo e de arquitectura que coloque a todas as persoas no centro das decisións urbanas; tendo en conta a perspectiva de xénero, as diferentes idades, a diversidade funcional, as diferentes tipoloxías de familia, etc.; pensando tamén na sostibilidade das construcións para axudar no coidado do planeta. Un novo tipo de urbanismo e arquitectura que tome o cotián como punto de partida para a análise e como metodoloxía. Unha estratexia, tal e como defende tamén o Col·lectiu Punt 6, chave “para rachar coa división espacial do público e do privado”. O territorio debe ser analizado, construído e modificado a través da análise da vida cotiá e das súas catro esferas (segundo Hannah Arendt): das actividades produtivas, reprodutivas, propias e comunitarias (consideradas todas imprescindíbeis para a sostibilidade da vida e, por tanto, postas ao mesmo nivel) que realizan as persoas, dos espazos e dos tempos nos que as realizan, e de como o territorio favorece ou dificulta ditas actividades.

Desde o noso Observatorio

Neste sentido, o noso Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan ás mulleres na maternidade e ás súas crianzas recolle como a mobilidade urbana, o urbanismo e a arquitectura, nos sancionan. Como nais e coidadoras, decatámonos de que a xestión do tempo vai indisolubelmente unida ao manexo do espazo, xa sexa dentro da nosa propia casa ou atravesando a vila que habitamos, impedindo simultanear esas catro esferas cotiás. Así o ratifican testemuños recollidos no Observatorio citado (de próxima publicación):

«Negación do dereito a decidir se o meu fillo (9 anos) pode baixar só do transporte escolar, aínda que o bus pare diante da casa (...) engadindo por iso unha traba máis á xa de por si difícil conciliacion (vivo soa).»

«Son familia monomarental (...). Isto xera en ocasións un gran cansazo fisico e emocional, e obriga, por necesidade, a unha prematura e excesiva “institucionalización” (...) debido á descompensacion dos tempos libres. Sería necesario revisar as conciliacións e os horarios das cidades.»

Como nais e coidadoras, decatámonos de que a xestión do tempo vai indisolubelmente unida ao manexo do espazo, xa sexa dentro da nosa propia casa ou atravesando a vila que habitamos, impedindo simultanear as catro esferas cotiás

A localización dos postos de traballo, seguindo criterios economicistas para maximizar beneficios, en zonas monofuncionais como os polígonos do Tambre, Costa Vella, Novo Milladoiro (Ames) obriga a facer desprazamentos diarios, exclúe deste tipo de empregos ás coidadoras de persoas dependentes e crianzas (que non dispoñen de coche propio ou de tempo para perdelo en mobilidade), e aumenta o número de traxectos en vehículo privado, con consecuencias ambientais sobre a saúde.

«Nos Autobuses de Calo non podes acceder co carriño de bebé sen estar pregado. Non recibes axuda, sénteste un estorbo. Co bebé no colo, e o carriño pregado agarrado coa outra man tiven que viaxar de pé. Só contei coa axuda doutras usuarias.»

O mobiliario urbano tampouco é neutro, senón androcéntrico; proba son as necesidades invisibilizadas dos suxeitos non privilexiados: bancos sen respaldo en varios parques (Bonaval, finca de Simeón...) non aptos para doentes e crianzas non autónomas; autobuses sen espazo para carriños; barreiras arquitectónicas (aínda!) dentro de edificios administrativos; ausencia de cambiadores en espazos públicos… como nos contan as entrevistadas:

«Fun facer o DNI do meu fillo menor e na comisaría de Santiago só hai escaleiras e miniplataforma para cadeiras de rodas onde non cabe un carriño. Cando conseguín subir xusto chegaba unha muller con carro de xemelgos e outro cativo que foi quen a axudou.»

É urxente que se promova un novo tipo de urbanismo e de arquitectura que coloque a todas as persoas no centro das decisións urbanas; tendo en conta a perspectiva de xénero, as diferentes idades, a diversidade funcional, as diferentes tipoloxías de familia, etc

«Nos baños do sepe non hai cambiador»

«Na gardería municipal (...) non temos un espazo para poder subir e baixar as crianzas. Non hai zonas públicas cubertas para poder levar as crianzas en inverno. Moitos locais públicos e privados sen cambiadores.»

«Pues ir al Hospital de Santiago y tener que cambiar a mi hija en el suelo del baño porque no hay cambiadores.»

É abrumadora a cantidade de queixas recollidas a este respecto:

Marcos legais

Será por marcos neste país... Todo o que estamos a expor está xa recollido na normativa internacional e nacional sobre o tema, que fai fincapé na incorporación da perspectiva de xénero e da igualdade de oportunidades nas políticas sectoriais, no urbanismo e na vivenda... Outro asunto é se esa lexislación chega a aplicarse…

Lei orgánica de igualdade entre homes e mulleres (2007)

Artigo 31. Políticas urbanas, de ordenación territorial e vivenda.

3. As Administracións públicas terán en conta no deseño da cidade, nas políticas urbanas, na definición e execución do plan urbanístico, a perspectiva de xénero, utilizando para iso, especialmente, mecanismos e instrumentos que fomenten e favorezan a participación cidadá e a transparencia.

Lei do Solo (2008)

c) Atender, na ordenación que fagan dos usos do chan, aos principios de accesibilidade universal, de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, de mobilidade, de eficiencia enerxética, de garantía de subministración de auga, de prevención de riscos naturais e de accidentes graves, de prevención e protección contra a contaminación e limitación das súas consecuencias para a saúde ou o medio ambiente.

Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (2019)

Artigo 3. Principios e criterios de rehabilitación edificatoria e da rexeneración e a renovación urbanas.

2. A planificación das actuacións de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas axustaranse aos criterios seguintes:

d) A promoción da diversidade, a igualdade e a cohesión social, a calidade e a accesibilidade dos espazos públicos.

i) A perspectiva de xénero, tendo en conta os aspectos económicos e sociais.

k) O alcance da máxima garantía posíbel para a accesibilidade en condicións de igualdade de todas as persoas, sexan cales sexan as súas limitacións e o carácter permanente ou transitorio destas, propiciando a supresión ou a diminución de barreiras arquitectónicas, urbanísticas ou de comunicación.

Urbanismo
Casas blindadas nas aforas de Compostela. Foto: Nark

Da cidade compacta á urbanización dispersa

Cómpre facer fincapé en como a lóxica adultocéntrica, capacitista e inhumana do sistema capitalista e patriarcal botou fóra das vilas e cidades precisamente os seus/súas habitantes. Varios traballos teñen reflexionado sobre como o impacto do tráfico non só afecta os usos do espazo público senón á configuración e relación das vivendas coa rúa.

Ante o perigo que supón o tráfico Román e Pernas afirman que se «retrotraen usos: as nenas e nenos sós desaparecen das beirarrúas, así como persoas con mobilidade reducida. Os encontros veciñais son máis curtos (...) e as casas blíndanse con dobres xanelas para non sentir as molestias do ruído. A casa blindada (...) non só non contribúe á seguridade colectiva, senón que comeza a xerar illas de inseguridade na súa contorna. Este divorcio entre o de dentro e o de fóra rompe ese diálogo necesario entre espazo privado e público para crear confianza e permitir que este sexa habitado por menores».

Crianzas, mocidade, maiores, persoas con discapacidade e mulleres (entre as que unha maioría aínda non posúe carné de conducir) ven minguada a súa autonomía e ven incrementada a dependencia do transporte motorizado para moitas actividades cotiás».

Pero a cidade do automóbil, da hipermobilidade, «termina por resultar inaccesíbel á maioría. A proliferación do vehículo privado permite (...) crear cidades que se estenden segregando usos: o residencial, o comercial, o do lecer, o laboral... que se conciben como pezas illadas e interconectadas por eixos viarios que non todo o mundo pode utilizar autonomamente. Moitos bens e servizos deixan de ser accesíbeis a pé ou en bicicleta e aqueles que non dispoñen de vehículo senten a cidade fóra do seu alcance. Crianzas, mocidade, maiores, persoas con discapacidade e mulleres (entre as que unha maioría aínda non posúe carné de conducir) ven minguada a súa autonomía e ven incrementada a dependencia do transporte motorizado para moitas actividades cotiás».

Este paso da cidade compacta á urbanización dispersa aínda non é moi palpábel en Santiago de Compostela debido ao tamaño da urbe pero os problemas de tráfico evidénciano xa. É sobre todo coa creación dos Polígonos da Costa Vella e da Sionlla (a partir do ano 2003) que se abre a veda á dispersión comercial: xa non son polígonos industriais ou empresariais como o vello Polígono do Tambre (1991), senón que a estas zonas monofuncionais desprazan primeiro actividade comercial (Leroy Merlin, Decathlon, Mercadona…) e a seguir tamén ocio infantil (circuitos de karts, rockódromos, parques de bólas, exposicións interactivas no Mercado de Gando de Amio…) dificultando o acceso de nais e coidadoras e aumentando, de novo, o tránsito de vehículos contaminantes.

Na seguinte entrega desta restra de análises sobre a arquitectura dos coidados veremos de que xeito acabar coas crianzas nas cidades ou como, no século XIX, un grupo de mulleres exixiu pagamento polos seus servizos domésticos aos propios maridos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Alicante
Alicante Denuncian a un alto cargo de Mazón y al alcalde de La Nucía por prevaricación urbanística
AE-Agró acusa a Bernabé Cano, alcalde de la Nucia y al Director General de Urbanismo autonómico de haber cometido un delito de prevaricación urbanística y otro ambiental con el PAI la Serreta.
#67078
9/8/2020 18:21

Adjuntamos dos enlace a una comunicación sobre urbanismo y género que puede ser de su interés:
https://tv.uvigo.es/video/5b5b4a7f8f42089948eefdbd
http://hdl.handle.net/2183/17452

2
0
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.