Galego
Cinco escritoras en 60 anos do Día das Letras

Os datos falan por si sós. Rosalía (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021) son as únicas conmemoradas en seis décadas. Malia iso, segue a interpretarse que é pola cota.
Letras Galegas feministas 2023
De esquerda a dereita, na fila superior, Rosalía, Francisca Herrera, María Victoria Moreno. Abaixo, María Mariño e Xela Arias.
17 may 2023 09:00

Imaxinemos un titular: “Elixen un home para o Día das Letras poucos anos despois de homenaxear outro home”. A percepción, cando se trata dunha escritora, tende a ser esa. Así o confirma Marilar Aleixandre, científica, literata, Premio Nacional de Narrativa 2022 do Ministerio de Cultura por As malas mulleres (Galaxia, 2020) e académica da Real Academia Galega (RAG): “Cando propuxemos a Xela Arias atopaba constantes comentarios: ‘A ver, non houbo unha muller hai pouco? Se xa estivo María Victoria Moreno, que innecesario’. Hai unha representación social de que o Día das Letras é para un home e que á muller dáselle pola cota”.

“Por segundo ano consecutivo, o homenaxeado no Día das Letras será un home” coincide coa realidade: 2022 para Florencio Delgado Gurriarán e 2023 para Francisco Fernández del Riego, aínda que nunca se titule así porque é rutina e, por tanto, materia pouco noticiábel. Por iso, cando as teorías do establecemento da axenda analizan como os medios inciden na opinión pública, non se centran na omisión cando as rutinas ocultan en ocasións realidades que son noticia. E serve aínda para case todo, malia os grandes avances que cómpre atribuírlle ao movemento feminista, historicamente organizado como sostén axitador de avance social. Incluso “por vixésimo terceiro ano consecutivo”, indo aos primeiros datos, pois son os anos que transcorren entre a homenaxe inicial, a de Rosalía de Castro (1963), e a seguinte, a de Francisca Herrera Garrido (1987). Logo pasan vinte anos até María Mariño (2007), once até María Victoria Moreno (2018) e dous até Xela Arias (2021). Cinco escritoras en 60 anos.

Argumentos de cuestionamento que se repiten

No 2018, en pleno estouro da concienciación social feminista, as Letras celebran a María Victoria Moreno, a primeira autora de Literatura Infantil e Xuvenil recoñecida. A súa novela Anagnórise (Galaxia, 1988) conecta con varias xeracións de adolescentes. Tres anos antes, a plataforma de crítica feminista A Sega noméaa Nosa Señora das Letras, título outorgado no Día das Galegas nas Letras, que cada 15 de agosto busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á literatura.

Susana Aríns, filóloga, investigadora, escritora, premio das libreiras madrileñas ao mellor libro do 2019 por Dicen –tradución ao castelán de Seique (Através editora 2018)– é unha das integrantes d’A Sega. Explica, en conversa escrita, o porqué da creación da Nosa Señora das Letras, que alcanza xa a décima edición: “Há um canto tradicional que diz ‘se não nos dam sachos, trazemo-los nós’. Evidentemente reivindicamos, mas não estamos dispostas a aguardar a que na RAG caiam da burra. Se não homenageam eles mulheres, fazemo-lo nosoutras”.

Marilar Aleixandre: “Cando propuxemos a Xela Arias atopaba constantes comentarios:  ‘A ver, non houbo unha muller hai pouco? Se xa estivo María Victoria Moreno, que innecesario”

Hai unha serie de argumentos á hora de cuestionar a elección de mulleres que se reiteran. O primeiro é o citado da falsa repetición. O segundo alude a unha suposta ausencia de literatas destacadas, vella tese, común a moitos gremios, que grazas ao esforzo de visibilización realizado nos últimos anos se demostrou xeralizadamente falaz.

Intelectualidade feminina nas Irmandades da Fala

Para Emma Pedreira, filóloga e escritora, Premio da Crítica de narrativa galega 2018 por Bibliópatas e fobólogos (Galaxia, 2017) ou Premio Xerais 2018 por Besta do seu sangue, “esa é unha das liñas argumentais que menos se sostén”. Esta antiga segadora afirma unha abundancia de autoras “xa desde os tempos de Rosalía” e cita as irmás Corral Aller, que mesmo foron académicas, as irmás Pura e Dora Vázquez, Luísa Villalta, Filomena Dato ou Nicolasa Añón. “Hai moitas outras figuras senlleiras dignas desta efeméride pero han de pasar os dez anos obrigados de pasamento para poder postulalas na Academia, como Xohana Torres ou Dorotea Bárcena. Eses anos de rigor (mortis) son, se cadra, excesivos”, comenta.

A proposta da Nosa Señora das Letras procura precisamente desmontar este argumentario. Segundo Arins, “há autoras de interesse: outra cousa é que não as queiram ver. Todos os anos, antes de anunciarmos quem é a nossa escolhida, recebemos uma cheia de sugestões com nomes que não são os que baralhamos. Será por autoras!”. E recomenda a leitura do Irmandinhas (Laiovento, 2020) de Aurora Marco, que pesquisa na inteletualidade feminina implicada nas Irmandades da Fala. Marco “mostra como havê-las, hai-nas e, ao tempo, como já foram silenciadas na sua contemporaneidade. Muitas aparecem em arquivos, artigos e documentação, mas que quem a estudou não as quis ver”. Activistas e intelectuais que desenvolven actividade entre 1916 e 1936 dentro das organizacións e grupos vencellados.

A divulgación da perspectiva de xénero como método resulta especialmente oportuna nos procesos de institucionalización das autoras

Para Pedreira, esta efeméride créase no seu día como “festa cultural en chave de xénero” que responde a unha “deliberada ausencia”. “Ademais de sacar do silencio o traballo de moitas, tamén tivemos en conta que as autoras vivas hai que apoialas e reivindicalas como patrimonio cultural”.

De feito, tanto María Victoria Moreno como Xela Arias son elixidas Señoras das Letras pola Sega anos antes das homenaxes no 17 de maio, aínda que xa levaban varios anos nos procesos de votación da RAG. “Como ademais fazemos recensões e posta em valor das suas obras, é uma boa maneira de introduzir a nossa olhada feminista no campo. Posteriormente poderão ser institucionalizadas, mas sempre estará aí a nossa leitura”, puntualiza Arins.

A divulgación da perspectiva de xénero como método resulta especialmente oportuna nos procesos de achegamento institucional ás autoras, se tomamos como exemplo o acontecido con Rosalía no seu momento.

Unha das principais estudosas da que denomina “operación violentadora” é Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña, investigadora e sociolingüista. Rosalía é canonizada incluso en papel moeda, nos antigos billetes de 500 pesetas, atada durante décadas a un anacronismo descritivo e interpretativo, un mito falsificado no que conflúen eufemismos (santa, nai de todos os galegos, raíña da morriña) e disfemismos (chorona, hipersensíbel, escritora costumista e rexional e até portadora dun trauma fálico pola ausencia de pai (Rof Carballo en VV.AA., 1953).

Unha confluencia de efemérides en círculo

Como nun tímido bucle, no Día das Letras Galegas do 2023 conflúen algúns elementos subliñábeis. Cúmprense sesenta anos do establecemento da efeméride celebrando ao seu creador, Francisco Fernández del Riego. Sesenta anos tamén da primeira homenaxe a unha literata, Rosalía, 160 da publicación do seu poemario Cantares Gallegos, primeiro libro integramente en galego, que resulta, ao tempo, unha obra inaugural da literatura galega no Rexurdimento.

Galego
O galego que falamos
A nosa lingua perde palabras, sons... e falantes. Nun contexto de españolización acelerada, o galego ten no portugués un salvavidas, ou unha bóia de vida, para frear a súa deturpación.

O primeiro Día das Letras ten lugar un 17 de maio de 1963. Semanas antes, o 20 de marzo, os académicos Xesús Ferro Couselo, Manuel Gómez Román e Fernández del Riego propoñen ao pleno da RAG marcar no calendario anual un día grande adicado á lingua, co libro como símbolo de prestixio, un formato que aínda prevalece sobre calquera outra expresión. Fano coincidir co centenario de Cantares Gallegos e réndenlle tributo á autota, que contribúe de forma decisiva na recuperación do galego como lingua culta e literaria.

A RAG, fundada no 1906, está situada na casa da rúa Tabernas da Cidade Vella coruñesa que doan as herdeiras de Emilia Pardo Bazán. Malia as discrepancias co galeguismo, a escritora impulsa a Sociedade do Folklore, xérmolo da RAG. É presidenta de honra, non académica, e tenta con vehemencia en tres ocasións entrar na Real Academia Española, onde a rexeitan, aínda que no 1912 si ingresa na máis modesta Academia de Ciencias e Belas Letras de Córdoba, como resposta ao agravio misóxino.

Galego
'Sotaques': Galegos que soan diferente
VV.AA.
Persoas estranxeiras contan por que falan galego.

“Naquela altura, ser académica era algo impensábel”, explica Marilar Aleixandre, “non se consideraba normal”. Como escribe Joanna Russ no clásico Como acabar coa escrita das mulleres (Dos bigotes, 2018), que sae en castelán trinta e cinco anos despois da data de publicación orixinal: “Para comportarse de forma ao tempo sexista e racista e ademais manter o privilexio de clase que se posúe, só se precisa actuar como marcan os costumes, a normalidade, incluso a boa educación”. Abonda con lembrar que cando en 1907 Carmen de Burgos leva ao Parlamento español o sufraxio feminino, ademais dos conservadores, moitos representantes socialistas e republicanos votan en contra.

Feministas dentro da academia

Que acontece hoxe na RAG, estamos ante un cambio de tendencia acorde cos tempos? Aleixandre considera firmemente que si: “Dáse un esforzo por incorporar académicas, non é casualidade cando entran seis mulleres seguidas. Neste momento, temos máis que nas academias española e francesa, case un terzo. Das 30 cadeiras, hai 29 cubertas (Ferrín renuncia, mais ese posto non se cubre), e falta por escoller alguén para a de Salvador García Bodaño (falecido neste marzo do 2023). Deses 28, hai 19 homes e nove mulleres”. Son, por orde de antigüidade: Rosario Álvarez (2003), Margarita Ledo (2009), Fina Casalderrey (2013), a propia Marilar Aleixandre (2017), Chus Pato (2017), Ana Romaní (2019), Ana Isabel Boullón (2021), Dolores Sánchez Palomino (2022) e María López Sández (2023).

Como formula Inma Otero Varela en O obxecto muller e o xiro ontolóxico (Euseino?, 2021), ser muller tamén é ser un obxecto, non natural, non no campo das especies, senón categorizado socialmente, obxecto social. Como tal, é factíbel a mudanza, actuar sobre o categórico, intervilo.

En Galiza sempre existiu un contradiscurso feminista. O da propia Rosalía, o das relecturas antimitolóxicas coopadoras da autora, a revisión dos clásicos desde a perspectiva antipatriarcal que fai María Xosé Queizán, directora tamén da Festa da Palabra Silenciada, a revista producida pola FIGA (Feministas Independentes Galegas) en Vigo desde 1983. Hai conciencia do silencio imposto. E algunha das históricas ocupan agora unha cadeira na RAG.

En Galiza sempre existiu un contradiscurso feminista. O da propia Rosalía de Castro.

Ana Romaní, que é figura imprescindíbel do maltratado xornalismo cultural (guiou o Diario Cultural da Radio Galega entre 1990 e 2018) e da poesía galega actual, Premio Nacional de Periodismo Cultural do Ministerio de Cultura no 2018, lémbrase das menos visíbeis no seu discurso de ingreso (con resposta da académica, cineasta e xornalista Margarita Ledo, catedrática na Universidade de Santiago de Compostela). Cita Xohana Torres, cuxa cadeira acolle, e Xela Arias, María do Carme Kruckenberg, Pura Vázquez, Begoña Caamaño, María Mariño ou Maruxa Boga.

“Hai mulleres con sensibilidade feminista na RAG e tamén hai homes, co liderado de Víctor Freixanes, que saben que a composición da Academia non se corresponde coa da cultura galega”, explica Aleixandre. “Mais a Academia non é allea ao que acontece na sociedade, reflicte o imaxinario social, e nel as mulleres seguen a ocupar un papel secundario, que custa moito mudar. Calquera muller en calquera lugar da cultura ou da política somos vistas como intrusas. Hai sempre un interrogante sobre nós: por que? Que méritos ten? Cando é un home ninguén os cuestiona. Calquera avance se atribúe ás cotas, e neles ao métito. A realidade é que os homes entraban pola cota, porque toman café e tazas xuntos, por amizade, e iso dáse nas academias, nos xurados, nos premios, nas direccións e en todas partes. O día que me concederon o Premio Nacional, a primeira persoa que comentou a noticia en La Voz de Galicia dicía: ‘Será pola cota’”.

Mentres as autoras gañan espazo, cómpre preguntarse se é preciso esquivar a diverxencia, ser normativas para resultaren aceptadas e alzadas dentro do sistema literario. Abonda con mirar as escritoras como contrasistemas, como resistencia, ou resulta preciso iluminar de xeito especial as que agroman nas marxes?

Galego
'Sotaques' (II): Galegos prohibidos
VV.AA.
Afondamos nos ámbitos ou circunstancias que fan que a fala do galego en Galiza está a ser ameazada.

Lorena López López, filóloga e poeta, doutora pola Universidade de Bangor, no país de Gales, cunha tese que converte en libro co título Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (Através Editora, 2022), na que analiza a escrita de Margarita Ledo, Patricia A. Janeiro, Cris Pavón e Teresa Moure, considera necesaria unha análise matizada e incisiva. “As sociedades están en constante transformación, tamén as dinámicas do campo literario. No noso contexto, por sorte, e aínda que queda moito que compensar para que a situación sexa minimamente xusta, observamos maior presenza das obras das escritoras. Non existe paridade, pero tampouco é realista afirmar que todas as autoras están nas marxes ou que todo o que producen é contradiscurso. Que propostas son as que acadan maior visibilidade, de xeito que crean modelos de referencia, e cales atopan dificultades para entrar no espazo literario? Poñer o foco nestas últimas pode axudar a identificar patróns que limitan a diversidade, por exemplo, ao prestarlle menos atención á complexidade estética, obviar aquelas propostas máis arriscadas no formal ou que incorporan discursos máis disruptivos e, polo tanto, máis dificilmente asimilábeis”.

Tampouco é realista afirmar que todas as autoras están nas marxes ou que todo o que producen é contradiscurso, sinala Lorena López

Necesita o sistema literario galego adoptar idénticas dinámicas que outros sistemas de maior tiraxe editorial e vendas, medidor tradicional, e ter o seu propio canon ortodoxo que, como todos os canons, tende ao normativo e ao masculino? Para López, “o canon constrúese polo mero feito de darlle presenza a unhas obras e autorías e non a outras nos libros de texto, nos premios de renome, nos medios da crítica ou nas campañas de promoción das editoras que ocupan maior espazo no mercado. Ao estarmos a falar dunha cultura minorizada como a galega fai que teña as súas particularidades. A imposición do ‘normal’, sen tomar en consideración os condicionantes materiais e políticos, tamén pode converterse nun xeito de limitar a propia diversidade”.

O feito é que se algo destaca na primeira homenaxeada no Día das Letras Galegas, Rosalía, é a capacidade de renovación literaria e o xeito de lle dar forma estética á traslación das tensións do seu tempo nunha longa viaxe até se converter en canónica.

Outra das percepicións sociais coa que se cuestiona con frecuencia as autoras é a cantidade de obra publicada. “Iso dicían de Xela”, asegura Aleixandre, “cousa que, como tantas veces, nin sequera é certa, porque está Xela tradutora, Xela activista da lingua, Xela que escribe artigos aínda hoxe moi actuais… De Lois Pereiro ninguén dixo nada diso, de Díaz Castro tampouco, e tiñan pouca obra. A Academia non é allea ás percepcións sociais”.

Sobre esta cuestión, Emma Pedreira lembra cando en 1998, “xuntan tres autores, Meendinho, Martín Codax e Johán de Cangas e entre os tres só conservamos once cantigas publicadas. É un argumentario pobre para defender a invisibilización”.

Algúns dos libros de Xela Arias están descatalogados cando a elixen (María Xesús Nogueira escólmaos en Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias, de Xerais). O mesmo acontece con María Victoria Moreno. “É outra maneira de invisibilizar as autoras, non manter viva a obra”. Patriza Portopaderne, unha das propietarias da libraría Lila de Lilith, espazo especializado en feminismo da Rúa Travesa de Compostela aberto no 2011, premio Begoña Caamaño á mellor iniciativa cultural pola igualdade, tivo ocasión de celebrar dúas autoras. “Desde a nosa experiencia, cando se homenaxea reedítase e faise revisión da vida e da pegada. Nos dous casos supuxo poder dispoñer da obra. Sendo as autoras bastante contemporáneas é chamativa a descatalogación”.

O mesmo acontece con Luísa Villalta, escritora recoñecida, premio Espiral Maior 2004, falecida ese mesmo ano, aos 46, por unha meninxite. Resulta imposíbel atopala en librarías até que se publica Pensar é oscuro (Galaxia, 2023), que reúne nun volume a obra poética, compilada e editada por Armando Requeixo, crítico literario, investigador, docente na Universidade de Santiago de Compostela e director do Centro Ramón Piñeiro, que custodia o seu legado.

Ademais de conceder a oportunidade de gozar de traballos de difícil acceso, este tipo de iniciativas editoriais e culturais axuda a rachar co descoñecemento sobre as autoras na sociedade. Hai uns días anunciábase na axenda do diario galego con maior tiraxe impresa en Galiza a presenza da propia autora na presentación de Pensar é escuro na libraría Berbiriana da Coruña.

Literatura
Novas librarías e novas historias
Malia o peche de establecementos clásicos, en Galiza tamén xurdiron iniciativas innovadoras que anovan a propia idea do que é unha libraría.

Na Lila de Lilith celebran esta publicación e agardan que sexa “máis pronto que tarde” que se lle adique o Día “e o ano” das Letras Galegas. Non é a única. “Estabamos seguras de que, tras a boa acollida que tivo o ano Xela Arias a moitos niveis, o 2023 sería o de Luísa”, comenta Pedreira. “Mais tamén semellaba doado pensar que se tomase un novo rumbo nas prácticas da academia e aí estaba Florencio Delgado Gurriarán agardando o seu momento. O traballo das nosas autoras está aí, nas bibliotecas, tanto persoais como públicas, e non é preciso un labor de arqueoloxía literaria moi fondo para traelas ao presente. Con Luísa Villalta imos no bo camiño: doazón e publicación de obra inédita, publicación de obra completa, así como as iniciativas dos axentes culturais, como as da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda”.

Temos versos de Villalta para este desenlace: “Onde nós non hai nunca outro destino / que ser un anónimo fin / ou un glorioso comezo”. Mais se en cada inevitábel fin habita a potencialidade dun inicio glorioso, que non sexa anónimo e pronuncie o seu nome.

Será o 17 de maio do 2024 o Día de Luísa Villalta?

Radios libres
Ondiñas veñen: dúas ducias de podcasts en galego
Procuramos —e compartimos— varias iniciativas alternativas radiofónicas en galego que xorden desde a sociedade civil.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pop
El Salto Radio Podcast | Disputar la nostalgia
La nostalgia tiene mala prensa entre la izquierda, como la tenía para la productividad capitalista antes del descubrimiento de que te la pueden vender con palomitas.
A Catapulta
A Catapulta Poesía, música e sobremesas
O dúo Columna Vegana conxuga na súa proposta o humor, a poesía, o social e a intimidade compartida
La vida y ya
La vida y ya Sobre la cabeza
Caminar con cualquiera de esas cosas en la cabeza era dificilísimo. Solo podían andar mirando al frente, erguidas y a la vez flexibles, con un equilibrio y una fuerza impresionantes.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez resucita el decreto ómnibus con más ayudas a los propietarios
El Gobierno anuncia un acuerdo con Junts para reflotar el decreto que permite revalorizar las pensiones con nuevos avales estatales para caseros. El presidente se compromete a convocar una moción de confianza.

Últimas

Sanidad
Sanidad privatizada Óscar López vuelve a ceder al chantaje de las aseguradoras y aumenta un 41% el dinero para Muface
El gobierno aprueba en el Consejo de Ministros un aumento de las primas para las aseguradoras privadas del 41,2%, superior al que en un primer momento estas empresas demandaban.
Deportes
Liga F Nuevo convenio para las futbolistas: guarderías, mejoras en el protocolo antiacoso o subida salarial
Hace firme los aumentos salariales del acuerdo de salida de huelga de 2023 e incluye todos los puntos que quedaron pendientes entonces. Dos de los sindicatos del banco social se descuelgan de la firma por considerar insuficiente el convenio.
Economía
Fiscal Impuestos de Trump: subida a los consumidores y protección a Silicon Valley
Las primeras medidas fiscales anunciadas por el nuevo presidente de los Estados Unidos dejan bien claras sus intenciones, quiénes se van a beneficiar de ellas y quiénes las sufrirán.
Serbia
Balcanes Dimite el primer ministro serbio, Milos Vucevic, por las protestas estudiantiles contra la corrupción
El país balcánico entra en fase de Gobierno técnico después de que cientos de miles de personas precipitaran la caída de un Ejecutivo al que se acusa de ser responsable de la caída de una marquesina que causó la muerte de 15 personas.
Palestina
Genocidio El ejercito israelí sigue matando en Gaza pese al acuerdo de alto al fuego
Mientras cientos de miles de palestinos y palestinas del norte de Gaza regresan a sus tierras formando una inmensa columna, las fuerzas sionistas prosiguen con sus ataques sobre el pueblo gazatí.
LGTBIAQ+
Estudio Discriminadas en la educación, la sanidad y el trabajo: la situación de las personas LGTBIAQ+ con discapacidad
El 78% de las personas LGTBI+ ha experimentado algún tipo de discriminación en el ámbito educativo. Es una de las conclusiones del estudio ‘La situación de las personas LGTBI+ con discapacidad en España’ presentado este lunes.
València
Lawfare Mónica Oltra es absuelta de calumnias contra el presidente de Ribera Salud
Alberto de Rosa, responsable de la empresa que gestiona las concesiones de sanidad pública de gestión privada, retiró su demanda un día antes del juicio, por lo que ha sido condenado a costas.
Análisis
Análisis La vivienda, un problema democrático
La falta de políticas justas que equilibren las relaciones de poder entre propietarios-rentistas-bancos e inquilinos-consumidores da cuenta de un problema estructural de la democracia.
Barcelona
Barcelona Mossos y Guardia Urbana desalojan a la Antigua Massana sin notificación previa
La orden de expulsión por vía administrativa quedó suspendida el pasado 17 de octubre y los abogados del centro social denuncian que no han recibido ninguna orden judicial de desalojo.

Recomendadas

Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.
México
Fronteras Tijuana concentra los estragos del cerrojazo de Trump
Frente a la aduana de Estados Unidos se acumulan los migrantes que se han quedado sin cita para su tramitación de asilo, cuya esperanza merma al ver los grupos de deportados que son devueltos a México.