Gira zapatista
Marichuy: “A nosa loita é pola vida, unha vida que non sexa só a nosa, senón a de todas”

As defensoras dos dereitos humanos, María de Jesús Patricio y Nisaguie Abril Flores participan na Xira pola vida, orquestrada polo Ejército Zapatista de Liberación Nacional.
marichuy 1
María de Jesús Patricio Martínez é unha defensora polos dereitos humanos mexicana. Pablo Santiago
12 feb 2022 12:08

María de Jesús Patricio, mellor coñecida como Marichuy, é médica tradicional de orixe nahua e defensora dos dereitos humanos. En 2017, foi elixida como voceira representante do CNI e precandidata das eleccións presidenciais do 2018. Nisaguie Abril Flores é integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Itsmo en Defensa de la Tierra y el Territorio e recentemente colaborou coa produción do documental Gente de mar y viento.

Puidemos conversar con estas dúas defensoras dos Dereitos Humanos durante a súa curta visita por Galicia. Atópome con elas unha solleira tarde de finais de ano no Centro Social de Bouzas. Os días anteriores, ambas as dúas mulleres participaron en varios encontros realizados tanto en Santiago de Compostela como en Vigo por estudantes universitarios e diversos colectivos. Levan máis dun mes de percorrido, o seu final non se ve próximo e esa mesma tarde a súa axenda indica unha viaxe cara á Barcelona.

marichuy 2
Marichuy e Nisaguie Flores estiveron en Galiza. Pablo Santiago

Ao longo da entrevista, a voz de Marichuy rompeuse un par de veces polas varias semanas de traballo continuo. Ao seu carón, Nisaguie Abril Flores tamén se nota un pouco cansa. Pero, malia a longa xornada nocturna do día anterior e da viaxe que teñen por diante, ambas as dúas recíbenme con parsimonia. A súa perspectiva de loita, que se fundamenta na creación de alianzas entre diferentes colectivos, senta directrices alternativas para sobrepasar o realismo capitalista e os límites das políticas de identidade.

Un pouco de memoria, loitas a escala global

O 1 de xaneiro de 1994 foi un ano histórico para a República Mexicana. O alzamento do Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) mudou a perspectiva mestiza do país e visibilizou as violacións sistemáticas dos dereitos humanos das comunidades indíxenas. Dous anos despois, creouse o Congreso Nacional Indígena (CNI), un espazo de organización propio das poboacións orixinarias, co obxectivo de fortalecer as súas loitas de resistencia e rebeldía, cos seus propios xeitos de organización.

Agora, 27 anos despois do primeiro alzamento e 25 anos da creación do CNI, os pobos orixinarios de México volven procurar mudar a perspectiva das loitas sociais. Desta vez, a escala global. Coincidindo ademais co 500 aniversario da conquista de Abya Yala, o pasado mes de abril o EZLN anunciou a chamada Gira por la Vida, unha travesía na que máis dunha centena de representantes do EZLN e do CNI percorrerían varias cidades europeas para visibilizar os procesos de loita das comunidades indíxenas e crear redes cos movementos de resistencia á opresión neoliberal que hai ao longo de Europa.

O 20 de xuño, despois de varias semanas navegando, chegou a embarcación bautizada como La Montaña ao Porto de Vigo co Escuadrón 421 a bordo. Esta comisión estaba integrada por sete membros do EZLN, quen percorreron varias cidades europeas por varios meses. Foi o 14 de setembro do presente ano cando chegou ao aeroporto de Viena a comisión chamada La Extemporánea, integrada por 177 persoas orixinarias de varias comunidades indíxenas de todo México. María de Jesús Patricio e Nisaguie Abril Flores forman parte desta Unidad de Escucha y Palabra que continuará co percorrido iniciado polo Escuadrón 421.

Como se constitúe o CNI?, que relación mantén co EZLN?
Ma. De Jesús Patricio (MA): En 1995, durante os diálogos de San Andrés, os nosos irmáns zapatistas convocaron un Foro Nacional Indíxena (FNI) en Chiapas, co obxectivo de que todos os pobos transmitisen a súa palabra. Nese tempo, tanto os medios de comunicación como o Goberno dicían que a situación de Chiapas era excepcional, que o resto dos pobos indíxenas estaban ben, que non tiñan problemas. O Foro foi unha resposta a isto. Foi un movemento estratéxico por parte dos nosos irmáns zapatistas. Ao FNI chegaron absolutamente todas as poboacións orixinarias de México. Desde o principio, notamos o noso parecido físico. Estando alí reunidos, comezamos a conversar. Cada quen traía o seu vestido, falaba a súa lingua, compartía as costumes das súas comunidades. Falouse sobre os problemas que tiñan os nosos irmáns de Chiapas, xa que eles levaban máis tempo resisitindo. Eran problemas de saúde, conflitos territoriais, violacións dos dereitos colectivos.

O Goberno está a usar ferramentas “legais” para xustificar máis o despoxo ás comunidades

Foi ese encontro o que nos deu pé a pensar en ter un espazo propio. Non unha organización, senón algo que fose un lugar en que se dese unha gran asemblea e que se sentise como se fose a casa de todas e todos. Entón formouse o Congreso Nacional Indíxena. Isto concretouse nun  acto na Cidade de México, ao que chegou a Comandanta Ramona a entregar unha bandeira de México. Nese entón, os medios de comunicación dicían que os pobos indíxenas querían separarse do país, que querían crear outra nación dentro da nación. Pero non, exixíamos un recoñecemento colectivo, como comunidades. Ao entregar a bandeira, a Comandanta deixou claro que somos mexicanos e queremos continuar sendo de México, pero queremos que nos respecten na nosa integridade como pobos.

marichuy 3
Imaxe: Eneas de Troya. Marichuy en Ciudad Universitaria. (CC BY 2.0)

O CNI integra 68 pobos. Non está a totalidade deles porque, malia que chegaron todos á primeira convocatoria, algúns se desligaron co paso do tempo ou só asisten ás asembleas de xeito ocasional. Os zapatistas forman parte deste espazo e grazas a eles o CNI non perdeu o seu rumbo até agora. Naceu para facernos máis fortes, defendernos e para procurar formas propias de organización desde dentro. Para fortalecer co tempo a nosa autonomía.

Unha loita presente

Que sucedeu cos Acuerdos de San Andrés, tanto en 1996, como no 2000?, cal é o estado da lexislación con respecto aos dereitos humanos das comunidades indíxenas de México?
(MA): Despois de que se aprobou a contrarreforma indíxena do 2001, a chamada Ley Cocopa, que rasurou dereitos e que non recolleu o espírito dos Acuerdos de San Andrés, quedou claro que todo ía tomar o mesmo curso. Era o ánimo de seguir facendo regulamentacións ás normas que están en vigor, pero baixo esa primeira que naceu para lesionar ás comunidades.

Desde os pobos, vemos que esa lei foi a maneira en que o poder e o capital aseguraron o despoxo das comunidades. Foi unha preparación para botar a andar os megaproxectos. Por iso, todas as leis que hai en realidade non protexen ás comunidades. Hai outras leis, por exemplo, o Convenio 169 da Organización Internacional del Trabajo (OIT), número seis, que establece que todo o que teña que ver coas comunidades indíxenas,  tense que consultar. Pero o que sucede agora é que se fan consultas simuladas para que os proxectos saian adiante. O Goberno está a usar esas ferramentas “legais” para xustificar máis o despoxo ás comunidades.

Entón, actualmente non hai un diálogo real entre o Goberno actual e as comunidades indíxenas?, o Goberno de López Obrador non está a representar unha mudanza con respecto aos gobernos pasados? 
Nisaguie Flores (NF): Non. Non mudou. Pola contra, os despoxos téñense agudizado. Porque con este “novo Goberno”, que se di chamar de esquerda ou “dos pobos”, avanzaron moitos megaproxectos que estaban detidos nos sexenios pasados, o que non quere dicir que neses outros períodos estivésemos ben. Penso que este cambio de Goberno foi estratéxico. En México había demasiada inconformidade e descontento e “como detelo?”, pois colocouse a alguén que, supostamente, ía beneficiar ao pobo. Mais non. En ningún momento este Goberno tomou en serio as comunidades indíxenas. Non respecta as nosas formas de organización. López Obrador non representou unha mudanza, deu continuidade aos megaproxectos. Xa desde a súa campaña electoral dixo que non os ían deter. Non importa de que partido político sexa quen estea no Goberno. No fondo, continúan no poder os mesmos políticos, só mudan de partido.

En 2016 aprobouse a creación do Consejo Indígena de Gobierno (CIG). Cal foi a proposta para participar na campaña das eleccións presidenciais do 2018?
(MA): Este é outro tema que xurdiu cando o CNI cumpriu 20 anos de constitución. Cando celebrabamos o quinto congreso, fíxose unha revisión para analizar a nosa traxectoria e a situación das nosas comunidades. A conclusión foi que as circunstancias eran máis complicadas. A 20 anos de camiñar xuntos, había máis despoxos, máis encarceramentos, e agora agregábase como ameaza o crime organizado, que estaba presente xusto nos lugares en que se estaban a implementar os megaproxectos. Chegaban, asustaban á poboación e impedían que as integrantes das comunidades se organizasen. Por iso dixemos: non podemos facer un pronunciamento máis, igual ao que emitimos nos outros encontros. Lembro que os nosos irmáns zapatistas dixeron: ten que haber algo máis forte, algo que sacuda o país e que faga visible que os pobos están a sufrir, que os están a masacrar.

Buscamos organizarnos e tecer redes para poder accionar contra o despoxo que vivimos en todo o mundo

Foi entón cando os nosos irmáns zapatistas propuxeron participar nas eleccións presidenciais 2017-2018. Cremos que foi algo moi atinado. Tiñamos claro que o obxectivo era visibilizar os problemas das nosas comunidades e poder percorrer o país para convidar á xente a construír outra forma de gobernar. Entón dixemos: imos xogar coas súas mesmas ferramentas, só que nós imos levar outros obxectivos. Por iso participamos cun CIG, que ía constituírse por concelleiros e concelleiras que ían facer unha proposta de goberno. Ao final, participar neste proceso electoral deunos a oportunidade de percorrer o país e escoitar os problemas. Por iso, aínda que non logramos coller as sinaturas necesarias para estar nunha boleta, o CIG rematou máis fortalecido. O feito de saír a dicir que temos que procurar outra forma de organización e non acatarnos ao que nos teñen imposto. Nese proceso tamén nos dimos conta de até que punto os medios de comunicación están de acordo con todo o que se ordena desde arriba, porque eran os que, en troques de apoiar e preguntar sobre os problemas das comunidades indíxenas, preguntaban parvadas que desviaban a atención.

Cal foi o resultado da campaña electoral?, mudou a túa perspectiva do país e do estado das comunidades indíxenas? 
(MA): Lembro que, ao iniciar había 70 concelleiros e, ao rematarmos, eran 157 homes e mulleres que logramos conformar o Consello. Pero o que “sacamos” dese percorrido foi ver que os problemas dos que se falaban nas asembleas do CNI, si estaban a suceder nos pobos. E que non só eran problemáticas dos pobos orixinarios. Tamén camiñamos en barrios, municipios e cidades. Falamos con estudantes, mulleres e outros colectivos. Démonos de conta que, onde fose que tíñamos a oportunidade de escoitar ás persoas, os problemas eran similares.

Todo isto fíxonos facer unmapeo” de como está México. Vimos e concertamos que o despoxo que vivimos nós nosos pobos e comunidades, lévase a cabo tamén en barrios, concellos, escolas... escoitamos algúns estudantes de varias universidades e os problemas que comunicaban tiñan que ver co avance do capitalismo que prepara un despoxo individual e colectivo. Quedounos máis claro que existía a necesidade de tecer as loitas do campo e da cidade, da mocidade, das mulleres, de todas aquelas persoas que resisten dalgún xeito este despoxo do capitalismo. Porque non só manifestaban os seus problemas, senón que contaban o seu proceso de resistencia. Iso pareceunos moi importante porque non importa se eran movementos grandes ou pequenos, son loitas que se están a dar en contra das condicións impostas, isto facíanos iguais.

Os problemas dos pobos xa non son só dos pobos orixinarios, son máis xerais. Con isto quedounos claro que a loita non é só nosa. Se nos están a afectar a todas por igual, hai que atopar outras maneiras de relacionarnos, de tecernos e de mudar xuntas e xuntos para construír algo forte desde abaixo. Falo de algo que non cabe nas urnas electorais. Tense que ir alén.

Que esperan de Europa hoxe?, cal é o obxectivo desta xira?
(N): O propósito está no mesmo nome: Gira por la vida. Porque cremos que a única forma de loitar é defendendo a vida e o único xeito de facelo é organizándonos. Buscamos organizarnos e tecer redes para poder accionar contra o despoxo que vivimos, porque non só o vivimos en México, senón que o vivimos en todo o mundo e iso é o que estamos a mirar agora nos distintos países aos que imos. Coñecemos os seus propios despoxos: aquí en Galicia, por exemplo, estase a loitar en contra das empresas mineiras; en Austria, contra a construción dunha autopista e contra os parques eólicos. En Europa tamén hai movementos de resistencia y para nós é importante coñecelos. Non é o mesmo escoitar sobre todo isto desde México.

Chámese como se chame o megaproxecto, o que está detrás é o capitalismo voraz que quere acabar con nós e con quen impedimos isto como as comunidades indíxenas.

O importante é velo directamente e poder articular estas loitas que coinciden e que se reflicten unhas nas outras. Quizabes en Latinoamérica son loitas máis complicadas porque se enfrontan a outros grao de violencia e agresión, pero, dunha ou doutra forma, estamos na mesma loita contra un inimigo en común, que é este sistema capitalista e patriarcal, cuxo único interese é expropiar os bens naturais sen importarlle quen estea alí. Impórtalle máis o diñeiro que a vida mesma. O propósito é ese: estar aquí, coñecernos, articular e aprender. Aprendemos de ambos lados. E, o que nos poida servir, ocuparemolo nas nosas respectivas loitas.

Que opinan do recibimento e o interese europeo nos seus proxectos? 
(MA): Vemos moito entusiasmo. Malia non coñecernos, están a ser moi amables ao darnos algo que comer e un lugar onde durmir. Para nós iso xa é moito porque vimos a invadir (rin). Sobre todo, estannos a mostrar como o capitalismo está a lesionar este continente. Antes de viaxar, pensabamos que nos “países onde hai máis progreso” non se sufría o que nós en México. Pero, xa aquí, dámonos conta de que era unha idea errónea. Hai organizacións de persoas novas, de mulleres, de labregos que están a desenvolver proxectos para recuperar a terra. E parécenos importante que nos compartan a súas formas de organización porque quizabes poidamos levalas a México para reforzar o que está construído alá. Nós xa estamos satisfeitas co feito de partillar estas experiencias. 

Ante a violencia, as desaparicións e demais prácticas represivas, como continuar a defender a vida?
(N): A única maneira é organizándonos. O que vimos a compartir nesta xira son os nosos xeitos de organizarnos. E vemos que a única vía é esa: a organización desde abaixo, desde as comunidades, desde a toma de decisións de todos os pobos e de quen esteamos loitando pola vida. Esa penso que é a única forma de poder sobrelevar toda a violencia que estamos a ver como comunidades indíxenas. Desde hai moito tempo organizámonos a través de asembleas nas que cada quen ten a oportunidade e o dereito de falar. Non podemos facelo sós. E por iso é preciso crear redes de apoio para fortalecernos a pesar de que esteamos en xeografías separadas.

Megaproxectos contra as comunidades

Nisaguie, ti traballas por visibilizar as reivindicacións de dous poboacións do Istmos de Tehuantepec, a que ameazas se enfronta esta zona de Oaxaca na actualidade?
(N): A rexión do Istmo é unha rexión que está sinalada polo Goberno desde hai moito tempo como un punto estratéxico, porque está na parte máis estreita de México, que conecta con dous océanos, o Atlántico e o Pacífico. Por iso, desde hai moito tempo é unha zona que está en disputa. Actualmente hai un proxecto chamado El Corredor Interocéanico, que en realidade é parte dun paquete de proxectos que se conectan co Proyecto Integral Morelos e co mal chamado Tren Maya. Ao mesmo tempo, implicará a construción de maquinadoras, gasodutos, minas e máis proxectos enerxéticos. Tamén queren facer un canal seco, como o que hai en Panamá. Este último, muda de nome cada sexenio, pero o proxecto é o mesmo. O obxectivo deste canal seco é diminuír o tempo de traslado das mercancías. Sería moito máis rápido que o de Panamá.

México ten 32 parques eólicos distribuídos en varios estados. A maioría están en Oaxaca, onde hai 29. En total, son 2,100 aeroxeneradores distribuídos en aproximadamente 50,000 hectáreas. Estamos loitando contra moitas cousas. Pero todo isto non só se dá na rexión do Istmo, está a pasar en todo México. Cada pobo está a loitar contra unha empresa ou un megaproxecto que está a despoxar as comunidades. Hai comunidades que mesmo foron desprazadas e tiveron que migrar á Cidade de México, onde enfrontaron logo outros procesos de loita. Por exemplo, os Yaquis, no norte do país, están a loitar contra un vertedoiro clandestino.

Se as normas e os procedementos establecidos polo Estado están a lesionar a quen estamos abaixo, hai que construír outros que realmente garanten a vida de todas

Hai outros pobos loitando contra a imposición dos monocultivos de aguacate, negocio que está totalmente controlado polo narcotráfico. Son moitísimas loitas. De feito, se ti buscas no mapa mineiro en México, vas mirar que todo o territorio está concesionado a minerías. É dicir que practicamente quérenos exterminar.  Chámese como se chame a empresa ou o megaproxecto, o que está detrás continúa a ser o capitalismo voraz que quere acabar con nós e con quen impedimos isto como as comunidades indíxenas. É por iso que nos desaparecen e nos asasinan.

Sabemos que con todos estes megaproxectos vén tamén o narcotráfico, a militarización, o que a súa vez aumenta os feminicidios, a trata de mulleres, de órganos... soa moi feo, mais, a pesar de todo isto, en cada comunidade estamos a organizarnos para poder crear os nosos procesos de autonomía. Non temos os anos de loita nin a capacidade dos nosos irmáns zapatistas, pero tentamos facelo ás nosas maneiras desde os nosos propios contextos.

A nivel mediático, pouco se falou das implicacións do narcotráfico nas comunidades indíxenas. Como afectou e continúa a afectar a guerra e como xestionan esa loita?
(MA): É un paquete de ferramentas de represión que está a usar o goberno, ao que lle chamamos “narcoestado”, porque brinda impunidade e permite que estes grupos delictivos transiten libremente, especialmente onde se están a implementar os diferentes megaproxectos. O problema agudizouse no sur co Proyecto Integral Morelos. Chegan grupos do crime organizado a todos os pobos de México onde hai resistencia, onde se estean a organizar para deter calquera proxecto que atente contra a vida das comunidades. Iso coa finalidade de impedir a organización. Precisamente estes grupos están alí para fortalecer e asegurar a imposición dos megaproxectos. Ante iso, aos pobos non lles queda outra alternativa que fortalecer a súa propia seguridade, porque xa non hai confianza na policía, no exército ou na mariña. Onde se supon que se colocan para coidarnos, son eles quen están en contacto cos grupos delictivos, con quen asasinan e desaparecen activistas.

A presenza policial e militar nas comunidades aumentou?
(MA): Estase a desprazar. Andrés Manuel López Obrador dixera que ía sacar o exército das rúas e non é así. Agora as comunidades están a tomar nas súas mans a súa seguridade creando o seu propio concello de seguridade. Son policías que a mesma asemblea lles asigna a tarefa de coidar as persoas e están pendentes de que os gardas camiñen correctamente e que non sexan recrutados polos grupos do crime organizado. Entón isto demostra que a única opción é que nós mesmos nos organicemos. Aínda que o Goberno diga que estas medidas son ilegais, o único que estamos a facer é retomar os mecanismos de seguridade que tiñan orixinalmente as comunidades e que se perderon eventualmente porque se introduciron mecanismos alleos, que son precisamente os que están a lesionar aos pobos.

Trátase de ver como tecer esa redes desde o que somos e desde onde estamos cada quen

Por iso dicimos que hai que procurar outras formas, trátase de inventar. Se as normas e os procedementos establecidos polo Estado están a lesionar a quen estamos abaixo, hai que construír outros que realmente garanten a vida de todas porque se non, imos seguir acatando o que nos impoñen, que xa vimos que non favorece á vida.

Mencionabas antes os problemas cos medios de comunicación respecto á visibilización dos procesos de resistencia. Como afrontan este problema?
As comunidades e os medios libres están a usar as súas propias ferramentas para poder difundir os problemas que hai. Neste contexto foron importantes os aliados e aliadas que nos estamos a atopar no camiño para difundir como se vive a situación nas nosas comunidades, porque os medios de comunicación non falan de nada do que sucede nelas. Iso tamén xerou que as propias comunidades creen as súas propias radios ou os seus propios medios para comunicaren o que está a suceder. Actualmente, os medios oficiais, cando falan de Michoacán, Chiapas, Guerrero, só falan do narcotráfico, desaparecidos, mortos... etiquetáronse ás rexións. Entón o que están a buscar as comunidades é comunicar que son moito máis que iso. Mostrar que son comunidades que teñen unha historia e unha forma de vida.

As súas reivindicacións teñen moitos frontes. A loita na defensa da terra, a defensa da autonomía e os dereitos dos pobos indíxenas, a loita decolonial, antipratriarcal e a anticapitalista. Como as articulan?
(MA): O que vemos é que temos un gran inimigo en común, que é o capitalismo, que ten diferentes formas de despoxarnos. Eu creo que as loitas que se levan en diferentes xeografías de México e do mundo van encamiñadas ao mesmo: derrubar pouco a pouco o sistema capitalista. Iso  impúlsanos con máis enerxía para procurar aliados. Non é unha soa loita. Non é só a loita dos pobos, hai loitas de mulleres, hai irmás e irmáns que emigraron e que están a loitar onde están; loitas de labregos e de traballadores da cidade. Trátase de ver como tecer esa redes desde o que somos e desde onde estamos cada quen. E facelo desde abaixo.

Son varias loitas e a nosa non é máis importante. Todas son importantes e necesarias. Xa sexan grandes ou pequenas, entre todas esas resistencias, é que podemos facer algo e combater o sistema capitalista que nos está acabando por separado. De alí a importancia de tecernos e fortalecernos. Se non, estamos a deixarlles o camiño fácil para que continúen a decidir sobre nós e continúen a despoxar e asasinar. Nas comunidades, nós dicimos que o quentamento global é un chamado da Madre Terra que nos di: fagan algo, non me deixedes soa. Entón por iso, como pobos, dicimos que a loita é pola vida. E unha vida que non sexa só a nosa, senón a de todas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

México
Análisis Relámpago y tormenta, Chiapas en vilo
De Guatemala al istmo de Tehuantepec se trazan tres corredores criminales donde el control de las plazas y territorios se disputa a punta de metralleta en retenes carreteros, calles, mercados populares.
Solo para socias
Promociones Dos títulos con los que cuestionar el actual modelo de Estado
Si el mes pasado presentamos la primera novela de Sarah Babiker, en octubre destacamos otro título del que estamos muy orgullosas en El Salto, la también ópera prima de nuestro responsable de Política, Pablo Elorduy.
Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN)
30 años del levantamiento del EZLN ¿Qué aprendimos de la Gira Zapatista? Otra Europa es posible
Décimo sexta, y última entrega, del especial que conmemora la aparición pública del EZLN hace tres décadas. El autor se centra en tres posibles aprendizajes que la “Europa insumisa” pudo experimentar con la Gira Zapatista de 2021.
República
Movimiento republicano “Hasta que se vayan”: lema de la segunda Marcha Republicana fijada para 2025
En junio de 2025 la marea republicana se propone llevar a cabo una segunda demostración de rechazo a la monarquía. En la edición de este año se movilizaron miles de personas de distintos puntos del Estado.
Palestina
Palestina “Es nuestra tierra”: colonos israelíes acampan en la frontera con Gaza para lograr un regreso permanente
Envalentonados, un grupo de ultranacionalistas israelíes están acampando cerca de la frontera con la Franja de Gaza para ser los primeros en establecer ahí su nuevo hogar.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.

Últimas

Comunidad de Madrid
La uni se ahoga Ayuso recula ante una comunidad universitaria en lucha: acepta los 169 millones del Gobierno para profesores
El gobierno de Ayuso está planteando una “propuesta alternativa”, que enviará al Ministerio de Ciencia, quien expresaba por carta que “no es comprensible ni explicable” el rechazo a la inyección económica.
Exclusión sanitaria
Exclusión sanitaria Casi 30.000 personas fueron expulsadas del sistema sanitario en los últimos 32 meses
Un informe de Médicos del Mundo detecta casi 70.000 barreras en la sanidad pública, que sufren principalmente las personas en situación irregular. Mientras, la ley para retornar a la universalidad en la atención permanece en trámite.
Más noticias
Violencia machista
Violencia sexual Las artes escénicas de Granada apoyan a las denunciantes de agresiones sexuales en la escuela de teatro
Organizaciones, profesionales y personas vinculadas a las artes escénicas granadinas firman un comunicado donde expresan su apoyo público y sin fisuras a las denunciantes de abusos sexuales por parte del director de La Seducción, Marcos Julián, y señalan la necesidad de protocolos específicos para lograr espacios escénicos seguros
Sevilla
Palestina Dabke: zapateado colectivo para preservar la identidad palestina ante el genocidio
El grupo de dabke Haweia se encuentra realizando una gira por diferentes ciudades del Estado español para “preservar y promover la identidad cultural palestina utilizando el arte” frente al genocidio que está cometiendo Israel en el territorio.
Urbanismo
Opinión Desordenación del territorio de la mano del Gobierno regional de Madrid
La Comunidad de Madrid impulsa, mediante tramitación de urgencia, un proyecto de ley Omnibus que afecta a diez leyes regionales con cambios de calado.
Lobo
Fauna amenazada La última llamada para frenar la desprotección del lobo pasa por Berna
El Comité Permanente del Convenio de Berna relativo a la Conservación de la Vida Silvestre y del Medio Natural en Europa decidirá esta semana si acepta la propuesta de la UE de rebajar el estatus de protección del 'Canis lupus'.

Recomendadas

Melilla
Melilla Encerradas en la ciudad frontera: las trabajadoras marroquíes en Melilla se han cansado de esperar
Desde que en 2020 se cerrara la frontera con Nador, muchas personas marroquíes que hasta entonces podían desplazarse entre ambas ciudades, se han visto empujadas a un callejón burocrático. Un informe documenta las trabas con las que se encuentran.
Literatura
Gabriela Wiener “Me pregunto si es posible hacer libros que cambien el discurrir del mundo”
La escritora peruana afincada en Madrid ha publicado recientemente ‘Atusparia’, una novela que recorre el pasado, el presente y un posible futuro de su país, un territorio de represión pero también de luchas por el territorio y por el porvenir.
PSOE
Congreso Federal del PSOE Sánchez activa el recambio de barones díscolos y compra tiempo sobre la financiación catalana
El 41 cónclave federal del PSOE confirma que Pedro Sánchez no tiene rival en el partido socialista y que varias federaciones en crisis interna, con Madrid a la cabeza, van camino de tensas primarias.