Investigación
Mulleres á fronte dende o sur global

Nace unha iniciativa de investigación, intervención e acción participativa na Galiza para potenciar o diálogo e intercambio de saberes entre as voces subalternizadas das mulleres do sur global.
Cabo Verde Galicia Expo
Unha rapaza galega, de orixen caboverdiano, mira a exposición coas fotos do proxecto. Foto: Luzía Oca.
19 abr 2024 06:00

Autonomeadas como “unha banda de investigación e creación”, sete investigadoras de diversas disciplinas: Antropoloxía, Socioloxía, Ciencias Políticas e Comunicación Audiovisual, especializadas en feminismos e xénero e pertencentes a tres universidades galegas (Coruña, Santiago de Compostela e Vigo), teñen como obxectivo “abrir as investigacións que se fan dende as universidades para facelas máis participativas e poder espallar os seus resultados máis alá do ámbito académico”.

Elas son Luzia Oca González, Keina Espiñeira, Belén Fernández Suárez, Antía Pérez Caramés, Iria Vázquez Silva, Estefanía Tarrío Maneiro e Sara Lamas. Baixo esta nova agrupación, propoñen un diálogo de saberes e experiencias xenealoxicamente situadas e compartidas entre as voces subalternizadas das mulleres do sur global, incidindo en materia de igualdade e desenvolvemento a través do traballo coas comunidades de mulleres migrantes implicadas nas artes escénicas na Galiza, e tamén das mulleres batukadeiras da illa de Santiago, en Cabo Verde.

A arte como ferramenta

Unha das actividades coas que están a comezar, grazas ao financiamento da Cooperación Galega, é o mapeamento das mulleres artistas migrantes residentes en Galiza para crear unha cartografía que as identifique e recolla as súas experiencias e propostas. Por outra banda, a comezos de abril tamén inauguraron na Casa da Cultura de Burela a exposición fotográfica titulada en crioulo de Cabo Verde: “Kuidadu na Diáspora” ou “Coidados na diáspora” en galego; resultado dun proxecto de investigación e creación artística subvencionado polo Instituto das mulleres do Ministerio de igualdade. Nel, convidouse ás mulleres caboverdianas de Burela (Lugo), e tamén doutros lugares de España como Bembibre (León) ou Zaragoza, a somerxerse na súa memoria e no presente para reflexionar sobre a relación entre o traballo e os coidados.

Keina Espiñeira, Coordinadora da mostra e Profesora da Facultade de Socioloxía na Universidade da Coruña, explica como foi este exercicio de autoetnografía fotográfica que se desenvolveu en varias fases: a primeira coa activación duns talleres formativos de fotografía para coñecer esta ferramenta e ver como representar visualmente o seu presente e os seus traballos. Logo seguiron cos álbums familiares facendo unha pesquisa, especialmente sobre as nais e as avoas. Despois realizaron as fotografías con cámaras desbotables, recopilando unha gran cantidade de imaxes do presente-pasado sobre as que reflexionaron para ver como mudaron ou como se reproduciron algunhas cuestións na relación cos coidados e os traballos a través das xeracións.

Tres xeracións Cabo Verde na Galiza
Xa son tres as xeracións de mulleres de orixe caboverdiano asentadas na Galiza. Foto: Luzía Oca.

“Nun inicio asumían traballos máis de servizos ou de coidados, e co tempo abriuse un pouquiño máis a outros sectores, mesmo a ser elas as propias xefas que levan os negocios ou a ocupar postos de administración”, aclara Artemisa Semedo sobre estes cambios xeracionais. Ela é poeta, investigadora, activista, e tamén unha das caboverdianas de segunda xeración que participou no proxecto fotográfico. Nacida en Cabo Verde, chegou a España con moi poucos anos, sendo os seus pais dos primeiros en asentarse en Burela, onde medrou ao mesmo tempo que o facía tamén a comunidade. Quixo reflectir isto coas fotografías escollidas das celebracións que facían daquelas as familias caboverdianas: “Eramos 10 ou 15 familias as que vivíamos en Burela e xa nos conocíamos entre todas. Quería amosar esa parte de como comezou como algo pequeno e ver que hoxe somos máis de 600 persoas as que convivimos na comunidade…”.

“O papel das mulleres migrantes como proveedoras de coidados ás veces se idealiza como unha forma de sacrificio ou compaixón”, sinala Keina

“Kuidadu na Diáspora” estará aberta ata o 26 de abril na Casa da Cultura de Burela, logo viaxará a Zaragoza, onde se está a facer o mesmo proceso que se prevé que remate para finais do mes. Tamén están a producir un arquivo dixital aberto para que a xente poida acceder en rede a estes materiais e historias. Como sinala Keina: “Nós apostamos por traballar coas narrativas visuais porque é certo que o papel das mulleres migrantes como proveedoras de coidados ás veces se idealiza como unha forma de sacrificio ou compaixón. Outras veces o seu traballo devalúase, naturalízase ou invisibilízase. En ambos casos, a miúdo pásanse por alto as realidades do traballo como o desgaste físico-emocional que supón prestar coidados ou outras cuestións importantes como a falta de protección xurídica, de dereitos, ou outras relegadas ao ámbito persoal”.

A comunidade caboverdiana na Galiza

A investigadora Luzía Oca, quen dende a antropoloxía feminista leva estudando 26 anos a diáspora caboverdiana no país de orixe e tamén en Burela, explica nunha entrevista para AGalegaAudio como foi o inicio da comunidade: A finais dos anos 60 e comezos dos 70, prodúcese un éxodo masivo dende Lisboa coa intención de pasar a países como Francia e outros do centro de Europa. Moitos deles foron quedando no Estado español debido a que nos Pirineos existían puntos críticos para pasar como o río Bidasoa, onde morreron afogadas decenasde persoas. Eran grupos fundamentalmente formados por homes e moi ligados á construción de grandes obras en zonas como Aragón, Euskadi… outros foron á mina do Bierzo e outra parte deles foi a traballar na construción da fábrica de aluminio Alcoa San Ciprián, moi preto de Burela.

Moitos dos traballadores que tiñan emigrado á península polas construcións tiveron que marchar, pero en Burela algún deles quedaron e comezaron a traballar no mar

Cando remataron estas obras, moitos dos traballadores que tiñan emigrado á península polas construcións tiveron que marchar, pero en Burela algún deles quedaron e comezaron a traballar no mar, enrolándose na campaña do bonito no ano 78. A apertura da fábrica de Alcoa provocou que moitos mariñeiros pasaran ao sector industrial onde as condicións melloraban moito e xerou unha gran falta de man de obra no porto de Burela nun momento de plena expansión. Nestas circunstancias, comézase a dar o asentamento da varias familias caboverdianas en Burela, moi ligado á pesca de altura. A diferenza doutras comunidades de Cabo Verde en España, a ausencia dos homes que traballaban no mar provocou que as mulleres tomaran roles de máis poder como representantes da comunidade e impulsoras do tecido asociativo a través da música ou as artes.

Exemplo disto é Batuko Tabanka, un grupo musical integrado no presente por doce mulleres batukadeiras de orixe caboverdiano que viven en Burela. O seu nome vén da Asociación comunitaria caboverdiana Tabanca, que naceu no ano 1987 e que se reactivou despois tras un proceso de intervención social. O seu obxectivo é dignificar a súa cultura e lembrar a procedencia africana en todos os expoñentes culturais posibles. Dende hai máis de dez anos, están a recuperar a música máis xenuína de Caboverde, o Batuko, que estivo practicamente prohibida pola relixión católica. Tocan sobre o pano tradicional pregado entre as pernas e empregan as letras como vehículo para amosar o seu xeito de vivir nesta terra ou mensaxes pola igualdade.

A día de hoxe a comunidade de Burela está conformada por máis de 600 persoas de ata catro xeracións. Aínda outras persoas cifran nun millar, Luzía Oca sosten que é algo difícil de cuantificar posto que “ao falar de persoas caboverdianas non falas só de persoas coa nacionalidade caboverdiana, nin das nacidas en Cabo Verde. É un concepto máis amplo que ten que ver coa pertenza ética e cultural”.

O mito da “integración perfecta”

A investigadora tamén é moi crítica coa ambivalencia no tratamento mediático que se deu da comunidade caboverdiana durante moito tempo; as súas aparicións estaban relacionadas con temas truculentos ou pasaban a unha idealización dende o “mito da integración perfecta”, sostida dende as propias institucións e que deixaban como innecesaria a intervención social. Esta idea-mito suxire que nunha contorna multicultural, as diferentes culturas e grupos poden fundirse sen problemas nunha única entidade homoxénea, sen conflitos nin tensións, implicando que a diversidade cultural se pode xestionar fácilmente e que os distintos grupos poden asimilarse completamente á cultura dominante, sen perder as súas identidades de orixe.

A realidade é moito máis complexa que a imaxe idealizada da asimilación sen conflitos

A idea da integración perfecta foi cuestionada por académicos como Oca que observaron que a realidade é moito máis complexa que a imaxe idealizada da asimilación sen conflitos. A autora sostén que para romper co mito “é preciso poñer enriba da mesa todos os elementos que impiden esa integración; primeiro o racismo estrutural desta sociedade, as leis de estranxeiría racistas e discriminatorias, a explotación no mercado laboral...”. Para ela, a arte pode ser unha ferramenta de integración moi importante pero non se debe descoidar que o cultural nunca pode ir separado do social: “Corremos un risco culturalista cando pensamos que a arte por si mesma pode acabar coa discriminación. A arte é moi importante, pero sempre ten que ir acompañada de cambios e transformacións no social e no ámbito dos dereitos”.

En lugar de buscar unha integración perfecta, defensoras da diversidade como Oca e o resto do equipo de “Mulleres á fronte dende o sur global”, avogan polo recoñecemento, o respecto e a valoración das diferenzas culturais, así como o traballo conxunto para construír unha sociedade que celebre a diversidade en lugar de tratar de eliminala, poñendo o foco especialmente na promoción da igualdade de dereitos e oportunidades para todos os grupos da sociedade.

Racismo
Afrogalegas: "Estamos orgullosas de ser negras"
Afrogalegas xurdiu hai meses na Coruña impulsado por un grupo de mulleres galegas afrodescendentes, cansas de aguantar os microracismos cotiás.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.

Últimas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Más noticias
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.