ISDS
Moverlle os marcos á megaminaría

A defensa comunitaria da terra foi quen de mudar as normas coas que os especuladores impoñían grandes proxectos extractivistas. Mais seguen lucrándose con diñeiro público, aproveitando a privatización da xustiza e o seu poder económico. Fronte o capitalismo salvaxe, terra e comunidade, desde Galiza a El Salvador.
Lei depredación Galiza_1
Manifestación en Compostela contra a chamada Lei Depredación que promoveu a Xunta de Galicia. Pablo Santiago
13 may 2020 08:00

Que a veciñanza pare un proxecto de megaminaría é como unha milagre que semella imposible, como unha revolución cidadá ou un partido onde o pequeno gaña ao grande. En Corcoesto tardaron oito anos en que un tribunal privado de París pitase o final da súa loita. Mais a mineira Edgewater aínda pode pedir recorrer e lucrarse co seu proxecto mineiro. Con diñeiro público, e sen mover un dedo.

BREVE HISTORIA DO PROXECTO CORCOESTO

O proxecto da mina de ouro comezou en 2012 e na equipa canadense había un xogador dos Peares: “Simplificamos e axilizamos os trámites administrativos, esta mina poderá ter o visto e prace a finais de ano. (...) Investiranse 110 millóns de euros e crearanse 1400 empregos”, explicaba daquela un orgulloso Feijóo. A Xunta non contaba co movemento dos montes e rúas da comarca de Bergantiños, unha loita veciñal que desde a Costa da Morte uniu á cidadanía galega. A Xunta non aguantou a presión social e en 2013 denegou o proxecto por “falta de solvencia financeira e técnica”. Caducou a concesión e o partido parecía gañado, pero non: comeza o proceso de arbitraxe internacional de Edgewater contra o estado español.

Cómpre mencionar que durante o proceso —recolle unha investigación de Infolibre— a empresa mineira declarou que un intermediario pedira 1,5 millóns de euros para Feijóo e o actual Director Xeral de Minas. A Xunta denunciouna por calumnias, pero a Audiencia da Coruña non aceptou a denuncia. Todo isto —e moitas outras polémicas— ata chegar a abril de 2020, cando o tribunal de arbitraxe deu a razón ao estado español fronte Edgewater.

QUE VÉN SENDO UN TRIBUNAL DE ARBITRAXE?

Cando as administracións públicas rexeitan un proxecto dun inversor, este ten a opción de reclamar polos cartos investidos e mesmo polo lucro que agardaba obter. Para iso recorre a tribunais de arbitraxe privados dependentes de organismos supranacionais, coma o CIADI do Banco Mundial ou o UNCITRAL das Nacións Unidas. Este “dereito” do que gozan as empresas —e só as empresas— ven outorgado por tratados comerciais coma o TTIP, o NAFTA ou o CETA, que permiten que cando unha empresa ve rexeitado os seus plans poida acollerse ao ISDS (inversor-state dispute settlement) e ir a un tribunal superior supostamente imparcial.

Brumadinho  - 1
Mobilización en Minas Gerais tras o desastre de Brumadinho. Foto: Joka Madruga
Lupe Rodríguez é experta en extractivismo global e parte da rede Contraminacción; e ve neste marco unha “clara inxerencia” para a soberanía dos estados: “hai tres avogados que actúan de xeito privado e teñen a capacidade de decidir se son máis importantes os intereses dunha transnacional mineira ou o interese público. É unha xustiza privada e paralela.”

Se estado e empresa non acordan un árbitro único para o tribunal, escóllense tres. Lupe Rodríguez explica que un é designado pola empresa (denunciante) e outro polo estado (defensor). Se non hai acordo para escoller o terceiro —segundo o reglamento da UNCITRAL— é a Corte Permanente de Arbitraxe de La Haya quen o decide, en teoría baixo criterios de independencia e imparcialidade.

IMPARCIALIDADE E TRANSPARENCIA NO ISDS?

Desde organizacións como Ecoloxistas en Acción veñen anos criticando que este sexa un mecanismo unilateral e que os laudos non sexan recorribles ante outra instancia. “Os árbitros pertencen a unha camarilla de dez bufetes, e poden actuar como asesores de multinacionais, outras como fiscais, como árbitros...”, explicaban desde Ecologistas en Acción nun artigo para este medio.

Outra das críticas é a existencia de empresas que fan negocio coa arbitraxe, “como se fosen os fondos voitre cos temas inmobiliarios”, compara Lupe Rodríguez. Foi o que fixo a promotora do Proxecto Corcoesto: “O ‘pelotazo’ de Edgewater sería aclarar os trámites do proxecto para despois venderllo a unha empresa mineira máis grande. Poucas veces a empresa que xestiona os trámites é quen o executa. Isto cóntocho porque como estas empresas non teñen fondos para ir á arbitraxe, recorren a empresas especializadas que financian o proceso de arbitraxe. Se gañan a demanda aos estados, que é o máis habitual, despois danlle unha parte dos cartos á empresa. É moi habitual.” Lupe Rodríguez ten moi claro que este sistema “non é imparcial, para nada”.

En cambio, para a gran maioría das empresas españolas a arbitraxe é unha fórmula axeitada, segundo un estudo do bufete Roca Junyent. As compañías valoran a rapidez do proceso, a especialización das cortes e a cualificación dos árbitros, mais cren que o custo económico é demasiado elevado.

O movemento Stop ISDS critica a “impunidade corporativa” das empresas, que “en lugar de sancións, obteñen máis poder e impunidade”.

En canto á transparencia, na tese e en varios artigos académicos do doutor en Dereito Febles Pozo, conclúese que “non existe un concepto de transparencia na arbitraxe internacional”. Salienta tamén a necesidade de “reformas urxentes” nos tratados e institucións arbitrais para corrixir os defectos do ISDS e incluír “principios que consideren a primacía dos dereitos humanos e o medio ambiente por sobre os intereses do capital privado ou as grandes corporacións”.

Aínda supoñendo que malia todas as ‘trampas’, a arbitraxe fose imparcial e transparente, a experta en extractivismo Lupe Rodríguez considera “inxusto” que tres persoas poidan tomar unha decisión que na práctica, “non se pode apelar”, algo que tamén criticaban desde Ecologistas en Acción.

Nos últimos anos continuou a loita entre os movementos que denuncian esta perda de soberanía, falta de transparencia e control. O movemento Stop ISDS —formado por máis de 150 organizacións sociais europeas e sindicatos— critica a “impunidade corporativa” das empresas, que baixo este marco “en lugar de sancións, obteñen máis poder e impunidade”. Doutra banda, organismos como a Comisión Europea, que estaría dacordo mesmo con crear un tribunal aínda máis favorable aos intereses das empresas.

ESPECULACIÓN E CONSECUENCIAS PARA OS ESTADOS

O sector extractivo é dos que máis se acolle a este marco, sobre todo en Latinoamérica. Moitas veces son grandes empresas españolas, como Repsol tras a nacionalización de YPF en Arxentina; ou Sacyr, que desde o consorcio empresarial GUPCSA presentou máis dun cento de reclamacións polos que pide uns 5.000 millóns de dólares ao Goberno de Panamá.

Ecuador levaba pagados ata 2018 nestes laudos máis de 2.300 millóns de dólares.

“En moitas ocasións, trátanse de empresas que non teñen proxectos abertos e que inician estes procesos de reclamación”, explica Lupe Rodríguez. Dito doutro xeito, empresas que inician os procesos de arbitraxe para gañar cartos dos estados en base ás súas reclamacións e hipotéticos plans de negocio. No estado español, a gran maioría de demandas empresariais recibidas están relacionadas coa eliminación do PP dos subsidios ás renovables e podería custarlle a España 4.300 millóns de euros. Unha análise de Ecologistas en Acción revelaba que en 39 das 45 demandas contra España, “o inversor demandante non é unha empresa de enerxía renovable, senón un fondo de capital ou outro tipo de inversor financeiro especulativo”.

Os estados latinoamericanos son dos máis agredidos e o poder económico non ten problema en esmagar a súa vontade e a súa economía. Para Lupe Rodríguez, “isto pode ter un gran impacto sobre os orzamentos públicos de calquera país”. Ecuador, por exemplo, levaba pagados ata 2018 nestes laudos máis de 2.300 millóns de dólares.

PACIFIC RIM: COMPRA DE VONTADES, VIOLENCIA... E DEMANDA ARBITRAL

Algo semellante estivo cerca de acontecer en El Salvador. En 1996 varias mineiras exploraron o distrito El Dorado, no departamento de Cabañas. En 2002, a canadiense Pacific Rim fixo os trámites para unha abrir alí unha mina xigante de ouro e prata. O que parecía unha oportunidade de superar a pobreza para a poboación local, converteuse nunha ameaza para o medio e a saúde das persoas.

pacific rim salvador
Mobilización cidadá fronte a minería metálica en El Salvador.

Chico Montes foi unha das persoas que organizou a loita contra o proxecto. Explica que a industria extractiva tiña estratexias “brandas” como a compra de vontades “pintando escolas, financiando equipos deportivos ou campañas electorais”. Pero tamén métodos duros: “os asasinatos de opositores realizáronse empregando a delicuencia común, pero detrás deles había antigos membros dos ‘escuadrones de la muerte’ (grupos paramilitares de estrema dereita) e crime organizado, vinculados a certos funcionarios de partidos políticos e do estado”. Na loita contra esta mina, serían asasinados catro activistas que non puideron ver como en 2009 se paralizaba o proxecto. Despois, a empresa reclamou na arbitraxe internacional 315 millóns de euros, isto é, máis do 1,4% do PIB de El Salvador. Algo así como se hoxe unha empresa reclamase 17.000 millóns de euros ao estado español, máis do que algúns analistas prevén que afecte o coronavirus á facturación do Ibex.

Na loita contra o proxecto serían asasinados catro activistas. Despois, a empresa reclamou na arbitraxe internacional 315 millóns de euros.

Pacific Rim demandou ante o CIADI, o tribunal de arbitraxe do Banco Mundial, no que se presentan a maioría destas demandas. Chico Montes ten claro que estes tribunais non teñen nada de imparciais: “Foron creados polos intereses corporativos para asegurar os seus intereses da maneira que sexa. É similar a poñer lobos a coidar ovellas.” Malia todo, o estado salvadoreño gañou a batalla xudicial en 2016: “o resultado foi favorable pola forte oposición da sociedade salvadoreña, pola forte solidariedade internacional e tamén polos constantes erros dos empresarios mineiros”.

MINA DE TOURO-O PINO: E AGORA, QUE?

En Galiza, recibimos nos últimos anos unha morea de proxectos de espolio da terra, sexan minas ou agora coa febre dos eólicos. Coa complicidade da Xunta, buscan ocultar os seus verdadeiros plans. Foi o caso do Proxecto Touro, publicado nun DOG de agosto para dificultar a oposición veciñal. Con todo, o rexeitamento social é tal que a Xunta tivo que recuar e facer unha DIA negativa.

Desde a Plataforma Mina de Touro-O Pino Non teñen claro que “desde o punto de vista legal, non cabe unha resolución favorable”. Saben tamén que a empresa terá a opción da arbitraxe internacional, que podería demorar a resolución definitiva por anos: “Este tipo de empresas sempre buscan ‘resquicios’ polos que tentar saír coa súa, iso é indubidable; a pesar de que non os queiramos nin ver e dos argumentos técnicos probados e demostrados que temos que presentar.”

Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

O movemento de defensa da terra en Galiza ten tecido redes que hai pouco non existían, polo que a plataforma veciñal agarda preparada: “Non é posible predicir o que vai pasar e estamos acostumados a ter que defendernos en ausencia de quen nos defenda. Estamos, e estaremos alerta para o que poida vir. Da mesma maneira que lle dan tempo a empresa a prepararse, tamén nos dan a nós alento e tempo a seguir preparándonos.” 

Manifestación mina touro
Resistencia veciñal contra a mina de Touro. Pablo Santiago

Para Chico Montes, a organización comunitaria e os medios de comunicación comunitarios foron fundamentais na súa vitoria: “foron quen libraron a batalla e quen sufriron a represión desatada da empresa en complicidade cos funcionarios e políticos corruptos. A organización de base nunca se dobregou ante os intereses mineiros. Tamén hai que darlle mérito á creación das alianzas con moitas organizacións de orixes moi diversas.” Chico ten claro que foi “chave” o feito de ter chegado a un “alto nivel de conciencia, posible polo traballo de investigación e polos procesos educativos e de comunicación.” Tras doce anos de loita da poboación civil, o estado salvadoreño aprobou a Ley de Prohibición de la Minería Metálica, que impide estes proxectos: “os deputados por vontade propia nunca terían aprobado esta lei”, explica Chico.

O de El Salvador é un bo exemplo de que é posible moverlle os marcos ao capitalismo salvaxe, poñerlle novas normas. As empresas xa non poden impór tan facilmente os seus proxectos, mais aínda poden lucrarse cos nosos cartos. Teñen amizades poderosas, sexan dun tribunal europeo ou de partidos coma o PP ou ARENA; sofisticarán as súas prácticas, e haberá que moverlles os marcos unha e outra vez. En Galiza niso estamos, e se miramos cara Latinoamérica, temos un exemplo de forza e compromiso do que aprender, e por que non, construír un gran rede de redes contra o capital.

Chico Montes aproveita a conversa para lembrar a varias persoas: “sempre que falamos desta loita, lembramos aos nosos mártires Dora Sorto, Marcelo Rivera e Ramiro Rivera, quen deron as súas vidas por coidar o medio ambiente e a vida do pobo salvadoreño.”

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Medio ambiente La mina de Aznalcóllar volverá a producir en 2028: viejas heridas, nuevos vertidos
La Junta de Andalucía ha dado luz verde definitiva a la reapertura de la mina de Aznalcóllar a manos de la compañía Grupo México, un proyecto que pretende verter más de más de 17 mil millones de litros de aguas tóxica al río Guadalquivir.
República Democrática del Congo
República Democrática del Congo La población civil sigue atrapada en el conflicto del este del Congo
El M23, la milicia apoyada por Ruanda, mantiene el control en 8.000 kilómetros cuadrados en la RDC; el presidente del país ofrece un acuerdo de minerales a cambio de seguridad a Washington
Análisis
No a la mina de Cañaveral Las Navas, proyecto estratégico minero de la Comisión Europea sin transparencia ni participación pública
La designación del proyecto de mina de litio de Las navas (Cañaveral, Cáceres) como proyecto estratégico europeo está precedida de una larga historia cargada de opacidad administrativa y de múltiples intentos de limitar la participación ciudadana.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.