Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

Lei depredación Galiza_4
Multitude ateiga a Praza da Quintana contra a 'Lei de Depredación'. Pablo Santiago

Nos últimos anos multiplicáronse no país as plataformas cidadás e asociacións veciñais na defensa do medio. Tamén as andainas e concertos solidarios, as charlas informativas ou as manifestacións. De conflitos coma o da mina de ouro de Corcoesto nace a rede ContraminAcción. Da unión de colectivos de Compostela, Touro, O Pino, Teo, Rois, Ordes, Mesía ou Frades, a Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre. A cidadanía crea espazos físicos e dixitais para unir e coordinar esforzos, compartir coñecementos, facerse máis visibles no marco mediático e reclamar o seu espazo no debate político.

Defensa do territorio

Nos concellos de Touro e O Pino saltou a alarma en agosto do 2017. A rede ContraminAcción e o Sindicato Labrego Galego informan do obxectivo dunha empresa de reactivar a mina de cobre de San Rafael, no concello de Touro. Nace entón a plataforma Mina Touro-O Pino Non. “Xorde como xorden estas historias”, conta unha integrante, “un veciño fala con outro e ímonos xuntando en charlas”. O seu relato é compartido por outras plataformas. A partir dun conflito local medra a conciencia de formar parte dunha problemática global. Unha empresa, en numerosos casos radicada fóra de Galiza, cun proxecto no que busca maximizar beneficios con pouco impacto para a economía local. “Todos defendemos o mesmo: a terra e os nosos medios de vida”, explican dende a plataforma contra a mina.

Minería
Actuacións do lobby mineiro en Galiza
A administración e lobbies como a COMG facilitan a actividade das multinacionais extractivas baixo unha lóxica clara: a maximización de beneficios.

As problemáticas, pasadas e presentes, case sempre superan as fronteiras administrativas. A mina de San Rafael non só afecta aos concellos de Touro e do Pino, senón a moitos máis. A drenaxe aceda da antiga explotación de cobre contaminou, segundo as análises de Adega ou Augas de Galicia, regatos que desembocan no Ulla. Un Ulla que desemboca na ría de Arousa, emblemática pola súa actividade mariscadora e mariñeira. Así, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa sumouse ás protestas contra reapertura. Explica o seu voceiro, Xaquín Rubido, que tamén realizan accións conxuntas “coa plataforma na defensa da ría de Vigo, ou a de Pontevedra”. “Para nós é moi importante a cooperación e o respecto entre distintas organizacións”, sinala.

As colaboracións non sempre teñen a forma de redes de plataformas formalmente constituídas. O apoio mutuo amósase nas manifestacións, actos culturais, andainas ou mesmo a través das redes sociais. A información compartida é fundamental para navegar pola arquitectura normativa actual. Neste eido, asociacións de longo percorrido, como a Sociedade Galega de Historia Natural ou Adega, non só son entes activos na defensa do medio, senón tamén unha axuda para as plataformas que nacen. As súas integrantes están atentas a cada cambio legal, dende as mudanzas na Lei do Solo do 2016, até a aprobación da Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas ou o novo Plan Básico Autonómico.

un ano da Lei “Depredación”

O 22 de outubro de 2017 milleiros de persoas reuníronse en Compostela nunha manifestación contra a Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais. A normativa, aprobada polo Partido Popular en solitario no Parlamento, modificou as leis de aproveitamento eólico, a de minería ou a de montes. Colectivos ecoloxistas, asociacións e sindicatos rebautizárona como Lei de “Depredación”.

Lei de depredación
Cheo contra a “Lei de Depredación” do PP
Coa traxedia dos incencios ainda moi presente, Compostela encheuse para amosar o rexeitamento social á 'Lei de Depredación' aprobada polo PP.

A lei foi deseñada para acelerar a aprobación e instalación de proxectos industriais, acurtando os trámites administrativos de supervisión ambiental ou patrimonial. As administración locais perderon a súa capacidade de decisión, ante iniciativas que adquiren unha incidencia supramunicipal, consideradas “estratéxicas e de utilidade pública”.

Plataformas galiza
Iniciativas en defensa do medio en Galiza. Arte El Salto

Ventos de cambio

A Costa da Morte é terra fértil para os muíños. Dos 49 parques eólicos da provincia da Coruña, boa parte están localizados neste territorio. Logo do pulo dado polo goberno central do Partido Popular ao sector eólico no 2017, a Costa da Morte recibirá novos viraventos, case 200Mw de potencia enerxética. Outros parques da zona foron repotenciados, substituíndo vellos aeroxeradores por outros con maior capacidade, o que lles permite reducir as súas infraestruturas. Así as empresas rebaixan o canon eólico que pagan, e que se calcula segundo o número de muíños. Sopra a favor o vento dos gobernos autonómico e central. No 2017 foron poxados e adxudicados 600Mw a varias empresas, como Gas Natural Fenosa, agora Naturgy, ou Enel Green Power, filial de Endesa.

Carmen Pardiño pertence á plataforma Non aos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. Tres proxectos promovidos pola coruñesa Greenalia nos concellos de Coristanco, Santa Comba e Carballo. “Non estamos en contra dos parques eólicos”, di, “pero non se poden instalar en calquera sitio, e menos en detrimento das persoas do rural”. Presentaron alegacións e acusan á promotora de dividir un “macroproxecto”, para axilizar os trámites. Carmen destaca o ruído que producen as pas dos muíños, uns xigantes “de cento doce metros”, e a instalación de liñas de evacuación “preto das casas”.

Ana Varela é membro de Petón de Lobo, unha asociación nada ao abeiro da loita contra a mina de ouro de Corcoesto, en Bergantiños. Explica que a aprobación da Lei de Depredación “permitiu tramitar nun tempo récord os proxectos”. Varios na Costa da Morte. Coma o de Mouriños, na serra do Gontón, promovido por Naturgy. En Laxe, a asociación Contramínate iniciou un recurso contencioso-administrativo contra o parque eólico do Monte Chan, tamén de Naturgy. “Ou hai cambios lexislativos ou todo terá que ir pola vía xudicial”, afirma Ana, “de aí que sexa necesario articular movementos sociais, comunidades locais, asociacións e plataformas para a defensa do territorio”.

A esa conclusión chegou a veciñanza de Ordes, Mesía, Frades e Cerceda. Leandro del Río participa na plataforma Non aos eólicos en Ordes, ademais de noutros movementos da comarca. “Na actualidade hai proxectados cinco parques a nome de Green Capital Power”, di Leandro. 51 muíños en total, coas liñas de evacuación conectadas á subestación de Mesón do Vento, en Ordes. Coma no caso de Bustelo, Campelo e Monte Toural, na Costa da Morte, as plataformas denuncian que se intenta dividir un proxecto maior. “Iso é unha fraude de lei”, afirma Leandro.

Terremoto contra a minería

En agosto do 2017 a empresa Cobres de San Rafael S.L., filial da local Explotaciones Gallegas S.L., anunciou a súa intención de reactivar unha antiga mina da man da multinacional Atalaya Mining S.L. A explotación afectaría a 689 hectáreas dos municipios de Touro e do Pino. “Os informes sectoriais sinalan que o proxecto non é viable”, explican dende a da plataforma contra a mina, “como o conselleiro de Industria, Francisco Conde, constatou no Parlamento, e como a antiga directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz”. Ademais do apoio de 42 concellos, das deputacións da Coruña e de Pontevedra, e de asociacións e plataformas do país, engaden a recente advertencia do Consello Internacional de Monumentos e Sitios, ligado á UNESCO, sobre os efectos que tería a mina sobre o Camiño de Santiago.

Outra fronte activa contra a minería é a dos municipios de Frades e Mesía. Alí, a norueguesa ERIMSA, integrada na chinesa Blue Star, solicitou a explotación de cuarzo nun terreo de 761 hectáreas. A Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias presentou un informe negativo no 2017, alegando a importancia do sector agrogandeiro en ambos os dous concellos e a súa incompatibilidade coa minaría. “A actuación que defende ERMISA é aparentemente inocua, volven encher os ocos de onde explotan mineral e sanean a leira”, explica Leandro del Río, “pero a estrutura edafolóxica do terreo muda, e iso afecta á produtividade das leiras”. Cando en febreiro do 2018 a Xunta denegou o permiso de explotación, a empresa ameazou cun ERE temporal a 60 traballadores da súa canteira en Frades.

Minería
Crónica dunha ecoloxista na xunta dunha multinacional mineira
Activistas contra a megaminería entraron na xunta de accionistas de Atalaya Mining e se viron obrigados a escoitar as reivindicacións sobre a mina de Touro.

ERIMSA é unha vella coñecida para a Comisión de seguimento da actividade mineira na Terra Cha.  A empresa ten unha licenza de explotación que abrangue 5.700 hectáreas dos concellos de Castro de Rei, Cospeito, Abadín, A Pastoriza e Vilalba. Erimsa chegou a presentar varios recursos contencioso-administrativos contra tres dos concellos. En todos eles presentouse a Comisión. Na actualidade están envoltos nun novo litixio. O proceso, explica Margarida Prieto, é duro. Ela é membro do Sindicato Labrego Galego e da propia Comisión. “Quen deu a voz de alarma foi Adega, a partir de aí comezamos a facer reunións, e até hoxe”, relata. “Ao principio era un tema moi local, daquela non era como agora, que está a rede ContraminAcción”.

A caducidade de Sogama

Un segundo sector que concentra o rexeitamento social é o da xestión de residuos. Adega sinalou no 2017 como, a través da Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, a Xunta comezaba a modificar a súa política de residuos. E facíao cunha disposición que dispoñía a instalación dunha planta de compostaxe en SOGAMA. A mesma Adega leva alertando de como, á par que a capacidade de xestión de residuos das plantas de Cerceda ou das Somozas diminúen, xorden novos proxectos de vertedoiros na contorna. As mudanzas na Lei do Solo permiten hoxe instalar estas plantas de residuos en chan non industrial.

Un dos intentos de instalar unha planta, para tratar cinzas de SOGAMA, tivo lugar en Trazo no 2016. As alegacións da asociación veciñal A Picouta lograron paralizalo. En agosto dese mesmo ano Leandro del Río chegou por casualidade ao plan de apertura dunha planta de tratamento de residuos na parroquia de Lesta, en Ordes. “No 2010 iniciáranse os trámites daquel vertedoiro, pero a Xunta os paraliza porque se sitúa no hábitat dun tipo de ra”, lembra. Deu a voz de alerta e a veciñanza mobilizouse. Lograron presentar alegacións e informes científicos antes do peche do prazo. “Pero a Dirección Xeral de Calidade Ambiental aprobou en agosto deste ano a Declaración de Impacto Ambiental”, di Leandro. O proxecto segue o seu curso.

Opinión
A fuxida cara a adiante do neoliberalismo galego
Con este auténtico espanto lexislativo, o brazo político do neoliberalismo en Galiza recorta a nosa xa escasa capacidade legal de frear desfeitas mineiras, enerxéticas ou doutro tipo.

Outros proxecto paralizado é o do lugar da Casalonga, no concello de Teo, onde a empresa Toca y Salgado S.L. tratou de instalar unha planta de xestión de residuos de construción e demolición (RCD). A mobilización veciñal e o informe urbanístico negativo emitido polo Concello foron determinantes. En maio do 2018 a Xunta tamén daba carpetazo ao proxecto dunha planta de RCD en Lousame, logo dunha Declaración de Impacto Ambiental Negativa. Mentres tanto, a oito quilómetros da praza do Obradoiro en Compostela, a veciñanza de Miramontes loita contra o peche dun vertedoiro. A empresa Gestán Medioambiental S.L. xestiona plantas en Arteixo e Sobrado dos Monxes. A veciñanza critica a súa xestión, os malos cheiros e os filtrados do vertedoiro. Na actualidade a empresa enfróntase á inspección da Fiscalía de Medio Ambiente.

Touro recibe ás marchas

Día a día, asociacións e plataformas continúan a abrir novos camiños. O pasado 1 de decembro as marchas da dignidade dirixíronse a Touro. Alí berraron contra a mina, pero tamén contra “a estafa eléctrica”. A rede continúa a tecerse. Cada vez máis homes e mulleres, sobre todo mulleres, se animan a participar. “Iso tamén foi unha alegría”, sinala unha integrante. “Foi dunha maneira natural, pero é certo que no noso caso é unha loita moi de muller, e con moito carácter”.

Medio ambiente
"A nosa terra e o noso mar están máis en perigo ca nunca"
O 1 de decembro as Marchas da Dignidade, da man da plataforma Mina Touro-O Pino NON, chegan a Touro para "defender a terra e contra a estafa eléctrica”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio ambiente
O potencial do agro en Galiza fronte as políticas do espolio
O desleixo da Xunta coa produción, investigación e comercialización fai preciso un debate público ao redor das políticas agrarias.
Medio rural
Malos ventos para a Ribeira Sacra

A instalación de dous parques eólicos en Paradela ameaza a Ribeira Sacra, candidata a convertirse en Patrimonio da Humanidade.

Medio ambiente
"A nosa terra e o noso mar están máis en perigo ca nunca"
O 1 de decembro as Marchas da Dignidade, da man da plataforma Mina Touro-O Pino NON, chegan a Touro para "defender a terra e contra a estafa eléctrica”.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.