Justicia
Agustín Azparren: “Algo terán que ver os atrasos de De Lara con que teña menos da terceira parte de funcionarios que un xulgado central”

O Salto Galiza entrevista ao avogado da titular do xulgado nº 1 de Lugo, Pilar de Lara, sobre a que pende unha sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial



Xulgados_Lugo
Dende o Xulgado nº1 de Lugo a xuíza Pilar de Lara instruíu causas como a Operación Pokemon ou a Operación Carioca Raquel C. Pérez

Hai un mes, o Consello Xeral do Poder Xudicial anunciou que sancionaría a xuíza Pilar De Lara con sete meses de suspensión de emprego e soldo e perda de destino. Daba conclusión así a unha investigación de meses de duración ao redor das causas que instrúe a maxistrada. No xulgado nº 1 de Lugo, do que é titular, a xuíza conduce algúns dos maiores casos de corrupción de Galiza, como a Operación Carioca ou a Operación Pokémon. O Salto Galiza fala co avogado de De Lara, Agustín Azparren, sobre a sentenza do tribunal.

Contas cunha ampla experiencia como vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) precisamente na Comisión Disciplinaria, ademais de ser maxistrado e fiscal en excedencia. No procedemento a De Lara atribúeselle unha falta moi grave de desatención por un total de 89 atrasos. É normal que se produzan tantas demoras en causas complexas?
Si, hai que darse conta de que sorprendentemente, porque este é un xulgado nunha poboación non moi grande, ten un número de macrocausas similar ao que pode ter un Xulgado Central de Instrución da Audiencia Nacional. En asuntos como os que ten—un con 130.000 folios, outro con case 100.000—, se un servizo de inspección está quince días revisando todas as causas é normal que haxa atrasos. O sorprendente tamén é que deses 89 atrasos que se levan enumerando desde o principio e agora no acordo da [Comisión] Disciplinaria, a palabra que máis se repite son atrasos en “tramitación”.

Agás un caso, que a propia De Lara recoñece que é imputable e que corresponde a unha resolución que dependía dela e tardou uns meses en ditar, o resto son atrasos na tramitación que non son imputables directamente á xuíza. Entón que ocorre? Como son tantos, e todos de tramitación, varíase o expediente. E ao final, ao ver que non son directamente imputables a ela, os atrasos non se lle atribúen porque ela tivese responsabilidade directa, senón que se di que non controlou ou supervisou os atrasos. Por citar un feito anecdótico: nun dos apartados, entre todos os atrasos que se lle atribúen, dise que os informes que chegaban ao Xulgado non se selaban. Polo tanto, non se podían constatar as datas de entrada. Como comprenderás, se ata niso ten responsabilidade a xuíza, con todo o que ten que facer na instrución e todo o que ten que controlar, realmente é un pouco esaxerado.

Necesitaría o triplo de cadro de persoal para que puidesen desenvolver todo o traballo que vai facendo ela
Se o que lle atribúen é falta de supervisión, no canto de responsabilidade directa, fóronse tendo en conta algunhas alegacións, non si?

Desde o principio fóronse tendo en conta algunhas, porque empezaron imputándolle seis faltas disciplinarias e ao final quedou en unha, a de desatención. As outras cinco rexeitáronse polos escritos que se foron presentando. O problema é que a desatención é unha conduta de desidia, de deixamento, que é o que di o Tribunal Supremo. Calquera que coñeza a Pilar de Lara sabe que é das xuízas máis traballadoras que hai en España, e hai xente que ademais traballa moitas horas e non ten rendemento, pero no seu caso ademais é que ten un gran rendemento. Como dicía a secretaria nalgunha declaración, necesitaría o triplo de cadro de persoal para que puidesen desenvolver todo o traballo que vai facendo ela.

En canto ás peticións, a Fiscalía pide tres meses e o Promotor da Acción Disciplinaria pide, ou ben o traslado forzoso de xulgado, ou ben sete meses de suspensión de emprego e soldo que tamén implica perda de destino. Estas sancións son comúns por faltas similares ás que se lle imputan?

Non é moi habitual. De feito, o que pide o fiscal é bastante máis normal. Un mes de suspensión de emprego, incluso até tres meses. Por enriba de seis é moi excepcional, precisamente porque esa suspensión leva aparellada a perda de destino, debe deixar o xulgado. É como unha dobre pena. Ten xa unha repercusión familiar, de cambio de domicilio, etc., e doutros problemas ademais engadidos ao que é a propia sanción. E, de feito, nalgún caso en que se impuxeron até sete meses o Tribunal Supremo deixou a sentencia sen efecto. Ou sexa que son sancións moi excepcionais. Por riba de seis meses, neste Consello, non sei cantas terá imposto a Comisión Disciplinaria pero eu creo que, nos últimos anos, houbo dúas ou tres con esa gravidade.

Ser “xuíz estrela” non depende dos xuíces, é unha denominación que pon a prensa
Hai informacións que se publican, sexan máis ou menos certeiras, que son difíciles de comprender. Atribúese a De Lara asumir o papel de “xuíza estrela”, de abrir moitos procesos e acaparar causas complexas. Resulta difícil de entender cal é o proceso de reparto de casos e por que ela acumula no seu xulgado tantos macrosumarios, en vez de distribuílos entre os xulgados lucenses.

Inicialmente todos estes casos de corrupción repartíronse entre dous xulgados. Na Audiencia Nacional, por exemplo, Baltasar Garzón tiña máis causas de corrupción que o xuíz central de instrución 1, Ismael Moreno, que é o que máis anos leva e é moi pouco coñecido. Esas cuestións son de reparto, de sorte. Outras veces depende da forma de instruír dos xuíces. Hai xuíces que se limitan a instruír o que lles van traendo as forzas policiais, a Policía Xudicial, e hainos que cando se atopan con datos tratan de investigar, que toman un papel máis activo na instrución. Moitas veces isto xera que un xuíz teña máis asuntos que outro. Ser “xuíz estrela” non depende dos xuíces porque é unha denominación da prensa, non unha pretensión que teñan.

Corrupción
Corrupción Apartan a Pilar De Lara cando os maiores casos de corrupción que instrúe están nas últimas fases
A Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) sanciona á maxistrada con sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo.

Este tema do que se fala realmente non é sancionable disciplinariamente. Se se considera defectuosa unha instrución na que un xuíz ten un papel activo, instrúe moito ou se lle acusa, como neste caso, de instrucións que son moi longas ou que van encamiñadas a investigacións moi amplas, estes defectos corríxense pola vía dos recursos ante a Audiencia.

Na resolución publicada atribúese a De Lara a paralización da instrución de certas causas, á vez que continúa a instrución doutras, así como atrasos á hora de inhibirse en favor doutros xulgados. Polo menos hai catro casos relevantes en que se tardou en enviar a documentación correspondente: a peza do caso Aquagest do Levante, a que investiga ao PSOE de Compostela (e neste caso enviouna unha vez rematado o prazo de instrución) e dúas pezas da Pokémon que envía á Audiencia Nacional con 2 anos e medio e 4 anos de atraso respectivamente, mentres ela continuaba a actividade instrutora.

Si, é o mesmo. Se hai motivo e causa para inhibirse, pero continuase coa instrución, isto pode corrixirse pola vía dos recursos ante a Audiencia tamén. Se o fiscal comproba que unha causa non é competencia da xuíza pode pedirlle que se inhiba. Se esta non o fai, recorreríase á Audiencia e acordaríase a inhibición. Outra cousa é que teña habido inhibicións que ela tramitou e que tardaron meses en aceptarse ou rexeitarse nalgún caso, como informou a prensa recentemente. Incluso xulgados centrais de instrución que rexeitaban a inhibición logo de varios meses. De Lara, mentres non recibe a aceptación ou rexeitamento da súa inhibición na instrución, ten que seguir instruíndo.

O que non pode é deixar de instruír. Aquí hai un contrasentido porque parece que a acusan de que hai moitos períodos de tramitación sen instruír e, con todo, despois tamén se lle atribúe que instrúa cando acordou a inhibición no caso de inhibicións que tardan meses en ser resoltas. De non facelo, quedaría paralizado o asunto durante moitos meses sen facerse nada absolutamente.

Na resolución adúcese que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza destinou un xuíz de reforzo para que De Lara se centrase en finalizar as causas.

Cando se fai o seguimento pola inspección do CXPX faise un reparto e noméase a un xuíz de reforzo. O xuíz de reforzo leva todos os asuntos do Xulgado agás as macrocausas, que de por si soas requirían dun só xuíz. Hai un exemplo moi claro: a Carioca levárona dez fiscais e é só un dos asuntos que instruíu Pilar de Lara. A maiores comparar, como fai tamén o CXPX na resolución, que o xuíz de apoio que se nomeou levaba o Xulgado ao día e que as macrocausas sufrían dilacións...É absolutamente normal que ocorra isto, porque o traballo das macrocausas é vinte veces maior que o resto de asuntos. É un xuíz con menos traballo do normal porque lle quitaches os asuntos de especial complexidade, e o restante ten que resolvelo calquera xuíz dunha forma moito máis rápida.

Cando vemos que, dos 89 apartados de atrasos, 88 se deben a atrasos na tramitación algo terá que ver que teña menos da terceira parte de funcionarios que un xulgado central que ten ese mesmo número de macrocausas

Ademais, solicitáronse catro funcionarios de reforzo, dos cales se nomeou unha, e a que se nomeou estivo e baixa máis dun ano e non se substituíu. Unha cifra comparativa: o xulgado no que estivo Garzón, o Central de Instrución 5, ten actualmente 30 funcionarios, e o Xulgado de Pilar de Lara ten 8 ou 9. Solicitáronse os catro de reforzo a proposta da inspección; nomeouse un. Cando vemos que, dos 89 apartados de atrasos, 88 se deben a atrasos na tramitación, algo terá que ver que o xulgado teña menos da terceira parte de funcionarios que un xulgado central co mesmo número de macrocausas.

A propia Pilar de Lara denuncia que ata decembro de 2018 carecía de escáner no Xulgado.

Así é. Ademais de que os medios materiais que teñen nos xulgados centrais son os mellores e normalmente, cando se solicitan desde os xulgados centrais, o Ministerio sérveos de forma rápida. Teñen tamén acceso aos corpos técnicos de inspectores, de vixilancia,...

Ata que punto un nivel elevado de esixencia aos maxistrados pode supoñer, no caso de sumarios con decenas de investigados, moitos deles con poder político e económico, un punto feble que facilite que sexan cuestionados ou atacados?

Os xulgados que teñen unha carga moito maior están máis expostos a denuncias, sobre todo cando esa carga son temas moi complexos como os de corrupción. Á propia De Lara presentáronlle unha querela. Ou sexa que os xuíces titulares non só poden ser denunciados ante o CXPX, senón tamén ser obxecto de querelas. Nos casos aos que me refería antes de xuíces cun papel activo na instrución, cando a investigación se centra en temas de corrupción o normal é que saibas que che van caer querelas, denuncias. Lembro que Baltasar Garzón recibiu polo menos tres expedientes disciplinarios por denuncias na época que estiven eu no Consello.

Hai xuíces que adoptan este papel activo de instrución de temas de corrupción. O normal é que saibas que che van caer querelas, que che van caer denuncias

Até o instrutor da causa do 11M, que foi unha das máis importantes da historia xudicial española, foi denunciado coa intención de apartalo da instrución, polos motivos que fosen. Sempre hai intereses. Estes casos aos que me refiro remataron sendo arquivados, que creo que é o que sucederá finalmente con Pilar de Lara. O que acontece é que ao mellor ocorre dentro de dous anos no Supremo. Con todo, hai que confiar en que o Pleno do Consello poida corrixilo. Adoita ocorrer, e iso é un risco que todo aquel xuíz que investiga determinados asuntos debe asumir. Vai haber querelas e que denuncias de todo tipo, porque son tácticas empregadas por parte dos investigados para tratar de atrasar a causa todo o que se poida, ou para tratar de cambiar ao xuíz porque non lles convén, etc.

O feito de que aparten a Pilar de Lara podería afectar á resolución das pezas que está investigando?

Afectaría moito, tamén pola forma e capacidade de traballo dela. Eu quedei abraiado cando, na primeira declaración ante o Promotor no CXPX, foron preguntándolle unha por unha, e tiña o control sobre todas: en que fase estaban, por que se produciran os atrasos... Coñece desde o principio todas as pezas. Hai algunhas cun percorrido de moitos anos, ela leva dez anos no Xulgado de Instrución. Se un xuíz que coñece con esa profundidade asuntos de tal complexidade ten que deixar o xulgado, se de súpeto vén un que non ten ese coñecemento, xa só adquirilo supón un gran atraso. Moito maior de todos os que se lle puidesen imputar a Pilar de Lara. O efecto é moito demoledor, non hai ninguén que chegue e se faga cargo e control ao día seguinte de todo o que hai no Xulgado para tomar decisións. Polo tanto os resultados para a administración da Xustiza son moito peores.

Trata
A xuíza do Carioca deixa a pelota no tellado da Xunta
Pilar de Lara emitiu o luns 25 de marzo un auto que conclúe dez anos de instrución da peza principal da maior rede de trata investigada en España.
Anunciastes que ides presentar un recurso de alzada ante o Poder Xudicial. Prevese que vaia adiante? No caso de que sexa desestimado hai algunha posibilidade de que De Lara continúe no Xulgado?

Por unha banda, o Pleno do Consello en máis dunha ocasión revogou as decisións da Comisión Disciplinaria. Hai casos nos que se reduce a sanción tamén. Pode reducirse ou pode quitarse a sanción, e de feito xa hai precedentes. Isto tramítase pola vía administrativa. En caso de que se mantivese a sanción polo Pleno aínda queda a vía da Sala Terceira do Tribunal Supremo, xa por vía xurisdicional. O recurso ante o pleno do CXPX é potestativo, isto é, pode utilizarse ou pódese recorrer directamente ao Tribunal Supremo, pero o normal é esgotar a vía do recurso de alzada, cuxo prazo vence o 12 de maio, e iso é o que está pendente agora.

O problema é que unha vez que se esgota esta vía, se o Consello decidise cumprir a sanción, esta é executiva. Faríase efectiva, aínda que o Supremo a deixase posteriormente sen efecto. Isto xa ten acontecido. No exemplo que comentei, no que o Supremo decidiu que non había motivo para sanción disciplinaria, transcorreran dous anos dende que a sanción de sete meses fora executada. A persoa sancionada xa perdera o seu destino, producíndose un prexuízo dificilmente reparable. A única opción é solicitar a suspensión da execución ante o Tribunal Supremo, mais este raramente a aproba. Aconteceu unha vez, creo, nos últimos anos. Nese caso non se faría efectiva ata resolver o Supremo, co que se atrasaría dous anos. Con todo, o normal sería que, se o Pleno do Consello resolve a sanción e non se aproba a súa suspensión, se faga inmediatamente efectiva e De Lara teña que deixar o xulgado.

Trata
A Operación Carioca no foco

Unha plataforma cidadá esixe xustiza na recta final do maior caso de trata e explotación sexual de mulleres da Galiza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Corrupción en Galicia El caso Carioca a través de una migrante explotada sexualmente: indemnización mínima y complot policial
El guardia civil Armando se aliaba con proxenetas y abusaba sexualmente de mujeres prostituidas haciendo uso de su capacidad para regularizar su situación.
Caso Carioca
Caso Carioca O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial
O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Unha violación, cinco abusos a prostitutas e dez delitos dun garda civil rebáixanse a catro anos de cárcere
Un axente e tres proxenetas benefícianse, na peza principal do caso Carioca, de chegar coa Fiscalía a acordos de conformidade encubertos formalmente baixo a celebración dun xuízo completo que non se produciu.
Justicia
Reportaje El imperio de los jueces-soldado
La justicia española ha entrado en un callejón peligroso. Desde hace años, el Poder Judicial se ha mostrado escorado a la derecha y más como un problema para la resolución de cuestiones cruciales para el Estado.
Dana
València Mazón se atrinchera detrás de un militar y cierra su crisis de gobierno
El president valenciano ha remodelado el Consell de la Generalitat dando salida a dos conselleras y fichando un general en la reserva para la vicepresidencia.
Opinión
Revista El Salto Debajo de la palabra “lawfare” no está la playa
El sistema judicial, si se fijan, no obedece o asume propuestas o presiones del Ejecutivo o del Legislativo. Sino que más bien ocurre lo contrario.
COP29
Cumbre del clima La propuesta de los países ricos para cerrar la COP29 enfurece a las naciones en desarrollo
El Norte global, causante histórico del cambio climático, propone 250.000 millones de dólares anuales para la adaptación y mitigación climática del Sur, cuando el propio borrador del acuerdo establece que al menos serían necesarios cinco billones.
Opinión
Opinión La distopía no es un género literario
Hay grandes carteles por todos lados donde te hacen responsable de tener el móvil bien cargado y aconsejan llevar una batería externa para evitar percances.
América Latina
Leandro Morgenfeld “El triunfo de Trump va a empoderar a los Milei y los Bukele”
El historiador e investigador argentino especializado en la relación entre Estados Unidos y América Latina, analiza el triunfo electoral de Donald Trump y el impacto que tendrá en una región que Washington sigue considerando su “patio trasero”.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Opinión
Opinión Aprender de las fantasías de la conspiración
Difícilmente los desmentidos científicos convencen a quienes ya han incorporado una fantasía de la conspiración. Sin embargo, estas fantasías se corresponden con un hecho como que el desasosiego por el futuro es un sentimiento generalizado.
Euskal Herria
Cultura Los judíos en la tierra del euskera
Un repaso de la acogida que les brindó el Reino de Navarra tras su expulsión de Castilla y Aragón, a la red clandestina que los ayudó a cruzar la muga durante la ocupación nazi de Francia y las relaciones con el Estado de Israel
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De contracumbres y personas sin hogar
VV.AA.
Abrimos noticiero con el G20 de Brasil y la ausencia de soluciones de vivienda para las familias afectadas por la dana.
La vida y ya
La vida y ya Huipil
Han escrito un libro que se titula 'Nuestros tejidos son los libros que la colonia no pudo quemar'. No hay lugar para las dudas sobre lo que te vas a encontrar al leerlo.
Más noticias
València
Dana La Diputación de València adjudica a dedo otros 735.000 euros a una empresa de Gürtel para obras de la dana
El gobierno del Partido Popular contrata por el procedimiento de emergencia a CHM Obras e Infraestructuras, que tienen detrás a los hermanos Martínez Berna, condenados en el marco del 'caso Gürtel' a un año y nueve meses de prisión.
Opinión
Opinión Vacío y censura en el colonialismo del interior
VV.AA.
La historia está siendo escrita con un silencio cómplice con el genocidio y mediante la censura a su condena. El silencio implica un precio terrible, pues consolida el borrado impune de la existencia, la cultura y el futuro del pueblo palestino.
Italia
Italia Milán, cuando la ciudad de las oportunidades se hace inaccesible
Ya quedan pocos talleres, farmacias, peluquerías o papelerías de barrio en Milán, y el precio de la vivienda aniquila su población originaria.
Brasil
Brasil Bolsonaro es acusado por la policía del intento de asesinato de Lula da Silva para dar un golpe de Estado
El expresidente tenía “pleno conocimiento”, según la policía brasileña, de un plan para asesinar a los elegidos por el pueblo para ser presidente y vicepresidente después de las elecciones de 2022.

Recomendadas

Argentina
Argentina El Bonaparte: la historia del hospital de salud mental que le torció el brazo a Milei
Es el centro referente en Argentina para tratamientos de salud mental y adicciones. Javier Milei intentó acabar con él, pero los profesionales sanitarios y los pacientes del hospital no lo permitieron. Esta es su historia.
Estados Unidos
Hari Kunzru “En EE UU hay dos tipos de nazis: los que llevan botas y los que llevan corbata”
El escritor británico reflexiona sobre la victoria de Donald Trump y cómo los conservadores han movilizado teorías como la psicología evolutiva para renovar sus posiciones y plantear una batalla cultural en foros online o redes sociales.