A xustiza madrileña reabre a causa contra Suso de Toro por delito de odio tras unha denuncia do lobby sionista ACOM

O escritor galego recoñeceu non ter comunicación oficial: “Debo arrepentirme de ter escrito comparacións entre o nazismo alemán e o que fai o Estado sionista en Palestina? Non me podo nin debo arrepentir”.
Suso de Toro
O escritor Suso de Toro.

A Audiencia Provincial de Madrid acordou reabrir as dilixencias contra o escritor galego Suso de Toro a raíz da denuncia presentada polo lobby sionista Acción e Comunicación sobre Oriente Medio (ACOM), que lle atribúe un delito de odio de carácter antisemita por varias mensaxes publicadas en redes sociais entre febreiro e marzo de 2024.

As publicacións sinaladas polo grupo de presión proisraelí incluían referencias a Israel como “un estado xenocida” e comparacións entre as actuacións do Estado israelí en Gaza e o nazismo. Agora, a Sección nº7 da Audiencia Provincial de Madrid considera que a decisión adoptada en maio de 2025 de sobreseer provisionalmente e arquivar o procedemento foi “prematura”.

Así consta nun auto datado en xullo de 2026 cuxo contido trascendeu esta mesma semana. Os maxistrados consideran que, antes de pechar o procedemento, debería terse tomado declaración ao escritor para coñecer “a intención das súas manifestacións”. Así mesmo, entenden necesario aclarar se De Toro chegou a rectificar algunha ou todas as publicacións denunciadas, algo que, segundo recolle a resolución, non aparece acreditado na causa máis alá dunha información xornalística.

Deste xeito, a Audiencia estima o recurso presentado por ACOM e conclúe que a posible existencia dun delito foi valorada sen dispoñer de elementos suficientes para adoptar unha decisión definitiva.

De Toro afirma que aínda non recibiu unha comunicación oficial

O propio escritor referiuse esta semana á reapertura do procedemento a través das súas redes sociais. Con todo, precisou que aínda non recibiu ningunha comunicación oficial dos tribunais e que a información da que dispón procede da comunicación difundida por ACOM.

A organización, que se presenta como a principal entidade proisraelí de referencia en España, recibiu favorablemente a decisión da Audiencia Provincial e considérao un “importante respaldo xudicial” á posición que vén defendendo desde o inicio do procedemento.

De Toro, pola súa banda, respondeu publicamente a estas afirmacións mostrando a súa preocupación polas posibles consecuencias da reapertura do procedemento. “Que me supón isto? Que consecuencias me trae? Non o sei. De entrada, introduce unha nova preocupación na miña vida”, sinalou.

O escritor tamén apuntou que, se finalmente é citado para declarar ante a Audiencia Provincial de Madrid, coñecerá entón o alcance da decisión xudicial. Na súa mensaxe afirmou, ademais: “Non é a primeira vez que o Estado de Israel me intimida cun dos seus instrumentos”.

Respecto ás súas publicacións, De Toro rexeitou calquera posibilidade de retractarse das comparacións que estableceu entre o nazismo alemán e as actuacións do Estado israelí en Palestina. “Debo arrepentirme de ter escrito comparacións entre o nazismo alemán e o que fai o Estado sionista en Palestina? Non me podo nin me debo arrepentir”, concluíu.

A reapertura da causa tamén provocou reaccións de respaldo a Suso de Toro. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) expresou a súa “máis firme solidariedade” co escritor e cualificou de “profundamente preocupante” que a denuncia de crimes contra a poboación civil e a defensa dos dereitos humanos poidan ser interpretadas como unha forma de incitación ao odio antisemita. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) tamén trasladou publicamente o seu apoio ao autor compostelán. 

Memoria histórica
“Non existe a democracia española porque hai un poder xudicial que ten unha continuidade ideolóxica co franquismo”
O escritor compostelán trata a necesidade de reivindicar ao protagonista do seu último libro, Ramón Baltar. Ademais, reflexiona sobre o centralismo madrileño, o uso do galego e a memoria histórica.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...