Memoria histórica
Suso de Toro: “Non existe a democracia española porque hai un poder xudicial que ten unha continuidade ideolóxica co franquismo”

O escritor compostelán trata a necesidade de reivindicar ao protagonista do seu último libro, Ramón Baltar. Ademais, reflexiona sobre o centralismo madrileño, o uso do galego e a memoria histórica.
Suso de Toro
El escritor Suso de Toro. Foto: P. Cosano / Alianza editorial
@Guille8Martinez
3 mar 2021 10:15

O último libro de Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) profunda nun galego tan peculiar como pouco coñecido. Trátase de Ramón Baltar (1902-1981), cirurxián e intelectual que tomou o camiño da “resistencia interior” durante o franquismo. Procedente dunha familia burguesa, a súa figura foise esquecendo. Suso de Toro rescátaa atraído pola ética e a decencia que marcaron a vida do propio Baltar, represaliado pola ditadura en numerosas ocasións.

A novela recolle a súa historia real e é un percorrido pola vida do personaxe, quen sempre ocultou unha parte transcendental da súa biografía aos seus fillos. De feito, estes decatáronse que o seu pai participara na Operación Termópilas, un intento de asasinar a Franco, grazas á investigación do escritor. O Salto conversa co autor de Un señor elegante (Edicións Xerais, 2020) sobre a construción da memoria colectiva, o nacionalismo galego e a ausencia deste tipo de referentes.

Na túa obra Un señor elegante falas de Ramón Baltar, un personaxe que se podería considerar de xeito evidente admirábel, un home moderno para a súa época e que sempre estivo á altura das tráxicas circunstancias que tivo que vivir, como a ditadura franquista. Que tiña este personaxe para facelo tan atractivo e que poderiamos aprender del hoxe en día?
A idea inicial era escribir unha novela sobre a familia no seu conxunto, pero o personaxe foi emerxendo e eu deixeime arrastrar por el. Era como se a figura de Ramón Baltar fose escapando de min, sempre por diante, e eu perseguina. Era un liberal, tal e como o describe a súa propia familia, pero un liberal no bo sentido da palabra: demócrata, bibliófilo e moi culto.

Sabía que Baltar fora castigado polo rexime franquista. Primeiro polos falanxistas sublevados e despois, tras a Guerra Civil, pola ditadura. Detivérano, expulsado da Universidade en dúas ocasións, mais tampouco me parecía un personaxe que fose extraordinario. Pouco despois xa intuín que se trataba dun disidente nato, moi desafiante. Polas conversacións que tiven cos seus fillos e a documentación que deixou tras a súa morte, atopei un home dunha actitude ética radical.

Segundo o último relato dominante da Guerra tan só houbera verdugos e vítimas, mais ao seguir os pasos de Baltar tamén ves que existiu a resistencia. A tentación do victimismo é paralizante, anula, e a idea de que todos somos unhas pobres vítimas é unha gratificación enfermiza que non se deu nel. Encarnou, sen pretender ser exemplarizante, a resistencia da decencia e a ética.

A historia de Baltar permaneceu no esquecemento durante todos estes anos, nin sequera os seus fillos sabían algunhas das súas experiencias. Tamén descoñecían que participou nun intento de asasinato a Franco, na Operación Termópilas. Se temos isto en conta, de que forma estamos a construír a memoria histórica?
Esa é a gran pregunta. No libro vemos como emerxe unha historia oculta, pois unha parte da vida transcendental de Baltar non lla transmitiu aos seus fillos. É curioso pensar que persoas xa anciás hoxe, nin sequera tiveran acceso á historia completa dos seus antepasados máis directos. Así se construíu a consciencia da sociedade española. A pregunta que emana da novela é: que sabe unha persoa dos seus pais ou avós, que fixeron realmente nos anos da República e na posguerra?

A dimensión psicolóxica disto tamén é importante. Os pais e nais mostran unha fachada aos seus fillos, é un rol, pero detrás deles hai outra vida. Estas persoas, como actuaron durante a República, a Guerra e a ditadura? Mataron, asasináronos, padeceron castigos, axudaron, protexeron, denunciaron, beneficiáronse? Á fin e ao cabo, estas persoas con esas feridas sen cicatrizar foron as que nos educaron, e iso ao final acábase transmitindo.

Os castigos que el padeceu afectaron os seus descendentes, aínda que durante a investigación descubrín que non foron conscientes diso. Os seus pais tentaron evitarlles a transmisión do estigma e crearon unha familia moi contenta e orgullosa de si mesma. E eu preguntábame, pero como esta familia, tan castigada, pode ter unha conciencia tan alegre? Conseguiron unha certa inconsciencia, un descoñecemento da súa realidade ao ocultar a memoria das represalias, e os descendentes foron creando as súas realidades persoais e sociais sobre unha base de certa irrealidade.

Vostede introdúcese na obra como narrador, protagonista en primeira persoa da investigación que realiza e que relata na novela. Canto de verdade e canto de ficción hai nela? Que podería resultar interesante da historia a un lector afastado da actualidade galega?
Non hai ficción, só construción novelesca. Co material que me deron, anécdotas e documentos, construín o relato desta familia que se remonta ao século XIX que, como mecenas, protexen a personaxes da cultura, a arte e a política. Os personaxes tiven que investigalos, non imaxinarmos.

Este personaxe é parte do que nos roubaron, do ímpeto impulsado na Segunda República polo coñecemento, a crenza no progreso e a preocupación social. A súa historia é a de Europa, a do século XX, polo que non é necesario saber nada sobre a actualidade galega para comprendela.

Os Baltar son unha familia que promoveron e protexeron intelectuais da talla de Rosalía de Castro, a familia Castelao e a familia Dieste mais que, actualmente, apenas son recoñecidos. Que falla aí?
Unha vez vencido o bando republicano, Baltar seguiu operando a guerrilleiros e fuxidos até principios dos anos 50, pero xa fracasara a resistencia porque os aliados da Segunda Guerra Mundial apoiaran a ditadura. Aí é cando se refuxia na resistencia interior, protexendo intelectuais mais dunha forma reducida á súa vida privada. Ademais, a súa postura de republicano radical sepárano dalgunhas operacións que se van dando naqueles anos e que estaban toleradas polo rexime. Aínda que a distancia, colabora con todas as causas sociais e culturais que pode, como dando diñeiro aos estudantes represaliados no 68 ou potenciando a creación de editoriais, pero non pretende ter relevancia pública.

Por outra banda, non é coñecido porque o republicanismo foi destruído, non só polo franquismo, senón polo posfranquismo. Na transición non se permitiron posturas claramente republicanas. De feito, nas primeiras eleccións de 1977 presentouse o Partido Comunista de España mais porque antes claudicara ante a bandeira rojigualda, o himno e o rei, a diferenza de Esquerda Republicana, que non foi legalizada.

“A día de hoxe, a idea de nación en Galicia mantéñena unhas elites culturais e políticas, pero son unha expresión moi frouxa, digamos”

Hai anos que o independentismo catalán está en boga, como xa o estivo o vasco. Por que o nacionalismo galego ten menor transcendencia fóra de Galiza?
Antes de todo, a miña posición é a de demócrata. O que me fai ter unha posición concreta é o ser galego, coñecer as relacións de poder dentro do Estado e estudar a historia de Galiza e España.

Para entendelo teriámonos que remontar a cinco séculos atrás, cando a clase dirixente do Reino de Galiza foi decapitada por Isabel a Católica. Desta forma, o que podería ser a evolución natural dunha clase dirixente que evolúe, aquí non se deu. A día de hoxe, a idea de nación en Galiza mantéñena unhas elites culturais e políticas, pero son unha expresión moi frouxa, digamos. O non ter unha base e uns intereses económicos fortes debilitou a visión de país e fixo que sexa moi idealista e literaria mais cunha apreciación da realidade social moi débil.

Ademais da súa faceta como literato, tamén foi profesor de secundaria, aínda que xa xubilado. Máis aló diso, adoita participar no debate público que se xera ao redor de certas cuestións, como é o nacionalismo e o independentismo. Neste sentido, semella que é máis recoñecido en Catalunya que en Galiza, por que?
Eu coñecín moi ben Catalunya, mesmo cheguei a estudar catalán para poder gozar da cultura na súa lingua, unha cultura moi rica e aberta. As ideas máis progresistas sempre viñeron de Catalunya, pese ao discurso dos 80 de Felipe González e Alfonso Guerra que defendían que era un lugar pechado e provinciano.

Para min o problema do Estado español con Catalunya é un problema de democracia, mesmo de respecto ás persoas que a compoñen e os seus dereitos. Están a ser perseguidos e oprimidos como país. Xa lles quitaron a tres presidentes elixidos polos cataláns. Non hai que esquecer que todo procede de 2010, cando o Tribunal Constitucional (TC) sumiu na ilegalidade a todo o sistema político español ao botar para atrás o que o parlamento catalán, os seus cidadáns e o parlamento español aprobaran. Desde ese momento, todo o que decide a democracia española é mentira. Non existe a democracia española porque hai un poder xudicial desatado que ten unha continuidade ideolóxica co franquismo. Non é casualidade que o pensamento franquista sexa maioritario entre o Exército, a Policía ou a Garda Civil.

Segundo os últimos datos, o uso do galego está a desaparecer sobre todo en zonas urbanas e entre os mozos. Que dificultades sente respecto diso un escritor recoñecido a nivel estatal pero que desempeña o seu traballo nunha lingua minorizada?
As linguas non son algo abstracto, non son gramática e vocabulario unicamente. As linguas son un instrumento persoal que se utiliza na vida social, e como tal están sometidas ás relacións de poder. O galego, polos propios textos legais, é a lingua propia de Galiza, ademais de ser unha realidade histórica. Estoutras linguas recoñecidas dentro de España non deixan de ser unha anomalía nun Estado declarado castelán institucionalmente. Madrid é quen conforma a identificación entre España e Madrid. É absoluta. Os poderes radicados en Madrid constrúen a realidade española a través da política e os medios de comunicación. Neste sentido, non hai un proxecto español de conxunto que sexa integrador, baseado no recoñecemento e a lealdade. A min faime graza que o premio literario máis importante que se outorga en España, o Premio Cervantes, o poidan gañar cidadáns de países hispanofalantes pero non outros españois que escriben noutras linguas, así que é aí onde me sitúo. Estamos excluídos.

A obra que agora presenta traducida ao castelán, e que xa foi publicada en galego e catalán, aborda un protagonista que desterra, en certa forma, a idea que prevalece no imaxinario colectivo do que é un galego: sempre algo negativos, con historias de fracasos ás súas costas. Baltar foi todo o contrario, por que é importante reivindicar a súa figura desde Galiza?
Para nós, os galegos, é moi importante porque modifica o imaxinario. Tanto o que se creou como o que asumimos de ser un país sen futuro, unha reserva de man de obra para exportar, cando realmente somos un país con recursos propios e unha posición xeopolítica estratéxica. Indagar na vida de Ramón Baltar é unha revolución mental, porque a súa historia é optimista e alegre. Ao mesmo tempo, vivían con luxo, choferes, mordomos, unha mansión á beira do mar e con embarcadoiro propio. Cada vez que lle facían unha puñeta, Baltar comprábase un coche máis luxoso e escandaloso. Vivía cunha actitude de desafío, e iso é o que máis me gusta del, porque rompe coa concepción que hai dos galegos.

“As nosas vidas levántanse sobre un baleiro eliminado por Franco, quen ademais de perpetrar un xenocidio quixo eliminar o pasado”

A transmisión do coñecemento e a memoria de xeración en xeración dentro dunha familia é fundamental para saber quen fomos e de onde procedemos. En cambio, parece que os descendentes de Ramón Baltar non coñecían moitos aspectos do seu pai. Segue pesando a gran lousa de silencio que impuxo a ditadura?
Este libro demostra que si. As nosas vidas levántanse sobre un baleiro eliminado por Franco, quen ademais de perpetrar un xenocidio quixo eliminar o pasado, e conseguiuno. Sobre ese baleiro construíuse a sociedade a partir de 1960, cos plans de desenvolvemento e certo optimismo social que continuou tras a morte do ditador. No libro retrato todo o que nos quitaron, a nosa memoria silenciada.

Á fin e ao cabo, vostede estudou a súa figura porque lle chamaba a atención, achegando luces a unha vida que ninguén recuperou até o momento. Cantas historias nos estaremos a perder pola falta de interese en coñecer o que aconteceu realmente durante o século XX en España e quen foron as figuras máis relevantes?
E quen son os nosos referentes? Non só os asasinaron, senón que aos que sobreviviron nolos negaron. O que máis me atrae de Ramón Baltar é que sempre mantivo a súa posición firme. Os resistentes, eses non son os nosos referentes. Non me interesa a xente do exilio interior, que si, sufriu, pero eu prefiro saber que houbo persoas que resistiron, como el. Ao final quedámonos con xente que abría editoriais ou escribía versos, e está ben, pero tamén houbo persoas que loitaron dando a vida e matando, claro.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.
Literatura
Iván Repila “Es muy complicado cambiar el mundo; quizá la solución es inventarse otro distinto”
Iván Repila ha escrito una historia para convencernos de que lo que nos separa de las hormigas es que nosotros “tergiversamos la experiencia de estar vivos”.
Literatura
Antonio Orihuela “En España existía un sujeto femenino radical y de cambio antes del movimiento sufragista”
A propósito de la publicación de su ensayo “Las sin amo”, repasamos con Antonio Orihuela la historia silenciada de unas escritoras de los años treinta comprometidas contra la lógica burguesa, el Estado, el capitalismo y la explotación.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
Medios públicos A TVG, condenada a rectificar por difundir unha información falsa sobre o BNG
A xustiza condena tamén ao director do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, pola nova onde se afirmaba erradamente que o BNG non enviara representantes a un evento organizado pola Xunta e mais a Fundación Castelao para dar inicio ao Ano Castelao.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.
Macrogranjas
Maltrato animal Una investigación revela una nueva “masacre” en una granja de pollos que salpica a Mercadona
En España, la granja investigada comercializa el producto ‘Cuartos traseros de pollo’ en la cadena de Juan Roig y está certificada con el sello catalán Welfair de bienestar animal, según denuncia el colectivo ARDE que ha realizado la investigación.
Economía
Economía A Xunta de Rueda privatiza outra das residencias de maiores financiada por Amancio Ortega
Tanto esta residencia como a de Pontevedra, cuxa xestión tamén está en proceso de licitación, serán as próximas en abrir tras a entrada en funcionamento das de Santiago de Compostela e Lugo, que xa operan baixo o mesmo modelo.

Últimas

Editorial
Editorial O Salto deixa de publicar en X
A asemblea deste proxecto informativo decidiu conxelar as súas publicacións na rede social propiedade de Elon Musk.
Opinión
Opinión De Errejón a Monedero: reflexiones sobre el ciclo del desasosiego
¿Qué pasa cuando quien abusa ha sido o es tu compañero de filas, tu colega, alguien que se consideraba feminista, y no una caricatura facha o un incel de manual? ¿Cómo manejamos la complejidad?
Más noticias
Andalucismo
Día de Andalucía ¿Por qué Andalucía sigue celebrando el 28F?
Las andaluzas y andaluces celebramos el día de Andalucía entre los actos institucionales y las reivindicaciones políticas, reflexionamos sobre la vigencia y la influencia política de este día.
Barcelona
Activismo Absueltos los ecologistas que pintaron el megayate de Walmart en Barcelona
La sentencia afirma que la acción no constituye un delito de daños leves, ya que “la pintura biodegradable fue fácilmente limpiada con una manguera de agua”.
El Salto Radio
El Salto Radio Criminalizar la okupación, perseguir la movilización
Los "18 de la Macarena” se enfrentan a una petición de 77 años de prisión por ejercer su derecho a la protesta. De ello y del derecho a la vivienda hablamos con Macarena Olid, vicecoordinadora de la Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía.
Xunta de Galicia
Economía Rueda obedece a Feijóo e rexeita unha redución de 4.000 millóns de euros da débeda galega
O presidente galego esixe un novo modelo de financiamento con polo menos 500 millóns máis, mentres que o BNG acúsao de seguir un “interese partidista” que “prexudica a Galiza”.

Recomendadas

Urbanismo
Urbanismo salvaxe Un pobo contra o asfalto: Bembrive e Mos rebélanse contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde
Veciñas e veciños conseguen presentar 25.000 alegacións contra unha estrutura de dez quilómetros, defendida xa só polo PSOE en Madrid e en Galiza, que partirá en dous unha poboación enteira e forzará a expropiación de decenas de vivendas.
Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.
Guerra en Ucrania
Geopolítica Trump fuerza a Zelensky a hipotecar la explotación de minerales críticos a cambio de su apoyo
Según el borrador del acuerdo comercial presentado por EE UU, esta potencia deberá obtener el 50% de todos los beneficios de las nuevas explotaciones minerales de Ucrania.
Represión
Represión Javitxu, desde la cárcel de Zuera: “Lo que peor llevo es estar lejos de la gente que más quiero”
Francisco Javier Aijón, Javitxu, es uno de ‘los seis de Zaragoza’. Entró en la cárcel el pasado mayo con una condena de casi cinco años basada en las declaraciones policiales durante el juicio.